DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7946

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 4 de maio de 2023.

A Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 14 de outubro), establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega, co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura, incluída no seu ámbito a categoría de facultativo especialista de atención primaria, e posibilitar a realización do segundo proceso selectivo polo sistema de concurso nesta categoría.

O Decreto 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023, incluíu a oferta de 72 prazas de facultativo/a especialista de atención primaria.

Celebrado o acto de elección de destino convocado pola Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 237, do 15 de decembro), resultaron adxudicadas 65 prazas sendo necesaria a resolución do proceso selectivo respecto dos destinos adxudicados dadas as necesidades expostas. Do acto de elección resultaron pendentes de adxudicación 7 prazas.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da antedita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, os/as aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo e declarar finalizado para tales aspirantes o concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 4 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio).

Segundo. Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».

Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:

a) Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado, tanto na xornada ordinaria nos centros de saúde como na complementaria para prestar servizos de atención continuada nos PAC de referencia.

A falta de incorporación ao destino nesas condicións e prazo, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

b) Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de facultativo especialista de atención primaria, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpran os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución. En consecuencia, deberán ser excluídos de calquera proceso en que estean participando no momento en que se incorporen ao servizo activo como persoal facultativo especialista de atención primaria.

Terceiro. En aplicación da base 10.3 da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso. Neste suposto, o órgano convocante seleccionará e nomeará persoal estatutario fixo da categoría novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva da categoría entre aqueles aspirantes que elixisen os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do aspirante que non se incorporou ao servizo activo. Realizadas estas adxudicacións, publicarase resolución ofertando novamente no acto de elección as seguintes prazas que non resultaron adxudicadas no primeiro acto de elección:

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Centro de saúde

Quenda

PAC de referencia

Ribeira-Aguiño-Corrubedo-Palmeira

Desprazable

Ribeira/A Pobra do Caramiñal do Caramiñal/Boiro

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Centro de saúde

Quenda

PAC de referencia

A Mezquita

Mañá

Verín/ZEU Gudiña/A Mezquita

A Pobra do Caramiñal de Trives

Mañá

Trives/Castro Caldelas

Calvos de Randín-Baltar

Mañá

Xinzo de Limia/Allariz/Celanova

O Carballiño/Beariz

Mañá

O Carballiño/Ribadavia

Cualedro/Laza

Mañá

Verín/ZEU Gudiña/A Mezquita

Lobios-Entrimo

Mañá

Celanova/Bande

O Carballiño

Desprazable

O Carballiño

Cuarto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, cando conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente convalidada.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Definitivamente seleccionados, nomeamento e adxudicación de destino

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro/s de saúde

Quenda

PAC de referencia

***3380**

Álvarez Pérez, Otilia

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Pobra do Caramiñal de Trives

Mañá

Trives-Castro Caldelas

***7213**

Álvarez Santos, Laura

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Carballiño-Punxín

Mañá

O Carballiño-Ribadavia

***1929**

Barrios García, Nereyda

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Xinzo de Limia

Desprazable

Xinzo de Limia

***1261**

Batan Veiga, Silvia Olalla

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Frades-Ordes

Mañá

Ordes

***8915**

Bermúdez Alcalde, Viviana

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A Pobra do Caramiñal do Caramiñal

Desprazable

Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro

***4864**

Caamaño Fernández, Iria Lucía

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Forcarei

Mañá

Terra de Montes-A Parda

***8239**

Capón Álvarez, Jessica

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Meira

Mañá

Meira-Lugo

***2223**

Carballo García, José Antonio

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Nogueira de Ramuín-Paderne- Allariz

Mañá

Maceda-Ourense-Castro Caldelas

***5597**

Casas Menan, Samuel Agustín

A.S. de Vigo

Covelo

Mañá

Ponteareas-A Cañiza-Vigo

***8048**

Castiñeira Pérez, Sandra

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro

Mañá

Viveiro-Burela-Ribadeo

***5539**

Chapela Villa, Carlos

A.S. de Vigo

Aldán-O Hío

Mañá

Cangas-Moaña, Redondela-Vigo

***8320**

Dorado Gómez, Miriam

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Rúa-Petín

Mañá

O Barco de Valdeorras-Trives-ZEU,
A Veiga e O Bolo

***7939**

Félix Taveras, Indhira Buenaventura

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Xermade

Mañá

Lugo-Vilalba-Outeiro de Rei

***1271**

Fernández Alba, José Luis

A.S. de Vigo

Redondela

Mañá

Redondela,Cangas-Moaña,Vigo

***4676**

Fernández Castro, Marcelino

A.S. de Ferrol

Narón

Mañá

Narón-As Pontes de García Rodríguez
-San Sadurniño

***4569**

Fernández López, Noelia

A.S. de Ferrol

Narón

Tarde

Narón-As Pontes de García Rodríguez
-San Sadurniño

***4513**

Flores Garnica, Luis Manuel

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras

Desprazable

O Barco de Valdeorras-Trives-ZEU,
A Veiga e O Bolo

***5830**

Gacio Pacios, María Remedios

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Rúa-Larouco

Mañá

O Barco de Valdeorras-Trives-ZEU,
A Veiga e O Bolo

***5816**

Gómez Villares, Lorena

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Irixo-San Amaro

Mañá

O Carballiño-Ribadavia

***1159**

González Caínzos, Laura

A.S. de Ferrol

UAP F.M.

Desprazable

Ferrol-Fene-Pontedeume

***2105**

González Feijoo, María José

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Coles-Piñor

Mañá

Coles-Ourense

***5612**

González López, Arturo

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Punxín-San Amaro

Mañá

O Carballiño-Ribadavia

***5179**

Gorgojo Villán, José Matías

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

Mañá

Burela-Ribadeo-Viveiro

***4658**

Jiménez Cruceta, Ana Luisa

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Ribeira-Aguiño-Corrubedo-Palmeira

Desprazable

Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro

***5650**

Lema Fernández, Alberto

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro

Tarde

Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro

***0063**

Lema Trillo, José Aurelio

A.S. da Coruña e Cee

Vimianzo

Mañá

Vimianzo-Cee

***4909**

Liriano Reyes, Ana Josefina

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Gudiña

Mañá

Verín-ZEU Gudiña-A Mezquita

***8322**

Lobo Martínez, Raquel

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

O Vicedo

Mañá

Viveiro-Burela-Ribadeo

***5973**

López Díaz, Juan José

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Guntín

Mañá

Guntín-Lugo

***5790**

López Domínguez, María Pilar

A.S. de Ferrol

Narón

Mañá

Narón-As Pontes de García Rodríguez
-San Sadurniño

***6463**

López Ferro, Tania

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro-Cabo de Cruz

Mañá

Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro

***8239**

López García, José Luis

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Pedrafita do Cebreiro

Mañá

Becerreá-O Corgo

***5909**

López Gómez, Beatriz

A.S. de Vigo

Arbo

Mañá

A Cañiza-Ponteareas-Vigo

***2004**

López Rosell, Javier

A.S. de Pontevedra e O Salnés

San Roque

Tarde

Vilagarcía-Caldas de Reis

***3880**

López Silva, Laura

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Castro Ribeiras de Lea

Mañá

Meira-Palas de Rei

***8453**

Luaces Méndez, Rafael

A.S. de Pontevedra e O Salnés

O Grove

Mañá

O Grove-Sanxenxo

***4477**

Macaya Ortiz, María Asunción

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Teo-Cacheiras

Tarde

Santiago- A Estrada

***1477**

Matías González, Eva

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Carballeda de Valdeorras-Rubiá

Mañá

O Barco de Valdeorras-Trives-ZEU,
A Veiga e O Bolo

***3589**

Míguez Labandeira, José Gregorio

A.S. de Vigo

Pazos-Fornelos

Mañá

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo

***1580**

Molano Zarate, Rubén Eduardo

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Sarria

Mañá

Sarria-Lugo

***0551**

Noriega Sánchez, Martiño

A.S. da Coruña e Cee

Laxe

Mañá

Ponteceso-Cee

***2020**

O’Farrill Ordóñez, Gabina Mayra

A.S. da Coruña e Cee

Arteixo

Desprazable

Arteixo-A Coruña

***3293**

Ocampo Fontangordo, Marta

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santa Comba

Mañá

Santa Comba

***8975**

Otero Fernández, David

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Rianxo

Desprazable

Rianxo-Valga-Padrón

***4847**

Otero Rivas, Pedro José

A.S. de Vigo

Ponteareas

Desprazable

Ponteareas-A Cañiza-Vigo

***9325**

Palma Rodríguez, María Esther

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Baralla

Mañá

O Corgo-Lugo

***1765**

Pereiras Maceira, María del Carmen

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Mesía-Xanceda

Mañá

Ordes

***3577**

Pérez Álvarez, Noelia

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Lobeira-Bande

Mañá

Celanova-Bande

***8173**

Quinteiro Seoane, Carolina

A.S. de Vigo

Redondela

Mañá

Redondela, Cangas-Moaña, Vigo

***3277**

Quiroga Fernández, Carlota

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Viana Bolo-Vilariño de Conso

Mañá

Viana do Bolo

***8578**

Saco Díaz, Daniel

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras

Mañá

O Barco de Valdeorras-Trives-ZEU,
A Veiga e O Bolo

***7861**

Sánchez Novo, Juan Antonio

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Trazo-Agro do Mestre

Mañá

Ordes-Santiago

***6814**

Silva Porto, Cristina

A.S. de Pontevedra e O Salnés

San Roque

Tarde

Vilagarcía-Caldas de Reis

***0189**

Sotelo García, César Oliver

A.S. de Ferrol

As Pontes de García Rodríguez

Desprazable

As Pontes de García Rodríguez-Narón-San Sadurniño

***9087**

Tanoira Carballo, María Gabriela

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Rianxo

Desprazable

Rianxo-Valga-Padrón

***3581**

Teijo Figueiras, Pilar

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Noia

Mañá

Noia-Muros

***8424**

Trelles Díaz, Laura

A.S. de Ferrol

UAP F.M.

Tarde

Ferrol-Fene-Pontedeume

***2179**

Varela Mariño, María

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Catoira

Mañá

Vilagarcía

***3236**

Vázquez Zaballos, José María

A.S. de Ferrol

Ares

Mañá

Fene-Pontedeume-Ferrol

***8088**

Vilchez Dosantos, Sandra

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Verín-Laza

Mañá

Verín-ZEU Gudiña-A Mezquita

***0484**

Villamarín Bello, María Beatriz

A.S. de Ferrol

Narón

Desprazable

Narón-As Pontes de García Rodríguez
-San Sadurniño

***4022**

Viña Seren, María de los Ángeles

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

Desprazable

Monforte

***5233**

Viqueira Queijas, Tania

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro

Desprazable

Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro

***9697**

Yañez Freire, Sandra

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Esteiro-Muros

Mañá

Muros-Noia