Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 13 de decembro de 2023 (DOG nº 240, do 20 de decembro) fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Con data do 5 de xaneiro de 2024 rematou o prazo establecido no punto terceiro da devandita resolución para presentar reclamacións.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006 acordou elevarlle ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación e no Servizo de Atención e Información á cidadanía, a través do teléfono 012.
As devanditas listas incluirán a seguinte información:
– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido nos artigos 9 e 9.bis do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deben consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG nº 39, do 26 de febreiro), xunto coa documentación xustificativa de ter aboado as taxas administrativas.
Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2024
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade de química |
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía |
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade de pedagoxía |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola |
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas |
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
A2 |
208B |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de fisioterapia |
A2 |
208C |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de educadores |
A2 |
208D |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de terapia ocupacional |
A2 |
208E |
Escala técnica de facultativos. Especialidade de traballo social |
B |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de xardín de infancia |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
C1 |
205I |
Escala técnica de auxiliar de informática |
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de patrón |
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de mecánico |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (a extinguir) |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a de oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
III |
049 |
Axente auxiliar de inspección transportes |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a |
III |
064 |
Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª |
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
III |
068 |
Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario |
III |
069 |
Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
101 |
Proxeccionista |
III |
102 |
Encadernador/a |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación de obras |
IV |
004 |
Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento |
IV |
007 |
Garda xurado/a fluvial. Garda explotación |
IV |
009 |
Oficial/a 2ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar de carpintaría |
IV |
024 |
Xastre/a |
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoeiro/a |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
V |
003-02 |
Resolución do 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante de oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10D |
Socorrista |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos
de prevención e defensa contra incendios forestais
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico/a superior defensa contra incendios forestais |
II |
039 |
Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais |
V |
10A |
Vixilante móbil defensa contra incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |