DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8417

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 22 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 14 do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e 7 de febreiro (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e 7 de febreiro (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Finalizado o prazo disposto na base III.1.2.8 da convocatoria e logo de examinar as alegacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións provisionais publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2024, este tribunal acordou a desestimación das interpostas por seis persoas aspirantes, mentres que estimou aquela outra presentada por unha sétima persoa aspirante, á cal lle resulta incrementada a súa puntuación.

Segundo. A estimación da alegación referida no parágrafo anterior non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Terceiro. Publicar as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2024

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal