DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7178

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR331B).

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Mediante o Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 102, do 30 de maio), desde a súa constitución asumirá funcións e competencias en materia de formación, innovación, investigación e innovación tecnolóxica.

No ámbito do sector agrícola, gandeiro, forestal e agroalimentario teñen unha importante relevancia na procura do desenvolvemento rural as accións de programación, coordinación e impulso da innovación e investigación e a innovación tecnolóxica, así como as accións de formación, información e transferencia tecnolóxica ao sector e a adopción dos resultados da investigación agroforestal e agroalimentaria.

Nun contexto dunha crecente competencia, é importante velar para que estes sectores poidan aproveitar oportunidades de mercado mediante enfoques amplos e innovadores. Con este fin debe fomentarse a cooperación entre os agricultores e demais interesados.

As axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), baixo a intervención 7161, pretenden acadar o obxectivo transversal do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), tendo un efecto directo sobre a modernización do sector agroalimentario e forestal fomentando e compartindo o coñecemento, a innovación e a dixitalización na agricultura e nas zonas rurais, e alentando a adopción destes enfoques na súa actividade. Ademais, con cada un dos proxectos que se desenvolvan no marco desta intervención, os grupos operativos deberán dar resposta a un ou máis dos obxectivos específicos da PAC.

Estas axudas están amparadas no Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, relativo á axuda aos plans estratéxicos da PAC e, en concreto, no artigo 77 de cooperación, así como demais normativa comunitaria sobre axudas de estado, e enmárcase dentro do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola da Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023.

O Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) para Galicia establece, dentro das intervencións para o desenvolvemento rural, a cooperación. A intervención 7161 acolle a cooperación de grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (EIP-Agri).

Esta axuda desenvólvese a través da subintervención 71610_01, Preparación e execución de proxectos AEI.

Por outro lado, tamén é de aplicación para as axudas de cooperación AEI o Regulamento de execución (UE) 2022/1475 da Comisión, do 6 de setembro de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación, concretamente no referente á subministración de datos sobre grupos operativos.

Estas axudas poden outorgarse para o financiamento de actividades excluídas do ámbito de aplicación do artigo 42 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Neste caso, resulta de aplicación o Regulamento UE 2022/2472 da Comisión do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da unión Europea, que establece nos artigos 39 e 40 que a axudas destinadas ás empresas que participen en proxectos dun grupo operativo da AEI ou se beneficien deles, serán compatibles co mercado interior para os efectos do artigo 107, punto 3, letra c), do Tratado e quedarán exentas da obrigación de notificación prevista no artigo 108, punto 3, do Tratado, cando o importe total das axudas concedidas por cada proxecto de grupos operativos da AEI non exceda os 500.000 euros.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a 3 prioridades temáticas transversais, e pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de 5 obxectivos estratéxicos, arredor dos que articula os instrumentos e actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas.

Neste contexto, o primeiro reto da RIS3 consiste en desenvolver un modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación e a modernización dos sectores primarios galegos, introducindo innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos. En relación con este reto, tres prioridades para avanzar no necesario proceso de modernización de actividades tradicionais son a sustentabilidade, a dixitalización e o enfoque cara ás persoas.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. O obxectivo estratéxico 3 busca completar e consolidar as cadeas de valor, impulsando a colaboración e transferencia entre os diferentes axentes.

En consecuencia, a presente convocatoria enmárcase na RIS3 respondendo ao reto 1, reto 2 e reto 3 e ás prioridades 1 (sustentabilidade), 2 (dixitalización) e 3 (enfoque cara ás persoas). Ten como obxectivo estratéxico a colaboración e transferencia entre os diferentes axentes, estendendo e aproveitando as solucións de sustentabilidade, dixitalización e enfoque cara ás persoas ao longo da cadea de valor (obxectivo estratéxico 3) e intégrase polo tanto no programa Completa e Transfire.

O artigo 1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 sobre a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións poderán iniciarse sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, mesmo cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vaia materializar a contraprestación e no segundo, sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos do artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Ademais, o artigo 3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas da Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e realizar a convocatoria das axudas para o exercicio 2024, para promover novas formas de cooperación para a execución de proxectos innovadores de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de sustentabilidade e produtividade agrícola correspondentes á Intervención 7161 «cooperación de grupos operativos da AEI» do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

A finalidade das axudas que se convocan é impulsar a creación e funcionamento de grupos operativos que contribúan á consecución do obxectivo de modernizar a agricultura e as zonas rurais, fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización nas zonas agrícolas e rurais, promovendo a súa adopción polos agricultores, mediante a mellora do acceso á investigación, á innovación, ao intercambio de coñecementos e á formación, e adicionalmente a calquera dos obxectivos específicos, establecidos no punto 1 do artigo 6 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021.

Estas axudas convócanse en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2024 e serán cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O seu código de procedemento é MR331B.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos de aplicación do establecido nesta resolución relaciónanse as seguintes definicións:

1. Asociación Europea da Innovación (AEI): é o marco onde atopan acomodo as iniciativas de innovación e de intercambio de coñecementos en materia de produtividade e sustentabilidade agraria. A estrutura instrumental da AEI articúlase arredor da rede europea que fai posible a conexión de grupos operativos, servizos de asesoramento e investigadores. Os seus obxectivos defínense no artigo 127 do Regulamento (UE) 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

2. Grupo operativo: agrupación constituída como principal vehículo, orientado á identificación de problemas concretos ou oportunidades nos sectores agroalimentario e forestal, a partir dos que se xeren iniciativas innovadoras que dean resposta e solucións a esas dificultades ou oportunidades detectadas, sempre no ámbito dos obxectivos da AEI. O grupo operativo estará formado por un mínimo de dous actores interesados.

3. Axente de innovación: persoa ou organización coa que pode contar un grupo operativo que busca e pon en contacto os actores idóneos para levar a cabo un proxecto innovador, sen ter, necesariamente, que estar involucrado tecnicamente. As súas tarefas poden incluír, entre outras, a asistencia para perfilar e concretar a idea do proxecto, a busca de fontes de financiamento ou a preparación da solicitude de financiamento, a posta en marcha do proxecto ou a divulgación dos resultados. O axente de innovación pode ser unha entidade integrada dentro do grupo operativo ou ben unha persoa ou entidade contratada por este.

4. Representante do grupo operativo: membro do grupo operativo, designado por este, que actúa como solicitante da axuda e representante do grupo ante a Administración.

5. Coordinador do grupo operativo: será o encargado do bo funcionamento e a organización dos traballos entre os membros do grupo operativo. Esta figura poderá ou non coincidir co representante ou apoderado único da agrupación.

6. Colaborador externo ao grupo operativo: o grupo operativo poderá incluír colaboradores externos con perfís dos indicados no punto 4 do artigo 4 desta resolución que participen no proxecto pero que non sexan membros beneficiarios da axuda. O número máximo de colaboradores externos será de cinco e deberán representar entre eles distintos ámbitos de traballo, experiencias profesionais en relación á materia que se pretende abordar, na procura da complementariedade e equilibrio na composición do grupo operativo. Unicamente poderán ser remuneradas as colaboracións con centros públicos de investigación e/ou tecnolóxicos, e para este fin o obxecto da colaboración deberá ser obxecto de subcontratación por un membro beneficiario do grupo operativo que teña relación co proxecto. A súa selección aterase ao recollido no documento vinculante ou acordo de colaboración asinado polo grupo operativo no relativo ás tarefas que desenvolverá e ao orzamento asignado a estas.

7. Proxecto de innovación: é aquel que ten como propósito xerar ou adaptar, dominar e utilizar unha tecnoloxía nova nunha área xeográfica, nun sector ou subsector produtivo ou nun campo específico do sector agroforestal. Esta tecnoloxía nova deberá representar un avance significativo fronte ás tecnoloxías utilizadas nesas áreas xeográficas, sector/subsector produtivo ou campo específico no que se pretenda innovar, e permitirá a quen o desenvolva a súa mellora.

8. Tipos de innovación tecnolóxica: pode ser de produtos (bens ou servizos) ou de procesos (de produción ou de xestión). A innovación de produtos dáse cando se introduce no mercado un produto novo ou significativamente mellorado nas súas características técnicas. A innovación de procesos dáse cando se implanta un proceso novo ou mellorado significativamente, o que pode suceder a través do cambio nos equipos e instalacións, na organización da produción ou en ambos.

Artigo 3. Requisitos e obrigas dos grupos operativos, composición e ámbito de actuación

1. Segundo a redacción do artigo 77 do Regulamento 2021/2115, do 2 de decembro de 2021, os grupos operativos estarán formados, cando menos, por dúas entidades con personalidade física ou xurídica diferenciada que non teñan relacións orgánicas ou funcionais entre si.

2. Como mínimo unha das entidades que cooperan debe pertencer ao ámbito da agricultura, gandería, silvicultura, transformación ou comercialización de produtos agroalimentarios ou forestais.

3. Poderán incorporar tamén entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal, entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais, ou outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

4. Os grupos operativos terán ámbito autonómico, entendendo por iso que o proxecto presentado se desenvolverá na Comunidade Autónoma de Galicia e estará destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal e agroalimentario galego.

5. Os grupos operativos contarán con procedementos internos que garantan a transparencia no seu funcionamento, a toma de decisións e eviten conflitos de intereses.

6. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

7. Deberá nomearse un coordinador da agrupación, que poderá ou non coincidir co representante ou apoderado único da agrupación, que regule as actividades e estea autorizado a representar as partes nas relacións con terceiras persoas, no relativo ás actividades conxuntas do grupo.

8. A relación entre os socios quedará reflectida nun documento vinculante ou acordo de asociación no que se comprometan a permanecer no grupo durante o período de execución do proxecto e no que se faga constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada integrante da agrupación, así como o importe da subvención que se vai aplicar a cada un deles e as obrigas que adquiren entre si para a execución das actuacións subvencionadas.

Este documento é de natureza privada e interna. Será responsabilidade da agrupación a súa elaboración dentro do marco da legalidade aplicable.

O dito documento porase á disposición da Administración e conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

a) Datos identificativos dos membros integrantes do grupo operativo: nome, enderezo, teléfono, correo electrónico, tipo de socio e persoa de contacto.

b) Datos identificativos das entidades colaboradoras externas: nome, enderezo, teléfono, correo electrónico, tipo de entidade e persoa de contacto.

c) Obxecto do acordo, que terá como contido formalizar as relacións entre os membros, o funcionamento interno e a designación e funcións do responsable e do coordinador do grupo operativo.

d) Descrición do proxecto innovador que se vai desenvolver para acadar os obxectivos propostos, así como o seu posible impacto e relevancia desde o punto de vista práctico. Incluirá polo menos, título, finalidade, sector ou subsector no que se vai desenvolver e os resultados esperados.

e) Contribución dos membros ao grupo operativo e ás actividades asignadas a cada un.

f) Se é o caso, un plan de actuación para a creación do grupo operativo e execución do proxecto, programa detallado de traballo con descrición das tarefas que se realizarán (actividades críticas e secundarias) e responsables de cada actividade. Este programa deberá tamén presentarse acoutado no tempo a través dun diagrama de Gantt.

g) Dereitos e obrigas dos membros.

h) Responsabilidade dos membros.

i) Confidencialidade. Cada membro comprométese a protexer toda a información obtida deste acordo ou relacionada con este, e mantela de forma confidencial.

j) Duración, vixencia, modificación e remate do acordo.

k) Tipoloxía ou perfil profesional de cada unha das entidades que forman o grupo operativo e xustificación da súa adecuación para conseguir os fins do proxecto proposto.

9. Deberá xustificarse, así mesmo, para todos e cada un dos membros ou compoñentes do grupo operativo a súa idoneidade e o papel que vai desenvolver na execución do proxecto proposto por ese grupo operativo.

A idoneidade dos distintos membros ou compoñentes do grupo operativo acreditarase en función da súa actividade económica e/ou a súa experiencia na materia e/ou na documentación constitutiva da entidade.

10. O orzamento das actividades de ningún dos membros do grupo operativo poderá ser inferior ao 10 % do orzamento total da proposta de cooperación, excepto no caso de produtores primarios que acrediten a súa participación activa no proxecto.

11. Para os efectos desta convocatoria de axudas, non se apoiarán os grupos de cooperación nos que unicamente participen organismos de investigación.

12. Só se concederá axuda en virtude desta intervención para promover novas formas de cooperación, incluídas as existentes se se inicia unha nova actividade. Dentro das novas formas de cooperación, enténdese as formas de cooperación existentes no caso de inicio dunha nova actividade.

13. Un grupo operativo non poderá presentar máis dun proxecto, e este será o obxecto da súa constitución.

14. Os grupos operativos deberán difundir os resultados dos seus proxectos polas vías que se consideren oportunas e obrigatoriamente a través da rede da Asociación Europea da Innovación (AEI), que ten como obxectivos os recollidos no artigo 127 do Regulamento (UE) núm. 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, relativo aos plans estratéxicos da PAC.

Artigo 4. Entidades beneficiarias das axudas

1. Poderán acceder á condición de entidades beneficiarias das subvencións obxecto desta resolución as persoas físicas ou xurídicas, incluídas as administracións públicas, que formen parte dun Grupo operativo da AEI-Agri (GO), constituído para a preparación e execución dun ou máis proxectos dirixidos á modernización do sector agroalimentario ou forestal, así como os grupos operativos da AEI constituídos como unha entidade xurídica.

2. Para esta liña de axuda pode haber varias entidades beneficiarias por proxecto en función da súa implicación e de acordo co documento vinculante ou acordo de asociación subscrito polos membros do grupo operativo. O número máximo de entidades beneficiarias por proxecto será de cinco, incluído o representante, máis un coordinador de proxecto.

3. Para poder ter condición de entidades beneficiarias, deben estar formando parte do grupo operativo constituído, coa única finalidade de executar o proxecto para o que se presenta a esta convocatoria. Deberán achegar o documento constitutivo do grupo operativo debidamente asinado co compromiso de cada un dos compoñentes.

4. Poderán ser entidades beneficiarias os membros do grupo operativo que teñan a condición de:

– Produtores agrarios e forestais e as súas agrupacións ou asociacións ou redes.

– Empresas ou industrias do sector agroalimentario e forestal e as súas agrupacións ou asociacións que teñan a consideración de pemes.

– Cooperativas agrarias e as súas asociacións ou federacións.

– Comunidades de regantes.

– Centros de investigación e experimentación, centros tecnolóxicos, universidades e outras entidades que consideren no seu obxectivo social a innovación, investigación e/ou experimentación en áreas agropecuarias, forestal, agroindustrial (incluíndo industria forestal) ou de calidade agroalimentaria.

– Asesores e/ou axentes de innovación.

Artigo 5. Requisitos das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias da acción de cooperación deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Terán sede social en Galicia.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

d) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Requisitos xerais dos proxectos

1. A actividade obxecto da axuda deberá realizarse no ámbito territorial de Galicia.

2. O proxecto de innovación deberá basearse no modelo de innovación interactiva cuxos principios clave son os seguintes:

a) Desenvolver solucións innovadoras que se centren nas necesidades dos agricultores ou os silvicultores e, ao mesmo tempo, abordar as interaccións no conxunto da cadea de subministración, cando cumpra.

b) Agrupación dos socios con coñecementos complementarios, como agricultores, asesores, investigadores, empresas ou organizacións non gobernamentais, na combinación específica que resulte máis adecuada para alcanzar os obxectivos do proxecto.

c) Toma de decisións e creación de forma conxunta durante todo o proxecto.

3. En liña coa Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola (AEI), segundo o disposto no artigo 6, puntos 1 e 2 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, os proxectos deberan contribuír a algún dos obxectivos seguintes:

a) Apoiar unha renda agrícola viable e a resiliencia do sector agrícola en todo o territorio da Unión co fin de mellorar a seguridade alimentaria a longo prazo e a diversidade agrícola, así como garantir a sustentabilidade económica da produción agrícola na Unión.

b) Mellorar a orientación ao mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e longo prazo, tamén mediante unha maior atención á investigación, á tecnoloxía e á dixitalización.

c) Mellorar a posición dos agricultores na cadea de valor.

d) Contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, tamén mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sustentable.

e) Promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente de recursos naturais como a auga, o solo e o aire, incluíndo a redución da dependencia química.

f) Contribuír a deter e reverter a perda de biodiversidade, potenciar os servizos relacionados cos ecosistemas e conservar os hábitats e as paisaxes.

g) Atraer e apoiar as persoas agricultoras mozas e os novos agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial sustentable nas zonas rurais.

h) Promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, incluída a participación das mulleres na agricultura, a inclusión social e o desenvolvemento local nas zonas rurais, entre elas, a bioeconomía circular e a silvicultura sustentable.

i) Mellorar a resposta da agricultura da Unión ás exixencias sociais en materia de alimentación e saúde, incluída a demanda de alimentos de boa calidade, seguros, nutritivos e producidos de forma sustentable, reducir os desperdicios de alimentos, mellorar o benestar animal e combater a resistencia aos antimicrobianos.

En particular, segundo o disposto no artigo 127 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, a AEI deberá:

a) Crear valor engadido mediante unha relación máis estreita entre a investigación e as prácticas de explotación agrícola, e o fomento dun maior uso das medidas innovadoras dispoñibles.

b) Establecer unha conexión entre os axentes da innovación e os proxectos.

c) Promover unha aplicación práctica máis rápida e ampla de solucións innovadoras, incluídos os intercambios entre agricultores.

d) Informar a comunidade científica das necesidades da agricultura en materia de investigación.

5. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

6. A duración da iniciativa de cooperación será de tres anualidades.

Artigo 7. Gastos subvencionables

– Poderán subvencionarse os custos directos vinculados á preparación e execución do proxecto por parte do Grupo operativo.

– O imposto sobre o valor engadido (en diante, IVE) só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable. Será precisa a presentación dunha declaración responsable sobre a exención de declaración de IVE. No caso de non presentar esta declaración entenderase que o IVE é recuperable e, polo tanto, non subvencionable.

– En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á investigación básica ou fundamental nin os relativos á investigación independente, entendidos como os traballos experimentais ou teóricos emprendidos co obxectivo primordial de adquirir novos coñecementos sobre os fundamentos subxacentes dos fenómenos e feitos observables, sen perspectivas de aplicación ou utilización comercial directa, tal e como se define no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. Pola idiosincrasia da cooperación AEI, se hai investigación, será eminentemente aplicada, polo que as tarefas desenvoltas polo grupo operativo deberán orientarse sempre á aplicación práctica do coñecemento.

1. Fase de preparación do proxecto:

Poderán subvencionarse os custos directamente vinculados á preparación do proxecto e constitución do grupo operativo (busca de socios, reunións de coordinación, redacción de borradores, etc.) ata un máximo de 3.000,00 €.

Para a constitución do GO e a preparación do proxecto estímase un prazo máximo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Son gastos subvencionables para a fase de preparación do proxecto aqueles efectivamente realizados pola entidade solicitante-representante durante o dito período, relativos aos conceptos que a continuación se detallan.

a) Custos de persoal adscrito ao proxecto.

b) Custos indirectos: o custo subvencionable máximo para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal elixibles.

c) Prestación de servizos, incluída a colaboración dos axentes externos.

d) Outros gastos (material funxible, desprazamentos, etc.).

En todo caso, financiaranse exclusivamente os gastos de preparación vinculados á realización do proxecto.

2. Fase de execución do proxecto:

As axudas destinaranse a cubrir os gastos efectivamente realizados pola entidade beneficiaria durante o período de execución do proxecto que estean directamente relacionados co orzamento do proxecto para o cal se concederon, relativos aos conceptos que a continuación se detallan.

a) Custo de persoal adscrito ao proxecto.

Son subvencionables todos os custos salariais do persoal adscrito ao proxecto (retribución bruta e seguridade social con cargo á empresa).

1º. Custos do persoal especificamente contratado para o proxecto

Subvencionaranse todos os custos salariais do persoal especificamente contratado para o proxecto, establecéndose os seguintes límites máximos por categoría laboral:

– Titulado superior: 38.000 euros anuais para o conxunto do persoal contratado nesta categoría.

– Titulado medio: 32.300 euros anuais para o conxunto do persoal contratado nesta categoría.

– Técnico de FP de grao superior: 27.700 euros anuais para o conxunto do persoal contratado nesta categoría.

– Categorías laborais distintas das anteriores: 23.100 euros anuais para o conxunto do persoal contratado nesta categoría.

2º. Custos do persoal propio que participe na execución do proxecto.

Para os efectos deste punto, considérase persoal propio a aquel vinculado por unha relación laboral con algunha das entidades beneficiarias integrantes do grupo operativo, excluíndo o persoal especificamente contratado para o proxecto recollido no punto anterior.

Subvencionarase ata un máximo do 50 % dos custos directos do proxecto, que non sexan custos directos de persoal.

Esta porcentaxe non se refire aos custos de persoal de cada entidade beneficiaria, que farán a imputación dos seus custos de persoal consonte a execución das súas tarefas no proxecto que teñan asignadas e que se reflectirán na memoria científico-técnica do proxecto.

Unicamente se subvencionará o custo de persoal propio naquela parte que efectivamente corresponda ao tempo dedicado ao proxecto. Para este fin, as horas dedicadas polo persoal propio ao proxecto deberá xustificarse, establecéndose o cálculo do importe/hora a subvencionar pola aplicación da seguinte regra:

Custo de persoal por hora = custos brutos anuais do contrato laboral/1.720 h.

En todo caso, a suma dos importes da subvención para custos de persoal propio e persoal especificamente contratado para o proxecto non poderá superar os límites máximos establecidos no punto 2.a).1º deste artigo, para cada categoría laboral.

b) Custos indirectos. O custo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal imputados ao proxecto segundo a solicitude presentada.

c) Prestación de servizos. Gastos dos servizos necesarios para a realización do proxecto e divulgación de resultados: servizos de consultoría tecnolóxica, servizos de asesoría e outros servizos.

Con base no establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o beneficiario poderá subcontratar, total ou parcialmente, a actividade, xustificando debidamente a non dispoñibilidade de medios propios para levala a cabo.

d) Bens de equipo, infraestruturas e prototipos: alugueiro ou amortizacións en caso de compra:

– Adquisición de equipos e equipamento estritamente necesarios para a realización da actuación, na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto en cuestión, e que estea debidamente xustificado. Se o material inventariable se vai poder utilizar despois do remate do proxecto, só se considerarán subvencionables os custos de amortización que corresponda á duración do proxecto, calculados mediante o método lineal e considerando un nulo valor residual do referido material.

– Adecuación ou mellora de infraestruturas.

– Gastos derivados do desenvolvemento de prototipos no marco do proxecto. Entenderase por prototipo o primeiro exemplar que se desenvolva de calquera obxecto ou aplicación, que servirá de modelo para os demais e que no momento do seu uso non é obxecto de comercialización. O gasto do prototipo non se considera activo físico.

– Custos derivados do alugamento de equipos, instalacións ou predios destinados á realización das actuacións.

– Adquisición de fondos bibliográficos relacionados coa actividade.

e) Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados. Inclúense os custos de material funxible de laboratorio, animais, vexetais ou organismos e materias utilizadas que queden inutilizados pola execución do proxecto, e o material funxible necesario para os labores de divulgación de resultados.

f) Desprazamentos e manutención. Viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto, debidamente xustificadas. O custo máximo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 3 % sobre o importe subvencionable do custo total do proxecto segundo a solicitude presentada.

g) Outros gastos: propiedade intelectual, auditorías, inscrición en eventos.

– Gastos derivados da tramitación da protección da propiedade intelectual do produto ou proceso.

– Gastos relacionados coa organización de xornadas, participación como relator ou edición de material de difusión (publicacións, webs, asistencia a congresos ou feiras e visitas recibidas con relación ao proxecto).

– Custos derivados da divulgación e transferencia de resultados, así como aqueles relativos á protección dos resultados (rexistro de patentes incluído).

Artigo 8. Gastos non subvencionables

1. Non serán subvencionables os gastos de campañas publicitarias nin outras accións de promoción que inclúan mensaxes sexistas e discriminatorios para as mulleres.

2. Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a fase de preparación do proxecto.

3. Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude da axuda para a fase de execución do proxecto.

4. O imposto sobre o valor engadido (en diante, IVE) só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable. Será precisa a presentación dunha declaración responsable sobre a exención de declaración de IVE. No caso de non presentar esta declaración entenderase que o IVE é recuperable e, polo tanto, non subvencionable.

5. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á investigación básica ou fundamental nin os relativos á investigación independente.

Artigo 9. Subcontratación

1. Cando se concerte con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto de subvención, terá a consideración de subcontratación suxeitándose ao disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso de gastos subcontratados o sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polas entidades na solicitude da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os solicitantes das axudas deberán achegar coa solicitude tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan, o que deberá xustificarse adecuadamente.

En tales casos, a elección entre as ofertas presentadas deberá achegarse e realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. De non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

3. Cando a actividade concertada con terceiros exceda do 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, precisarase contrato escrito e autorización do órgano concedente previamente á súa sinatura, de acordo co artigo 27.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. Todas as ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social os servizos incluídos na oferta.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación detallada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca e modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

Artigo 10. Colaboracións externas ao grupo operativo

1. Non se admitirán colaboracións externas realizadas por persoas físicas ou xurídicas que teñan relación con algún dos membros do grupo operativo.

Considerarase que existe vinculación con aquelas persoas físicas ou xurídicas ou agrupacións sen personalidade nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) As persoas físicas unidas por relación conxugal ou persoas ligadas con análoga relación de afectividade, parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao ou de afinidade ata o segundo.

b) As persoas físicas e xurídicas que teñan unha relación laboral retribuída mediante pagamentos periódicos.

c) Ser membros asociados do beneficiario e membros ou partícipes das entidades sen personalidade xurídica.

d) Unha sociedade e os seus socios maioritarios ou os seus conselleiros ou administradores, así como os cónxuxes ou persoas ligadas con análoga relación de afectividade e familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou de afinidade ata o segundo.

e) As sociedades que reúnan as circunstancias requiridas para formar parte do mesmo grupo.

f) As persoas xurídicas ou agrupacións sen personalidade e os seus representantes legais, patróns ou quen exerzan a súa administración, así como os cónxuxes ou persoas ligadas con análoga relación de afectividade e familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou de afinidade ata o segundo.

g) As persoas xurídicas ou agrupacións sen personalidade e as persoas físicas, xurídicas ou agrupacións sen personalidade que, conforme as normas legais, estatutarias ou acordos contractuais teñan dereito a participar en máis dun 50 por cento no beneficio das primeiras.

Artigo 11. Contía das axudas

1. A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización que se establecen no artigo 21.

2. A intensidade da axuda á execución de proxectos de grupos operativos da AEI será do 100 % dos custos subvencionables.

3. A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 140.000 euros. Esta cantidade inclúe o máximo de 3.000 euros para a fase de preparación.

4. Os proxectos desenvolveranse ao longo de tres anualidades contadas a partir da anualidade 2024.

No anexo I desta resolución deberán especificarse os orzamentos propostos polo grupo operativo para cada anualidade durante a cal se desenvolverá o proxecto. Os orzamentos do proxecto do grupo operativo por anualidades repartirase do seguinte xeito en relación ao orzamento total do proxecto:

– Primeira anualidade, entre un 10 % e un 15 %.

– Segunda anualidade, entre un 40 % e un 45 %.

– Terceira anualidade, porcentaxe restante ata chegar ao 100 %.

En todo caso, as porcentaxes reflectidas nos parágrafos anteriores aplicaranse sobre os orzamentos recollidos na solicitude da axuda.

A repartición do importe asignado para cadansúa anualidade redistribuirase entre as entidades beneficiarias atendendo á repartición prevista nos seus orzamentos consonte a execución das tarefas que teñan asignadas no proxecto e que se reflectirán na memoria científico-técnica do proxecto.

Artigo 12. Financiamento das axudas

1. O financiamento das iniciativas de cooperación seleccionadas ao abeiro desta convocatoria imputarase á aplicación orzamentaria 14.A2.561A.770.0, con código do proxecto 2023 00002, por un valor total de 2.510.000,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 360.000,00 € en 2024, 1.075.000,00 € en 2025 e 1.075.000,00 € en 2026.

De acordo co artigo 25.2 do Decreto11/2009, do 8 de xaneiro, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión das subvencións.

2. A dita aplicación orzamentaria poderá ser incrementada con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 30.2 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, poderanse utilizar outros remanentes que poidan existir doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. As axudas destínanse a actuacións previstas na intervención 7161 «Cooperación de grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri)», encadrada dentro da subintervención 71610_01, Preparación e execución de proxectos AEI, do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España e están financiadas polo Feader nun 80 %, pola Xunta de Galicia nun 14 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6 %.

Artigo 13. Compatibilidade das axudas

1. As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibilidade desta axuda con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.

2. No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1, do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións concorrentes deberá comunicárselle ao órgano convocante tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a solicitude de pagamento. Antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa ou da persoa traballadora autónoma unha declaración sobre calquera axuda recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal para esta mesma actuación. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 14. Órgano responsable da tramitación

O órgano responsable da instrución dos expedientes das axudas recollidas nesta resolución será a Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Artigo 15. Obriga de relacionarse electronicamente

Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso das persoas autónomas, para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, a obriga de relacionarse electronicamente coas administracións públicas fundaméntase no artigo 10.1 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Tendo en conta o anterior, tanto a presentación das solicitudes de axuda como os demais trámites necesarios para a xestión deste procedemento administrativo, incluídos os requirimentos de emenda e as notificacións, faranse a través de medios electrónicos, nos termos previstos nestas bases reguladoras.

Artigo 16. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes estarán dirixidas á Axencia Galega da Calidade Alimentaria e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto nos artigos 3 e 4 da presente resolución. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda. Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución na que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 17. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria poderá solicitar calquera aclaración ou documento que considere necesario para a correcta tramitación do expediente.

Artigo 18. Reformulación das solicitudes

Cando o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada poderase instar o beneficiario a que reformule a súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable.

Unha vez que a solicitude, de ser o caso, teña a conformidade da Comisión de Valoración, remitiráselle ao órgano competente para que dite resolución.

En calquera caso, a reformulación das solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos na presentes bases reguladoras.

Artigo 19. Documentación complementaria

1. As empresas ou as persoas traballadoras autónomas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (datos, declaracións e consentimentos das persoas participantes distintas da persoa solicitante e das persoas colaboradoras) cos datos das entidades participantes no grupo operativo distintas do solicitante e dos colaboradores.

b) As empresas ou as persoas traballadoras autónomas deberán achegar co anexo II a seguinte documentación:

1º. Relación do persoal participante (anexo IV).

2º. Xustificación detallada do custo do proxecto (anexo VI). Xustificarase de forma pormenorizada cada un dos importes reflectidos nas distintas partidas do orzamento para os efectos de poder avaliar a coherencia e adecuación do orzamento ás actividades propostas, a súa desagregación adecuada e a claridade na súa xustificación.

3º De ser o caso, declaración responsable sobre a exención de declaración de IVE. En caso de non presentar esta declaración entenderase que o IVE é recuperable e, polo tanto, non subvencionable.

c) Memoria cega do proxecto en que se fará, segundo as epígrafes do anexo III, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto sobre os usuarios potenciais da innovación e relevancia na súa contribución ao obxectivo transversal da PAC e a un, ou máis, dos seus obxectivos específicos. Ademais, sinalaranse as áreas prioritarias de actuación en que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá pór ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes; o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).

d) Relación do persoal participante no proxecto de cada unha das entidades integrantes do grupo operativo e unha estimación das horas que dedicará ás distintas tarefas no proxecto (anexo IV).

e) Memoria científico-técnica para todas as actividades dos membros do grupo operativo participantes na acción de cooperación (anexo V), na que conste:

1º. Un resumo do proxecto que inclúa a descrición da contribución ao obxectivo transversal da PAC e a un, ou máis, dos seus obxectivos específicos.

2º. Unha introdución na que se presente a situación actual do tema no que se vai traballar na iniciativa de cooperación e xustificación da execución da acción e o proxecto que se propón.

3º. Achegas concretas ao estado actual do coñecemento e a ciencia.

4º. Viabilidade da innovación proposta.

5º Obxectivos e resultados potenciais do proxecto, que incluirá argumentos que avalen a innovación (claros e específicos).

6º. Metodoloxía usada no proxecto que avale a consecución dos obxectivos propostos.

7º. Plan de traballo para desenvolver no tempo de execución, no cal se inclúan as actividades que van realizar cada unha das partes que colaboran, cun calendario de execución, indicando as datas de inicio e fin das actividades, así como o orzamento previsto para cada unha delas.

8º. Cronograma do proxecto trasladado a un diagrama de GANTT no que se inclúa as actividades que van realizar por unha das partes que colaboran e o seu desenvolvemento temporal.

9º. Plan de divulgación dos resultados detallando e especificando individualmente os medios e alcance da publicación autonómica, nacional ou internacional, así como a programación temporal das actividades de divulgación. Os beneficiarios comprometeranse á divulgación dos resultados, polo menos a través da internet, e obrigatoriamente a través da rede da Axencia Europea da Innovación (AEI).

10º. Beneficios que poidan derivarse do proxecto cara ao sector implicado, desde o punto de vista da súa repercusión económica, ambiental e social.

11º. Referencias bibliográficas utilizadas na redacción do proxecto.

12º. Orzamentos do custo total do proxecto e o correspondente a cada unha das entidades beneficiarias do grupo operativo que colaboran neste, especificando a contía subvencionable de cada parte, con detalle dos diferentes conceptos de gasto especificados no artigo 6 desta resolución. No caso de incluír no orzamento material inventariable ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polas entidades na solicitude da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os solicitantes das axudas deberán achegar coa solicitude tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, os solicitantes achegarán unha memoria xustificativa.

f) Xustificación detallada do custo da participación no proxecto de cada unha das entidades beneficiarias no proxecto. Especificarase segundo as tarefas encomendadas a cada unha delas (anexo VI).

g) Documento vinculante ou acordo de asociación que reflicta a relación e compromisos entre os membros do grupo operativo, asinado polos seus correspondentes representantes.

h) De ser o caso, declaración responsable sobre a exención de declaración de IVE. En caso de non presentar esta declaración entenderase que o IVE é recuperable e, polo tanto, non subvencionable.

i) Infografía con formato libre, que deberá incluír o título da iniciativa e o ámbito territorial desta, unha breve presentación das entidades participantes na acción de cooperación xustificando a complementariedade entre perfís e o equilibrio na composición do grupo formado en relación cos obxectivos do proxecto, a viabilidade técnica, económica e ambiental do proxecto, o problema que se pretende resolver ou a mellora que se busca, os resultados esperados, a aplicabilidade ao sector produtivo do rural galego, e por último, que ODS resolve.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das empresas ou as persoas traballadoras autónomas presenta a documentación complementaria presencialmente requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica, de conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. Se a emenda deste defecto (presentación presencial) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución pola que desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles de maneira motivada que presenten unha copia autenticada electrónica.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo dos documentos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Non obstante o disposto no número 1 deste artigo, a presentación da seguinte documentación debidamente cuberta considerarase mínima imprescindible para a tramitación das solicitudes:

a) Solicitude da axuda cos datos de identificación do proxecto e das entidades participantes (anexo I).

b) Datos, declaracións e consentimentos das entidades participantes distintas do solicitante e das colaboradoras (anexo II).

c) Memoria cega do proxecto na que se fará, segundo as divisións do anexo III, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto sobre os usuarios potenciais da innovación e relevancia deste e a súa contribución ao obxectivo transversal da PAC e a un, ou máis, dos seus obxectivos específicos. Ademais, sinalaranse as áreas prioritarias de actuación en que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá pór ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes; o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).

d) Memoria científico técnica con todas as súas partes completas, na cal se describan todas as actividades dos membros do grupo operativo na acción de cooperación (anexo V).

Non serán admitidas aquelas solicitudes que non presenten a antedita documentación debidamente completada e asinada. Nestes casos emitirase resolución de inadmisión. Só no caso de que o contido da memoria científico-técnica (anexo V) non permita coñecer claramente a innovación proposta poderase requirir a súa emenda con este fin.

6. No suposto de que a solicitude, no referente á documentación non incluída no punto 5 deste artigo, non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o solicitante para que nun prazo de dez días hábiles, que comezará a contar o día seguinte ao de acceso ao requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, e se arquivarán as actuacións, despois da notificación da resolución en tal sentido, de acordo co establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 20. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa traballadora autónoma solicitante.

c) NIF da entidade partícipe.

d) DNI/NIE da persoa traballadora autónoma partícipe.

e) NIF da entidade representante, tanto do solicitante como do partícipe.

f) DNI/NIE da persoa representante, tanto do solicitante como do partícipe.

g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante AEAT), tanto do solicitante como do partícipe.

h) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social, tanto do solicitante como do partícipe.

i) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto do solicitante como do partícipe.

j) Concesións de subvencións e axudas, tanto do solicitante como do partícipe.

2. As empresas, as persoas traballadoras autónomas ou as persoas representantes que se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente, segundo proceda, e achegar os documentos pertinentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa, da persoa traballadora autónoma ou da persoa representante para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo ao pagamento, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

b) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 21. Avaliación das solicitudes

Os criterios que se utilizarán para a puntuación dos proxectos serán os seguintes:

1. Actividade prioritaria (valoración máxima 15 puntos):

a) A actividade do grupo operativo encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 1 no seguinte cadro de clasificación das actividades prioritarias (15 puntos).

b) A actividade do grupo operativo encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 2 no seguinte cadro de clasificación das actividades prioritarias (10 puntos).

c) A actividade do grupo operativo encádrase nalgunha das indicadas coa prioridade 3 no seguinte cadro de clasificación das actividades prioritarias (5 puntos).

Clasificación das actividades prioritarias:

Sector de actividade

Actividade

Prioridade

Lácteo

Produción, transformación e/ou comercialización de leite ou de produtos procedentes do leite

Produción de leite con características diferenciadas

1

Elaboración de queixos artesáns

2

Elaboración de queixos con características diferenciadas

3

Elaboración de derivados lácteos artesáns

2

Elaboración de derivados lácteos con características diferenciadas

3

Elaboración de novos produtos lácteos (produtos de 3ª gama)

1

Cárnico

Produción, transformación e/ou comercialización de carne ou produtos derivados da carne

Produción de carne en extensivo e semiextensivo con características diferenciadas

1

Outros sistemas de produción de carne

3

Elaboración de produtos cárnicos artesáns

2

Elaboración de produtos cárnicos con características diferenciadas

3

Elaboración de novos produtos cárnicos (produtos de 3ª gama)

1

Viticultura e enoloxía e outras bebidas alternativas derivadas

Produción, elaboración de bebidas

Produción de uva con variedades autóctonas minoritarias

2

Elaboración artesanal de produtos enolóxicos

3

Hortícola e outras

Produción, manipulación, transformación e/ou comercialización de produtos hortícolas e outros vexetais ou fungos

Produción amparada nalgún réxime de calidade recoñecido

2

Produción con características diferenciadas

1

Obtención de novos produtos primarios

1

Elaboración de produtos transformados artesáns

2

Elaboración de produtos transformados con características diferenciadas

3

Produción e/ou transformación de cogomelos, patacas e outras

3

Frutícola

Produción, manipulación, transformación e/ou comercialización de froita

Produción de castaña amparada pola indicación de calidade Castaña de Galicia

1

Produción de castaña

2

Produción de castaña con variedades autóctonas galegas

1

Elaboración de produtos transformados da castaña

1

Produción froiteira baseada en variedades autóctonas

1

Outras producións froiteiras

2

Transformación de produtos frutícolas

3

Outras producións

Apicultura, outras producións primarias en base a especies, razas ou variedades autóctonas galegas

Produción de mel e produtos derivados da apicultura

1

Produción de cereal e a súa transformación artesanal

1

Obtención de materias primas de orixe vexetal para a alimentación humana e animal

1

Forestal e producións silvícolas alternativas, incluíndo o aproveitamento de frondosas autóctonas e as fórmulas de multifuncionalidade forestal

3

2. Idoneidade dos compoñentes do grupo operativo (valoración máxima 40 puntos):

a) Proxectos de cooperación que se desenvolvan en colaboración con entidades públicas ou privadas que teñan acreditada a investigación no seu obxecto social e/ou o seu fin principal, centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos, en función da porcentaxe que supoña o custo das actividades desenvolvidas por estes centros sobre o custo total da iniciativa de cooperación.

1º. Porcentaxe ata 15 % (0 puntos).

2º. Porcentaxe de máis de 15 % ata 20 % (3 puntos).

3º. Porcentaxe de máis de 20 % ata 30 % (4 puntos).

4º. Porcentaxe de máis de 30 % ata 35 % (6 puntos).

5º. Porcentaxe superior ao 35 % (7 puntos).

b) Proxectos en que participen directamente entidades de xestión e promoción de indicacións de calidade diferenciada de produtos agrarios (4 puntos).

c) Proxectos en que participen directamente cooperativas ou asociacións agrogandeiras e/ou forestais legalmente constituídas (3 puntos por cooperativa e 2 puntos por asociación participante ata un máximo de 8 puntos).

d) Proxectos en que participen centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos que teñan como actividade principal e/ou finalidade constitutiva a investigación e innovación agroforestal (6 puntos).

e) Experiencia do centro de investigación ou tecnolóxico e que teña relación co proxecto en (máximo 6 puntos):

1º. Agricultura e gandaría ecolóxica e produción integrada: 2 puntos.

2º. Recuperación e valorización de especies e variedades autóctonas: 2 puntos.

3º. Elaboración de produtos (alimentos e ingredientes) de artesanía alimentaria: 2 puntos.

f) Proxectos en que participan directamente produtores primarios: 9 puntos.

3. A composición idónea do conxunto dos membros do grupo operativo para a execución do proxecto estará en consonancia co seu desenvolvemento. Este feito deberá xustificarse coa vinculación, capacitación, experiencia e complementariedade dos membros do grupo operativo (valoración máxima 40 puntos):

a) Vinculación, capacitación e experiencia do centro de investigación ou centro tecnolóxico (máximo 12 puntos):

1ª. Vinculación coa temática do proxecto que se vai executar (4 puntos).

2º. Capacitación no ámbito ou temática do proxecto que se vai executar (4 puntos).

3º. Experiencia no ámbito ou temática do proxecto que se vai executar (4 puntos).

b) Vinculación, capacitación e experiencia dos membros do grupo operativo distintos do centro de investigación ou centro tecnolóxico (máximo 15 puntos):

1ª. Vinculación coa temática do proxecto que se vai executar (5 puntos).

2º. Capacitación no ámbito ou temática do proxecto que se vai executar (5 puntos).

3º. Experiencia no ámbito ou temática do proxecto que se vai executar (5 puntos).

c) Complementariedade e equilibrio entre perfís. Complementariedade nos coñecementos dos distintos membros do grupo operativo, de xeito que a combinación que resulte sexa a máis adecuada para acadar os obxectivos do proxecto, e queden representados no grupo operativo distintos ámbitos de traballo e/ou experiencias profesionais en relación coa materia que se vai abordar (13 puntos).

4. Calidade técnica da proposta (valoración máxima 66 puntos).

a) Grao de innovación (ata un máximo de 26 puntos):

1º. Achegas concretas ao estado actual do coñecemento e a ciencia:

1º.1. Moi relevante (10 puntos).

1º.2. Relevante (5 puntos).

1º.3. Pouco relevante (0 puntos).

2º. Viabilidade da innovación proposta desde o punto de vista técnico, económico e ambiental e adecuación ao problema que se vai abordar:

2º.1. Viabilidade técnica (4 puntos).

2º.2. Viabilidade económica (4puntos).

2º.3. Viabilidade ambiental (4 puntos).

2º.4. Adecuación ao problema que se vai abordar (4 puntos).

b) Formulación do proxecto (ata un máximo de 40 puntos):

1º. Claridade. Obxectivos e fitos claros e específicos (14 puntos).

2º. Medible. Fins e beneficios cuantificables (13 puntos).

3º. Realizable. Que o cronograma do proxecto estea claramente estruturado e pautado (13 puntos).

Para poder ser seleccionado, o proxecto deberá obter un mínimo de 26 puntos neste punto.

5. Alcance e impacto previsto da acción de cooperación (valoración máxima 54 puntos).

a) Valoración da contribución do proxecto á mellora dos resultados económicos dos potenciais beneficiarios do resultado do proxecto (máximo 16 puntos):

1º. Usuarios potenciais da innovación proposta (ata un máximo de 8 puntos):

1º.1. Unha área ou sector produtivo/económico (4 puntos).

1º.2. Dúas ou máis áreas ou sectores produtivos/económicos (8 puntos).

2º. Proxectos orientados á redución dos custos de produción (4 puntos).

3º. Revalorización dos produtos e subprodutos agrarios e forestais (4 puntos).

b) Contribución do proxecto á mitigación ou adaptación ao cambio climático, á mellora na xestión dos recursos naturais, ao uso eficiente de insumos, á utilización de enerxías renovables, á valorización de residuos agroalimentarios en bioenerxía ou bioprodutos e á conservación da biodiversidade (máximo 15 puntos):

1º. Mitigación do cambio climático (2 puntos).

2º. Adaptación ao cambio climático (2 puntos).

3º. Conservación da biodiversidades (2 puntos).

4º. Xestión eficiente dos recursos, incluída a xestión sustentable e/ou a recuperación da terra agraria (3 puntos).

5º. Uso eficiente dos insumos (3 puntos).

6º. Uso de enerxías renovables (3 puntos).

c) Proxectos que facilitan a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas, a creación de emprego, a redución da brecha de xénero (proxecto dirixido por mulleres, maior dedicación de mulleres ao proxecto, etc.), a incorporación de mozos/as a actividade agraria (incluíndo os 5 anos posteriores á incorporación) e/ou ao medio rural, a inclusión social (participación no proxecto de persoas migrantes, refuxiadas, persoas con discapacidade, etc.) (máximo 14 puntos):

1º. Diversificación no medio rural (3 puntos).

2º. Creación e desenvolvemento de pequenas empresas (3 puntos).

3º. Creación de emprego e fomento da inclusión social: creación de emprego para o desenvolvemento do proxecto e/ou derivado deste, e medidas orientadas á inclusión social (2 puntos).

4º. Incorporación e/ou asentamento de mozos/as (menores de 41 anos) e/ou mulleres ao medio rural: medidas concretas orientadas á igualdade de xénero e á incorporación de mozos/as (3 puntos).

5º. Solicitude presentada por unha entidade que teña a súa sede social nun dos concellos das zonas de montaña definidas na medida 13 do PDR 2014-2020 (3 puntos).

d) Divulgación dos resultados (máximo de 9 puntos):

1º. Accións de divulgación (enfoque, resultados previstos, medios de divulgación e formato empregado):

1º.1. Adecuación de actuacións de divulgación presenciais (1 punto).

1º.2. Adecuación de actuacións de divulgación virtuais (1 punto).

1º.3. Adecuación de actuacións de divulgación mediante publicacións (1 punto).

2º. Medios de divulgación e destinatarios previstos (público obxectivo) das actividades de divulgación:

2º.1. Plan de divulgación no ámbito autonómico (1 puntos).

2º.2. Plan de divulgación no ámbito autonómico e estatal (2 puntos).

2º.3. Plan de divulgación no ámbito autonómico, estatal e europeo (3 puntos).

3º. Cronograma da divulgación suficientemente detallado (claridade e coherencia en xeral e, en particular, o orzamento asignado e a repartición de tarefas entre os integrantes do grupo operativo e no tempo) (3 puntos).

A axuda adoptará a forma de subvención plurianual, convocada en réxime de concorrencia competitiva, segundo as bases reguladoras establecidas para o efecto.

A solicitude para poder ter acceso á axuda deberá alcanzar un limiar mínimo de puntuación que se corresponderá co 30 % da puntuación máxima total que se poida alcanzar no procedemento de valoración. A puntuación máxima teórica atribuíble a unha solicitude será de 215 puntos e a puntuación mínima será de 65 puntos. Así mesmo, deberá obter, como mínimo, 26 puntos na epígrafe de formulación do proxecto para poder ser seleccionado.

As solicitudes serán ordenadas en orde decrecente segundo a puntuación obtida na valoración.

En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate as solicitudes que obtivesen maior puntuación nos criterios e orde seguintes:

1. Idoneidade dos membros do grupo operativo.

2. Complementariedade e equilibrio entre os membros do grupo operativo.

3. Grao de innovación da proposta.

De persistir o empate, logo de aplicados estes criterios, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á que o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

A selección das solicitudes en función dos criterios establecidos nesta intervención será realizada a través dunha Comisión de Valoración, nomeada para os efectos polo órgano competente. A actuación da dita comisión como órgano colexiado estará suxeita ao establecido na Lei 40/2015 do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

A través desta operación financiarase a execución dos proxectos innovadores da AEI mediante a convocatoria pública de bases reguladoras en concorrencia competitiva.

Os proxectos financiados cumpren co recollido no programa Completa e Transfire da RIS3 2021-2027, produtividade e competitividade nas cadeas de valor estratéxicas: colaboración e transferencia para I+D+i en produto-servizo, proceso, organización e comercialización. Impulsando a definición e posta en marcha de proxectos transformadores e de impacto a través da colaboración e transferencia entre os diferentes axentes público-privados de Galicia, e co obxectivo específico de incrementar o nivel de transferencia e valorización da I+D+i nas cadeas de valor.

Artigo 22. Resolución e notificacións

1. A Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria elevará a proposta de resolución, logo da avaliación das solicitudes por unha comisión, ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, o cal resolverá a concesión das subvencións.

A dita avaliación das solicitudes conterá unha relación priorizada dos proxectos que se propoñen para ser financiados co seu correspondente orzamento e a relación dos proxectos que se consideran non financiables.

2. A avaliación das solicitudes e determinación da contía da axuda será realizada por unha comisión. Para avaliar as solicitudes a comisión aplicará os criterios expostos no artigo 21 desta resolución. A Comisión só terá en consideración aquela documentación susceptible de valoración que sexa presentada no momento da solicitude. Para determinar a contía da axuda a cada beneficiario, a comisión aplicará a metodoloxía que se recolle no artigo 11 desta resolución. A dita comisión actuará como un órgano colexiado constituído polos seguintes membros:

a) Presidente: o xefe da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria, ou a persoa en que delegue.

b) Secretario: un funcionario da Axencia Galega da Calidade Alimentaria nomeado polo director, que actuará con voz e voto.

c) Vogais: tres funcionarios nomeados, dous da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e un vogal da Axencia Galega de Innovación, por proposta do director da Axencia, que serán nomeados polo mesmo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

A Comisión de Avaliación poderá solicitar a colaboración de expertos científico-técnicos externos, de recoñecida experiencia nas áreas correspondentes ás propostas presentadas, co fin de informar da idoneidade dos respectivos proxectos solicitados.

3. A resolución deberá ser notificada aos beneficiarios de forma individualizada, de acordo co previsto nos artigos 40 e 42 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita notificación deberá informar os beneficiarios de que a actuación se subvenciona a través do Feader e se enmarca dentro do PEPAC 2023-2027 de Galicia, na intervención 7161.

4. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

6. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

7. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

8. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

9. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da presente convocatoria será de catro meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

10. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 23. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da concesión por instancia do beneficiario, sempre que se presente a solicitude de modificación antes dos 30 días previos á data de finalización do prazo de xustificación das actividades obxecto de subvención, que nestas axudas coincide co prazo para a súa realización. E sempre que o importe da solicitude de modificación sexa igual ou superior a 1.000 € e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da subvención.

d) Que o conxunto das modificacións propostas non superen un 10 % do importe subvencionable. Esta limitación só afectará a segunda e terceira anualidade. As modificacións que impliquen a subcontratación parcial da actividade, xustificando debidamente que non se dispón de medios propios para levala a cabo, non se verán afectadas por esta limitación.

3. Só serán admitidas un máximo de dúas solicitudes de modificación por anualidade e entidade beneficiaria, que cumpran co recollido na letra d) do punto anterior.

4. Non será admitida ningunha modificación non autorizada previamente polo órgano xestor.

5. Ampliación do prazo de execución: tanto a petición das persoas solicitantes como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

6. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, logo da instrución do correspondente expediente no cal se lle dará audiencia ao interesado.

Artigo 24. Aceptación e renuncia

Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, os beneficiarios disporán de 10 días hábiles para a súa aceptación desde a notificación desta; transcorrido este prazo sen que producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunique a renuncia en prazo, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.

Artigo 25. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

1. Reintegrar as cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

2. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo, segundo o recollido no Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

3. Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular, en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 141 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

4. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada.

5. Todas as actividades de información e publicidade relacionadas cos fondos Feader deberán levarse a cabo de acordo co establecido nos anexos II e III do Regulamento 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021. O beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea.

b) No caso de operacións non comprendidas no punto a) (obras de infraestruturas ou construción que se beneficien dunha axuda pública total de importe superior a 500.000 euros), atenderanse as seguintes obrigas:

– As operacións que reciban unha axuda pública total superior a 10.000 euros, en función da operación financiada, colocarán, polo menos, un panel coa información sobre a operación (de tamaño mínimo A3), onde se destaque a axuda financeira recibida pola Unión, nun lugar visible para o público.

– Cando a operación no marco do PEPAC dea lugar a un investimento que reciba unha axuda pública total superior a 50.0000 euros, o beneficiario colocará unha placa explicativa coa información sobre o proxecto, na cal se destacará a axuda financeira da Unión Europea (anexo A desta resolución).

– Os carteis, paneis ou placas e sitos web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e os elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará como mínimo o 25 % do cartel, da placa ou da páxina web.

6. Ademais, segundo o establecido no artigo 59.4 do Regulamento (UE) 2021/2116, do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1306/2013, e no artigo 44.1 do Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, que sinalan que os beneficiarios facilitarán nas solicitudes de axudas e nas solicitudes de pagamento a información necesaria para a súa identificación, incluída, se é o caso, a identificación do grupo no que participen. A dita información deberá conter, como mínimo:

– Nome da entidade.

– Número de IVE ou de identificación fiscal.

– Nome da entidade matriz e número de IVE ou de identificación fiscal.

– Matriz última e número de IVE ou de identificación fiscal.

– Filiais e números de IVE ou de identificación fiscal.

7. Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos, en particular, as enquisas do INE, relacionados coa medición da I+D+i. Os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia. No marco de seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias. Para tales efectos, durante a execución e ao finalizar a axuda (expost), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.

Artigo 26. Pagamento das subvencións

1. A entidade solicitante centralizará toda a información financeira e xustificativa do proxecto, e será a encargada da presentación da xustificación da execución do proxecto ante a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme as anualidades establecidas na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 31 de outubro para as anualidades 2024, 2025 e 2026. No caso da última anualidade (2026) as entidades beneficiarias poderán xustificar a subvención e solicitar o seu pagamento parcial a partir do 31 de xullo. Nos casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor, acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, logo da petición do beneficiario, establécese como data límite de xustificación o 20 de decembro para a anualidade correspondente.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

3. As solicitudes de pagamento (anexo VII, modelo A) presentaranse acompañadas dos seguintes documentos:

a) Un resumo da execución da subvención en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (co IVE excluído e desagregado) e a data de cada un dos xustificantes agrupados por entidade participante e por conceptos de gastos (anexo VII, modelo B).

b) Documentación acreditativa da realización dos gastos correspondentes ás actividades subvencionadas, que consistirá nas facturas e os seus correspondentes xustificantes de pagamento mediante transferencia bancaria. A expedición das facturas e o seu contido axustaranse ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento das obrigas de facturación.

Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.

Como regra xeral, os pagamentos realizaranse a través dunha entidade financeira e considérase admisible o pagamento en metálico nos seguintes supostos e condicións:

1º. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico, cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 300 euros; neste caso, o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, na cal se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación acompañará a factura preceptiva.

2º. As excepcións recollidas no punto anterior non serán aplicables aos pagamentos efectuados directamente pola Administración a provedores, que deberán xustificarse mediante a achega dalgún dos documentos indicados no punto b) deste punto.

c) De acordo co establecido no Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, no que respecta ao sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, os controis administrativos das solicitudes de axuda incluirán, entre outras cousas, a moderación dos custos propostos, que se avaliará mediante un sistema adecuado de avaliación. O sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polos beneficiarios na xustificación da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os beneficiarios das axudas deberán achegar coa xustificación:

1º. Tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

2º. Unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Pola diversidade dos gastos subvencionables nestas axudas e polo seu carácter innovador, e naqueles casos de custos de pouca contía, poderase substituír o sistema de comparación de ofertas diferentes pola referencia a prezos de mercado ou a bases de datos de prezos.

Malia o anterior, segundo o recollido no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano xestor poderá comprobar en calquera dos tres sistemas de moderación o valor de mercado dos gastos.

3.º Todas as ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

3º.1. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos eedificacións.

3º.2. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

3º.3. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación detallada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca e modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. De non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

d) No caso de custo de persoal, tanto persoal propio como especificamente contratado para o proxecto, deberá achegarse:

1º. Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ao proxecto que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome e apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa e custo proporcional imputado ao proxecto (retribucións + Seguridade Social), segundo as horas dedicadas por cada traballador mensualmente ao proxecto (anexo VII modelo C).

2º. Nóminas, así como o xustificante de pagamento (transferencias bancarias), RNT e RLC e ingreso do imposto sobre a renda das persoas físicas (modelo 111).

3º. Contrato de traballo no caso de persoal adicional contratado con destino específico ao proxecto.

4º. No caso de persoal propio dedicado ao proxecto e para o cálculo do importe/hora que se vai subvencionar: certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación detallada por traballador dos doce meses anteriores á data límite de xustificación da anualidade correspondente que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome e apelidos, retribución bruta mensual e importe da Seguridade Social con cargo á empresa.

e) No caso de gastos de viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto deberá achegarse unha certificación das viaxes realizadas (anexo VII modelo D).

f) No caso de proxectos plurianuais con importe superior a 18.000 euros, de acordo co recollido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exoneraranse os beneficiarios de garantía, logo da autorización do Consello da Xunta.

g) No caso dos gastos das entidades colaboradoras externas ao grupo operativo, será suficiente para xustificar o gasto a emisión dunha única factura onde se reflicta o recollido no documento vinculante ou acordo de asociación asinado polo grupo operativo no relativo ás tarefas que desenvolverá, debidamente conformada polo responsable da xestión económica e do persoal do entidade correspondente.

Todos os datos incluídos nos documentos anteriores, agás cando explicitamente se indique, formarán parte dunha base de datos, serán confidenciais e non se poderá facer uso deles salvo autorización expresa dos seus propietarios.

h) Presentarase anualmente un informe parcial dos resultados, en formato normalizado, no cal se reflectirán os datos do nivel de execución do proxecto (anexo VII, modelo E).

i) Presentarase anualmente un informe resumo de divulgación, en formato normalizado, cos resultados do proxecto actualizados (anexo VII, modelo F).

j) Cando se trate da última anualidade achegarase, ademais dun informe final de resultados en formato normalizado (anexo VII, modelo G), asinado por todos os membros do grupo operativo, unha memoria en formato libre. O obxectivo desta memoria é a divulgación do proxecto desde a páxina web da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Por este motivo, é importante que sexa concisa, que transmita con claridade o traballo realizado e que preste particular importancia aos resultados obtidos e ás leccións aprendidas. Para axudar a lograr estes obxectivos, deberá respectar unha certa estrutura: 1) Título; 2) Introdución (motivos polos que se fixo este traballo concreto, así como que coñecementos existen sobre esta temática no momento en que se emprende o proxecto. Debe conter unha enumeración dos obxectivos individuais. Este punto non debería exceder as 2.000 palabras); 3) Metodoloxía (descrición das técnicas, aparellos, ferramentas, analíticas, enquisas, etc. que se empregaron para obter os diferentes obxectivos. Poderá subdividirse por obxectivos. Este punto non debería exceder as 4.000 palabras); 4) Resultados (descrición dos resultados obtidos para cada un dos obxectivos, incluíndo unha interpretación concisa das táboas e gráficas presentadas. Este punto non debería exceder as 6.000 palabras); 5) Conclusión (recollerá de forma concisa e enfocada ás ensinanzas derivadas do proxecto, é dicir, as mensaxes que cómpre reter. Recoméndase non superar as 1.000 palabras); 6) Referencias bibliográficas (enumeración das fontes: libros, capítulos de libros, revistas, páxinas web, etc., consultadas para extraer a información presentada na memoria). As fotografías e as gráficas son altamente recomendables ao longo da memoria de formato libre, xa que axudan a visualizar e interpretar os resultados.

k) Cando se trate da última anualidade, achegarase unha ficha-resumo de divulgación relativa ao proxecto innovador da AEI. O seu formato normalizado é un documento de texto editable e estará á disposición dos beneficiarios na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Ademais, achegarase un vídeo resumo dunha duración aproximada de 2 minutos e unha presentación en power point, de entre 10 e 15 diapositivas, que deberá incluír o título da iniciativa e o ámbito territorial desta, unha breve presentación das entidades participantes na acción de cooperación xustificando a complementariedade entre perfís e o equilibrio na composición do grupo formado en relación cos obxectivos do proxecto, a repartición económica total do proxecto e por entidade participante así como unha breve explicación das partidas máis relevantes, o problema que se pretendía resolver ou mellora que se buscaba, as fases ou estrutura do proxecto indicando a participación de cada membro, os resultados obtidos fronte á expectativa inicial, a aplicabilidade ao sector produtivo do rural galego e por último, que ODS resolve.

4. No caso de que a solicitude de pagamento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da solicitude de pagamento ou da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao pagamento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

5. Para efectuar o pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución (anexo VII, modelo H).

6. Segundo o recollido nos artigos 31.5, 33.2 e 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o cumprimento polo beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos coa aceptación da axuda, a cantidade desta que finalmente teña que percibir o beneficiario ou, de ser o caso, o importe que vai reintegrar virá determinados pola aplicación de criterios de gradación que deberán responder ao principio de proporcionalidade.

Artigo 27. Control

1. A Consellería do Medio Rural poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do Regulamento delegado (UE) nº 2022/1172 da Comisión, do 4 de maio, de 2022, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común e a aplicación e o cálculo das sancións administrativas no marco da condicionalidade.

Ademais do seguimento baseado nos informes finais recibidos, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria poderá facer un seguimento técnico do proxecto mediante a presenza in situ do persoal técnico nomeado para este fin. O seguimento poderá avaliar o grao de cumprimento das accións propostas, así como o plan de traballo previsto en cada etapa do proxecto e os datos e resultados derivados do proxecto.

2. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

a) A acción finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

b) Os custos contraídos e os gastos realizados.

3. A entidade beneficiaria someterase aos procedementos de comprobación e control financeiro das accións de cooperación subvencionadas por parte da Consellería do Medio Rural, do órgano pagador do Feader, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e das instancias comunitarias de control.

4. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta resolución o referido ao réxime de controis, reducións e exclusións reguladas no Regulamento delegado (UE) 2022/1172 da Comisión, do 4 de maio de 2022, polo que se completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común e a aplicación e o cálculo das sancións administrativas no marco da condicionalidade.

A contía da subvención que se pagará calcularase con base no que resulte subvencionable durante os controis administrativos da xustificación e a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario.

O organismo competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes subvencionables de acordo co seguinte:

a) O importe que pode concederse ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento.

b) O importe que pode concederse ao beneficiario tras os controis da solicitude de pagamento.

Se o importe establecido en virtude da letra a) supera o importe establecido en virtude da letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción ao importe establecido en virtude da letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre os dous importes citados, pero non irá alén da retirada total da axuda.

Non obstante, non se aplicará ningunha sanción se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

5. A realización sen notificación previa de modificacións na composición do grupo operativo suporá a perda de dereito ao cobramento da axuda para o grupo operativo.

6. O incumprimento das actividades de divulgación e transferencia de resultados previstas na solicitude de axuda, con carácter adicional ás obrigatorias que poidan proceder das redes nacional e europea da PAC, suporá a redución do importe nun 10 % do importe correctamente xustificado por cada un dos beneficiarios.

7. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Artigo 28. Recursos

1. A convocatoria desta axuda, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados polos interesados.

2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta resolución non porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 29. Incumprimento, reintegros e sancións

1. A normativa comunitaria de aplicación será o Regulamento delegado (UE) 2022/1172 de 2022, do 4 de maio, polo que se completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común e a aplicación e o cálculo das sancións administrativas no marco da condicionalidade. E a Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e o Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

2. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta resolución ou dos obxectivos da actividade subvencionada, a non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención, a obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían, o incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado ou de calquera outra Administración pública, así como as demais circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, constituirán causas determinantes de reintegro da subvención polo beneficiario, xunto cos xuros de demora.

3. Aos beneficiarios das subvencións seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previstos na citada Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. En caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao que se lle engadirán, de ser o caso, os xuros calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de sesenta días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 30. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias das subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 31. Lexislación de aplicación

En todo o non previsto nesta resolución, observarase o sinalado na normativa seguinte:

– Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021 polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

– Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

– Regulamento delegado (UE) 2022/1172 da Comisión, do 4 de maio de 2022, polo que se completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común e a aplicación e o cálculo das sancións administrativas no marco da condicionalidade.

– Regulamento de execución (UE) 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común.

– Regulamento de execución (UE) nº 2022/1475, da Comisión, do 6 de setembro de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.

– Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

– Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da unión Europea.

– Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

– Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

– Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Disposición adicional primeira. Marco programático da resolución

As axudas reguladas na presente resolución forman parte do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, polo que a presente convocatoria e as súas bases deben axustarse ao contido do plan.

Disposición adicional segunda. Bases de datos nacional de subvencións

1. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

2. A Base de datos nacional de subvencións cederá información ao Sistema de Fondos Europeos, segundo as previsións contidas na normativa europea e nacional que resulte de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para a aplicación

Autorízase o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria para ditar as instrucións necesarias que permitan a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en efecto

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO A

Placa explicativa para o caso de acción de cooperación con investimentos cuxo custo total supere os 50.000 euros

missing image file

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file