DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7937

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 18 de xaneiro de 2024 pola que se modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería.

Mediante a Orde do 20 de novembro de 2019 deuse publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería (DOG núm. 235, do 11 de decembro de 2019).

A citada orde foi modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2022 (DOG núm. 35, do 21 de febreiro de 2022), Orde do 8 de xuño de 2022 (DOG núm. 119, do 22 de xuño), Orde do 19 de agosto de 2022 (DOG núm. 164, do 30 de agosto), Orde do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro) e, finalmente, pola Orde do 2 de outubro de 2023 (DOG núm. 195, do 13 de outubro).

En fase de execución da Sentenza núm. 133/2023, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e logo de analizar esta consellería a formación da titulación de Licenciatura de Ciencias Ambientais no que se refire ás especialidades do corpo de profesores de ensino secundario 590007: Física e Química e na especialidade 590019: Tecnoloxía, resolveu incluíla nas ditas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

A presente orde axústase aos principios de boa regulación contidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 37 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. No que se refire aos principios de necesidade e eficacia, trátase dunha norma necesaria para adaptar a normativa reguladora das listas de persoas aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións á nova ordenación dos corpos docentes que se establece na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, coa necesaria determinación das titulacións que, en cada caso, permiten determinar que as persoas posúen os coñecementos necesarios para impartir os contidos propios de cada especialidade docente. De conformidade co principio de proporcionalidade, contén o desenvolvemento normativo imprescindible para cumprir coa finalidade sinalada e non existe ningunha alternativa reguladora menos restritiva de dereitos. Conforme o principio de seguridade xurídica, resulta coherente co ordenamento xurídico e cumpre tamén co principio de transparencia, xa que identifica claramente o seu propósito. Así mesmo, respéctanse os principios de eficiencia e simplicidade ao permitir unha xestión máis eficiente dos recursos públicos, e non prevé cargas administrativas para as persoas destinatarias.

En consecuencia, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ACORDA:

Artigo único. Modificación do anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería

Apróbase a modificación da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería, nos seguintes termos:

Primeiro. Modificar o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro de 2019) pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería, no que se refire á especialidade 590007: Física e Química, epígrafe relativa ás licenciaturas, e na especialidade 590019: Tecnoloxía, epígrafe relativa ás licenciaturas e graos, que quedan redactados como segue:

590007: Física e Química.

590007-Física e química

Titulacións:

Enxeñaría:

Aeronáutica

Agrónoma

Camiños, canles e portos

Industrial

Minas

Montes

Naval e oceánica

Química

Telecomunicación

Xeolóxica

Licenciatura:

Bioquímica

Biotecnoloxía

Ciencias ambientais

Farmacia

Física

Química

Grao en:

Arquitectura naval

Arquitectura naval e enxeñaría de sistemas mariños

Arquitectura naval e enxeñaría marítima

Bioquímica

Bioquímica e bioloxía molecular

Bioquímica e ciencias biomédicas

Biotecnoloxía

Ciencias agrarias e bioeconomía

Ciencias ambientais

Ciencias e tecnoloxías de telecomunicación

Ciencias experimentais

Deseño industrial e desenvolvemento de produtos

Enxeñaría aeroespacial

Enxeñaría agrícola

Enxeñaría agrícola e do medio rural

Enxeñaría agroalimentaria

Enxeñaría agrónoma

Enxeñaría civil

Enxeñaría da enerxía

Enxeñaría da enerxía e sustentabilidade

Enxeñaría da tecnoloxía de minas e enerxía

Enxeñaría da tecnoloxía mineira

Enxeñaría de deseño industrial

Enxeñaría de ecotecnoloxías en procesos industriais

Enxeñaría de electrónica e automática industrial

Enxeñaría de electrónica industrial

Enxeñaría de electrónica industrial e automática

Enxeñaría de enerxía e ambiente

Enxeñaría de enerxías renovables

Enxeñaría de materiais

Enxeñaría de procesos químicos industriais

Enxeñaría de química industrial

Enxeñaría de recursos enerxéticos e mineiros

Enxeñaría de recursos mineiros e enerxéticos

Enxeñaría de sistemas de defensa

Enxeñaría de sistemas de telecomunicación

Enxeñaría de sistemas de telecomunicación, son e imaxe

Enxeñaría de sistemas e tecnoloxía naval

Enxeñaría de sistemas industriais

Enxeñaría de son e imaxe en telecomunicación

Enxeñaría de tecnoloxía de minas e enerxía

Enxeñaría de tecnoloxía naval

Enxeñaría de tecnoloxías de camiños

Enxeñaría de tecnoloxías e servizos de telecomunicación

Enxeñaría de tecnoloxías específicas de telecomunicación

Enxeñaría de tecnoloxías industriais

Enxeñaría de tecnoloxías mineiras

Enxeñaría dos recursos enerxéticos

Enxeñaría dos recursos mineiros

Enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos

Enxeñaría eléctrica (rama industrial)

Enxeñaría electrónica de telecomunicación

Enxeñaría electrónica e automática (rama industrial)

Enxeñaría en enerxías renovables e eficiencia enerxética

Enxeñaría en recursos enerxéticos e mineiros

Enxeñaría en tecnoloxía industrial

Enxeñaría en tecnoloxía mineira

Enxeñaría en tecnoloxías industriais

Enxeñaría física

Enxeñaría forestal

Enxeñaría forestal e do medio natural

Enxeñaría forestal: industrias forestais

Enxeñaría mecánica (rama industrial)

Enxeñaría mineira

Enxeñaría mineira e enerxética

Enxeñaría naval e oceánica

Enxeñaría química

Enxeñaría química industrial

Enxeñaría radioelectrónica naval

Enxeñaría tecnoloxías da comunicación

Enxeñaría xeolóxica

Farmacia

Física

Mariña

Nanociencia e nanotecnoloxía

Náutica e transporte marítimo

Química

Sistemas audiovisuais de telecomunicación

Tecnoloxía da enxeñaría civil

Tecnoloxías de telecomunicación

590019-Tecnoloxía.

590019-Tecnoloxía

Titulacións:

Arquitectura:

Arquitectura

Enxeñaría:

Enxeñarías, todos os estudos de enxeñaría superior

Licenciatura:

Ciencias ambientais

Ciencias (sección física)

Ciencias do mar

Ciencias físicas

Física

Informática

Máquinas navais

Mariña civil

Náutica e transporte marítimo

Química

Radioelectrónica naval

Arquitectura técnica:

Arquitectura técnica

Enxeñaría técnica:

Enxeñarías técnicas, todos os estudos de enxeñaría técnica

Diplomatura:

Máquinas navais

Navegación marítima

Radioelectrónica naval

Grao en:

Arquitectura

Arquitectura naval

Arquitectura naval e enxeñaría de sistemas mariños

Arquitectura naval e enxeñaría marítima

Arquitectura técnica

Arquitectura técnica e edificación

Arte electrónica e dixital

Ciencias ambientais

Ciencia e tecnoloxía da edificación

Ciencia e tecnoloxía de edificación

Ciencias e tecnoloxías da edificación

Ciencias e tecnoloxías de telecomunicación

Creación e desenvolvemento de videoxogos

Desenvolvemento de videoxogos

Deseño de produtos interactivos

Deseño e desenvolvemento de videoxogos

Deseño e produción de videoxogos

Edificación

Enxeñaría, todas as titulacións

Estudos da arquitectura

Estudos de arquitectura

Estudos en arquitectura

Física

Fundamentos da arquitectura

Fundamentos de arquitectura

Fundamentos de arquitectura e Urbanismo

Informática e servizos

Mariña

Nanociencia e nanotecnoloxía

Náutica e transporte marítimo

Química

Tecnoloxía da enxeñaría civil

Tecnoloxía das industrias agrarias e alimentarias

Tecnoloxía e xestión alimentaria

Tecnoloxías da información para a saúde

Tecnoloxías mariñas

Tecnoloxías para a sociedade da información

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades