DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8318

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301E).

BDNS (Identif.): 741033.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):
http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables de sistemas de abastecemento que dean servizo a unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes e as entidades locais menores responsables de sistemas de abastecemento á poboación.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocar estas subvencións para o ano 2024 (código de procedemento AU301E).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301E).

Cuarto. Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por un importe de setecentos trinta e sete mil seiscentos seis euros (737.606,00 €).

O importe das subvencións será, como máximo, do 80 % do investimento da actuación proposta, co límite máximo de corenta e cinco mil euros (45.000,00 €) por solicitude, ata esgotar o crédito previsto na resolución.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Presidenta de Augas de Galicia