DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8427

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024, conxunta dos tribunais nomeados polas resolucións do 5 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro) encargados de cualificar os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, especialidade bombeiro/a forestal, e nas categorías 100 do grupo III, 33 do grupo IV, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo), pola que se dá publicidade de varios acordos.

Nas sesións que tiveron lugar o 22 de xaneiro de 2024, os tribunais nomeados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no DOG núm. 193, do 10 de outubro), encargados de cualificar os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas seguintes escalas:

– Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

– Categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba.

– Categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal.

– Categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a.

Todos eles convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDARON:

Primeiro. De acordo co establecido na base III.1.1 das convocatorias dos procesos selectivos, segundo a redacción realizada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (corrección de erros no DOG núm. 203, do 25 de outubro), modificada pola Resolución do 6 de febreiro de 2023, con carácter previo á realización do segundo exercicio as persoas aspirantes deberán achegar á Dirección Xeral da Función Pública, a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal), no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, un certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, no cal se faga constar:

«Que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico».

O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

Non serán tidos en conta aqueles certificados que non indiquen o texto sinalado anteriormente.

Segundo. Convócanse as persoas aspirantes nos procesos selectivos arriba sinalados para realizar o segundo exercicio do proceso selectivo o día 20 de febreiro de 2024, en chamamento único, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se indica no anexo.

Terceiro. De conformidade co disposto na base V.13 das ordes da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2024

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente dos tribunais

ANEXO

Data e hora do chamamento do segundo exercicio dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas seguintes escalas:

– Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

– Categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba.

– Categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal.

– Categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a.

– Data: 20.2.2024.

Lugar: Estadio Municipal Verónica Boquete (San Lázaro), Santiago de Compostela.

9.30 horas.

De: Tallón Fernández, Susana.

A: Carballeira González, Emerio.

10.30 horas.

De: Carballido Álvarez, Pablo.

A: Fernández Moreira, Iván.

11.30 horas.

De: Fernández Pin, Francisco Javier Emilio.

A: Lois Ramos, Manuel.

12.30 horas.

De: López Casares, Rodrigo.

A: Pose López, Enrique.

13.30 horas.

De: Prieto Pardo, José.

A: Suárez Mesías, David.