DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8320

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207A).

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da axencia galega das industrias culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao mesmo tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as entidades culturais dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, na súa exposición de motivos «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, áchase presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Con esta convocatoria de axudas preténdese fomentar a produción e coprodución de proxectos impulsados por empresas produtoras independentes, que teñan como destino final a exhibición en pantallas cinematográficas e/ou a difusión en canles de televisión e plataformas de vídeo baixo demanda.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2024 (código de procedemento CT207A).

2. Segundo establece o Regulamento UE nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo ao artigo 107, punto 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, punto 3 do Tratado sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible que se dá na presente convocatoria. De conformidade co artigo 54 do Regulamento, «co fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais».

Na presente convocatoria defínense os requisitos para obter o certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, e a fórmula da declaración responsable para acreditar o seu cumprimento.

3. Para a concesión destas subvencións destínanse 2.500.000 euros con cargo ao orzamento da Axencia Galega das Industrias Culturais dos exercicios 2024, 2025, 2026 e 2027.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano en ambos os dous casos. Desenvolverán a súa actividade habitual en Galicia e terán que contar cunha sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

Artigo 3. Financiamento

Os créditos dispoñibles para o financiamento desta convocatoria imputaranse aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2024, na aplicación, polos importes e a distribución plurianual que se reflicte no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Total

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

10.A1.432B.770.0

2010 00005

2.500.000 €

250.000 €

643.000 €

802.000 €

805.000 €

Artigo 4. Solicitudes

4.1. Para poder ser persoa beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras, cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 2 e 3 e ser cualificados conforme os criterios establecidos no artigo 16 das bases reguladoras da subvención. Aquelas solicitudes que sexan presentadas sen consignar os documentos que se consideran obrigatorios nas bases reguladoras non serán admitidas a trámite.

4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras e non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao remate de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: industriasculturais.xunta.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas e as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Artigo 7. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Artigo 8. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 9. Rexistro Público de Subvencións

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

Román Rodríguez González
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o ano 2024 (código de procedemento CT207A)

Artigo 1. Obxecto, finalidade, réxime e principios de xestión

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o 2024 (código de procedemento CT207A).

2. Para os efectos das presentes bases, enténdese como proxecto o conxunto das accións e actividades relacionadas coa produción audiovisual que realice a empresa produtora dentro do período subvencionable, ata conseguir unha copia estándard ou un máster dixital da obra audiovisual e desenvolver a súa promoción adecuada dentro dos límites que marca a convocatoria.

3. Estas subvencións son incompatibles coas axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que se publiquen no mesmo ano da presente convocatoria. En todo caso, son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o mesmo proxecto.

4. Porén, estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas.

5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A xestión destas subvencións realizarase polo procedemento de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano en ambos os dous casos. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos, polo menos, por unha das empresas que a integran no momento da súa constitución. A agrupación non poderá disolverse ata que remate o prazo de prescrición para o reintegro e as infraccións previsto polos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As persoas beneficiarias deberán:

a) Posuír os dereitos de propiedade intelectual do guión ou guións, obra literaria ou calquera obra previa que requira da obtención ou opción de compra sobre eles para a realización da obra audiovisual.

b) Ser titulares dos dereitos de propiedade da obra audiovisual na medida que sexan necesarios para a explotación e comercialización desta. Entenderase cumprido este requisito no suposto de que a titularidade dos dereitos sobre a obra se encontre distribuída entre as empresas coprodutoras dela.

3. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 por cento do proxecto audiovisual. Esta porcentaxe poderase reducir ata un mínimo do 10 por cento no caso das coproducións internacionais cando na produción da obra participen catro ou máis países.

4. Non poderán ser destinatarias das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación económica no proxecto de longametraxe.

5. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

6. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

1. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 2.500.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, código de proxecto 2010 00005.

2. Esta convocatoria ten carácter plurianual, polo que os créditos deben asignarse por categoría e anualidades. Esta asignación reflíctese no cadro seguinte:

2024

2025

2026

2027

Total

Categoría A: longametraxe cinematográfica (ficción, animación, documental)

161.000 €

322.000 €

322.000 €

805.000 €

1.610.000 €

Categoría B: longametraxe en coprodución internacional con participación minoritaria (ficción, animación, documental)

30.000 €

90.000 €

180.000 €

300.000 €

Categoría C: curtametraxes (ficción, animación, documental)

9.000 €

81.000 €

90.000 €

Categoría D: obras audiovisuais para TV e plataformas (longametraxes e series de ficción, series de animación, series documentais)

50.000 €

150.000 €

300.000 €

500.000 €

Total

250.000 €

643.000 €

802.000 €

805.000 €

2.500.000 €

3. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. O importe do crédito da ampliación será distribuído segundo o criterio do órgano concedente.

4. Para o caso de que non se esgote o crédito destinado a unha categoría, poderá realizarse unha nova redistribución entre as categorías restantes, a criterio do órgano concedente. Esta alteración da distribución por categorías non precisará dunha nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto, de ser o caso.

5. As contías máximas que se concederán de acordo coa presente resolución segundo as categorías e tipos de proxecto, son as seguintes:

Ficción

Animación

Documental

A

Longametraxe cinematográfica

V.O. non galega 260.000

260.000

80.000

V.O. galega (>90 %) 280.000

B

Coprodución internacional minoritaria española

150.000

150.000

50.000

C

Curtametraxe

15.000

15.000

15.000

Longa TV ficción

Serie ficción

Serie documental

Serie animación

D

Obras audiovisuais para TV e plataformas

160.000

260.000

80.000

160.000

6. As solicitudes que, cumprindo todos os requisitos establecidos nas bases, non acadan subvención por esgotamento do crédito asignado, pasarán a formar unha listaxe de espera respectando a orde de prelación resultante da aplicación dos criterios de valoración establecidos nestas bases.

7. Seguindo os límites establecidos no artigo 54 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas, sempre que a intensidade de axuda non exceda o 50 % do importe subvencionable, ou o 60 % no caso das producións transfronteirizas financiadas por máis dun Estado membro da Unión Europea e nas cales participen produtoras de máis dun Estado membro. De conformidade co disposto no artigo 21.2 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, modificado polo Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, segundo as disposicións da Unión Europea nesta materia, exceptúanse da aplicación destes límites as producións que teñen a consideración de «obra difícil».

Para os efectos da presente convocatoria, considéranse os seguintes supostos como «obra difícil», para as cales se incrementará a intensidade das axudas que se especifican:

– As curtametraxes, que poderán recibir axudas públicas de ata o 85 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais dirixidas por unha persoa que non teña dirixido ou codirixido máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica e cuxo orzamento de produción non supere 1.500.000 euros, que poderán recibir axudas públicas ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais en versión orixinal galega, entendendo como tales aquelas que utilicen o galego como lingua maioritaria en diálogos e narración, poderán obter axudas públicas de ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais realizadas exclusivamente por directores ou directoras cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, recoñecido polo órgano competente, que poderán recibir axudas públicas de ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais dirixidas exclusivamente por directoras, que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– Os documentais destinados á exhibición cinematográfica (categoría A.2), que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– As obras de animación cun orzamento de produción que non supere os 2.500.000 euros, que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais realizadas en réxime de coprodución con países iberoamericanos, que poderán recibir axudas públicas de ata o 60 % do importe subvencionable.

8. A adxudicación non excederá as porcentaxes máximas establecidas en relación co importe subvencionable achegado pola empresa solicitante. Igual límite se aplicará á concesión de subvencións, no caso de coproducións nacionais, pero esta vez sobre o custo total subvencionable do proxecto tendo en conta a totalidade das axudas públicas declaradas polas entidades coprodutoras españolas.

9. Para os efectos de control da intensidade máxima de subvencións, terase en conta a totalidade das axudas recibidas para o proxecto, con independencia da entidade que reciba a subvención, e calcularase a porcentaxe correspondente sobre o gasto total español do proxecto, é dicir, a suma dos gastos subvencionables de todas as empresas coprodutoras españolas.

10. O presente expediente iníciase polo procedemento de tramitación anticipada, polo que debe aplicarse a Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e o gasto proxectado por esta resolución queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente. Todos os actos de trámite ditados no desenvolvemento deste expediente entenderase condicionados a que, no momento en que se aprobe o orzamento do ano 2024, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento que se produciron aqueles.

Artigo 4. Proxectos subvencionables. Categorías e requisitos

1. Poderanse presentar proxectos de obras audiovisuais que teñan como destino principal a exhibición cinematográfica ou a emisión en canles de televisión e/ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda (VOD) e que se poidan encadrar nas modalidades de ficción, animación e documental, segundo as categorías que se relacionan:

Categoría A. Longametraxes cinematográficas.

A.1. Longametraxes de ficción.

A.2. Longametraxes de animación.

A.3. Longametraxes documentais.

Categoría B. Longametraxes cinematográficas en coprodución internacional con participación minoritaria española.

B.1. Longametraxes de ficción.

B.2. Longametraxes de animación.

B.3. Longametraxes documentais.

Categoría C. Curtametraxes de ficción, animación ou documentais.

C.1. Curtametraxes de ficción.

C.2. Curtametraxe de animación.

C.3. Curtametraxes documentais.

Categoría D. Obras audiovisuais para televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda.

D.1. Longametraxes de ficción.

D.2. Series e miniseries de ficción.

D.3. Series de animación para público infantil e xuvenil.

D.4. Series documentais.

2. En calquera caso, a consideración dos proxectos como subvencionables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan do carácter cultural deste, da utilización da lingua galega na versión orixinal da obra, da súa achega á cinematografía galega e á promoción do talento galego, da súa viabilidade económica e de realización e da calidade e interese da proposta. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.

3. Para os efectos desta convocatoria, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

3.1. As longametraxes para exhibición cinematográfica deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.

3.2. As longametraxes para canles de TV e/ou plataformas deberán ter unha duración mínima de 52 minutos.

3.3. Consideraranse miniseries de ficción aquelas producións de dos capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un. Consideraranse series de ficción aquelas producións de ata 10 capítulos, que se corresponderán cunha primeira tempada de carácter autoconclusivo e teñan unha duración total mínima de 150 minutos.

3.4. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos, que se corresponderá cunha primeira tempada de carácter autoconclusivo.

4. De xeito específico, os proxectos da categoría B de longametraxes cinematográficas en coprodución internacional con participación minoritaria española deberán cumprir, no momento de solicitar a axuda, os seguintes requisitos:

4.1. Ter asinado, no momento de solicitar a axuda, o correspondente contrato de coprodución entre as empresas produtoras independentes participantes.

4.2. Contar coa aprobación oficial da coprodución internacional por parte do país maioritario.

4.3. Reunir as condicións necesarias de recoñecemento previo de coprodución, de conformidade co previsto no artigo 9 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, ou nos acordos internacionais subscritos por España.

5. De acordo coa presente convocatoria, unha mesma persoa beneficiaria poderá obter un máximo de dúas subvencións, sempre que unha delas sexa das seguintes categorías:

– Proxectos da categoría A que constitúan a primeira longametraxe dun director ou dunha directora e non superen 500.000 euros de orzamento de produción.

– Proxectos da categoría B.

– Proxectos da categoría C.

O devandito límite aplicarase tamén naqueles casos en que a persoa beneficiaria forme parte, pola súa vez, dunha ou de varias agrupacións de interese económico que obteñan subvención por outros proxectos audiovisuais. Igualmente, este límite afectará a persoa beneficiaria con respecto á súa vinculación con outras empresas. Para determinar se existe vinculación, observarase o disposto no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. Ambas as dúas circunstancias, de ser o caso, deberán comunicarse no momento da solicitude remitindo o anexo VII.

Nos demais casos, no suposto de que varios proxectos dun mesmo solicitante se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación. Dentro da mesma convocatoria non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades, nin tampouco se poderá presentar un mesmo proxecto a distintas categorías.

Artigo 5. Concepto de gasto subvencionable

1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre a data da presentación da solicitude e a fin da data de xustificación establecida na presente convocatoria.

Considéranse gastos subvencionables os efectuados pola empresa produtora ata a consecución da copia estándar ou máster dixital, máis o derivado de determinados conceptos básicos para a realización e promoción adecuada da obra, nos termos e cos límites establecidos nos puntos seguintes:

a) A remuneración do produtor executivo ata o límite do 5 por cento do importe subvencionable sinalado no proxecto presentado. Ademais, só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa, especificamente, sen prexuízo doutros, o de produción executiva.

Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e o produtor executivo, deberá xuntarse ao contrato coa correspondente factura. Cando a relación sexa laboral, deberá achegarse, xunto co contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da Seguridade Social.

Cando o obxecto do contrato do produtor executivo e/ou de outros traballadores sexa xenérico para diversas películas que leve a cabo a empresa produtora, ratearase o seu custo en función da súa participación efectiva en cada unha delas.

Cando o persoal de cadro de persoal da empresa produtora realice funcións de produtor executivo sen un contrato específico, a súa remuneración imputarase ao capítulo de gastos xerais coas mesmas condicións de rateo.

b) Os importes derivados de xuros financeiros e gastos de negociación de préstamos formalizados con entidades financeiras ou de crédito para o financiamento específico da obra audiovisual estarán limitados ao 20 por cento do custo subvencionable presentado coa solicitude.

Así mesmo, estarán limitados ao 20 por cento do custo subvencionable do proxecto os xuros e gastos de xestión derivados de préstamos formalizados con intervención de fedatario público, con persoas físicas ou xurídicas non vinculadas coa empresa produtora, sempre que ditos gastos queden suficientemente acreditados, e que os ditos xuros non superen en máis de dous puntos o índice de referencia do prezo oficial do diñeiro. No caso de que os xuros superen o dito límite, só serán admitidos os que non superen a dita contía.

c) Recoñeceranse gastos xerais ata o límite do 7 por cento do gasto subvencionable presentado no proxecto.

Deberá imputarse ao capítulo de gastos xerais o gasto relativo ao persoal do cadro de persoal da produtora que non teña contrato laboral específico para a película obxecto da subvención. O gasto do persoal pertencente ao cadro de persoal que teña subscrito un contrato laboral específico conforme a categoría laboral asignada, para a súa participación en varias películas que realice a produtora, ratearase en función da súa participación efectiva en cada unha delas, imputándose ao capítulo de equipo técnico.

Imputaranse ao capítulo de gastos xerais os relacionados coa subministración de auga e electricidade durante o período de rodaxe, cando se produzan no domicilio social principal da produtora.

Os gastos de locomoción, viaxes e hoteis fóra das datas de inicio e fin de rodaxe imputaranse ao capítulo de gastos xerais, salvo que se trate de gastos de localizacións, gastos de preprodución de proxectos realizados dentro dos 6 meses anteriores á data de inicio de rodaxe e gastos de posprodución realizados ata a data máxima de xustificación da subvención, que se imputarán ao seu propio capítulo.

d) Recoñeceranse gastos de publicidade e promoción da película facturados á entidade solicitante, ata o límite do 40 por cento do custo subvencionable presentado no proxecto, e sempre que estes non fosen obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película. No caso de que os ditos gastos fosen parcialmente subvencionados, poderán recoñecerse como subvencionables aqueloutros que non fosen obxecto de axuda.

e) Recoñeceranse os gastos de dobraxe e/u subtitulado e/ou tradución para calquera lingua oficial española, así como o gasto de tradución para unha lingua non oficial en España. Ademais, no caso de coproducións con empresas estranxeiras, admitirase o gasto de tradución para a lingua do país ou países coprodutores.

f) Recoñecerase o gasto derivado da utilización dos soportes materiais necesarios para garantir a preservación da película, incluído o gasto da copia requirida para o cumprimento da obriga que incumbe ás persoas beneficiarias das axudas á produción. Así mesmo, recoñeceranse os gastos para a obtención das copias e adaptación a outros soportes sempre que estean destinados á exhibición en salas e que non fosen obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película.

g) Admitirase o gasto derivado do informe especial emitido por un auditor de contas, cando sexa este medio o empregado para xustificar a subvención.

h) Serán subvencionables os gastos correspondentes a auga e electricidade producidos en locais ou instalacións directamente vinculados coa rodaxe, dentro deste período, e sempre que a dita vinculación se xustifique mediante a achega dos correspondentes contratos.

Cando os ditos gastos se produzan no domicilio social principal da produtora, imputaranse ao capítulo de gastos xerais.

Así mesmo, serán subvencionables os gastos de telefonía producidos dentro do período de rodaxe, así como os correspondentes a unha única liña telefónica móbil realizados entre os 3 meses anteriores ao inicio da rodaxe e os 3 meses posteriores á fin desta, no caso de longametraxes; e entre o mes anterior ao inicio e o mes posterior á fin da rodaxe, no caso de curtametraxes.

i) Consideraranse subvencionables os gastos de comidas realizados exclusivamente dentro das datas de inicio e fin da rodaxe e, exclusivamente, para o persoal adscrito ao proxecto nese período.

j) Serán subvencionables os gastos de posprodución realizados antes da solicitude de cualificación da obra audiovisual e facturados ata un mes despois da data da súa cualificación. Para estes efectos, entenderanse por gastos de posprodución os relacionados coa montaxe, efectos visuais, música, produción e creación de imaxes sintéticas, posprodución de son, laboratorio, negativo en posprodución e títulos de crédito, así como os gastos de persoal, sempre que se acredite a súa vinculación a estes procesos.

A vinculación dos citados gastos coa película acreditarase indicando o título desta na factura.

k) Serán subvencionables os gastos relativos a escenografía e decoración facturados ata un mes despois da data de finalización da rodaxe, sempre que sexan gastos vinculados a ela, o que se acreditará mediante a descrición detallada do concepto e mención do título da película na factura correspondente.

l) Con relación aos gastos de viaxes e desprazamentos utilizando vehículo particular, aplicarase a contía establecida para a indemnización deste tipo de gastos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, ou normativa que o substitúa.

m) Serán subvencionables os gastos derivados da utilización dos equipamentos e do material técnico propiedade da empresa produtora, sempre que se dedicasen á realización da película e unicamente pola parte proporcional do tempo utilizado nela na cantidade correspondente ao dobre da que, en concepto de amortización, quede reflectida na contabilidade da empresa, de acordo coa normativa contable que resulte de aplicación.

2. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda; os xuros debedores de contas bancarias; os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. En concreto, non serán computados como gasto subvencionable:

a) O importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.

b) Os gastos suntuarios, as gratificacións, as previsións de gastos, agás os xuros dos préstamos, as valoracións e as capitalizacións vinculados directamente ao proxecto.

c) Os gastos superiores a 50.000 euros, no caso de longametraxes, series e miniseries, e superiores a 4.000 euros no caso de curtametraxes, facturados por cada empresa vinculada á empresa produtora.

Os gastos iguais ou inferiores aos ditos importes facturados por empresas vinculadas serán computados como custo sempre que se realicen de acordo coas condicións normais de mercado, o que se xustificará mediante a presentación de tres ofertas, salvo que, polas especiais características do gasto, non exista no mercado suficiente número de entidades que presten o servizo ou subministren o ben de que se trate. En todo caso, a facturación por parte das empresas vinculadas só será computada como gasto subvencionable coa previa autorización da Agadic, antes de que o mesmo se produza.

Non poderán fraccionarse os gastos correspondentes a unha mesma prestación ou servizo en diferentes facturas, nin realizarse sucesivos contratos con obxectos similares coa finalidade de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento do establecido neste punto.

Considerarase que existe vinculación nos supostos previstos no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) A facturación realizada entre as empresas coprodutoras da película, salvo o disposto no punto seguinte para as coproducións con empresas estranxeiras.

3. Nas películas realizadas en réxime de coprodución con empresas estranxeiras, só se entenderá por importe subvencionable o importe da participación española, de acordo co disposto no artigo 14 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

Non obstante, admitirase a facturación realizada pola empresa coprodutora estranxeira correspondente a gastos que fosen facturados por empresas establecidas no seu país que non estean vinculadas á empresa produtora española e sempre que tampouco exista vinculación entre a empresa coprodutora española e a estranxeira.

A achega económica da produtora española nunha coprodución, a que fai referencia o mencionado artigo 14 do citado Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, xustificarase mediante a documentación acreditativa da transferencia bancaria ou calquera outro sistema de pagamento internacional legalmente recoñecido, efectuada a favor da empresa coprodutora estranxeira, a recepción pola súa parte e unha certificación desta comprensiva dos conceptos en que foi aplicada acompañada das facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil. En ningún caso poderá aplicarse esta achega económica a pagamentos de persoal de nacionalidade do país coprodutor.

4. Só serán computados para efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinataria á entidade beneficiaria e cuxo expedidor quede identificado neles, así como mediante nóminas que estean emitidas pola dita entidade. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse facturas ou documentos xustificativos acompañados da documentación acreditativa do pagamento.

Artigo 6. Subcontratación

1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros produtores a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social do produtor con que se pretenda contratar a actividade.

2. Non se considera subcontratación a contratación de calquera actividade ou servizos de produción con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social non se inclúa a produción cinematográfica.

3. No caso de producións de imaxe real, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 40 por cento do custo subvencionable da película, sempre que as actividades e servizos sexan subcontratadas con máis dunha empresa e sen que, en ningún caso, podan incluírse facturas relativas a gastos de persoal.

4. Non se admitirá a subcontratación de persoal, excepto dos equipamentos de figuración e especialistas.

5. Non obstante, no caso de producións de imaxe real integramente españolas rodadas no estranxeiro por exixencias acreditadas do guión, admitirase a subcontratación de actores, outros artistas e de persoal técnico do país de rodaxe, co límite máximo do 25 por cento do total do persoal integrante da película, e sempre que co persoal restante se manteña o cumprimento dos requisitos de nacionalidade desta exixidos polo artigo 5 da Lei 55/2007, do cinema. Adicionalmente, cando se trate de producións de imaxe real integramente españolas ou de coproducións internacionais coa participación española superior ao 70 por cento, admitirase a subcontratación de servizos de produción en países extracomunitarios que non formen parte da coprodución internacional, co límite máximo do 20 por cento do custo subvencionable da participación española na película.

6. No caso de producións de animación, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 50 por cento do total subvencionable. Adicionalmente, admitirase a subcontratación de persoal, co límite do 20 por cento, cando, por necesidades técnicas debidamente xustificadas, os procesos se realicen no estranxeiro.

Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Achegaranse as seguintes declaracións responsables que se recollen no anexo II:

3.1. Que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) ao concorrer, como mínimo, dous dos requisitos que se relacionan:

a) Que teña como versión orixinal calquera das linguas oficiais en España. No caso das coproducións con empresas estranxeiras, a longametraxe poderá ter como versión orixinal algunha das linguas oficiais da Unión Europea.

b) Que o contido estea ambientado principalmente en España.

c) Que o contido teña relación directa coa literatura, a música, a danza, a arquitectura, a pintura, a escultura e, en xeral, coas expresións da creación artística.

d) Que o guión sexa adaptación dunha obra literaria preexistente.

e) Que o contido teña carácter biográfico ou, en xeral, reflicta feitos ou personaxes de carácter histórico, sen prexuízo das adaptacións libres propias dun guión cinematográfico.

f) Que o contido inclúa principalmente relatos, feitos ou personaxes mitolóxicos ou lendarios que poidan considerarse integrados en calquera patrimonio ou tradición cultural do mundo.

g) Que emita un mellor coñecemento da diversidade cultural, social, relixiosa, étnica, filosófica ou antropolóxica.

h) Que o contido estea relacionado con asuntos ou temáticas que forman parte da realidade social, cultural ou política española, ou con incidencia sobre eles.

i) Que no relato cinematográfico, un dos protagonistas ou varios dos personaxes secundarios estean directamente vinculados con esa mesma realidade social, cultural ou política española.

j) Que se dirixa especificamente a un público infantil ou xuvenil e conteña valores acordes cos principios e fins da educación recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a norma que, se é o caso, a substitúa, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

3.2. Que a entidade solicitante é titular dos dereitos suficientes de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, e coa presente convocatoria.

3.3. Que a entidade solicitante ou, de ser o caso, as empresas que integran a entidade xurídica solicitante cumpren cos requisitos de produtor independente, tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

3.4. Que o proxecto se adapta aos regulamentos específicos ou a algún dos convenios subscritos por España en materia de coprodución internacional cinematográfica, no caso dos proxectos da categoría B.

3.5. Que a entidade solicitante posúe un contrato ou carta de compromiso asinado cunha empresa prestadora do servizo de comunicación audiovisual relativa á participación no proxecto ou compra de dereitos de emisión da obra audiovisual, no caso dos proxectos da categoría D. Para o caso de presentación dunha carta de compromiso, esta deberá reflectir, cando menos, a contía económica mínima que a parte asinante ten previsto investir no proxecto.

3.6. Declaración responsable de que a persoa beneficiaria adquire, coa obtención da subvención, os seguintes compromisos:

3.6.1. Poñer en coñecemento, e coordinar coa Agadic, cun mes de antelación mínima, a data da estrea da obra en Galicia, ben sexa en festivais galegos do audiovisual, en salas de cine ou en canles de TV ou plataformas VOD, segundo a categoría do proxecto subvencionado.

3.6.2. No caso das longametraxes cinematográficas, estrear a obra na súa versión orixinal nun mínimo de cinco salas de exhibición localizadas en Galicia, salvo nos casos de obras documentais, que se deberán estrear nun mínimo de dúas salas de exhibición galegas. As estreas non se terán que realizar de forma simultánea.

3.6.3. Informar a Agadic de todas as participacións da obra audiovisual nos certames e festivais que se relacionan no anexo IV cun mínimo de 15 días de antelación á súa celebración.

3.6.4. Manter a porcentaxe mínima de titularidade dos dereitos de propiedade da obra audiovisual que establece a convocatoria durante un período mínimo de tres anos contados desde a súa cualificación oficial, cando se trate dunha obra cinematográfica.

3.6.5. Recuperar os dereitos de propiedade da obra audiovisual cedidos a entes emisores, cando se trate de producións destinadas a canles de televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda dentro dos seguintes prazos: 7 anos, se a participación do ente emisor se formaliza como prevenda, e 10 anos cando a participación do ente emisor se formaliza como coprodución.

3.7. Declaración das características e condicións do proxecto segundo a ficha de produción recollida no anexo III destas bases relativas a: lingua orixinal de rodaxe e porcentaxe da lingua galega na versión orixinal, porcentaxe de días de rodaxe en Galicia sobre o total da gravación ou de utilización de estudios principais de animación radicados en Galicia, utilización de servizos audiovisuais galegos (posprodución de imaxe, posprodución de son e dobraxe, iluminación e escenografía), vinculación laboral con Galicia dos profesionais que interveñen no proxecto a nivel creativo, técnico e artístico, condición novel do director ou da directora da obra, dirección da obra a cargo dunha muller, porcentaxe de presenza feminina a nivel creativo, técnico e artístico, historial en canto a obras previas producidas da empresa solicitante ou da persoa proposta para a produción executiva, historial en canto a obras anteriores realizadas pola persoa proposta para a dirección do proxecto, subvencións previas da Agadic á escrita de guión ou ao desenvolvemento do proxecto, participación en obradoiros de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais, historial das obras anteriores producidas pola empresa coa participación maioritaria naqueles proxectos presentados á categoría B, porcentaxe de financiamento en firme acadado polo proxecto no momento da solicitude.

Artigo 8. Prazo de presentación de solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que, no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo II), a seguinte documentación:

1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

1.5. Especificamente, para os proxectos presentados á categoría B de coprodución internacional minoritaria:

1.5.1. Certificado da aprobación oficial da coprodución internacional por parte do país maioritario e contrato de coprodución entre as produtoras independentes participantes.

1.5.2. Resolución aprobatoria da coprodución, de conformidade co previsto no artigo 9 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, ou nos acordos internacionais subscritos por España. Na súa falta, acreditación de ter cursada a solicitude de aprobación da coprodución.

1.6. Contrato ou carta de compromiso dunha empresa prestadora do servizo de comunicación audiovisual, segundo a Directiva europea 2010/13/UE1 de servizos de comunicación audiovisual, no caso dos proxectos presentados á categoría D. Para o caso de presentación dunha carta de compromiso, esta deberá reflectir, cando menos, a contía económica mínima que a parte asinante ten previsto investir no proxecto.

2. As persoas solicitantes deberán presentar, seguindo a mesma orde de numeración e nomenclatura, a seguinte documentación específica:

2.1. Anexo III: ficha do proxecto.

2.2. Datos identificativos do proxecto: título, xénero, versión lingüística orixinal da obra, formato de rodaxe ou gravación, orzamento total, empresa ou empresas produtoras, nacionalidades e porcentaxes de participación, responsables da produción executiva, guión e dirección, localizacións de rodaxe, utilización de estudios principais de animación, localizacións de posprodución.

2.3. Memoria do proxecto, que deberá conter:

2.3.1. Descrición de intencións, por parte da persoa responsable da dirección, en canto ao tratamento formal e aos aspectos creativos do proxecto.

2.3.2. Descrición, por parte da empresa produtora solicitante, dos seguintes aspectos:

2.3.2.1. Motivación, estratexia da produción ou coprodución, contribución do proxecto á evolución e posición da compañía, achega á diversidade do panorama audiovisual, definición do público obxectivo.

2.3.2.2. Plan de traballo en que conste o tempo de rodaxe e as localizacións.

2.3.2.3. Deseño de produción previsto.

2.3.2.4. Estratexia de lanzamento e difusión prevista para a obra audiovisual.

2.4. Historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

2.5. Sinopse argumental cunha extensión máxima de 500 palabras.

2.6. Guión da longametraxe (e/ou escaleta no caso das documentais). No caso das miniseries de ficción e series de ficción ou documentais para televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda, deberá achegarse o guión do primeiro capítulo e a biblia completa do proxecto. No caso das series de animación, presentarase, como mínimo, o equivalente a 80 minutos de programación e mais o tratamento completo dos demais capítulos.

2.7. Plan de financiamento.

2.8. Orzamento segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.

2.9. Anexo VII. Declaración de participación en AIE e vinculación de empresas.

2.10. Voluntariamente, poderase achegar:

2.10.1. Un plan de promoción e márketing elaborado por unha empresa ou profesional especializado/a.

2.10.2. Unha ligazón a un audiovisual de venda do proxecto (teaser) de non máis de 3 minutos de duración.

2.10.3. Unha ligazón a unha presentación do proxecto a cargo da persoa responsable da dirección ou da produción executiva.

2.11. Calquera outra documentación que a entidade solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.

Con relación aos puntos 2.2, 2.3, 2.5 e 2.6, o órgano instrutor comprobará a súa presentación pero non realizará a comprobación cualitativa do seu contido. A dita documentación tampouco poderá ser obxecto de modificación ou mellora ao longo da fase de instrución do procedemento previa á reunión da Comisión de Valoración.

Os documentos presentados en branco non se considerarán defectos emendables, se non que continuarán coa súa tramitación para efectos da instrución do expediente.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recabados electrónicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderase solicitar, novamente, á persoa interesada a súa achega.

3.4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3.5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3.6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes

Artigo 11. Notificación das resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificación entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á cal se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas, especificamente, as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ou aos profesionais ou expertos consultados.

En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir as persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación administrativa necesaria serán remitidos á Comisión encargada da súa valoración.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha comisión de valoración, nomeada polo director da Agadic, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nas presentes bases.

2. A Comisión de Valoración estará formada por catro membros:

– Unha persoa en representación da Televisión de Galicia proposta polo director da Corporación de Radio Televisión de Galicia.

– Dúas persoas profesionais de recoñecido prestixio no mundo cultural e/ou audiovisual, entre os que se designará ao/á seu/súa presidente/a.

– Unha persoa técnica pertencente ao cadro de persoal da Agadic.

A Secretaría da Comisión será exercida por unha persoa designada pola Dirección da Agadic, pertencente ao cadro de persoal da Agadic, con voz e sen voto.

3. A condición de persoa membro da Comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. As persoas que formen parte da Comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria, e absteranse, se se dan algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

4. A Comisión de Valoración, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará unha acta concretando os criterios artísticos definidos nestas bases para aplicalos de xeito coherente e homoxéneo. Así mesmo, tras a súa avaliación deixarase constancia documental das puntuacións.

5. Rematada a avaliación, a Comisión emitirá un informe relacionando os proxectos por orde de prelación, indicando a puntuación asignada a cada un deles de xeito motivado e redactarase unha acta que reflicta as deliberacións e acordos da Comisión para a súa elevación ao órgano instrutor.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. Os criterios de avaliación establécense atendendo ás categorías e modalidades de proxectos segundo se especifica a seguir:

Categoría A1_Longametraxes cinematográficas de ficción

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

100 puntos

A) Versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % en diálogos e narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria do galego como lingua orixinal en diálogos e narración.

5 puntos

– Utilización do galego como lingua orixinal nunha porcentaxe superior ao 90 % nos diálogos e narración.

8 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 46 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe de rodaxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudios cinematográficos de Galicia.

Máximo 8 puntos

– Do 26% ao 50 % de días de rodaxe en Galicia

2 puntos

– Do 51% ao 75 % de días de rodaxe en Galicia

5 puntos

– Máis do 75 % de días de rodaxe en Galicia

8 puntos

2. Contratación de empresas de posprodución e servizos audiovisuais que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 8 puntos

– Posprodución de imaxe

3 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

3 puntos

– Iluminación

1 punto

– Escenografía

1 punto

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, non podendo ser a participación inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

3 puntos

– Composicion da B.S.O.

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

Máximo 9 puntos

– Dirección de fotografía

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de produción

1 punto

– Dirección de arte

1 punto

– Xefatura de son

1 punto

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

– Dirección de casting

1 punto

5. Elenco artístico

Máximo 6 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz non principal

1 punto

– Actor/actriz non principal

1 punto

6. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 3, 4 e 5 deste punto, superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

7. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non teñan dirixido ou codirixido máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou serie que se tivese difundido a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

8. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 46 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto, debendo manter a mesma opción en todas as epígrafes. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, en que a compañía produtora participase ou en que o/a produtor/a executivo/a poida acreditar esa función. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cine ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura, ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de cinco territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial do/da profesional responsable da dirección do proxecto que se presenta sempre que a función se realice integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cine que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

4 puntos

4. Participación do proxecto en obradoiros, laboratorios ou incubadoras de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais, sempre que se poida acreditar documentalmente ter formado parte dun proceso selectivo previo. A participación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser en exclusiva nun só obradoiro, laboratorio ou incubadora.

2 puntos (1 punto por cada acción das descritas en que participase)

5. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar mediante documentación xustificativa de: dereitos para recibir outras axudas ou subvencións, contratos en vigor ou precontratos coas cantidades económicas definidas relativos á explotación da obra (cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Os contratos de investimento privado deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Para os efectos de obtención de puntuación nesta epígrafe non se terán en conta contías consignadas como futuras operacións de investimento por desgravación fiscal. Os contratos para acreditar a viabilidade económica do proxecto deberán ser posteriores ao 31 de decembro de 2022, se son anteriores, admitirase unha actualización ou addenda destes. No caso das empresas públicas de comunicación audiovisual, poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos se non se dispón do contrato asinado. As axudas previas da Agadic á escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos non se terán en conta para os efectos de financiamento.

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade do proxecto, guión, lanzamento e difusión

Máximo 50 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valorarase o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

2. Guión: valorarase a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética. Teranse en conta, tamén, os traballos previos en canto á análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 15 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

3. Intencións da produtora en canto ao lanzamento e difusión da obra e potencial desta para a circulación nacional e internacional.

Máximo 10 puntos, con motivación

Categoría A2_Longametraxes cinematográficas de animación

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

100 puntos

A) Lingua orixinal da primeira sonorización: versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria da lingua galega na primeira sonorización.

5 puntos

– Utilización da lingua galega nunha porcentaxe superior ao 90 % na primeira sonorización.

8 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 46 puntos

1. Utilización de estudios principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.

Máximo 15 puntos

– Máis do 50 % de estudios principais

10 puntos

-Máis do 75 % de estudios principais

15 puntos

2. Contratación de estudios auxiliares e de posprodución que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 7 puntos

– Estudio auxiliar de animación (detallar función)

3 puntos

– Posprodución de imaxe

2 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

2 puntos

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, e non poderán ser a participación inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

3 puntos

– Composicion da B.S.O.

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

Máximo 9 puntos

– Deseñador/a de personaxes

2 puntos

– Dirección de animación

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

– Supervisión de layout

1 punto

– Supervisión de posprodución

1 punto

5. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 3 e 4 cando sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

6. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou serie que se difundise a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

7. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller.

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 46 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto, debendo manter a mesma opción en todas as epígrafes. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, en que a compañía produtora participase ou en que o/a produtor/a executivo/a poida acreditar esa función. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cine ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivas de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en españa que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do ministerio de cultura ou 2.000 espectadores, se se trata de películas documentais.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de cinco territorios.

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional.

1 punto por cada obra

2. Historial do/da profesional responsable da dirección do proxecto que se presenta sempre que a función se realice integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cine que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

4 puntos

4. Participación do proxecto en obradoiros, laboratorios ou incubadoras de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais, sempre que se poida acreditar documentalmente ter formado parte dun proceso selectivo previo. A participación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser en exclusiva nun só obradoiro, laboratorio ou incubadora.

2 puntos (1 punto por cada acción das descritas en que participase)

5. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir outras axudas ou subvencións, contratos en vigor ou precontratos coas cantidades económicas definidas relativos á explotación da obra (cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Os contratos de investimento privado deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Para os efectos de obtención de puntuación nesta epígrafe non se terán en conta contías consignadas como futuras operacións de investimento por desgravación fiscal. Os contratos para acreditar a viabilidade económica do proxecto deberán ser posteriores ao 31 de decembro de 2022, se son anteriores, admitirase unha actualización ou addenda destes. No caso das empresas públicas de comunicación audiovisual, poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos se non se dispón do contrato asinado. As axudas previas da Agadic á escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos non se terán en conta a efectos de financiamento.

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade e interese do proxecto, guión e intencións de lanzamento e difusión

Máximo 50 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valorarase o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

2. Guión: valorarase a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética. Teranse en conta, tamén, os traballos previos en canto a análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 15 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

3. Intencións da produtora en canto ao lanzamento e difusión da obra e potencial desta para a circulación nacional e internacional.

Máximo 10 puntos, con motivación

Categoría A3_Longametraxes cinematográficas documentais

Máximo 120 puntos

Criterios técnicos

80 puntos

A) Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

Máximo 4 puntos

– Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

2 puntos

– Versión orixinal rodada en galego nunha porcentaxe superior ao 90 % de utilización nos diálogos e/ou narración.

4 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 30 puntos

1. Rodaxe en Galicia e/ou utilización de estudos galegos, cumprimento dalgún dos seguintes aspectos:
– Máis do 50 % de gravación en Galicia

– Máis do 50 % de utilización de estudos de posprodución galegos

10 puntos

2. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, e non poderá ser a participación inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

6 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

2 puntos

3. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

8 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de fotografía

2 puntos

– Dirección da B.S.O.

1 punto

– Documentalista

1 punto

– Xefatura de son

1 punto

– Dirección de produción

1 punto

4. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 2 e 3 desta epígrafe cando sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

5. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou longametraxe ou serie que se difundise a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

6. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 46 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto, debendo manter a mesma opción en todas as epígrafes. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nos que a compañía produtora participase ou en que o/a produtor/a executivo/a poida acreditar esa función. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cine ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivas de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada obra (0,5 se é curtametraxe)

– Obtención de premio á mellor obra audiovisual nalgún dos festivais (outorgado por xurado oficial) ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada obra (0,5 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas en España en salas de exhibición cinematográfica que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada obra

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de cinco territorios

1 punto por cada obra

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional

1 punto por cada obra

2. Historial do/da profesional responsable da dirección do proxecto que se presenta sempre que a función se realice integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cine que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

4 puntos

4. Participación do proxecto en obradoiros, laboratorios ou incubadoras de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais, sempre que se poida acreditar documentalmente ter formado parte dun proceso selectivo previo. A participación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser en exclusiva nun só obradoiro, laboratorio ou incubadora.

2 puntos (1 punto por cada acción das descritas en que participase)

5. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir outras axudas ou subvencións, contratos en vigor ou precontratos coas cantidades económicas definidas relativos á explotación da obra (cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Os contratos de investimento privado deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Para os efectos de obtención de puntuación nesta epígrafe non se terán en conta contías consignadas como futuras operacións de investimento por desgravación fiscal. Os contratos para acreditar a viabilidade económica do proxecto deberán ser posteriores ao 31 de decembro de 2022, se son anteriores, admitirase unha actualización ou addenda destes. No caso das empresas públicas de comunicación audiovisual, poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos se non se dispón do contrato asinado. As axudas previas da Agadic á escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos non se terán en conta para os efectos de financiamento.

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

Criterios artísticos

40 puntos

D) Calidade, guión, lanzamento e difusión

Máximo 40 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valorarase o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento presentado para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión ou escaleta: valorarase a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética. Teranse en conta tamén os traballos previos en canto a análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Intencións da produtora en canto ao lanzamento e difusión da obra e potencial desta para a circulación nacional e internacional.

Máximo 10 puntos, con motivación

Categoría B_Longametraxes cinematográficas en coprodución internacional con participación minoritaria española (ficción, animación, documental)

Máximo 110 puntos (ficción /animación)

Máximo 100 puntos (documental)

Criterios técnicos

Máximo 70 puntos (ficción/animación)

Máximo 60 puntos (documental)

A) Profesionais galegos ou vinculados profesionalmente con Galicia que interveñen na produción. No caso de que a función sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, non podendo ser a participación inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función

Máximo 25 puntos (ficción/animación)

Máximo 15 puntos (documental)

Ficción/Animación

25 puntos

– Dirección

4

– Guión

3

– Composición da BSO

2

– Xefatura de montaxe

2

– Dirección de fotografía (ficción)

2

– Deseño de personaxes (animación)

2

– Dirección de arte (ficción)

2

– Dirección de animación

2

– Actor/actriz principal (ficción)

2

– Actor/actriz non principal (ficción)

1

– Supervisión de layout (animación)

2

– Animador/a (animación)

1

Documental

15 puntos

– Dirección

4

– Guión

2

– Documentalista

2

– Dirección de fotografía

2

– Xefatura de montaxe

2

– Dirección de produción

1

– Xefatura de son

1

– Supervisión de efectos visuais

1

B) Localizacións galegas e utilización de estudos e empresas de servizos audiovisuais que desenvolven a actividade habitual en Galicia

Máximo 10 puntos

– Máis do 30 % do total da rodaxe ou gravación en localizacións galegas ou máis do 30 % de utilización de estudos de animación.

4 puntos

– Posprodución de son integramente en Galicia.

3 puntos

– Posprodución de imaxe integramente en Galicia.

3 puntos

C) Financiamento acreditado polos coprodutores

Máximo 10 puntos

– Do 41% ao 60 % de financiamento acreditado

5 puntos

– Máis do 60 % de financiamento acreditado

10 puntos

D) Historial en canto a longametraxes producidas ou dirixidas con anterioridade. Para efectos de historial de produción, non puntúan longametraxes que fosen estreadas en salas de cine ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe. No caso do historial das empresas, poderase escoller entre a compañía produtora ou a persoa que exerza a produción executiva por cada parte, mantendo a mesma opción nas epígrafes correspondentes.

Máximo 25 puntos

1. Historial da parte maioritaria estranxeira (máximo tres títulos en cada epígrafe)

Máximo 9 puntos

– Presenza en seccións oficiais a concurso de festivais de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV nas categorías que se especifican

1 punto por cada obra

– Premio á mellor película outorgado por xurado oficial nalgún dos festivais de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV nas categorías que se especifican

1 punto por cada obra

– Longametraxes realizadas en coprodución internacional

1 puntos por cada obra

2. Historial da entidade solicitante ou da persoa que no seu nome exerza a produción executiva (máximo tres títulos en cada epígrafe)

Máximo 8 puntos

– Participación minoritaria en películas realizadas en coprodución internacional

1 punto por cada obra

– Participación maioritaria en películas realizadas en coprodución internacional

2 puntos por cada obra

3. Historial do/da director/a en canto a longametraxe realizadas, sempre que as dirixira integramente (máximo tres títulos en cada epígrafe)

Máximo 8 puntos

– Presenza en seccións oficiais a concurso de festivais de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican

1 punto por cada obra

– Obtención do premio á mellor película ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV

2 puntos por cada obra

Criterios artísticos

Máximo 40 puntos

E) Calidade do proxecto, guión e plan de lanzamento e distribución

Máximo 40 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valorarase o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia co orzamento presentado. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

2. Guión: valorarase a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a súa adecuación á proposta estética.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

3. Plan de lanzamento e distribución internacional.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación.

Categoría C-Curtametraxes de ficción, animación e documental

Máximo 70 puntos

Criterios técnicos

40 puntos

A) Lingua orixinal

Máximo 5 puntos

V.O. en galego

5 puntos

B) Impulso do sector audiovisual e contribución á promoción do talento galego

Máximo 30 puntos

1. Rodaxe en Galicia e/ou utilización de estudos galegos:
– Máis do 50 % de rodaxe en Galicia (ficción, documental)

– Máis do 50 % de utilización de estudos galegos (animación)

– Máis do 50 % de utilización de estudos de posprodución.

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran un dos aspectos mencionados

2. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 14 puntos

– Dirección

5 puntos

– Guión

4 puntos

– Composición da BSO

2 puntos

– Xefatura de montaxe

1 punto

– Dirección de fotografía (ficción, documental)

1 punto

– Deseño de personaxes (animación)

1 punto

3. Porcentaxe de mulleres na relación de profesionais que se especifica no punto 2 superior ao 50 %

3 puntos

4. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller

3 puntos

C) Viabilidade

Máximo 5 puntos

– Máis do 20 % de financiamento acreditado

5 puntos

Criterios artísticos

30 puntos

D) Calidade e interese, desenvolvemento, orzamento e potencial de circulación

Máximo 30 puntos

1. Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central, a orixinalidade e a creatividade do proxecto.

Máximo 15 puntos que se outorgarán motivadamente e en proporción á concorrencia dos aspectos citados.

2. Grao de elaboración e desenvolvemento do proxecto

Ata 5 puntos, con motivación

3. Coherencia entre o orzamento e o proxecto

Ata 5 puntos, con motivación

4. Potencial de circulación nacional e internacional da obra audiovisual

Ata 5 puntos, con motivación

Categoría D1_Longametraxes de ficción para televisión ou plataformas

Categoría D2_Miniseries e series de ficción para televisión ou plataformas

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

100 puntos

A) Versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % en diálogos e narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria do galego como lingua orixinal en diálogos e narración

5 puntos

– Utilización do galego como lingua orixinal nunha porcentaxe superior ao 90 % nos diálogos e narración

8 puntos

B) Impacto en Galicia e contribución á promoción do talento galego

Máximo 46 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe de rodaxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudos cinematográficos de Galicia.

Máximo 8 puntos

– Do 26% ao 50 % de días de rodaxe en Galicia

2 puntos

– Do 51% ao 75 % de días de rodaxe en Galicia

5 puntos

– Máis do 75 % de días de rodaxe en Galicia

8 puntos

2. Contratación de empresas de posprodución e servizos audiovisuais que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 8 puntos

– Posprodución de imaxe

3 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

3 puntos

– Iluminación

1 punto

– Escenografía

1 punto

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, e non poderá ser a participación inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección (no caso de codirección en miniseries e series só puntuará cando se manteñan os mesmos dous profesionais no conxunto da obra)

4 puntos

– Guión (só puntuará cando o/a profesional ou profesionais sexan os/as creadores/as da obra)

3 puntos

– Composicion da B.S.O.

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

Máximo 9 puntos

– Dirección de fotografía

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de produción

1 punto

– Dirección de arte

1 punto

– Xefatura de son

1 punto

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

– Dirección de casting

1 punto

5. Elenco artístico

Máximo 6 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz principal

2 puntos

– Actor/actriz non principal

1 punto

– Actor/actriz non principal

1 punto

6. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 3, 4 e 5 desta epígrafe, superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

7. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou serie que se difundise a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

8. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 46 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto, debendo manter a mesma opción en todas as epígrafes. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, en que a compañía produtora participase ou en que o/a produtor/a executivo/a poida acreditar esa función. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cine ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio á mellor película ou serie outorgado por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de cinco territorios

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional

1 punto por cada obra

2. Historial do/da profesional responsable da dirección do proxecto que se presenta sempre que a función se realice integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cine que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

4 puntos

4. Participación do proxecto en obradoiros, laboratorios ou incubadoras de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais sempre que se poida acreditar documentalmente ter formado parte dun proceso selectivo previo. A participación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser en exclusiva nun só obradoiro, laboratorio ou incubadora.

2 puntos (1 punto por cada acción das descritas en que participase)

5. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir outras axudas ou subvencións, contratos en vigor ou precontratos coas cantidades económicas definidas relativos á explotación da obra (cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Os contratos de investimento privado deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Para os efectos de obtención de puntuación nesta epígrafe non se terán en conta contías consignadas como futuras operacións de investimento por desgravación fiscal. Os contratos para acreditar a viabilidade económica do proxecto deberán ser posteriores ao 31 de decembro de 2022, se son anteriores, admitirase unha actualización ou addenda destes. No caso das empresas públicas de comunicación audiovisual, poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos se non se dispón do contrato asinado. As axudas previas da Agadic á escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos non se terán en conta para os efectos de financiamento.

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade e interese do proxecto, guión, lanzamento e potencial de circulación

Máximo 50 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valorarase o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

2. Guión: valorarase a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética. Teranse en conta, tamén, os traballos previos en canto á análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 15 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

3. Intencións da produtora en canto ao lanzamento e difusión da obra e potencial desta para a circulación nacional e internacional.

Máximo 10 puntos, con motivación

Categoría D3_Series de animación para televisión ou plataformas de vídeo baixo demanda

Máximo 150 puntos

Criterios técnicos

100 puntos

A) Lingua orixinal da primeira sonorización: versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración

Máximo 8 puntos

– Utilización maioritaria da lingua galega na primeira sonorización

5 puntos

– Utilización da lingua galega nunha porcentaxe superior ao 90 % na primeira sonorización

8 puntos

B) Impulso do sector audiovisual e contribución á promoción do talento galego

Máximo 46 puntos

1. Utilización de estudos principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia

Máximo 15 puntos

– Máis do 50 % de estudos principais

10 puntos

– Máis do 75 % de estudos principais

15 puntos

2. Contratación de estudos auxiliares e de posprodución que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, sempre que executen máis dun 50 % dos traballos que se relacionan.

Máximo 7 puntos

– Estudio auxiliar de animación (detallar función)

3 puntos

– Posprodución de imaxe

2 puntos

– Posprodución de son e dobraxe

2 puntos

3. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, e non poderá ser a participación inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

Máximo 9 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

3 puntos

– Composicion da B.S.O.

2 puntos

4. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

Máximo 9 puntos

– Deseñador/a de personaxes

2 puntos

– Dirección de animación

2 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Supervisión de efectos visuais

1 punto

– Supervisión de layout

1 punto

– Supervisión de posprodución

1 punto

5. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 3 e 4 cando sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

6. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou serie que se difundise a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

7. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 46 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto, debendo manter a mesma opción en todas as epígrafes. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, nos que a compañía produtora participase ou nos que o/a produtor/a executivo/a poida acreditar esa función. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cine ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premios á mellor obra audiovisual outorgados por xurados oficiais nalgún dos festivais ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas comercialmente en España que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores, se se trata de películas documentais

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de cinco territorios

1 punto por cada longametraxe

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional

1 punto por cada obra

2. Historial do/da profesional responsable da dirección do proxecto que se presenta sempre que a función se realice integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 8 puntos

– presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cine que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

4 puntos

4. Participación do proxecto en obradoiros, laboratorios ou incubadoras de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais sempre que se poida acreditar documentalmente ter formado parte dun proceso selectivo previo. A participación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser en exclusiva nun só obradoiro, laboratorio ou incubadora.

2 puntos (1 punto por cada acción das descritas en que participase)

5. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir outras axudas ou subvencións, contratos en vigor ou precontratos coas cantidades económicas definidas relativos á explotación da obra (cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Os contratos de investimento privado deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Para os efectos de obtención de puntuación nesta epígrafe non se terán en conta contías consignadas como futuras operacións de investimento por desgravación fiscal. Os contratos para acreditar a viabilidade económica do proxecto deberán ser posteriores ao 31 de decembro de 2022, se son anteriores, admitirase unha actualización ou addenda destes. No caso das empresas públicas de comunicación audiovisual, poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos se non se dispón do contrato asinado. As axudas previas da Agadic á escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos non se terán en conta para os efectos de financiamento.

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

Criterios artísticos

50 puntos

D) Calidade e interese, guión, lanzamento e potencial de circulación

Máximo 50 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valorarase o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 25 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

2. Guión: valorarase a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética. Teranse en conta, tamén, os traballos previos en canto á análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 15 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

3. Intencións da produtora en canto ao lanzamento e difusión da obra e potencial desta para a circulación nacional e internacional.

Máximo 10 puntos, con motivación

Categoría D4_Series documentais para televisión ou plataformas de vídeo baixo demanda

Máximo 120 puntos

Criterios técnicos

80 puntos

A) Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

Máximo 4 puntos

– Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto dos diálogos e/ou narración).

2 puntos

-Versión orixinal rodada en galego nunha porcentaxe superior ao 90 % de utilización nos diálogos

e/ou narración

4 puntos

B) Impulso da cinematografía galega e contribución á promoción do talento galego

Máximo 30 puntos

1. Rodaxe en Galicia e/ou utilización de estudos galegos, cumprimento dalgún dos seguintes aspectos:
– Máis do 50 % de gravación en Galicia

– Máis do 50 % de utilización de estudios de posprodución galegos

10 puntos

2. Elenco autoral vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a participación sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos, e non poderá ser a participación inferior ao 50 %. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis dunha función.

7 puntos

– Dirección

4 puntos

– Guión

2 puntos

– B.S.O.

1

3. Direccións e xefaturas de carácter técnico segundo as actividades que se propoñen, sempre que se exerzan integramente.

7 puntos

– Xefatura de montaxe

2 puntos

– Dirección de fotografía

2 puntos

– Dirección

– Documentalista

1 puntos

– Xefatura de son

1 punto

– Dirección de produción

1 punto

4. Porcentaxe de mulleres (excluída a directora da obra) que figuran nos puntos 2 e 3 desta epígrafe cando sexa superior ao 50 %. Non puntuarán as participacións compartidas excepto nos casos de coincidencia de xénero ao 50 % no desempeño da mesma actividade.

2 puntos

5. Dirección novel da obra íntegra: persoas que non dirixisen ou codirixisen máis dunha longametraxe cualificada oficialmente para a exhibición cinematográfica ou longametraxe ou serie que se difundise a través de servizos de comunicación audiovisual televisivos.

2 puntos

6. Dirección íntegra do proxecto que se presenta a cargo dunha muller

2 puntos

C) Viabilidade económica e de realización

Máximo 46 puntos

1. Solvencia da produtora en canto a obras producidas con anterioridade. Poderase acreditar a solvencia da persoa responsable da produción executiva do proxecto, debendo manter a mesma opción en todas as epígrafes. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) en cada epígrafe e/ou de catro títulos de curtametraxe nas dúas primeiras epígrafes, en que a compañía produtora participase ou en que o/a produtor/a executivo/a poida acreditar esa función. Non puntúan obras que fosen estreadas en salas de cine ou en televisións e/ou plataformas de vídeo baixo demanda con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2014. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 17 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais de festivais de cine nacionais e/ou internacionais recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican e/ou obras que acadasen a condición de finalistas á mellor obra audiovisual da súa categoría nalgún dos certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada obra (0,5 se é curtametraxe)

– Obtención de premio á mellor obra audiovisual nalgún dos festivais (outorgado por xurado oficial) ou certames de premios que se relacionan no anexo IV.

1 punto por cada obra (0,5 se é curtametraxe)

– Longametraxes estreadas en España en salas de exhibición cinematográfica que acrediten un mínimo de 25.000 espectadores en cómputo oficial do Ministerio de Cultura ou 2.000 espectadores se se trata de películas documentais.

1 punto por cada obra

– Longametraxes estreadas en salas comerciais de exhibición cinematográfica fóra de España, nun mínimo de cinco territorios

1 punto por cada obra

– Longametraxes (ou series, de ser o caso) que fosen realizadas en coprodución internacional

1 punto por cada obra

2. Historial do/da profesional responsable da dirección do proxecto que se presenta sempre que a función se realice integramente. Poderase obter puntuación por un máximo de tres longametraxes (ou series, de ser o caso) ou de catro curtametraxes en cada epígrafe. Unha mesma obra non poderá puntuar máis dunha vez en cada epígrafe.

Máximo 8 puntos

– Presenza de obras en seccións oficiais a concurso nalgúns dos festivais de cine que se relacionan no anexo IV ou que acadasen a condición de finalistas á mellor obra ou mellor dirección nos certames de premios recollidos no anexo IV, nas categorías que se especifican.

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

– Obtención de premio, outorgado por xurado oficial, á mellor película e/ou mellor dirección nalgún dos festivais ou certames que se recollen no anexo IV

1 punto por cada longametraxe ou serie (0,25 se é curtametraxe)

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou á escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic sempre que se realizase correctamente a entrega da conta xustificativa.

4 puntos

4. Participación do proxecto en obradoiros, laboratorios ou incubadoras de creación, desenvolvemento ou produción de proxectos audiovisuais sempre que se poida acreditar documentalmente ter formado parte dun proceso selectivo previo. A participación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser en exclusiva nun só obradoiro, laboratorio ou incubadora.

2 puntos (1 punto por cada acción das descritas en que participase)

5. Porcentaxe de financiamento en firme que se poida acreditar mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir outras axudas ou subvencións, contratos en vigor ou precontratos coas cantidades económicas definidas relativos á explotación da obra (cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Os contratos de investimento privado deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Para os efectos de obtención de puntuación nesta epígrafe non se terán en conta contías consignadas como futuras operacións de investimento por desgravación fiscal. Os contratos para acreditar a viabilidade económica do proxecto deberán ser posteriores ao 31 de decembro de 2022, se son anteriores, admitirase unha actualización ou addenda destes. No caso das empresas públicas de comunicación audiovisual, poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos se non se dispón do contrato asinado. As axudas previas da Agadic á escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos non se terán en conta para os efectos de financiamento.

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

Criterios artísticos

40 puntos

D) Calidade e interese, guión, lanzamento e potencial de circulación

Máximo 40 puntos

1. Calidade e interese do proxecto: valorarase o potencial artístico e cultural, a proposta estética e intencións do/da director/a, a contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo, a definición do público obxectivo, o deseño da produción e a coherencia do orzamento presentado para levala a cabo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do/da director/a, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 20 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

2. Guión ou escaleta: valorarase a idea central, a orixinalidade e creatividade do argumento, o valor artístico, a calidade da estrutura narrativa e a adecuación á proposta estética. Teranse en conta tamén os traballos previos en canto a análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados.

3. Intencións da produtora en canto ao lanzamento e difusión da obra e potencial desta para a circulación nacional e internacional.

Máximo 10 puntos, con motivación

2. Non obstante, a puntuación mínima que teñen que acadar os proxectos para ser subvencionables é a que segue:

Criterios

técnicos

Criterios

artísticos

Categoría A

Longametraxes cinematográficas de ficción

40

25

Longametraxes cinematográficas de animación

40

25

Longametraxes cinematográficas documentais

30

20

Categoría B

Longametraxes de ficción ou animación en coprodución internacional con participación minoritaria española

20

20

Longametraxes documentais en coprodución internacional con participación minoritaria española

15

15

Categoría C

Curtametraxes de ficción, animación e documental

15

15

Categoría D

Longametraxes de ficción para TV e plataformas

Series e miniseries de ficción para TV e plataformas

50

25

Series de animación para TV e plataformas

50

25

Series documentais para TV e plataformas

40

20

Artigo 17. Audiencia

1. Efectuada a valoración, a Comisión realizará un informe en que se concretará o seu resultado, á vista do cal o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada e que lles deberá ser notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figure no procedemento ou non se vaian ter en conta na resolución outros feitos ou probas aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución terá carácter definitivo.

Artigo 18. Resolución da convocatoria

1. O órgano instrutor, á vista da documentación existente no expediente, así como a requirida, da acta levantada e o informe preceptivo motivado da Comisión de Valoración, concretará o resultado da avaliación efectuada e establecerá unha prelación de proxectos separadamente para cada categoría en función da puntuación total obtida por estes e realizará unha proposta de adxudicación provisional das axudas tendo en conta o límite da dotación orzamentaria e as reservas de crédito establecidas pola convocatoria, aos proxectos que acadasen as puntuacións mínimas que se determinan no artigo 16 e o importe de axuda solicitado.

2. De conformidade co disposto no artigo 21.4 parágrafo 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a proposta de adxudicación provisional debidamente motivada deberá notificarse ás persoas interesadas, e concederase un prazo de dez días para a presentación de alegacións ás puntuacións recibidas, e farase pública na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais industriasculturais.xunta.gal

3. As persoas solicitantes que figuren como beneficiarias de subvención na proposta provisional de resolución deberán achegar, no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte a súa notificación, a documentación acreditativa que corrobore o manifestado nas declaracións responsables realizadas no momento da solicitude, presentando o anexo V xunto coa seguinte documentación:

3.1. Documentación relativa ao historial da empresa produtora en canto a obras producidas con anterioridade que se correspondan con algunha das categorías de proxecto especificadas nas presentes bases. No caso das compañías de recente creación, poderase achegar o historial do/da profesional responsable da produción executiva do proxecto sempre que exercese como tal en obras anteriores e así se reflicta nos títulos de crédito. Quedarán excluídos os formatos de contidos de entretemento. De ser o caso, por cada obra producida detallada na solicitude deberá figurar:

3.1.1. Acreditación da presenza da obra en festivais ou da participación como finalista en certames de premios, segundo a relación de eventos recollidos no anexo IV das presentes bases. Para acreditar a presenza en festivais, deberá achegarse o convite emitido pola dirección ou organización do evento; para acreditar ter acado a condición de finalista en certames de premios, deberá achegarse a ligazón á páxina web oficial da entidade organizadora onde conste a relación de obras finalistas do ano correspondente.

3.1.2. Acreditación de obtención de premios á mellor película ou obra audiovisual en calquera categoría dalgún certame ou festival dos recollidos no anexo IV. A dita acreditación deberá certificarse coa ligazón á páxina web oficial do festival ou da entidade organizadora do certame de premios onde figure a relación de obras premiadas do ano correspondente.

3.1.3. Acreditación de resultados de billeteira iguais ou superiores a 25.000 espectadores (para obras de ficción e animación) ou 2.000 espectadores (para obras documentais), segundo o cómputo oficial do Ministerio de Cultura. Deberá achegarse a ligazón ou o pantallazo da base de datos de películas calificadas da web oficial do Instituto da Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA) onde figure a película correspondente.

3.1.4. Acreditación da estrea de longametraxes en salas comerciais de exhibición cinematográfica de fóra de España, nun mínimo de cinco territorios. A dita acreditación poderá realizarse mediante certificado da axencia de vendas ou presentando a copia do contrato de distribución internacional.

3.1.5. Acreditación de longametraxes cinematográficas realizadas en coprodución internacional, con indicación da porcentaxe de participación no proxecto, mediante certificación do ICAA ou ligazón á páxina oficial onde figure. Cando as obras sexan longametraxes ou series de televisión, achegarase extracto do contrato entre produtoras ou certificación emitida polas canles de televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda correspondentes.

3.2. No caso dos proxectos presentados á categoría B de coproducións internacionais en réxime de participación minoritaria española, haberá que presentar a seguinte documentación relativa á compañía coprodutora maioritaria:

3.2.1. Acreditación da presenza de obras anteriores en que participase en festivais, segundo a relación de seccións oficiais e certames recollidos no anexo IV das presentes bases, mediante convite emitido pola dirección ou organización do evento.

3.2.2. Acreditación da obtención de premios á mellor película en calquera categoría dalgún certame ou festival dos recollidos no anexo IV mediante ligazón á páxina web do evento na edición correspondente.

3.3. Documentación relativa aos/ás profesionais propostos no momento de presentar a solicitude:

3.3.1. Acreditación da vinculación laboral con Galicia segundo se especifica nas presentes bases (desempeño da mesma función nun mínimo de dous proxectos audiovisuais de produción galega ou baixo contrato cun mínimo de dúas empresas produtoras que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia). A acreditación realizarase demostrando figurar nos títulos de crédito das obras en que o/a profesional participase ou mediante certificación das empresas produtoras contratantes.

3.3.2. Contratos ou cartas de compromiso asinados. No caso do/da director/a, guionista produtor/a executivo/a, deberán presentarse os contratos definitivos.

3.3.3. Acreditación da información declarada coa presentación da solicitude relativa á presenza e obtención de premios en certames e/ou festivais de obras anteriores do/da director/a que estará a cargo da realización íntegra do proxecto presentado. Poderase achegar a ligazón ás páxinas web oficiais dos certames onde figure o dato.

3.4. Contratos ou cartas de compromiso cos estudos de produción e posprodución galegos e coas empresas auxiliares de produción que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia propostos para participar no proxecto.

3.5. Documentación que acredite en firme o financiamento previo declarado no momento da presentación da solicitude. Para os efectos da dita acreditación do financiamento, os contratos deberán ter data posterior ao 31 de decembro de 2022 ou estar acompañados dunha actualización ou addenda. Os contratos de investimento privado deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Cando existan acordos con empresas públicas de televisión, poderá achegarse a resolución oficial de participación ou compra de dereitos, se non se dispón do contrato asinado.

4. Transcorrido o prazo de dez días desde a contestación do trámite de audiencia unha vez examinadas as posibles alegacións e a documentación presentada polas persoas solicitantes propostas como beneficiarias de subvención e suplentes, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva, e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á presidencia do Consello Reitor da Agadic.

5. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

6. A presidencia do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

7. Esta resolución deberase ditar, e notificar, no prazo máximo de cinco meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes, será motivada e expresará, cando menos:

a) A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

8. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que a persoa interesada poida entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

9. A resolución da convocatoria porá fin a vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, se prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 19. Aceptación e renuncia da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria poderá remitir á Agadic o orzamento adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades, a recibida e a solicitada). A dita documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días, contados desde a notificación da resolución de concesión.

3. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias da subvención deberán cumprir as seguintes obrigas:

1. Sen prexuízo das obrigacións dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos e levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto, cambio de título, modificación substancial de contidos ou cambios nos responsables do equipo técnico notificarase con anterioridade á Agadic, que adoptará as medidas que considere procedentes.

2. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

3. Notificar en todo momento á Agadic as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, que se producisen con posterioridade á presentación da solicitude.

4. Comunicar á Agadic as datas de inicio e finalización da rodaxe ou gravación da produción subvencionada. No caso da animación, considerarase inicio de rodaxe a data de incorporación de movemento nos debuxos e o remate será sempre anterior ao proceso de mesturas e montaxe. As datas de inicio e remate da rodaxe deberán estar comprendidas dentro do período subvencionable.

5. As empresas produtoras estarán obrigadas a incorporar á produción un mínimo de tres alumnos ou graduados nos tres últimos anos en centros de estudos audiovisuais, regrados ou universitarios, en réxime de prácticas ou contratados laboralmente nas áreas da produción audiovisual: dirección, son, fotografía, produción, posprodución ou dirección artística, salvo nos equipos de produción de documentais e coproducións internacionais con participación minoritaria española, que estarán obrigados a incorporar un mínimo dun alumno, e nas curtametraxes, nas cales non será exixible. Deberá remitirse copia da documentación acreditativa dos contratos ou das prácticas coa xustificación da subvención.

6. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Xunta de Galicia», utilizando as súa marca principal (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal). Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas ou outros materiais), farase constar que a produción foi subvencionada pola Xunta de Galicia, utilizando igualmente a marca principal. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais, a lenda e a marca figurarán no primeiro capítulo e nos créditos finais dos restantes.

7. Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención.

8. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, músicas, portadas, trailers e outros materiais) para actividades de promoción do audiovisual galego.

9. Poñer en coñecemento, e coordinar coa Agadic, cun mes de antelación mínima, a data da estrea da obra en Galicia, ben sexa en festivais galegos do audiovisual, en salas de cine ou en canles de TV ou plataformas VOD, segundo a categoría do proxecto subvencionado.

10. No caso das longametraxes cinematográficas, estrear a obra na súa versión orixinal nun mínimo de cinco salas de exhibición localizadas en Galicia, salvo nos casos de obras documentais, que se deberán estrear nun mínimo de dúas salas de exhibición galegas. As estreas non se terán que realizar de forma simultánea.

11. Informar a Agadic de todas as participacións da obra audiovisual nos certames e festivais que se relacionan no anexo IV cun mínimo de 15 días de antelación á súa celebración.

12. Manter a porcentaxe mínima de titularidade dos dereitos de propiedade da obra audiovisual que establece a convocatoria durante un período mínimo de tres anos contados desde a súa cualificación oficial, cando se trate dunha obra cinematográfica.

13. Recuperar os dereitos de propiedade da obra audiovisual cedidos a entes emisores, cando se trate de producións destinadas a canles de televisión e/ou plataformas de vídeo baixo demanda dentro dos seguintes prazos: 7 anos, se a participación do ente emisor se formaliza como prevenda, e 10 anos cando a participación do ente emisor se formaliza como coprodución.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, debendo obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria, se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da persoa beneficiaria, nin dan dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 por cento dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións de outros, que non afecte custos de persoal e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar, debidamente, o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, e notificaráselle ao interesado.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución do importe da subvención concedido nas diferentes anualidades, sempre que se realice, como mínimo, cun mes de antelación á data de xustificación da anualidade en que se pretende facer efectiva á redistribución.

7. A solicitude de redistribución de cantidades deberá ser motivada e ir acompañada dunha memoria de estado de execución dos traballos.

8. A resolución da aceptación da solicitude de redistribución efectuarase unha vez comprobada a dispoñibilidade orzamentaria e considerarase como modificación da resolución de concesión.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención e responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

2. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas. No suposto de que o importe correctamente xustificado sexa inferior ao orzamento presentado coa solicitude, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.

3. Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

De conformidade co disposto na Lei 18/2022, do 28 de setembro, de crecemento e creación de empresas, que modifica os artigos 13 e 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando a persoa beneficiaria dunha subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e no suposto de subvencións superiores a 30.000 euros, non poderán obter a condición de beneficiario no suposto que incumpran os prazos citados.

A dita circunstancia deberase acreditar coa presentación da conta de perdas e ganancias abreviada, e no suposto de que non poida presentarse, acreditarase cunha certificación emitida polo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

4. A falta de presentación da xustificación nos prazos establecidos ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Establécense os seguintes prazos de xustificación por categorías e anualidades:

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Categorías A: longametraxe cinematográfica

20 de decembro

1 de decembro

1 de decembro

15 de xullo

Categoría B: longametraxe en coproducción internacional con participación minoritaria

20 de decembro

1 de decembro

15 de xullo

Categoría C: curtametraxes

20 de decembro

15 de setembro

Categoría D: obras audiovisuais para TV e plataformas

20 de decembro

1 de decembro

1 de decembro

15 de xullo

Artigo 23. Documentación xustificativa

1. As persoas beneficiarias deberán xustificar o importe de subvención concedida para cada anualidade no prazo establecido, cos gastos efectuados e pagados que se imputen á anualidade que se vai xustificar, segundo a resolución de concesión ou, de ser o caso, as súas modificacións.

2. As persoas beneficiarias deberán achegar unha memoria en que se describan as actuacións realizadas e os gastos efectuados, xunto coa documentación que sustenta esta descrición (facturas ou documentos con valor probatorio, os seus xustificantes de pagamento, contratos, etc.).

3. Se as persoas beneficiarias non xustifican completamente o importe dunha anualidade e non solicitaron a reasignación dos créditos, minorarase o importe desta na proporción que corresponda.

4. As persoas beneficiarias deberá presentar, dentro do prazo da última anualidade de xustificación da subvención, unha memoria xustificativa da realización do proxecto obxecto de subvención, que conterá:

4.1. Unha copia do guión definitivo, no caso das longametraxes e curtametraxes, e a totalidade dos guións definitivos, no caso das series e miniseries.

4.2. Un arquivo dixital da obra (Codec h264 ou compatible, que se poida visionar nun ordenador).

4.3. Declaración actualizada sobre subvencións solicitadas, percibidas ou concedidas e pendentes de percepción para o mesmo obxecto por outras administracións públicas (anexo VI).

4.4. As persoas solicitantes deberán ter entregado na Filmoteca de Galicia os seguintes materiais que garantan a preservación a longo prazo da versión orixinal, íntegra e definitiva da obra audiovisual:

4.4.1. Unha copia en perfecto estado e na versión orixinal da obra audiovisual. Se a obra ten orixe fotoquímica, a copia será en 35 mm ou 16 mm, segundo corresponda. Se a obra está gravada en dixital, achegaranse copias en DCP, que cumpran a normativa DCI e non encriptadas, DCDM e ProRes 422 HQ ou superior, ademais dunha versión en H264. Os arquivos serán os de máis resolución e calidade tanto de imaxe como de son (preferiblemente con mestura en 5.1 ou 2.0 para as obras con son monoaural) utilizados na produción e da versión orixinal. Se a versión orixinal non é en galego, deberase incluír a versión dobrada ou subtitulada en galego. Os subtítulos e as versións de audio poderanse presentar nun arquivo á parte.

4.4.2. A documentación utilizada para a realización e a promoción da obra audiovisual (guión, carteis, fotografías, carátulas...) en formato físico ou dixital.

4.5. Os materiais depositados na Filmoteca non poderán ser retirados nin transferidos para o depósito noutras institucións para o cumprimento doutras obrigas de depósito que aquelas puidesen impoñer. A Filmoteca de Galicia poderá incluír a obra subvencionada nas súas programacións públicas, unha vez ao ano e na súa propia sala de proxeccións, do cal se informará con anterioridade á persoa beneficiaria da subvención.

4.6. Para os efectos de comprobación do resultado final, a Filmoteca de Galicia, como unidade adscrita a Agadic que exerce as funcións de recuperación, investigación e conservación do patrimonio cinematográfico correspondente, revisará se todas estas entregas corresponden á versión íntegra, orixinal e definitiva das producións. A Filmoteca de Galicia emitirá un certificado que acredite o establecido no presente artigo.

Artigo 24. Conta xustificativa

1. Con carácter xeral, deberase acreditar o custo final do proxecto mediante unha conta xustificativa que incluirá a declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. Deberase acredita, así mesmo, na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas do artigo 20.

2. A dita conta xustificativa deberase achegar xunto cun informe do auditor de contas ou con unha memoria xustificativa de gasto, segundo a categoría e modalidade do proxecto obxecto da subvención, como se describe a seguir:

2.1. Con carácter xeral, e obrigatoriamente para as categorías A1, A2, B1, B2 e D, a conta xustificativa estará acompañada dun informe do auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas. O auditor de contas levará a cabo a revisión do grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con sede permanente en Galicia, así como a revisión do gasto subvencionable, de acordo co establecido nas presentes bases, e de acordo coas normas de procedemento previstas na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, unha vez estudados os rexistros contables da empresa produtora debidamente dilixenciados.

2.2. O devandito informe deberá conter a descrición do alcance do traballo realizado, referencia aos procedementos efectuados ou descrición destes nun anexo, conclusión do auditor indicando que o estado de custos da película se preparou segundo o establecido nesta resolución, nome do auditor, sinatura e data. No caso de que o alcance do traballo se realice por mostraxe, a porcentaxe analizada non poderá ser inferior ao 85 por cento sen prexuízo do cal se analizará o 100 por cento dos gastos de persoal.

Sen prexuízo do anterior, a Agadic, no exercicio das súas facultades de comprobación, e dentro do período que ten a Administración para recoñecer ou liquidar un reintegro de subvencións para cuxa concesión se tivo en conta o custo, poderá solicitar a documentación xustificativa ou incluso unha nova auditoría para efectuar por un auditor designado pola Agadic e ao seu cargo. En todo caso, a xustificación inferior ao orzamento tido en conta para a concesión dará lugar á perda do dereito de cobramento da porcentaxe non xustificada.

2.3. Na realización do informe de auditoría deberá facerse indicación específica das seguintes cuestións:

a) No que se refire aos custos de persoal, a análise dos conceptos deberá comprender a totalidade dos gastos que deban ser cubertos de conformidade coa lexislación vixente, comprobando, en especial:

a.1. Contratos laborais formalizados pola empresa produtora cos autores, actores e outros artistas, persoal creativo e demais persoal técnico en que se reflictan os salarios, así como os documentos onde consten as horas extraordinarias e outros conceptos retributivos salariais e extrasalariais, de conformidade coa normativa laboral aplicable, e a retribución que, de ser o caso, correspondese, así como as nóminas referentes aos devanditos contratos e os documentos acreditativos da identidade das persoas a que se refiren. As axudas de custo unicamente se recoñecerán como custo de persoal cando sexan incluídas na nómina.

a.2. Contratos mercantís formalizados entre a empresa produtora e o persoal autónomo, incluíndo, de ser o caso, o produtor executivo, ou aqueles en os que se fundamente a participación na película de autores, actores ou outros artistas, así como as facturas relativas a tales contratos.

a.3. Contratos relativos á adquisición dos dereitos que sexan necesarios para a realización da película, así como as facturas relativas aos devanditos contratos.

b) Situación relativa ao pagamento de todas as partidas que compoñen o custo subvencionable, con indicación expresa de que os custos que se consideran subvencionables foron efectivamente pagados pola/s empresa/s produtora/s aos acredores.

c) Situación relativa á presentación da declaración das facturas ante a Facenda pública, nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Coincidencias ou contradicións entre as bases declaradas en materia de impostos e Seguridade Social e as rexistradas contablemente.

e) Liquidación e pagamento de tributos devengados durante o tempo de rodaxe, detallando o importe bruto das cantidades derivadas dos contratos sobre as que non se practicaron retencións, así como o motivo de tales circunstancias.

f) Situación relativa ás pólizas de préstamo para a realización da película, con indicación de se os xuros corresponden ao tipo pactado e ao período de vixencia da póliza. Así mesmo, cumprimento dos requisitos establecidos para os préstamos formalizados con persoas físicas ou xurídicas distintas das anteriores.

g) Indicación das subvencións percibidas e das achegas realizadas por calquera Administración, entidade ou empresa de titularidade pública, así como das efectuadas en concepto de coprodutor ou de produtor asociado, ou a través de calquera outra achega financeira, por sociedades prestadoras de servizo de radiodifusión ou emisión televisiva, para o proxecto subvencionado, con indicación expresa do cumprimento dos límites máximos de subvencións.

h) Indicación das partidas facturadas mediante subcontratación por empresas alleas ou vinculadas á empresa produtora da película, con especificación do cumprimento dos requisitos sinalados na base anterior, así como a relación de empresas subcontratistas.

i) Especificación do cumprimento do sinalado no artigo 7.2 en relación coas partidas non subvencionables.

2.4. Nos casos en que a persoa beneficiaria estea obrigada a realizar unha auditoría ás súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 19/1988, do 12 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor. Noutro caso, a designación de auditor será realizada pola persoa beneficiaria. A persoa beneficiaria estará obrigada a poñer á disposición do auditor de contas cantos libros, rexistros e documentos lle sexan exixibles en aplicación do disposto na letra f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, así como a conservalos co obxecto das actuacións de comprobación e control previstas na lei.

2.5. No suposto de que o proxecto o realicen varias empresas coprodutoras nacionais, o informe de auditoría abarcará a totalidade do custo español do proxecto.

2.6. No caso das longametraxes cinematográficas de ficción e animación (categorías A1, A2), o informe de auditoría deberá reflectir un gasto mínimo equivalente ao 15 por cento da subvención concedida nos conceptos correspondentes a copias, explotación e subtitulado. O incumprimento do presente requisito suporá a redución da mesma porcentaxe de subvención non xustificada.

3. No caso dos proxectos da categoría A3 (longametraxes documentais), B3 (longametraxes documentais en coprodución minoritaria española) e C (curtametraxes), as persoas beneficiarias poderán optar entre achegar a conta xustificativa co informe de auditoría ou xuntar unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

3.1. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

3.2. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas en que se detalle:

3.2.1. Relación numerada e ordenada por capítulos de gastos da actividade, por anualidades, que inclúan o número de documento, identificación do acredor, o importe e a data de emisión, a data de pagamento, a suma parcial (folla por folla) e a suma do total da relación de gastos, excluído o IVE. Deberán indicarse as desviacións producidas sobre o orzamento presentado.

3.2.2. Copia das facturas ou documentos (de acordo co establecido no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación (BOE núm. 289, do 1 de decembro), de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e copia de documentos xustificativos do seu pagamento, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Non se terán en conta os pagamentos en efectivo. En concreto, entregarase, como mínimo, a seguinte documentación:

a) Os contratos laborais, mercantís e relativos á adquisición de dereitos, e o resto da documentación a que se refire a base décimo sétima 3.a).

b) Xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidas, así como, de ser o caso, os xustificantes do pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos devanditos contratos.

c) Facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e, de ser o caso, contratos, que acrediten os custos de servizos, subministracións e calquera outra prestación que non sexa de persoal contratado directamente pola empresa produtora, así como o xustificante de efectuar a declaración das facturas ante a Facenda pública nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Billetes, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, xustificativos dos gastos de viaxes e desprazamentos.

e) Contrato específico subscrito entre a empresa produtora e o produtor executivo, así como a nómina referente ao devandito contrato e documento acreditativo da identidade da persoa a que se refire. No caso de existir contrato mercantil, achegarase o contrato e a factura correspondente.

f) Relación dos gastos facturados mediante subcontratación, identificación dos contratistas, situación de vinculación ou non coa empresa produtora da película e declaracións responsables de cada un deles respecto de non incorrer en ningunha das causas de prohibición para subcontratar que establece o artigo 27 da Lei de subvencións de Galicia.

3.2.3. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

3.2.4. Os tres orzamentos que, en aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor, deba ter solicitado a persoa beneficiaria.

3.2.5. De ser o caso, a carta de pagamento do reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.

4. A conta xustificativa correspondente a cada anualidade deberá incluír a declaración das actividades realizadas nese período e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. A dita conta xustificativa deberase achegar xunto cun informe de auditor de contas ou cunha memoria xustificativa de gasto, segundo se describe a seguir:

4.1. Para as categorías A1, A2, B1, B2 e D será obrigatorio entregar un informe de auditoría que conteña o estado do gasto parcial realizado e acredite a súa correcta execución e o seu efectivo pagamento.

4.2. Para as categorías A3, B3 e C, as persoas beneficiarias poderán optar entre achegar a conta xustificativa anual con informe de auditoría ou xuntar unha memoria económica xustificativa nos termos do punto 8, número 2 do presente artigo.

Artigo 25. Pagamento da subvención

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, para o que se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, así como o Acordo do Consello da Xunta de Galicia que exime de constitución de garantías ás persoas beneficiarias destas axudas.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

3. O pagamento de cada anualidade realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia.

4. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención, ademais dunha declaración das axudas públicas solicitadas ou recibidas para o proxecto segundo o anexo VI da convocatoria.

5. Previamente ao pagamento, as persoas beneficiarias acreditarán que se atopan ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, e non son debedores por resolución de procedencia de reintegro.

Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen recabe esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 11.2.

Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor dan como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requiriráselles que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.

6. Pagamentos anticipados. As entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 por cento da subvención concedida, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que establece que o Consello da Xunta poderá autorizar unha porcentaxe maior á determinada no decreto. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada e non poderá exceder o importe de subvención da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

7. Pagamentos á conta. Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

8. Constitución de garantías. As entidades beneficiarias que soliciten, e se lles concedan, pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, logo de aprobación do Consello da Xunta, de conformidade co seu artigo 67.4.

Artigo 26. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se tivese aboado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 27. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 28. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 por cento dos custos previstos no proxecto con respecto ao gasto para realizar en Galicia.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Se se incumpre a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 5 por cento da axuda.

b) Se se incumpren as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

c) Se se incumpre a obriga de poñer en coñecemento, e coordinar coa Agadic, cun mes de antelación mínima, a data de estrea da obra en Galicia, ben sexa en festivais galegos do audiovisual, en salas de cine ou en canles de TV ou plataformas VOD, segundo a categoría do proxectos subvencionado, aplicarase un factor de corrección do 5 por cento da axuda.

d) Se se incumpre a obriga de estrear a obra na súa versión orixinal nun mínimo de cinco salas de exhibición localizadas en Galicia, no caso das longametraxes cinematográficas, a excepción dos casos de obras documentais, que se deberán estrear nun mínimo de dúas salas de exhibición galegas, aplicarase un factor de corrección do 5 por cento da axuda.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 29. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecen os motivos que se indican no artigo 31 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 30. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento ás persoas beneficiarias as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 31. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Agadic ou do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (No formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe «Canles específicas» e, dentro del, «elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ou

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf»

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Artigo 32. Normativa aplicable

A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución pola que aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2024; á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e supletoriamente, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións; á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; á Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia; á Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema; ao Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, modificado polo Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, e demais normativa de xeral aplicación.

Artigo 33. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 34. Réxime de recursos

A convocatoria destas axudas, as súas bases, as resolucións de concesión e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados interpoñendo os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file