DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7001

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS321A).

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 16, do martes 23 de xaneiro de 2024, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 6016, no artigo 5, a numeración correcta sería a seguinte:

«a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Non estar traballando por conta propia nin allea.

d) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude».