DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7159

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

María Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de
sinatura

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Europea de Asesores de Empresa para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

13.9.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Profesional de Asesorías de Pymes para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

13.9.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

13.9.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Nacional de Tramitadores Administrativos y Profesionales para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

22.9.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela sobre a observación da mobilidade e o mercado da terra en Galicia

Sen achega económica

22.9.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Agrupación de Asesorías de Empresas para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.9.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Española de Asesores Fiscales y Gestores Tributarios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.9.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Española de Externalización de Procesos y Servicios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

9.10.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

23.10.2023

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Allariz en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

23.10.2023

Acordo de prórroga para o ano 2024 do convenio entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia da Coruña

629.200 €

19.12.2023