DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7912

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia, núm 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre de 2023

Convenios

Importe total achegado pola AXI (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Sanxenxo para a iluminación do enlace de Nantes, punto quilométrico 17+200 da AG-41

32.781,03

10.10.2023

Addenda nº 2 ao Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Ames para o acondicionamento da AC-544 desde a intersección coa avenida da Maía ata o p.q 0+610

Non supón incremento con respecto ao convenio

18.10.2023

Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Porto do Son para construír un muro no noiro existente entre a AC-550 e o camiño agrícola no lugar de Lamas, Abuín

42.935,83

31.10.2023

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Cervo para a mellora da estrada a Quintás

Non supón incremento con respecto ao convenio

2.11.2023

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Brión para o acondicionamento do treito da estrada AC-543 entre os pp.qq. 8+390 e 10+000 e cambio de titularidade en favor do concello

Non supón incremento con respecto ao convenio

8.11.2023

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a AXI, e a Autoridade Portuaria da Coruña para a redacción do proxecto e execución da obra de estrutura flotante na zona do Parrote, no Porto da Coruña, para a realización de actividades náutico-deportivas

Non supón incremento con respecto ao convenio

28.11.2023

Addenda nº 2 ao Convenio de colaboración entre a AXI e a Autoridade Portuaria de Vigo para o fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Vigo

Non supón incremento con respecto ao convenio

28.11.2023

Addenda nº 3 ao Convenio de colaboración entre a AXI e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para o fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Ferrol

Non supón incremento con respecto ao convenio

4.12.2023

Addenda nº 3 ao Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Sanxenxo para a humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso por Portonovo, p.q. 18+960 a 19+770

Non supón incremento con respecto ao convenio

5.12.2023

Addenda ao Convenio entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., polo que se establecen as achegas extraordinarias para mitigar o impacto da subida de tarifas dos anos 2022 e 2023 e se regulan as bonificación da peaxe das autoestradas da Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57)

Non supón incremento con respecto ao convenio

12.12.2023

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Santa Comba para habilitar a mellora do foxo na estrada AC-406 desde o polígono empresarial de Santa Comba

Non supón incremento con respecto ao convenio

20.12.2023

Convenio de colaboración entre a AXI e o Concello de Ferrol para abrir Ferrol ao mar. Segunda fase das actuacións de fomento da mobilidade sostible na fachada marítima e portuaria da cidade de Ferrol

5.712.385,25

29.12.2023

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., polo que se establece a achega extraordinaria para mitigar o impacto da suba de tarifas no ano 2024 e se regulen as bonificacións da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57)

7.965.000,00

29.12.2023