DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8419

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 22 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no DOG núm. 193, do 10 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Finalizado o prazo disposto na base III.1.2.8 da convocatoria e logo de examinar as alegacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións provisionais publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2024, este tribunal acordou a desestimación das interpostas por cinco persoas aspirantes, mentres que estimou aquelas outras presentadas por dúas persoas aspirantes, ás cales lles resulta incrementada a súa puntuación.

Segundo. En atención ao disposto na base III.1.1.b) da convocatoria, superarán o exercicio as persoas aspirantes que obteñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, isto é, superarán o exercicio 224 persoas.

Este tribunal, en sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2023, aprobou os Criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio do proceso selectivo. Baixo a epígrafe 2. Determinación da superación da proba e do número de aprobados, o tribunal concretou ademais que, en caso de empate, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte, consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado.

Con todo, a estimación das alegacións referidas no acordo primeiro afecta a lista de persoas aspirantes que superaron o exercicio, así como as puntuacións totais obtidas xa que, realizada a revisión das alegacións e as puntuacións provisionais do primeiro exercicio, na sesión que tivo lugar o 22 de xaneiro, procede declarar que acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 224 persoas aspirantes no seu conxunto, fixando en 52 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación (modificando, consecuentemente, o Acordo do 14 de decembro de 2023, deste mesmo tribunal, polo cal se aprobaba a relación de puntuacións provisionais deste proceso selectivo).

Terceiro. Publicar as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2024

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal