DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8431

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

A disposición adicional primeira do Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril) e do Decreto 143/2023, do 9 de novembro (DOG núm. 214, do 10 de novembro), polos que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2023, establece que poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas correspondentes á oferta de emprego público de anos anteriores, cuxo proceso selectivo non se convocou.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir dezasete (17) prazas, do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, correspondentes á oferta de emprego público dos exercicios 2021 e 2023, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril): nove (9) prazas das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2023, aprobada polo Decreto 143/2023, do 9 de novembro (DOG núm. 214, do 10 de novembro): oito (8) prazas das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

Resérvanse cinco (5) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O proceso selectivo constará dunha fase de oposición e outra consistente na superación dun curso selectivo coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta resolución.

I.1.1. De conformidade co Decreto 62/2021, do 8 de abril, e co Decreto 143/2023, do 9 de novembro, do total de prazas convocadas reservaranse dúas (2) prazas para seren cubertas por persoas con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33 %.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás de acceso xeral.

Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso elaborarase unha relación única na que se incluirán todas as persoas aspirantes que o superasen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola que participasen.

I.1.2 As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.1, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non indicalo entenderase que non optan por esta reserva.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

I.1.3 De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.1.4. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Lei 2/2015 do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas ao proceso selectivo as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

I.2.1. Promoción interna.

I.2.1.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación as persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de Dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo A2 da administración xeral e administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio) ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo II do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario, subgrupo A2, da administración xeral e administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio) ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo II do Convenio Colectivo único na categoría desde a cal accede.

Quedarán exentos do cumprimento deste requisito, as persoas aspirantes que adquirisen a condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión ou do corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2), como consecuencia da superación dalgúns dos procesos de funcionarización convocados ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional tida en conta no proceso de funcionarización.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da LEPG), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da LEPG) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

Non se computarán en ningún caso os servizos prestados coa condición de persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.1.7. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.

I.2.2. Acceso libre.

I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación as persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de Dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade, terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e mantelo ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.2.2.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que esixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.

Unha vez completados os datos dos solicitantes poderase iniciar o proceso de inscrición.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de «Idioma do exame», se o texto do cuestionario do exercicio deberá de entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción elixida.

As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares nas que se atopen relativas ao pago de taxas.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes dende que se producise o feito causante e en calquera caso nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio no que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia autentica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática, a seguinte documentación:

a) No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reguladora do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.

b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.

c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra comunidade autónoma.

d) Os datos relativos á exención da taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan a consulta da documentación, para iso deberán indicalo no cadro correspondente e achegar a seguinte documentación:

– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

– Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

Para a remisión electrónica, empregará os apartados habilitados aos efectos. Se non dispón de copias auténticas deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada, dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste apartado, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acreditasen mediante sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:

Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum, na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Se ademais se emprega o certificado dixital, poderá realizarse o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado das entidades que ofrecen esa posibilidade.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pago presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (Número de Rexistro Completo) correspondente. Unha vez completados os datos validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningún das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso será necesario que a persoa interesada presente un escrito dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública, solicitando a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación Fides, na epígrafe expediente > datos persoais e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado deste escrito ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente, salvo no suposto regulado no parágrafo seguinte.

Procederá a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame por aquelas persoas aspirantes que tiveran acadado un posto na mesma categoría, corpo, grupo, escala ou especialidade, en virtude dun proceso selectivo que se atope en execución e que á data da publicación da presente convocatoria non estivera rematado, sempre que non tiveran realizado ningún exercicio deste proceso e renuncien á participación nel. Para ter dereito a esta devolución as persoas interesadas deberán presentar escrito de renuncia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos. O escrito de renuncia dirixirase ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública e solicitarase a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame. A persoa interesada introducirá, ademais, o número de conta bancaria completo na aplicación Fides, na epígrafe expediente > datos persoais, e achegará o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado do escrito, da renuncia ou do certificado ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento poderase presentar a solicitude.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para unha mesma escala ou categoría. No caso de presentar varias solicitudes para un mesma escala ou categoría, soamente se terá en conta a última presentada.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes presentadas pola persoa aspirante.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través do aplicativo fides http://fides.xunta.gal

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder a solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos esixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I e II a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e II e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.2. Promoción interna.

II.1.2.1. Primeiro exercicio. Este exercicio constará de dúas probas:

– A primeira proba consistirá na resolución por escrito, dun cuestionario de dez (10) preguntas proposto polo tribunal, sobre as materias comprendidas no programa (anexo I). O tempo máximo de duración será dunha (1) hora e trinta (30) minutos.

– A segunda proba consistirá na realización, por escrito, de tres (3) supostos prácticos de dereito tributario ou ben de tres (3) supostos prácticos de dereito orzamentario. O tempo máximo de duración será de dúas (2) horas.

Para o desenvolvemento da segunda proba deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; en relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial.

Durante o desenvolvemento desta proba, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión da persoa aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos. Para superalo será necesario obter un mínimo de 30 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira proba, que se cualificará de 0 a 30 puntos, e da segunda proba, que se cualificará de 0 a 30 puntos; suma que non poderá ter lugar se a cualificación obtida en calquera das probas for inferior a doce (12) puntos, caso en que non se superará o exercicio.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica o contido do exercicio.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos catro (4) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.2.2. Segundo exercicio. Consistirá en expoñer oralmente catro (4) temas, extraídos ao chou, entre os incluídos no programa conforme o seguinte:

– O primeiro corresponderá aos temas relativos á materia de dereito administrativo (1 de entre os numerados do 1 ao 22).

– O segundo e terceiro corresponderán á materia de dereito tributario (2 de entre os numerados do 62 ao 94).

– O cuarto tema corresponderá á materia de dereito orzamentario (1 de entre os numerados do 50 a 61).

O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

Despois da extracción dos temas e antes de comezar a súa exposición, concederase ata un máximo de dez (10) minutos de tempo para que a persoa aspirante elabore, en presenza do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa de oposición.

Unha vez concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar coa persoa aspirante por un tempo máximo de dez (10) minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos. Para superalo será necesario obter un mínimo de 30 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.2.3. Terceiro exercicio. Constará de dúas probas:

Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.

Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.

O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto ou non apto. Para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Para estes efectos, xunto coa resolución pola que se fan públicas as cualificacións do segundo exercicio a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que están exentas de realizar o exame de galego por telo debidamente acreditado no seu expediente electrónico persoal.

As persoas aspirantes que non figuren na devandita listaxe de persoas exentas pero posúan o día da finalización do prazo de presentación de instancias o Celga 4 ou equivalente, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal fai públicas as cualificacións do segundo exercicio, para incorporar a documentación acreditativa de posuír o Celga 4 ou equivalente ao seu expediente electrónico persoal, ao que accederán a través de Fides, do xeito establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

II.1.3. Acceso libre.

II.1.3.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, máis cinco (5) preguntas de reserva. Cada pregunta conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha será a correcta, correspondentes á parte I do programa que figura como anexo II.

O exercicio terá unha duración máxima de cento oitenta (180) minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que por cada resposta incorrecta se descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos catro (4) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.3.2. Segundo exercicio: consistirá na resolución por escrito dun caso práctico proposto polo tribunal sobre as materias incluídas na parte II do programa que figura como anexo II.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos corenta (240) minutos.

Para o desenvolvemento deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, das resolucións do presidente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, e de temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión da persoa aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3.3. Terceiro exercicio, constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de dez (10) preguntas proposto polo tribunal sobre as materias comprendidas na parte III do programa que figura como anexo II.

A duración máxima da proba será de noventa (90) minutos.

– A segunda proba consistirá na resolución, á escolla da persoa aspirante, de tres (3) supostos prácticos de dereito tributario ou ben de tres (3) supostos prácticos de dereito orzamentario.

A duración máxima da proba será de cento vinte (120) minutos.

Para o desenvolvemento da segunda proba deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios coas condicións establecidas na base II.1.3.2.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira proba, que se cualificará de 0 a 15 puntos, e da segunda proba, que se cualificará de 0 a 15 puntos, suma que non poderá ter lugar se a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio for inferior a seis (6) puntos, caso en que non se superará o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3.4. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer oralmente catro (4) temas, extraídos ao chou, entre os que forman a parte III do anexo II do temario, conforme o seguinte:

– O primeiro corresponderá aos temas relativos á materia de dereito administrativo (1 de entre os numerados do 1 ao 22).

– O segundo e terceiro tema corresponderán á materia de dereito tributario (2 de entre os numerados do 50 ao 86).

– O cuarto tema corresponderá á materia de dereito orzamentario (1 de entre os numerados do 87 ao 100).

O exercicio terá unha duración máxima de sesenta (60) minutos.

Despois da extracción dos temas e antes de comezar a súa exposición, concederase ata un máximo de dez (10) minutos de tempo para que a persoa aspirante elabore, en presenza do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa da oposición.

Unha vez concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar coa persoa aspirante por un tempo máximo de dez (10) minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3.5. Quinto exercicio: Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Para estes efectos, xunto coa resolución pola que se fan públicas as cualificacións do cuarto exercicio a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que están exentas de realizar o exame de galego por telo debidamente acreditado no seu expediente electrónico persoal.

As persoas aspirantes que non figuren na devandita listaxe de persoas exentas pero posúan o día da finalización do prazo de presentación de instancias o Celga 4 ou equivalente, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal fai públicas as cualificacións do cuarto exercicio, para incorporar a documentación acreditativa de posuír o Celga 4 ou equivalente ao seu expediente electrónico persoal, ao que accederán a través de Fides, do xeito establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.3.6. As persoas aspirantes que realizasen e superasen o primeiro e/ou o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), poderán optar por conservar a puntuación obtida neles e acceder directamente ao segundo ou ao terceiro exercicio, segundo o caso. Se optan por presentarse ao exercicio de que se trate, quedará sen efecto o resultado obtido na convocatoria anterior.

II.1.4. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.4.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabético e iniciarase por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra V, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 23 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 12 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro).

II.1.4.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.1.4.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.

II.1.4.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.4.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.4.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.4.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas publicarao no DOG. As alegacións contra as preguntas deberán presentarse a través do aplicativo fides (http://fides.xunta.gal).

II.1.4.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.4.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.4.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará ás persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.1.4.11. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

III. Curso selectivo.

III.1. Os/as aspirantes que superen a fase de oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento, como requisito indispensable para obter o seu nomeamento de funcionarios/as de carreira. O dito curso versará sobre as materias do programa convocatoria do proceso selectivo correspondente ás dúas especialidades da escala superior de finanzas.

O curso selectivo terá unha duración de 150 horas lectivas, impartíndose nel o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha das especialidades da escala superior de finanzas, e terá como finalidade a preparación das persoas aspirantes para o exercicio das funcións específicas tanto da especialidade de inspección e xestión financeira e tributaria como da especialidade de intervención.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servizos centrais e órganos territoriais da Consellería de Facenda e Administración Pública, incluídos os servizos centrais e delegacións territoriais da ATRIGA.

Durante o período de realización do curso, os/as aspirantes que participen nel serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. O curso cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. A cualificación do curso obterase mediante a media aritmética da suma das puntuacións obtidas en cada unha das materias del.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso selectivo poderán incorporarse ao curso inmediatamente posterior, coa puntuación asignada na fase de oposición ao último/a dos/das participantes nel. Se non o superasen novamente perderán todos os seus dereitos a seren nomeados/as funcionarios/as de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ao curso inmediatamente posterior.

III.5 Unha vez rematado o curso selectivo e ata que se proceda ao seu nomeamento como funcionarios/as de carreira, os/as aspirantes continuarán prestando servizos como funcionarios/as en prácticas na mesma consellería na que realizaron a parte práctica do curso selectivo e coa xornada ordinaria de traballo.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da Consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta de 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base IV.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte ao establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

IV.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán aos que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

IV.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

IV.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso da/do presidenta/e e da/do secretaria/o, ou de quen os substitúa.

IV.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

IV.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da/do secretaria/o e o visto e prace da/do presidenta/e, ou quen os substitúa.

IV.8. A/o presidenta/o do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes as que corresponden os resultados obtidos.

IV.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

IV.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes.

Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala ao que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

IV.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base IV.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

IV.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

IV.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela).

V. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira

V.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.1.4.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

V.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:

a) Copia auténtica do título esixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

c) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

d) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

Poderán autorizar á Administración a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

V.3. Quen tiver a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

V.4. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos esixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do período de prácticas a que se refire a base III.

V.6. Unha vez finalizado o período de prácticas, o tribunal, fará públicos os resultados obtidos nel e a orde de prelación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acordo co establecido na base V.1.

V.7. A petición de destinos por parte do persoal funcionario en prácticas que superou o período de prácticas deberá realizarse unha vez rematado este, logo da oferta daqueles.

V.8. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base V.1.

As persoas que superen o proceso selectivo nomearanse persoal funcionario de carreira mediante resolución da consellería competente en materia de función pública. Esta resolución publicarase no DOG e indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

Ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo pola quenda de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto á escala á que acceden.No caso de que a persoa aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estea aberto á escala, ofertarase na elección de destino unha praza vacante.

V.9. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

VI. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Programa que rexerá o proceso selectivo para o acceso ao corpo superior
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala superior de finanzas, pola quenda de acceso de promoción interna

– Dereito administrativo:

Tema 1. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos-lei. A delegación lexislativa. Os tratados internacionais.

Tema 2. A potestade regulamentaria: titularidade, límites e control. O regulamento: clases. Eficacia dos regulamentos. A inderrogabilidade singular.

Tema 3. A organización administrativa. Órganos unipersoais e colexiados. A competencia e a xerarquía. Centralización, descentralización e desconcentración.

Tema 4. O sector público institucional estatal. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As sociedades mercantís estatais. Os demais entes públicos.

Tema 5. A organización de funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. As entidades instrumentais.

Tema 6. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela da Administración. A responsabilidade da Administración e os seus axentes. Requisitos. Prazos de reclamación e procedemento. O goberno aberto, especial referencia á transparencia e o acceso á información pública, á participación na rendición de contas e ó bo goberno . Normativa reguladora da protección dos datos persoais: principios, dereitos das persoas e exercicio dos dereitos.

Tema 7. O acto administrativo (I). Concepto, elementos e clases. Forma. A notificación e a publicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 8. O acto administrativo (II). Eficacia e executoriedade dos actos administrativos. A suspensión de efectos do acto administrativo. A execución forzosa: especial referencia á vía de constrinximento. Validez e invalidez dos actos administrativos. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 9. O procedemento administrativo: concepto e clases. Regulación. As partes no procedemento administrativo: dereitos dos cidadáns. Os interesados. Capacidade, lexitimación e representación. Iniciación. Instrución: especial referencia ao trámite de audiencia. A terminación do procedemento: formas.

Tema 10. Os contratos administrativos (I). O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Ámbito subxectivo e obxectivo de aplicación. Órganos de contratación. O contratista: aptitude para contratar. Tipos contractuais.

Tema 11. Os contratos administrativos (II). O obxecto do contrato. Presuposto base de licitación, valor estimado, o prezo e a súa revisión. Prazo de duración. As garantías no contrato administrativo. A preparación dos contratos. Procedementos de selección do adxudicatario. A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia.

Tema 12. Os contratos administrativos (III). Invalidez dos contratos e recurso especial en materia de contratación. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos. Rexistros oficiais.

Tema 13: As subvencións. Lei de subvencións de Galicia. Concepto e principios xerais. Os beneficiarios. Procedementos de concesión.

Tema 14: Procedementos de xestión e xustificación. Reintegros. Control financeiro de subvencións. Infraccións e sancións administrativas. O delito subvencional.

Tema 15. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 6/2023, de 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia: Bens e dereitos demaniais. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

Tema 16. A noción do servizo público. Os modos de xestión do servizo público.

Tema 17. A potestade sancionadora da Administración. Fundamentos, contido e límites. As sancións administrativas: concepto e clases. O procedemento sancionador.

Tema 18. A expropiación forzosa. Fundamento e límites. Os suxeitos da expropiación. Requisitos da expropiación. O prezo xusto. A reversión expropiatoria.

Tema 19. Os recursos administrativos. Clases de recursos. Procedemento de tramitación e resolución dos recursos administrativos.

Tema 20. A xurisdición contencioso-administrativa: ámbito. Os órganos da xurisdición contencioso-administrativa. As partes do procedemento. Obxecto do recurso. O procedemento contencioso-administrativo. A sentenza. Os recursos.

Tema 21. A Administración pública e a xustiza. Conflitos xurisdicionais, conflitos de competencia, cuestións de competencia e conflitos de atribucións.

Tema 22. A organización administrativa estatal. Principios de organización. A organización administrativa central e periférica. A administración consultiva. A Administración electrónica: Dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas Administracións Públicas. Instrumentos para o acceso electrónico ás Administracións Públicas: sedes electrónicas, canles e punto de acceso, identificación e autenticación. Asistencia no uso de medios electrónicos aos interesados.

– Facenda pública:

Tema 23. O sector público nunha economía de mercado. Delimitación, criterios de medición, importancia e evolución. A contabilidade nacional e o sector público. A facenda pública. Os contidos actuais.

Tema 24. A intervención do sector público na actividade económica. Os fallos do mercado. As fins do sector público. As operacións do sector público.

Tema 25. A toma de decisións no sector público. Elección social e preferencias individuais. O funcionamento democrático. Burocracia e grupos de interese.

Tema 26. O orzamento. Concepto e estrutura. O ciclo orzamentario. As distintas técnicas orzamentarias: do orzamento administrativo ás modernas técnicas de presupostación. O orzamento e os sistemas de planificación e control.

Tema 27. A eficiencia no sector público. Produción pública e produción privada. Selección e avaliación de proxectos. Custos, beneficios e regras de decisión.

Tema 28. A xestión pública. A xestión pública como ciencia multidisciplinar. Os fallos do sector público. Limitacións da intervención pública na corrección dos fallos do mercado. Emprego público: aspectos descritivos e mecanismos de incentivos.

Tema 29. Experiencias de reforma na xestión pública nos países da OCDE. Problemas de medición do output público. Os indicadores de actividade. Mecanismos casecompetitivos e de mercado: os casemercados. Empresas públicas e eficiencia.

Tema 30. Relación entre equilibrio orzamentario e crecemento e estabilidade económica. Disciplina fiscal na Unión Europea. A reforma da institución orzamentaria en España: as leis de estabilidade orzamentaria.

Tema 31. Gasto público: teorías explicativas do crecemento, equidade e eficiencia. Teorías explicativas do crecemento do gasto público. Incidencia e efectos distributivos do gasto público. Eficacia e eficiencia do gasto público: conceptos e técnicas de análise.

Tema 32. Gasto público no Estado do benestar (I). Gastos sociais. Bens preferentes e equidade categórica. Gasto público en sanidade. Gasto público en educación. Gasto público en vivenda.

Tema 33. Gasto público no Estado do benestar (II). Prestacións económicas: concepto, tipos e xustificación. Sistema de pensións: deseño e efectos económicos. O seguro de desemprego. Os programas de loita contra a pobreza.

Tema 34. Os ingresos públicos. Criterios de clasificación. Os prezos e a empresa pública. Prezos públicos e taxas. As contribucións especiais. O imposto, concepto e distincións. Distintos tipos de impostos. Os elementos integrantes dos impostos.

Tema 35. Os principios impositivos. Os principios do beneficio e da capacidade de pagamento. A incidencia impositiva. Os sistemas fiscais. As principais figuras impositivas. Os condicionantes da estrutura tributaria. Evolución e modelos internacionais.

Tema 36. Os custos da imposición. Custos de eficiencia. Exceso de gravame e imposición óptima. Custos de recadación. A fraude fiscal: conceptos, efectos e condicionantes.

Tema 37. Imposición sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Evolución. Concepto fiscal de renda. A consideración das distintas fontes. As rendas irregulares e as variacións patrimoniais. As rendas empresariais. As exencións e os gastos deducibles. A unidade contribuínte: problemas de delimitación e alternativas no seu tratamento. As tarifas e os seus problemas. A autoliquidación. Efectos económicos e valoración actual.

Tema 38. Imposición sobre sociedades: concepto e características. Xustificación. Base impoñible: problemas e alternativas de determinación. Tipos de gravame e beneficios fiscais. A incidencia do imposto. A integración coa imposición sobre a renda das persoas físicas.

Tema 39. A imposición xeral sobre as vendas. Concepto e clasificación. A imposición sobre o valor engadido: tipoloxía e problemas. Incidencia e valoración.

Tema 40. A imposición sobre consumos específicos. Razóns xustificativas. Evolución e figuras actuais. Incidencia e efectos económicos. Cota fixa versus imposición ad valorem. A imposición sobre o comercio exterior.

Tema 41. Tendencias dos modelos tributarios. As críticas aos modelos vixentes. As novas figuras impositivas: os impostos de ordenación, os impostos ecolóxicos e a taxa sobre transaccións financeiras. As propostas de reformas fiscais.

Tema 42. O déficit público e a facenda extraordinaria. Definicións e instrumentos de financiamento. A débeda pública: concepto, clases e efectos económicos, a carga da débeda. As privatizacións de activos públicos. A inflación como imposto. Os efectos económicos do déficit: expansión e efecto expulsión.

Tema 43. A facenda multinivel. Principios do federalismo fiscal. Distribución de competencias e modelos de financiamento. As subvencións intergobernamentais. A facenda internacional: a dobre imposición internacional; a harmonización fiscal.

Tema 44. Planificación fiscal individual e empresarial. Métodos para a análise da planificación fiscal: concepto de custo de uso, tipos marxinais efectivos e cálculo de taxas internas de retorno axustadas por impostos. Concepto de tipo impositivo anual equivalente. Aplicacións a instrumentos de aforro a curto e longo prazo.

– Sistema financeiro español:

Tema 45. A estrutura do sistema financeiro español. A autoridade monetaria. Intermediarios financeiros. Mercados financeiros.

Tema 46. Banco de España. Órganos reitores. Funcións. Supervisión prudencial das entidades de crédito. Execución da política monetaria. O Sistema Europeo de Bancos Centrais e o Banco Central Europeo.

Tema 47. Entidades de crédito. Os bancos. As caixas de aforro. Órganos de goberno. Competencias das CCAA. As fundacións bancarias. As cooperativas de crédito. As entidades de diñeiro electrónico.

Tema 48. O sector asegurador. Competencias da comunidade autónoma en materia de seguros. Condicións para o acceso e para o exercicio da actividade aseguradora. O Consorcio de Compensación de Seguros. Protección do asegurado.

Tema 49. A débeda pública nas administracións territoriais. Limitacións no acceso ao endebedamento do sector público autonómico galego. A tutela financeira sobre as corporacións locais galegas.

– Dereito orzamentario:

Tema 50. O Dereito Financeiro. Concepto, autonomía e contido. Os principios constitucionais do dereito financeiro. A facenda pública na Constitución española.

Tema 51. O dereito orzamentario: concepto e contido. A lei de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira de Galicia. A lexislación financeira da Comunidade Autónoma de Galicia. A facenda autonómica: principios xerais, dereitos e obrigas da Comunidade Autónoma

Tema 52. Os orzamentos xerais da comunidade autónoma (I). Concepto e contido. Clasificacións orzamentarias de ingresos e gastos. Elaboración e aprobación.

Tema 53. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (II). As modificacións orzamentarias. Tipoloxía, requisitos e competencias para a súa autorización. Liquidación dos orzamentos.

Tema 54. O gasto público: concepto. Principios constitucionais. Procedemento de execución do gasto público.

Tema 55. Xestión de gastos de persoal. Retribucións dos empregados públicos. A Seguridade Social dos empregados públicos. A xestión dos gastos de clases pasivas.

Tema 56. A Tesouraría da comunidade autónoma: funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos para xustificar e anticipos de caixa fixa. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais da comunidade autónoma.

Tema 57. O dereito da contabilidade pública. O Plan xeral de contabilidade pública de Galicia. Principios contables, contas anuais e normas de valoración. A Conta xeral da comunidade autónoma. Formación e remisión. Documentos e estados que a integran. Exame, comprobación e aprobación.

Tema 58: A contabilidade nacional. O Sistema Europeo de Contas (SEC 2010). Sector administracións publicas: A súa delimitación. Determinación dos equilibrios presupuestarios básicos: aforro bruto e aforro neto, capacidade e necesidade de financiamento, capacidade e necesidade de endebedamento. As relacións entre a contabilidade pública e a contabilidade nacional. Criterios de axuste.

Tema 59. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (I), concepto de control. Clases de control. Natureza, fundamento e ámbito de aplicación do control. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma: organización e funcións.

Tema 60. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (II). O control previo de legalidade. Concepto, regulación e principios xerais. Control previo de legalidade de ingresos. Control previo de legalidade de gastos e pagamentos. Diferentes momentos de exercicio. A omisión da intervención. O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases de control financeiro. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro.

Tema 61. O control externo da actividade económico-financeira do sector público (I). O control parlamentario. O control do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións. A función fiscalizadora. A función xurisdicional do Tribunal de Contas. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública. Os procedementos para a exixencia de responsabilidade contable.

– Dereito tributario:

Tema 62. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Administración tributaria. As obrigas e deberes da Administración tributaria. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 63. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e criterios de suxeición ás normas tributarias. Interpretación e cualificación. A integración das normas tributarias: analoxía, simulación e conflito na aplicación da norma tributaria.

Tema 64. Os tributos. Concepto, fins e clases de tributos. A relación xurídico-tributaria. As obrigas tributarias: a obriga tributaria principal, a obriga tributaria de realizar pagamentos á conta, as obrigas entre particulares, as obrigas tributarias accesorias, as obrigacións tributarias formais e as obrigas tributarias no marco da asistencia mutua. Número de identificación fiscal e obrigacións censuais.

Tema 65. Os obrigados tributarios: clases. Dereitos e garantías. Os suxeitos pasivos. O contribuínte e o seu substituto. A capacidade de obrar na orde tributaria. Representación. Residencia e domicilio fiscal.

Tema 66. Os responsables tributarios. A responsabilidade tributaria. Responsables solidarios e subsidiarios. Os sucesores. Retedores e obrigados a ingresar á conta. Outros obrigados tributarios.

Tema 67. Os elementos de cuantificación da obriga tributaria. A base impoñible: concepto e métodos de determinación. A base liquidable. O tipo de gravame. A cota tributaria. A débeda tributaria: concepto. Garantías da débeda tributaria. Medidas cautelares para o aseguramento da cobranza da débeda.

Tema 68. A aplicación dos tributos (I). Concepto e órganos competentes. A información e asistencia aos obrigados tributarios. A consulta tributaria. Información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles. Colaboración social na aplicación dos tributos. A Asistencia mutua: concepto.

Tema 69. A aplicación dos tributos (II). Os procedementos administrativos en materia tributaria: fases. Obriga de resolución e prazos de resolución. A proba. Notificacións. A denuncia pública. As liquidacións tributarias.

Tema 70. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (I). Funcións de xestión tributaria. Declaracións. Autoliquidacións. Comunicacións de datos. Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos. Procedemento iniciado mediante declaración.

Tema 71. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (II). Procedemento de comprobación de valores. Procedemento de verificación de datos. Procedemento de comprobación limitada. Outros procedementos de xestión tributaria.

Tema 72. A recadación (I). Órganos de recadación: organización da xestión recadadora da Xunta de Galicia. Facultades da recadación. Funcións ou actuacións das entidades financeiras na recadación. Extinción das débedas: o pagamento. Prescrición. Insolvencias. Aprazamentos e fraccionamentos. Garantías para o aprazamento e o fraccionamento. O procedemento de compensación. A compensación de oficio de débedas de entidades públicas. O procedemento de dedución.

Tema 73. A recadación (II). A recadación en período executivo. O procedemento de constrinximento: concepto. Concorrencia de procedementos. Suspensión. Embargo e alleamento de bens e dereitos. O procedemento fronte a responsables e sucesores. Privilexios para o cobramento de débedas tributarias: a facenda pública e os procesos concursais. As terzarías.

Tema 74. A inspección dos tributos: órganos, funcións, facultades e deberes. Tipos de actuacións. Documentación das actuacións da inspección. Procedemento de inspección: normas xerais. Iniciación e desenvolvemento. Terminación das actuacións inspectoras. Disposicións especiais.

Tema 75. A potestade sancionadora en materia tributaria (I). Principios. Os suxeitos responsables das infraccións e sancións tributarias. Concepto e clases de infraccións e sancións tributarias. Cuantificación das sancións. Extinción da responsabilidade derivada das infraccións tributarias e extinción das sancións tributarias.

Tema 76. A potestade sancionadora en materia tributaria (II). Procedemento sancionador en materia tributaria: iniciación, instrución e terminación. Tramitación conxunta. Tramitación separada. Delitos contra a facenda pública. Descrición dos tipos penais contra a facenda pública.

Tema 77. Revisión de actos en vía administrativa. Normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: ámbito de aplicación, organización e competencias. A Xunta Superior de Facenda.

Tema 78. As reclamacións económico-administrativas: os interesados no procedemento. A suspensión. O procedemento xeral: procedemento en única ou primeira instancia, recursos en vía económico-administrativa, procedemento abreviado ante órganos unipersoais.

Tema 79. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Suxeición ao imposto: aspectos materiais, persoais e temporais. Determinación da capacidade económica sometida a gravame: rendementos e ganancias e perdas patrimoniais. Clases de rendas. Integración e compensación de rendas.

Tema 80. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Base impoñible e liquidable. Reducións. Adecuación do imposto ás circunstancias persoais e familiares do contribuínte. Cálculo do imposto estatal. Gravame autonómico. Cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Declaracións, pagamentos á conta e obrigas formais. O imposto sobre a renda de non residentes.

Tema 81. O imposto sobre o patrimonio. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto. Relación co imposto de solidariedade das grandes fortunas.

Tema 82. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Contribuíntes. Exencións. Período impositivo e devindicación do imposto. Base impoñible.

Tema 83. O imposto sobre sociedades (II). Débeda tributaria: tipos de gravame, cota íntegra, bonificacións, deducións, retencións, devolucións e pagamentos á conta. Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 84. O imposto sobre sucesións e doazóns (I). Feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devindicación e prescrición.

Tema 85. O imposto sobre sucesións e doazóns (II). Normas especiais sobre o dereito de usufruto, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, particións e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 86. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Breve referencia ás exencións. Deslinde do IVE co Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Lugar de realización do feito impoñible. Devindicación do imposto. Suxeitos pasivos e responsables.

Tema 87. O imposto sobre o valor engadido (II). Repercusións. A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deducións. Devolucións. Réximes especiais. Xestión.

Tema 88. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I). Natureza e contido. Ámbito de aplicación territorial. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Regras especiais sobre determinados bens e dereitos. Tributación das operacións societarias: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 89. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II). Actos xurídicos documentados: principios xerais e tributación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devindicación, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

Tema 90. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras. Os distintos impostos especiais de fabricación: estrutura básica. Tipos xeral e especial do imposto sobre hidrocarburos. O imposto especial sobre determinados medios de transporte. Os impostos especiais sobre o carbón e sobre a electricidade. O imposto sobre as primas de seguros.

Tema 91. O imposto sobre determinados servizos dixitais. Imposto sobre as transaccións financeiras. Os impostos ambientais estatais: o imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica, os impostos sobre a produción de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos resultantes da xeración de enerxía nucleoeléctrica e sobre o almacenamento de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos en instalacións centralizadas, o imposto sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro e o imposto sobre o valor da extracción de gas, petróleo e condensados, o imposto especial sobre os envases de plástico non reutilizables

Tema 92. A tributación sobre o xogo. Tributos cedidos: taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias. Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar. Imposto sobre actividades do xogo.

Tema 93. Os impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. O imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos. As taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 94. O financiamento das comunidades autónomas. Principios. Sistemas de financiamento das comunidades autónomas de réxime común. Réxime da cesión de tributos. Órganos e formas de relación entre o Estado e as Comunidades Autónomas. Financiamento das facendas locais. Recursos das facendas locais. Recursos dos municipios. Os impostos municipais. Recursos das provincias e outras entidades locais.

ANEXO II

Programa que rexerá o proceso selectivo para o acceso ao corpo superior
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala superior de finanzas, pola quenda de acceso libre

Parte I:

Tema 1. As fontes do dereito no sistema xurídico positivo español. Código civil e lexislación complementaria. A aplicación das normas xurídicas. Eficacia xeral. Límites no tempo e no espazo. Eficacia constitutiva do dereito.

Tema 2. A persoa. Concepto e clases. A persoa física. A persoa xurídica: a fundación e a asociación. Capacidade. Representación.

Tema 3. Nacionalidade. Domicilio. Estado civil. O Rexistro Civil. Os réximes económicos do matrimonio. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación. O réxime de separación de bens.

Tema 4. O obxecto do dereito. Feito, acto e negocio xurídico. Elementos esenciais. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. A prescrición e a caducidade.

Tema 5. Os dereitos reais. Concepto, clases e caracteres. Os dereitos reais de garantía. Hipoteca. Hipoteca mobiliaria. Peñor. Peñor sen desprazamento. Anticrese.

Tema 6. O dereito de propiedade. Contido. Protección. Adquisición e perda do dominio. Especial referencia á doazón.

Tema 7. A comunidade de bens. A posesión. Usufruto, uso e habitación. As servidumes.

Tema 8. O rexistro da propiedade: títulos inscritibles e asentos rexistrais. Principios hipotecarios. A anotación preventiva de embargo.

Tema 9. A obrigación (I). Concepto e clasificación. Obrigacións extracontractuais. Enriquecemento sen causa. Cumprimento normal das obrigacións: o pagamento.

Tema 10. A obrigación (II). Outros modos de extinción das obrigacións. Cumprimento anormal das obrigacións: causas e consecuencias. Protección do crédito e proba das obrigacións. Concorrencia e prelación de créditos.

Tema 11. O contrato. Elementos e requisitos. Clasificacións. Xeración, perfección e consumación do contrato. Ineficacia dos contratos. Interpretación dos contratos.

Tema 12. O contrato de compravenda. Elementos. Obrigas do vendedor e do comprador. Dereitos de tanteo e retracto. Cesión de dereitos e accións. A permuta.

Tema 13. O arrendamento en xeral. Arrendamento de servizos. Arrendamento de obras. Arrendamento de cousas. Arrendamento de predios rústicos e urbanos.

Tema 14. O mandato. O préstamo. O precario. O depósito. A sociedade. A fianza. A transacción. O compromiso. A arbitraxe. A adhesión.

Tema 15. O dereito hereditario (I). Conceptos xerais. Capacidade para suceder. Aceptación e repudiación da herdanza. Comunidade hereditaria. Dereito de acrecer. Colación e partición da herdanza.

Tema 16. O dereito hereditario (II). Sucesión testamentaria, forzosa e intestada. Institución de herdeiros. Substitución. Legado. Testamenteiro. A desherdación. A preterición.

Tema 17. O dereito civil de Galicia. Título preliminar. A casa e a veciña. Os dereitos reais. Os contratos. A compañía familiar galega. O réxime económico familiar. A sucesión por causa de morte.

– Dereito mercantil.

Tema 18. Contido do dereito mercantil. O acto de comercio. Actos de comercio por analoxía. Actos mixtos. A empresa mercantil. Fontes do dereito mercantil.

Tema 19. Concepto doutrinal e legal do comerciante. Comerciante individual. Incapacidades e prohibicións. O comerciante estranxeiro. Habitualidade e profesionalidade. A publicidade no dereito mercantil. O Rexistro Mercantil.

Tema 20. Doutrina xeral das cousas mercantís. A propiedade industrial. Patentes e marcas. A Oficina Española de Patentes e Marcas. Réxime xurídico internacional de protección. Dereito da competencia. Competencia ilícita e competencia desleal; réxime da publicidade e consumo. Defensa da competencia. Unión temporal de empresas.

Tema 21. A contabilidade dos empresarios. Libros. Requisitos. Valor probatorio e recoñecemento dos libros. Contas anuais.

Tema 22. A sociedade mercantil. Concepto, natureza e clases. O obxecto social. A sociedade irregular. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple. A sociedade comanditaria por accións. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 23. A sociedade anónima. Formas de constitución. A escritura social e os estatutos. Achegas. Patrimonio e capital social. As reservas. Accións: clases. Accións sen voto. Aumento e redución do capital social. A emisión de obrigacións. Sindicato de obrigacionistas.

Tema 24. Órganos da sociedade anónima. Xunta xeral. Administradores. O Consello de Administración. Modificacións estruturais das sociedades mercantís. Disolución de sociedades mercantís. Liquidación de sociedades mercantís: operacións que comprende.

Tema 25. Títulos de crédito: concepto e caracteres. Clases. Títulos nominativos. Títulos á orde. A letra de cambio. Emisión e forma da letra. O endoso. A aceptación. O aval. Vencemento e pagamento. O protesto. As accións cambiarias. A obriga de pagamento. O cheque.

Tema 26. Obrigacións e contratos mercantís. A comisión mercantil. A representación no dereito mercantil. Contrato de compravenda mercantil. Compravendas especiais. O leasing.

Tema 27. Os contratos bancarios en xeral. Exame da conta corrente, apertura de crédito, préstamos e desconto bancario. Depósitos en bancos. O peñoramento de valores. Créditos documentarios. O contrato de seguro: concepto, natureza e regulación.

Tema 28. O contrato de asistencia técnica. O factoring e o leasing. Contrato de axencia: a exclusividade. A franquía. O contrato de conta corrente mercantil. O contrato de contas en participación. Préstamo e depósito mercantís. Compañías de almacéns xerais de depósito: os warrant.

Tema 29. O concurso: presupostos. O auto de declaración do concurso. Efectos sobre os acredores, créditos e contratos. A masa do concurso. O convenio: contido e efectos. As causas de conclusión do concurso. A cualificación do concurso. O acordo extraxudicial de pagamentos.

– Dereito constitucional e Unión Europea.

Tema 30. A Constitución española de 1978: características e estrutura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A reforma constitucional.

Tema 31. Políticas sociais públicas: Políticas públicas para a igualdade de xénero. A Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: o obxecto da lei e a integración do principio de Igualdade na interpretación das normas; dereito á Igualdade entre mulleres e homes. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Tema 32. Discapacidade e dependencia. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. Especial referencia á Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.

Tema 33. As Cortes Xerais: composición e funcións. Órganos parlamentarios. O procedemento lexislativo ordinario. A Coroa. O Rei. O Defensor do Pobo.

Tema 34. O Goberno: composición e funcións. O Consello de Ministros e as comisións delegadas do Goberno. O Tribunal de Contas.

Tema 35. O Poder Xudicial: funcións. O goberno do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal. O Tribunal Constitucional: organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional.

Tema 36. A organización territorial do Estado: comunidades e cidades autónomas. As entidades locais. Os estatutos de autonomía. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. Tipoloxía das normas das comunidades autónomas.

Tema 37. O dereito comunitario. As fontes do dereito comunitario e a súa aplicación. A relación entre o ordenamento comunitario e o dos estados membros.

Tema 38. Institucións da Unión Europea: o Parlamento Europeo, o Consello Europeo, o Consello, a Comisión, o Tribunal de Xustiza, o Banco Central e o Tribunal de Contas.

– Dereito autonómico.

Tema 39. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido.

Tema 40. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 41. Organización política da Comunidade Autónoma. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

Tema 42. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 43. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 44. A delimitación competencial entre o Estado e as comunidades autónomas na Constitución. Clases de competencias autonómicas, en especial, as leis de bases e as competencias de desenvolvemento. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. As leis de harmonización.

Tema 45. As cláusulas de prevalencia e supletoriedade do dereito estatal. As competencias de Galicia no Estatuto de autonomía. Os decretos de traspaso.

Tema 46. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica da comunidade autónoma. Especial referencia á consellería competente en materia de facenda. A Administración consultiva: o Consello Consultivo de Galicia.

Tema 47. A organización da Administración tributaria na Comunidade Autónoma de Galicia. A Axencia Tributaria de Galicia: creación, natureza, obxectivos e organización central e territorial.

Tema 48. A organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tema 49. O emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia. Clases de persoal. Organización do emprego público. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Situacións administrativas.

– Economía xeral.

Tema 50. A escaseza de bens e a elección. Concepto de economía. A economía como ciencia social. Economía positiva e normativa. A actividade económica. Teoría e política económica. Os sistemas económicos. Os modelos económicos: o fluxo circular da renda. Micro e macroeconomía.

Tema 51. O mercado. A demanda e a oferta. As curvas de demanda e de oferta e os seus desprazamentos. Equilibrio e desequilibrio do mercado. Tipos de mercado.

Tema 52. A utilidade. A restrición orzamentaria. A curva de demanda e o orzamento. As elasticidades da demanda e da oferta.

Tema 53. A produción e o máximo beneficio empresarial. A produtividade e os custos a curto prazo. A produción e os custos a longo prazo. O equilibrio competitivo.

Tema 54. A competencia imperfecta: competencia monopolística, oligopolio e monopolio. Os poderes públicos e a competencia.

Tema 55. Obxectivos e indicadores macroeconómicos: produto nacional, consumo e investimento e gasto nacional. Produto nacional bruto e produto nacional neto. Renda nacional e renda dispoñible. As magnitudes agregadas e o fluxo circular da renda.

Tema 56. A renda de equilibrio nunha economía pechada e sen sector público: o multiplicador. A renda de equilibrio nunha economía pechada con sector público. A renda de equilibrio nunha economía aberta e con sector público.

Tema 57. O diñeiro. Os diferentes agregados monetarios. A demanda de diñeiro. A base monetaria e a creación de diñeiro. O sistema financeiro.

Tema 58. O equilibrio no mercado real e no mercado monetario. O modelo IS-LM. As políticas fiscal e monetaria.

Tema 59. O modelo da oferta e a demanda agregada. A demanda agregada, o tipo de interese e o nivel de prezos. A oferta agregada nos modelos clásico e keynesiano.

Tema 60. A inflación e o desemprego: causas e efectos. Os distintos enfoques da política económica. Os ciclos económicos.

Tema 61. O comercio internacional: a lei da vantaxe comparativa e o modelo Heckscher-Ohlin. Restricións ao mercado internacional. Libre comercio fronte a proteccionismo. A integración económica.

Tema 62. A balanza de pagamentos: concepto e compoñentes, funcionamento e saldos. Os tipos de cambio e os mercados de divisas. Institucións financeiras internacionais.

Tema 63. Crecemento e desenvolvemento. Teorías explicativas do crecemento económico. Beneficios e custos do crecemento. Desenvolvemento e subdesenvolvemento.

Tema 64. A situación do sector primario en España: política económica sobre o sector. O sector industrial, enerxético e da construción en España: política sobre o sector. O sector servizos en España (excluído o sector financeiro): política sobre o sector.

Tema 65. Política de protección social en España. Pensións. Protección do desemprego. Política sanitaria. Política de educación e formación continua. Política de obras públicas. Política de transportes. Política de vivenda.

– Economía da empresa.

Tema 66. As organizacións. Definición, tipos e teorías da organización. Principais modelos de organización.

Tema 67. A organización estrutural. As relacións e comunicacións na organización. A autoridade: centralización ou descentralización da autoridade. A responsabilidade. Os traballos en grupo: vantaxes e inconvenientes. Política de recursos humanos.

Tema 68. A empresa como organización. Marco institucional. Concepto, realidade, economía e ámbito. Clases de empresas e criterios de clasificación. A empresa e o mercado.

Tema 69. A empresa pública. Obxectivos da empresa pública. O sistema de control da empresa pública. O financiamento da empresa pública.

Tema 70. Os obxectivos da empresa. Sistemas de dirección e xestión. Métodos matemáticos de xestión empresarial. Métodos PERT e CPM. A xestión de stocks. A planificación na empresa e o establecemento de obxectivos.

Tema 71. Sistemas de control da empresa. Concepto. Elementos. Principais sistemas de control. O proceso de control. O control en directo. Eficacia e eficiencia como medidas do control.

Tema 72. As decisións na empresa e os sistemas de toma de decisión: concepto e clases. O proceso de toma de decisións. As relacións na empresa. Os sistemas de información. O fluxo de información e a comunicación. Manexo da información.

Tema 73. A estrutura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. O equilibrio financeiro. Equilibrio entre investimentos e financiamentos.

Tema 74. O investimento na empresa: concepto e clases. Valoración e selección de proxectos de investimento. O investimento en bens de equipamento. Decisións de renovación de equipamentos. O investimento en activo circulante. O efectivo.

Tema 75. O financiamento da estrutura fixa da empresa: o autofinanciamento. Os fondos de amortización. O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento.

Tema 76. O financiamento externo da empresa: o seu custo. O financiamento da empresa nos mercados financeiros internacionais. A estrutura financeira óptima da empresa. O beneficio da empresa. A relatividade do beneficio.

Tema 77. O proceso produtivo. Principios e modelos de produción. O custo do produto. Mínimo de explotación e óptimo de explotación. O control de custos. O custo dos subprodutos.

Tema 78. Política de produto. Avaliación da demanda e estudos de mercado. A comercialización do produto. Política de prezos. Variacións de prezos e os seus efectos. A distribución do produto. Canles de distribución.

Parte II:

A) Contabilidade.

a. A normalización contable española. Plan Xeral de Contabilidade español. Modelos normais de contas anuais.

b. Resolucións do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

c. Contabilidade das operacións societarias.

B) Cálculo financeiro.

a. Leis financeiras de capitalización simple e composta; lei de desconto simple comercial. Equivalencia de capitais. Tipos de xuros efectivos e nominais.

b. Operacións financeiras en réxime de capitalización composta. Equilibrio financeiro. Saldos financeiros. Custos e rendementos.

c. Rendas, préstamos e empréstitos. Operacións con valores.

Parte III:

– Dereito administrativo.

Tema 1. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos leis. A delegación lexislativa. Os tratados internacionais.

Tema 2. A potestade regulamentaria: titularidade, límites e control. O regulamento: clases. Eficacia dos regulamentos. A inderrogabilidade singular.

Tema 3. A organización administrativa. Órganos unipersoais e colexiados. A competencia e a xerarquía. Centralización, descentralización e desconcentración.

Tema 4. O sector público institucional estatal. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As sociedades mercantís estatais. Os demais entes públicos.

Tema 5. A organización de funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. As entidades instrumentais.

Tema 6. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela da Administración. A responsabilidade da Administración e os seus axentes. Requisitos. Prazos de reclamación e procedemento. O goberno aberto, especial referencia á transparencia e ao acceso á información pública, á participación na rendición de contas e ao bo goberno. Normativa reguladora da protección dos datos persoais: principios, dereitos das persoas e exercicio dos dereitos.

Tema 7. O acto administrativo (I). Concepto, elementos e clases. Forma. A notificación e a publicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 8. O acto administrativo (II). Eficacia e executoriedade dos actos administrativos. A suspensión de efectos do acto administrativo. A execución forzosa: especial referencia á vía de constrinximento. Validez e invalidez dos actos administrativos. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 9. O procedemento administrativo: concepto e clases. Regulación. As partes no procedemento administrativo: dereitos dos cidadáns. Os interesados. Capacidade, lexitimación e representación. Iniciación. Instrución: especial referencia ao trámite de audiencia. A terminación do procedemento: formas.

Tema 10. Os contratos administrativos (I). Normativa reguladora dos contratos do sector público. Ámbito subxectivo e obxectivo de aplicación. Órganos de contratación. O contratista: aptitude para contratar. Tipos contractuais.

Tema 11. Os contratos administrativos (II). O obxecto do contrato. Presuposto base de licitación, valor estimado, o prezo e a súa revisión. Prazo de duración. As garantías no contrato administrativo. A preparación dos contratos. Procedementos de selección do adxudicatario. A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia.

Tema 12. Os contratos administrativos (III). Invalidez dos contratos e recurso especial en materia de contratación. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos. Rexistros oficiais.

Tema 13. As subvencións. Lei de subvencións de Galicia. Concepto e principios xerais. Os beneficiarios. Procedementos de concesión.

Tema 14. Procedementos de xestión e xustificación. Reintegros. Control financeiro de subvencións. Infraccións e sancións administrativas. O delito subvencional.

Tema 15: O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia: Bens e dereitos demaniais. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

Tema 16. A noción do servizo público. Os modos de xestión do servizo público. A garantía da calidade dos servizos públicos e a boa administración.

Tema 17. A potestade sancionadora da Administración. Fundamentos, contido e límites. As sancións administrativas: concepto e clases. O procedemento sancionador.

Tema 18. A expropiación forzosa. Fundamento e límites. Os suxeitos da expropiación. Requisitos da expropiación. O prezo xusto. A reversión expropiatoria.

Tema 19. Os recursos administrativos. Clases de recursos. Procedemento de tramitación e resolución dos recursos administrativos.

Tema 20. A xurisdición contencioso-administrativa: ámbito. Os órganos da xurisdición contencioso-administrativa. As partes do procedemento. Obxecto do recurso. O procedemento contencioso-administrativo. A sentenza. Os recursos.

Tema 21. A Administración pública e a xustiza. Conflitos xurisdicionais, conflitos de competencia, cuestións de competencia e conflitos de atribucións

Tema 22. A organización administrativa estatal. Principios de organización. A organización administrativa central e periférica. A administración consultiva. A Administración electrónica: dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Instrumentos para o acceso electrónico ás administracións públicas: sedes electrónicas, canles e punto de acceso, identificación e autenticación. Asistencia no uso de medios electrónicos aos interesados.

– Facenda pública.

Tema 23. O sector público nunha economía de mercado. Delimitación, criterios de medición, importancia e evolución. A contabilidade nacional e o sector público. A facenda pública. Os contidos actuais.

Tema 24. A intervención do sector público na actividade económica. Os fallos do mercado. Os fins do sector público. As operacións do sector público.

Tema 25. A toma de decisións no sector público. Elección social e preferencias individuais. O funcionamento democrático. Burocracia e grupos de interese.

Tema 26. O orzamento. Concepto e estrutura. O ciclo orzamentario. As distintas técnicas orzamentarias: do orzamento administrativo ás modernas técnicas de elaboración de orzamentos. O orzamento e os sistemas de planificación e control.

Tema 27. A eficiencia no sector público. Produción pública e produción privada. Selección e avaliación de proxectos. Custos, beneficios e regras de decisión.

Tema 28. A xestión pública. A xestión pública como ciencia multidisciplinar. Os fallos do sector público. Limitacións da intervención pública na corrección dos fallos do mercado. Emprego público: aspectos descritivos e mecanismos de incentivos.

Tema 29. Experiencias de reforma na xestión pública nos países da OCDE. Problemas de medición do output público. Os indicadores de actividade. Mecanismos casecompetitivos e de mercado: os casemercados. Empresas públicas e eficiencia.

Tema 30. Relación entre equilibrio orzamentario e crecemento e estabilidade económica. Disciplina fiscal na Unión Europea. A reforma da institución orzamentaria en España: as leis de estabilidade orzamentaria.

Tema 31. Gasto público: teorías explicativas do crecemento, equidade e eficiencia. Teorías explicativas do crecemento do gasto público. Incidencia e efectos distributivos do gasto público. Eficacia e eficiencia do gasto público: conceptos e técnicas de análise.

Tema 32. Gasto público no Estado do benestar (I). Gastos sociais. Bens preferentes e equidade categórica. Gasto público en sanidade. Gasto público en educación. Gasto público en vivenda.

Tema 33. Gasto público no Estado do benestar (II). Prestacións económicas: concepto, tipos e xustificación. Sistema de pensións: deseño e efectos económicos. O seguro de desemprego. Os programas de loita contra a pobreza.

Tema 34. Os ingresos públicos. Criterios de clasificación. Os prezos e a empresa pública. Prezos públicos e taxas. As contribucións especiais. O imposto, concepto e distincións. Distintos tipos de impostos. Os elementos integrantes dos impostos.

Tema 35. Os principios impositivos. Os principios do beneficio e da capacidade de pagamento. A incidencia impositiva. Os sistemas fiscais. As principais figuras impositivas. Os condicionantes da estrutura tributaria. Evolución e modelos internacionais.

Tema 36. Os custos da imposición. Custos de eficiencia. Exceso de gravame e imposición óptima. Custos de recadación. A fraude fiscal: conceptos, efectos e condicionantes.

Tema 37. Imposición sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Evolución. Concepto fiscal de renda. A consideración das distintas fontes. As rendas irregulares e as variacións patrimoniais. As rendas empresariais. As exencións e os gastos deducibles. A unidade contribuínte: problemas de delimitación e alternativas no seu tratamento. As tarifas e os seus problemas. A autoliquidación. Efectos económicos e valoración actual.

Tema 38. Imposición sobre sociedades: concepto e características. Xustificación. Base impoñible: problemas e alternativas de determinación. Tipos de gravame e beneficios fiscais. A incidencia do imposto. A integración coa imposición sobre a renda das persoas físicas.

Tema 39. A imposición xeral sobre as vendas. Concepto e clasificación. A imposición sobre o valor engadido: tipoloxía e problemas. Incidencia e valoración.

Tema 40. A imposición sobre consumos específicos. Razóns xustificativas. Evolución e figuras actuais. Incidencia e efectos económicos. Cota fixa versus imposición ad valorem. A imposición sobre o comercio exterior.

Tema 41. Tendencias dos modelos tributarios. As críticas aos modelos vixentes. As novas figuras impositivas: os impostos de ordenación, os impostos ecolóxicos e a taxa sobre transaccións financeiras. As propostas de reformas fiscais.

Tema 42. O déficit público e a facenda extraordinaria. Definicións e instrumentos de financiamento. A débeda pública: concepto, clases e efectos económicos, a carga da débeda. As privatizacións de activos públicos. A inflación como imposto. Os efectos económicos do déficit: expansión e efecto expulsión.

Tema 43. A facenda multinivel. Principios do federalismo fiscal. Distribución de competencias e modelos de financiamento. As subvencións intergobernamentais. A facenda internacional: a dobre imposición internacional; a harmonización fiscal.

Tema 44. Planificación fiscal individual e empresarial. Métodos para a análise da planificación fiscal: concepto de custo de uso, tipos marxinais efectivos e cálculo de taxas internas de retorno axustadas por impostos. Concepto de tipo impositivo anual equivalente. Aplicacións a instrumentos de aforro a curto e longo prazo.

– Sistema financeiro español.

Tema 45. A estrutura do sistema financeiro español. A autoridade monetaria. Intermediarios financeiros. Mercados financeiros.

Tema 46. Banco de España. Órganos reitores. Funcións. Supervisión prudencial das entidades de crédito. Execución da política monetaria. O sistema europeo de bancos centrais e o Banco Central Europeo.

Tema 47. Entidades de crédito. Os bancos. As caixas de aforro. Órganos de goberno. Competencias das comunidades autónomas. As fundacións bancarias. As cooperativas de crédito. As entidades de diñeiro electrónico.

Tema 48. O sector asegurador. Competencias da comunidade autónoma en materia de seguros. Condicións para o acceso e para o exercicio da actividade aseguradora. O Consorcio de Compensación de Seguros. Protección do asegurado.

Tema 49. A débeda pública nas administracións territoriais. Os fondos especiais de financiamento das administracións públicas. Limitacións no acceso ao endebedamento do sector público autonómico galego. A tutela financeira sobre as corporacións locais galegas.

– Dereito tributario.

Tema 50. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Administración tributaria. As obrigas e deberes da Administración tributaria. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 51. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e criterios de suxeición ás normas tributarias. Interpretación e cualificación. A integración das normas tributarias: analoxía, simulación e conflito na aplicación da norma tributaria.

Tema 52. Os tributos. Concepto, fins e clases de tributos. A relación xurídico-tributaria. As obrigas tributarias: a obriga tributaria principal, a obriga tributaria de realizar pagamentos á conta, as obrigas entre particulares, as obrigas tributarias accesorias, as obrigacións tributarias formais e as obrigas tributarias no marco da asistencia mutua. Número de identificación fiscal e obrigacións censuais.

Tema 53. Os obrigados tributarios: clases. Dereitos e garantías. Os suxeitos pasivos. O contribuínte e o seu substituto. A capacidade de obrar na orde tributaria. Representación. Residencia e domicilio fiscal.

Tema 54. Os responsables tributarios. A responsabilidade tributaria. Responsables solidarios e subsidiarios. Os sucesores. Retedores e obrigados a ingresar á conta. Outros obrigados tributarios.

Tema 55. Os elementos de cuantificación da obriga tributaria. A base impoñible: concepto e métodos de determinación. A base liquidable. O tipo de gravame. A cota tributaria. A débeda tributaria: concepto. Garantías da débeda tributaria. Medidas cautelares para o aseguramento da cobranza da débeda.

Tema 56. A aplicación dos tributos (I). Concepto e órganos competentes. A información e asistencia aos obrigados tributarios. A consulta tributaria. Información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles. A xestión censual. Colaboración social na aplicación dos tributos. A asistencia mutua: concepto. Carácter reservado dos datos con transcendencia tributaria.

Tema 57. A aplicación dos tributos (II). Os procedementos administrativos en materia tributaria: fases. Obriga de resolución e prazos de resolución. A proba. Notificacións. A denuncia pública. As liquidacións tributarias.

Tema 58. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (I). Funcións de xestión tributaria. Declaracións. Autoliquidacións. Comunicacións de datos. Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos. Procedemento iniciado mediante declaración.

Tema 59. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (II). Procedemento de comprobación de valores. Procedemento de verificación de datos. Procedemento de comprobación limitada. Outros procedementos de xestión tributaria.

Tema 60. A recadación (I). Órganos de recadación: organización da xestión recadadora da Xunta de Galicia. Facultades da recadación. Funcións ou actuacións das entidades financeiras na recadación. Extinción das débedas: o pagamento. Prescrición. Insolvencias. Aprazamentos e fraccionamentos. Garantías para o aprazamento e o fraccionamento. O procedemento de compensación. A compensación de oficio de débedas de entidades públicas. O procedemento de dedución.

Tema 61. A recadación (II). A recadación en período executivo. O procedemento de constrinximento: concepto. Concorrencia de procedementos. Suspensión. Embargo e alleamento de bens e dereitos. O procedemento fronte a responsables e sucesores. Privilexios para o cobramento de débedas tributarias: a facenda pública e os procesos concursais. As terzarías.

Tema 62. A inspección dos tributos: órganos, funcións, facultades e deberes. Tipos de actuacións. Documentación das actuacións da inspección. Procedemento de inspección: normas xerais. Iniciación e desenvolvemento. Terminación das actuacións inspectoras. Disposicións especiais.

Tema 63. A potestade sancionadora en materia tributaria (I). Principios. Os suxeitos responsables das infraccións e sancións tributarias. Concepto e clases de infraccións e sancións tributarias. Cuantificación das sancións. Extinción da responsabilidade derivada das infraccións tributarias e extinción das sancións tributarias.

Tema 64. A potestade sancionadora en materia tributaria (II). Procedemento sancionador en materia tributaria: iniciación, instrución e terminación. Tramitación conxunta. Tramitación separada.

Tema 65. Delitos contra a facenda pública. Descrición dos tipos penais contra a facenda pública. A responsabilidade civil. Actuacións e procedementos de aplicación dos tributos en supostos de delito contra a Facenda pública. O procedemento de recuperación de axudas de Estado.

Tema 66. Revisión de actos en vía administrativa. Normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: ámbito de aplicación, organización e competencias. A Xunta Superior de Facenda.

Tema 67. As reclamacións económico-administrativas: os interesados no procedemento. A suspensión. O procedemento xeral: procedemento en única ou primeira instancia, recursos en vía económico-administrativa, procedemento abreviado.

Tema 68. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Suxeición ao imposto: aspectos materiais, persoais e temporais. Determinación da capacidade económica sometida a gravame: rendementos e ganancias e perdas patrimoniais. Regras especiais de valoración. Clases de rendas. Integración e compensación de rendas.

Tema 69. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Base impoñible e liquidable. Reducións. Adecuación do imposto ás circunstancias persoais e familiares do contribuínte. Cálculo do imposto estatal. Gravame autonómico. Cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Gestión do imposto: declaracións, pagamentos á conta e obrigas formais.

Tema 70. O imposto sobre a renda de non residentes: natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Elementos persoais. Suxeición ao imposto. Rendas obtidas mediante establecemento permanente. Rendas obtidas sen mediación de establecemento permanente. Gravame especial sobre bens inmobles de entidades non residentes.

Tema 71. O imposto sobre o patrimonio. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible e bens exentos. Suxeito pasivo. Base impoñible e liquidable. Devindicación. A débeda tributaria. Xestión do imposto. Relación co imposto de solidariedade das grandes fortunas.

Tema 72. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Contribuíntes. Exencións. Base impoñible. Período impositivo e devindicación do imposto.

Tema 73. O imposto sobre sociedades (II). Débeda tributaria: tipos de gravame, cota íntegra, bonificacións, deducións, retencións, devolucións e pagamentos á conta. Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 74. O imposto sobre sucesións e doazóns (I). Feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devindicación e prescrición.

Tema 75. O imposto sobre sucesións e doazóns (II). Normas especiais sobre o dereito de usufruto, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, particións e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 76. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Breve referencia ás exencións. Deslindamento do IVE co imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Lugar de realización do feito impoñible. Devindicación do imposto. Suxeitos pasivos e responsables. Repercusións.

Tema 77. O imposto sobre o valor engadido (II). A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deducións. Devolucións. Réximes especiais. Xestión.

Tema 78. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I). Natureza e contido. Ámbito de aplicación territorial. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Regras especiais sobre determinados bens e dereitos. Tributación das operacións societarias: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria.

Tema 79. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II). Actos xurídicos documentados: principios xerais e tributación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devindicación, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

Tema 80. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras. Os distintos impostos especiais de fabricación: estrutura básica. Tipos xeral e especial do imposto sobre hidrocarburos. O imposto especial sobre determinados medios de transporte. Os impostos especiais sobre o carbón e sobre a electricidade. O imposto sobre as primas de seguros. Os impostos ambientais estatais.

Tema 81. O imposto sobre determinados servizos dixitais. Imposto sobre as transaccións financeiras. Os impostos ambientais estatais: o imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica, os impostos sobre a produción de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos resultantes da xeración de enerxía nucleoeléctrica e sobre o almacenamento de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos en instalacións centralizadas, o imposto sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro e o imposto sobre o valor da extracción de gas, petróleo e condensados, o imposto especial sobre os envases de plástico non reutilizables

Tema 82. A tributación sobre o xogo. Tributos cedidos: taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias. Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar. Imposto sobre actividades do xogo.

Tema 83. Os impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. O imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos

Tema 84. As taxas e prezos públicos: normativa estatal. A lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia: instrumentos financeiros e reguladores. Taxas e prezos: elementos esenciais; aplicación de taxas e prezos.

Tema 85. O financiamento das comunidades autónomas. Principios. Sistemas de financiamento das comunidades autónomas de réxime común. Réxime da cesión de tributos. Órganos e formas de relación entre o Estado e as comunidades autónomas.

Tema 86. Financiamento das facendas locais. Recursos das facendas locais. Recursos dos municipios. Os impostos municipais. Recursos das provincias e outras entidades locais.

– Dereito orzamentario.

Tema 87. O dereito financeiro. Concepto, autonomía e contido. Os principios constitucionais do dereito financeiro. A facenda pública na Constitución española.

Tema 88. O dereito orzamentario: concepto e contido. A lei de disciplina orzamentaria e substentabilidade financeira de Galicia. A lexislación financeira da Comunidade Autónoma de Galicia. A facenda autonómica: ámbito de aplicación, dereitos e obrigas da Comunidade Autónoma.

Tema 89. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (I). Concepto e contido. Clasificacións orzamentarias de ingresos e gastos. Elaboración e aprobación.

Tema 90. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (II). As modificacións orzamentarias. Tipoloxía, requisitos e competencias para a súa autorización. O control das modificacións orzamentarias. Liquidación dos orzamentos.

Tema 91. O gasto público: concepto. Principios constitucionais. Procedemento de execución do gasto público.

Tema 92. Os fondos europeos. A política agrícola común da Unión Europea: axudas directas e programas de desenvolvemento rural. Os fondos estruturais e iniciativas comunitarias. Os instrumentos financeiros.

Tema 93. A xestión do gasto. Xestión de gastos de persoal. Retribucións dos empregados públicos. A seguridade social dos empregados públicos. A xestión dos gastos de clases pasivas.

Tema 94. A Tesouraría da Comunidade Autónoma: funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos a xustificar e anticipos de caixa fixa. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais da comunidade autónoma.

Tema 95. O dereito da contabilidade pública. O Plan xeral de contabilidade pública de Galicia. Principios contables, contas anuais e normas de valoración. A conta xeral da comunidade autónoma. Formación e remisión. Documentos e estados que a integran. Exame, comprobación e aprobación.

Tema 96. A contabilidade nacional. O Sistema Europeo de Contas (SEC 2010). Sector administracións publicas: a súa delimitación. Determinación dos equilibrios presupuestarios básicos: aforro bruto e aforro neto, capacidade e necesidade de financiamento, capacidade e necesidade de endebedamento. As relacións entre a contabilidade pública e a contabilidade nacional. Criterios de axuste.

Tema 97. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (I), concepto de control. Clases de control. Natureza, fundamento e ámbito de aplicación do control. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma: organización e funcións.

Tema 98. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (II). O control previo de legalidade. Concepto, regulación e principios xerais. Control previo de legalidade de ingresos. Control previo de legalidade de gastos e pagamentos. Diferentes momentos de exercicio. A omisión da intervención. O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases de control financeiro. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro.

Tema 99. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (III). As normas de auditoría do sector público e normas técnicas. Especialidades en relación ás técnicas de control. Fiscalización por mostraxe. Os instrumentos de control e as novas tecnoloxías.

Tema 100. O control externo da actividade económico-financeira do sector público. O control parlamentario. O control do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións. A función fiscalizadora e a función de prevención da corrupción. A función xurisdicional do Tribunal de Contas. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública. Os procedementos para a exixencia de responsabilidade contable.

ANEXO III

(Nome e apelidos do aspirante).................................................................................., con domicilio en....................................................................................................................., con NIF/NIE/pasaporte............................................, declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal funcionario do Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.

.........................................., ......... de.......................... de 202.......

ANEXO IV

(Nome e apelidos aspirante)...................................................................................., con domicilio en....................................................................................................................., con NIF/NIE/pasaporte...................................................................., declara, para efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de ......................................................................., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

.........................................., ......... de.......................... de 202.......

(País e localidade)