DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9163

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes

Mediante o Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril), apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

Por conseguinte, de acordo co establecido no Decreto 62/2021, do 8 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir as prazas do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril, que se indican no anexo I desta resolución.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

I.1.1. De conformidade co Decreto 62/2021, do 8 de abril, do total de prazas convocadas resérvase unha (1) praza na especialidade de enxeñaría agronómica e e unha (1) praza na especialidade de enxeñaría de montes para seren cubertas por persoas con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse á quenda xeral.

Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso elaborarase unha relación única na que se incluirán todas as persoas aspirantes que o superasen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola que participasen.

I.1.2. As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.1, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non facelo, entenderase que non optan por esta reserva.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

I.1.3. De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.1.4. Ao presente proceso selectivo seranlle aplicables o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas aos procesos selectivos, as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización da presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión, como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:

I.2.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial que se indica no anexo II desta resolución.

Para os efectos desta convocatoria, o termo de equivalente entenderase referido exclusivamente ás titulacións que, como consecuencia da implantación de novos estudos adaptados ás sucesivas reformas educativas, viñeron substituír as titulacións extinguidas.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.

I.2.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo A2 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio) ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo II do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.4. Ter prestados servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario, subgrupo A2, da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio) ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo II do Convenio Colectivo único na categoría desde a cal accede.

Quedarán exentas do cumprimento deste requisito as persoas aspirantes que adquirisen a condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión ou do corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2) como consecuencia da superación dalgúns dos procesos de funcionarización convocados ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que teñan unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional tida en conta no proceso de funcionarización.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da LEPG), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da LEPG) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

Non se computarán en ningún caso os servizos prestados coa condición de persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.6. Habilitación: que non fose separada/o nin despedida/o mediante un expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin que estea na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.7. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e mantelo ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.2.8. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria á que pretende optar.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes, poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que esixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

Despois de seleccionar a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.

Unha vez completados os datos da persoa solicitante, poderase iniciar o proceso de inscrición.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de «Idioma do exame», se o texto do cuestionario do exercicio deberá de entregárselles en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez que escolle o idioma e presenta a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción elixida.

As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares nas que se atopen relativas ao pagamento de taxas.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio no que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade da devandita medida.

I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática, a seguinte documentación:

a) No suposto de non ter a nacionalidade española, a documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reguladora do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.

b) O xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.

c) O xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra comunidade autónoma.

d) Os datos relativos á exención da taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan á consulta da documentación. Para iso deberán indicalo no recadro correspondente e achegar a seguinte documentación:

– Persoas con discapacidade: o certificado de discapacidade.

– Vítimas de terrorismo: a resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

– Familia numerosa xeral ou especial: o certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou o carné familiar en que conste o devandito carácter.

– Demandantes de emprego:

1º. A certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. A certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

Para a remisión electrónica, empregará os apartados habilitados para estes efectos. Se non dispón de copias auténticas, deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada os documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste apartado, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acreditasen mediante unha sentenza xudicial firme ou unha resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:

Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Se ademais se emprega o certificado dixital, poderá realizarse o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado das entidades que ofrecen esa posibilidade.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

A Administración devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva ou que non figuren en ningunha das listaxes e que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso será necesario que a persoa interesada presente un escrito dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública no que solicite a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación Fides, na epígrafe Expediente > Datos persoais e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado deste escrito ou do certificado, ou a non introdución no prazo oportuno dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente, salvo no suposto regulado no parágrafo seguinte.

Procederá a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame por aquelas persoas aspirantes que acadasen un posto na mesma categoría, corpo, grupo, escala ou especialidade en virtude dun proceso selectivo que se atope en execución e que, na data da publicación da presente convocatoria, non estivese rematado, sempre que non realizasen ningún exercicio deste proceso e renuncien á participación nel. Para ter dereito a esta devolución, as persoas interesadas deberán presentar un escrito de renuncia no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos. O escrito de renuncia dirixirase ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública e solicitarase a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame. A persoa interesada introducirá, ademais, o número de conta bancaria completo na aplicación Fides, na epígrafe Expediente > Datos persoais, e achegará o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado do escrito, da renuncia ou do certificado, ou a non introdución no prazo oportuno dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

I.3.5. Logo de finalizar correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para unha mesma especialidade. No caso de presentar varias solicitudes para unha mesma especialidade, soamente se terá en conta a última presentada.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos, onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes presentadas pola persoa aspirante.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da devandita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal).

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou desestimación devanditas peticións de correccións entenderase implícita nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos esixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo III desta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo III e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento corenta (140) preguntas tipo test, relacionado co programa (anexo III) correspondente á especialidade á que opte.

O exercicio dividirase en dúas partes:

a) A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cen (100) preguntas tipo test.

O exercicio disporá de seis (6) preguntas de reserva que substituirán as preguntas anuladas.

b) Na segunda parte, as persoas aspirantes deberán resolver por escrito dous supostos de carácter práctico, cun total de corenta (40) preguntas tipo test, con vinte (20) preguntas cada un dos supostos.

Cada suposto do exercicio dispoñerá de dúas (2) preguntas de reserva.

Nos supostos a) e b) as preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos corenta (240) minutos.

Superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata acadar a devandita cifra, sempre que obtivesen o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Ao remate da proba, cada aspirante poderá obter unha copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos nove (9) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.1.2. Segundo exercicio.

O segundo exercicio consistirá no desenvolvemento por escrito de dous (2) temas, que se elixirán entre cinco (5) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran no programa correspondente á especialidade á que se opte.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio.

Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Para estes efectos, xunto coa resolución pola que se fan públicas as cualificacións do segundo exercicio, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que están exentas de realizar o exame de galego por telo debidamente acreditado no seu expediente electrónico persoal.

As persoas aspirantes que non figuren na devandita listaxe de persoas exentas, pero posúan o día da finalización do prazo de presentación de instancias o Celga 4 ou equivalente, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal fai públicas as cualificacións do segundo exercicio, para incorporar a documentación acreditativa de posuír o Celga 4 ou equivalente ao seu expediente electrónico persoal, ao que accederán a través de Fides, do xeito establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro de 2023).

Este exercicio realizarase nun prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde o remate do exercicio anterior.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra Y, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 29 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 18 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro).

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia ca a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas, publicarao no DOG. As alegacións contra as preguntas deberán presentarse a través da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal).

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporalle a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convócante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá, con anterioridade á realización dos exercicios, os criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria e informará as persoas aspirantes.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.2. Fase de concurso.

A fase de concurso consistirá na valoración, ás persoas aspirantes que superaron a fase de oposición, dos seguintes méritos:

a) Antigüidade:

Os servizos serán valorados por meses de 30 días a razón de 0,10 puntos/mes.

Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,10.

Para estes efectos, computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 30 puntos.

b) Formación:

Valoraranse os cursos de formación recibidos, convocados, organizados ou impartidos pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP); polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP); polas escolas oficiais de formación similares das restantes comunidades autónomas; pola Academia Galega de Seguridade Pública; pola Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS); pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS); cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas; cursos impartidos polas organizacións sindicais que estivesen homologados pola EGAP; cursos acreditados polo SEPE; cursos acreditados polas consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e polos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas contidos nas alíneas 1 e 2 do apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; cursos impartidos polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e cursos impartidos polas universidades públicas.

Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 puntos por curso.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte de módulos ou créditos que dean acceso a titulacións académicas oficiais ou validables por créditos universitarios.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

Para os efectos de puntuación desta epígrafe consideraranse como valorables as probas superadas de avaliación dos programas de autoformación organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 6 puntos.

c) Grao de coñecemento do idioma galego:

– Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 2,25 puntos.

– Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento do idioma galego, só se computará a puntuación correspondente ao superior.

d) Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores, ata o máximo de 1 punto:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento (artigos 121 e 122 da LEPG): 0,2 puntos/permiso.

– Permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo (artigo 124 da LEPG): 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada do artigo 106.2.a) e b) da LEPG: 0,04 puntos/mes.

– Excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG): 0,04 puntos/mes.

Os meses serán computados por días naturais (30 días).

II.3. Os méritos enumerados na base II.2 deberán referirse á data de finalización da presentación das solicitudes de participación neste proceso e figurarán incorporados ao expediente electrónico persoal na data que estableza a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Non se terán en conta os méritos que se acrediten fóra do prazo establecido na devandita resolución.

II.4. Logo de que remate a fase de oposición, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG a resolución a que se refire o parágrafo anterior, para que as persoas que superaron esta fase e ás que lles falte por incorporar ou acreditar documentalmente algún mérito relativo á fase de concurso no seu expediente electrónico persoal o acheguen a través da Canle do emprego público de Galicia (Fides).

As persoas aspirantes que, de acordo co establecido na alínea anterior, teñan que actualizar ou modificar o seu expediente electrónico persoal actuarán do xeito establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro de 2023).

II.5. O tribunal procederá á baremación da fase de concurso, coa colaboración técnica que precise do persoal da Dirección Xeral da Función Pública, e publicaraa no DOG, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar unha reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación no DOG da devandita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e logo de realizar, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal procederá á publicación no DOG da baremación definitiva da fase de concurso.

II.6. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuación obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por unha resolución da consellería competente en materia de función pública e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran nelas circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das devanditas causas deberalle ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitarlles ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de que non se atopan incursas en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar as integrantes do tribunal cando concorran nelas algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal que substituirán as que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na devandita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza, en todo caso, das persoas que ocupen a presidencia e a secretaría, ou de quen as substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal redactarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a presidencia, ou de quen as substitúa.

III.8. A presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz, pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidad gocen de similares condicións para realizar os exercicios ca as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización do proceso selectivo o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala ao que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no devandito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o devandito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.6.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición e na fase de concurso.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuacións obtidas nos exercicios da fase de oposición pola súa orde de realización.

– Puntuación outorgada polos méritos alegados na fase de concurso seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes da base II.2.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez que remate o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente:

a) A copia auténtica do título esixido na base I.2 ou da certificación académica que acredite que realizou todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar a credencial da súa validación ou homologación, ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) A declaración baixo a súa responsabilidade de que non foi separada/o nin despedida/o mediante un expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, de que non está na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por unha resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin de que pertence ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, a declaración xurada ou promesa de que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin de que foi sometida/o a unha sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

c) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece ningunha enfermidade nin está afectada por unha limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

d) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante a certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitaralle ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

Poderán autorizar que a Administración realice a devandita consulta mediante unha solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

IV.3. As persoas aspirantes estarán exentas de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

IV.4. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do seu exame se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Unha vez que se acredita a posesión dos requisitos esixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.6. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

Ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo, sempre que figure na relación de postos de traballo aberto á especialidade á que acceden.

No caso de que a persoa aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estea aberto á especialidade á que accede, ofertarase na elección de destino unha vacante, que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do subgrupo no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

IV.7. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P. D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Prazas convocadas de promoción interna

Proceso selectivo

Quenda xeral

Cota de discapacidade

Total

Especialidade de enxeñaría agronómica

9

1

10

Especialidade de enxeñaría industrial

2

2

Especialidade de enxeñaría de minas

2

2

Especialidade de enxeñaría de montes

9

1

10

ANEXO II

Titulacións

Proceso selectivo

Titulación

Especialidade de enxeñaría agronómica

Enxeñeiro agrónomo ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro agrónomo

Especialidade de enxeñaría industrial

Enxeñeiro industrial ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro industrial

Especialidade de enxeñaría de minas

Enxeñeiro de minas ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de minas

Especialidade de enxeñaría de montes

Enxeñeiro de montes ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de montes

ANEXO III

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso pola quenda
de promoción interna no corpo facultativo superior da Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría
industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes

A. Programa da especialidade de enxeñaría agronómica.

1. Regulamento (UE) núm. 1308/2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios.

2. Real decreto 95/2019 polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector.

3. Real decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola: completo, agás os anexos.

4. Real decreto 532/2017 polo que se regulan o recoñecemento e o funcionamento das organizacións de produtores do sector das froitas e hortalizas.

5. Lei 12/2013, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Lei 2/2000, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios.

6. Decreto 125/2014 polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

7. Lei 38/1994, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.

8. Real decreto 1776/1981 polo que se aproba o Estatuto que regula as sociedades agrarias de transformación. Orde autonómica do 29 de abril de 1988 sobre tramitación de sociedades agrarias de transformación.

9. Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia: título I (capítulo I, capítulo II, capítulo III e capítulo IV [sección 1ª]) e título III (capítulo I [sección 1ª, sección 3ª e sección 4ª]).

10. Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

11. Real decreto 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: só os artigos básicos consonte a disposición derradeira primeira.

12. Real decreto 105/2008 polo que se regula a produción e xestión de refugallos de construción e demolición.

13. Real decreto 1627/1997 polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

14. Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia: título I (capítulo III [sección 2ª e sección 4ª]).

15. Real decreto 1492/2011 polo que se aproba o Regulamento de valoracións da Lei do solo: capítulo I, capítulo II e capítulo III.

16. Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa: título I, título II, título IV e título V.

17. Real decreto 9/2015 polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene na produción primaria agrícola.

18. Lei 28/2015, para a defensa da calidade alimentaria.

19. Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia.

20. Lei 24/2003, da viña e do viño.

21. Regulamento (UE) 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

22. Regulamento (UE) 2017/625 relativo aos controis e outras actividades oficiais realizados para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos, e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios: título I e título II (capítulo I, capítulo II e capítulo III).

23. Regulamento (UE) 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.

24. Regulamento delegado (UE) 664/2014 polo que se completa o Regulamento (UE) 1151/2012 no que se refire ao establecemento dos símbolos da Unión para as denominacións de orixe protexidas, as indicacións xeográficas protexidas e as especialidades tradicionais garantidas e no que atinxe a determinadas normas sobre a procedencia, certas normas de procedemento e determinadas disposicións transitorias adicionais. Regulamento de execución (UE) 668/2014 que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios: completo, agás os anexos.

25. Regulamento delegado (UE) 2019/33 polo que se completa o Regulamento (UE) 1308/2013 no que respecta ás solicitudes de protección de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e termos tradicionais do sector vitivinícola, ao procedemento de oposición, ás restricións de utilización, ás modificacións do prego de condicións, á cancelación da protección, e á etiquetaxe e a presentación. Regulamento de execución (UE) 2019/34 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1308/2013 no que se refire ás solicitudes de protección das denominacións de orixe, as indicacións xeográficas e os termos tradicionais no sector vitivinícola, ao procedemento de oposición, ás modificacións do prego de condicións, ao rexistro de nomes protexidos, á cancelación da protección e ao uso de símbolos, e do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 no que se refire a un sistema adecuado de controis.

26. Decreto 4/2007 polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

27. Regulamento (UE) 2019/787 sobre a definición, designación, presentación e etiquetaxe das bebidas espirituosas, a utilización dos nomes das bebidas espirituosas na presentación e etiquetaxe doutros produtos alimenticios, a protección das indicacións xeográficas das bebidas espirituosas e a utilización de alcol etílico e destilados de orixe agrícola nas bebidas alcohólicas.

28. Decreto 174/2019 polo que se regula a artesanía alimentaria.

29. Regulamento (UE) 2018/848 sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos.

30. Real decreto 1201/2002 polo que se regula a produción integrada de produtos agrícolas.

31. Lei 21/2013, de avaliación ambiental.

32. Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

33. Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: título III (capítulo II).

34. Decreto 7/2019, de inspección ambiental de Galicia.

35. Directiva 91/676/CEE relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos empregados na agricultura. Real Decreto 47/2022, do 18 de xaneiro, sobre a protección das augas contra a contaminación difusa producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

36. Código galego de boas prácticas agrarias.

37. Lei 9/2003 pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente.

38. Lei 30/2006, de sementes e plantas de viveiro e recursos fitoxenéticos, completa, agás o título V. Real decreto 1054/2021, do 30 de novembro, polo que se establecen e regulan o Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais, as medidas que deben cumprir os operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigas dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e se modifican diversos reais decretos en materia de agricultura.

39. Lei 43/2002, de sanidade vexetal.

40. Regulamento (UE) 2016/2031 relativo ás medidas de protección contra as pragas dos vexetais.

41. Real decreto 1311/2012 polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios.

42. Decreto 46/2017 polo que se regula a inscrición e o funcionamento do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria: completo, agás os anexos.

43. Decreto 60/2014 polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego: completo, agás os anexos.

44. Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021 sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) núm. 1306/2013.

45. Regulamento delegado (UE) 2022/1172 da Comisión, do 4 de maio de 2022, polo que se completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común e a aplicación e o cálculo das sancións administrativas no marco da condicionalidade.

46. Regulamento de execución (UE) 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común.

47. Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) núm. 1305/2013 e (UE) núm. 1307/2013 (PARTE).

48. Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagamentos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan estratéxico da política agrícola común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control.

49. Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da política agrícola común.

50. Real decreto 1049/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación da condicionalidade reforzada e da condicionalidade social que deben cumprir as persoas beneficiarias das axudas no marco da política agrícola común que reciban pagamentos directos, determinados pagamentos anuais de desenvolvemento rural e do Programa de opcións específicas pola distancia e a insularidade (POSEI).

51. Regulamento delegado (UE) 2022/2527 da Comisión, do 17 de outubro de 2022, polo que se derroga o Regulamento delegado (UE) 807/2014, que completa o Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.

52. O Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027.

53. Real decreto 857/2022, do 11 de outubro, polo que se regulan os fondos e programas operativos das organizacións de produtores do sector das froitas e hortalizas e das súas asociacións no marco da intervención sectorial do Plan estratéxico da política agrícola común.

54. Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a intervención sectorial vitivinícola no marco do Plan estratéxico da política agrícola común.

55. Decreto 332/1995 polo que se establecen na Comunidade Autónoma de Galicia axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios. Resolución do 2 de decembro de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 30 de novembro de 2021, polo que se aproba o cuadraxésimo terceiro Plan de seguros agrarios combinados.

56. Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

57. Real decreto 448/2020 sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola: completo, agás o anexo I, o anexo III, o anexo IV, o anexo V, o anexo VI, o anexo VII, o anexo VIII e o anexo IX.

58. Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural: capítulo I, capítulo II (sección 1ª, sección 2ª e sección 5ª ) e capítulo III.

59. Decreto 7/2014 polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria: anexo (título I, título II e título III [capítulo II e capítulo III]). Decreto 52/2018 polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos: anexo (capítulo I e capítulo II [sección 4ª]).

60. Decreto 42/2019 polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: título I e título II (capítulo I e capítulo III [sección 1ª]). Decreto 172/2018 polo que se aproba o Regulamento de organización e réxime de funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia: Regulamento de organización, funcionamento e réxime interior do Xurado de Expropiación de Galicia: (capítulo I e capítulo II).

B. Programa da especialidade de enxeñaría industrial.

1. Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro (libro segundo: política industrial).

2. Aspectos xurídicos básicos da empresa. Clases de empresas segundo a súa forma xurídica. Especial mención á sociedade anónima. O rexistro mercantil. Outros tipos de empresas. Sociedades limitadas. Empresas cooperativas.

3. Os estados financeiros da empresa. Balance. Conta de resultados. Ordenación de contas. Masas patrimoniais do activo e pasivo.

4. Análise e diagnóstico económico-financeiro. Obxectivos financeiros da empresa. Rendibilidade, liquidez e risco. Obxectivos do diagnóstico. Análise patrimonial. Esquema de orixe e aplicación de fondos.

5. Medidas da liquidez. Cash-flow e o seu financiamento. Rotación do activo circulante e os seus compoñentes. Flotación de provedores. Medidas da solvencia e da liquidez. Fondo de manobra e capital de traballo necesario.

6. Rendibilidade sobre fondos propios e rendemento sobre activo total. Descomposición da rendibilidade: marxe, rotación, apancamento financeiro. Análise de custos: fixos e variables. As relacións custo-volume-beneficio. O punto morto.

7. Planificación estratéxica e operativa. Programación e orzamentos. Modelos e instrumentos de planificación, programación e elaboración de orzamentos. Funcións directivas: planificación, organización, dirección, motivación e control.

8. Estrutura financeira da empresa. Fontes de financiamento: propias e alleas. O concepto de custo dos recursos e a súa utilización na selección de proxectos de investimentos. Fontes de financiamento máis comúns no noso sistema financeiro, inscrición, utilización, custos e mercados subministradores.

9. O plan de investimentos. Investimento inicial, custos relevantes, fluxos de custos anuais. Criterios económicos de decisión para a aceptación de proxectos de investimentos e a súa priorización.

10. O concurso. Declaración de concurso e os seus efectos sobre as empresas. A Administración concursal. Redución da xornada ou suspensión do contrato de traballo por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior, e despedimento colectivo (artigos 47 e 51 do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro).

11. Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación.

12. Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación en Galicia.

13. Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes: títulos I, II, III, IV e V. Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas: títulos I, II e III.

14. Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

15. Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas, aprobado polo Real decreto 1836/1999, do 3 de decembro. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

16. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia: títulos I, II, III e V.

17. Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: capítulos I ao V do título I.

18. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental: títulos do I ao III. anexo I e anexo II.

19. Texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro: títulos I, II e III.

20. Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética: títulos I, II, III, IV e VI.

21. A Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia: títulos I ao IV. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: capítulo II do título III.

22. Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

23. Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía: capítulos I ao VI. Real decreto 244/2016, do 3 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía: capítulos I ao V.

24. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo: anexo I.

25. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

26. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica: títulos I ao VII. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia: título III.

27. Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica: capítulos I, II, VI e VII. Real decreto 1699/2011, do 18 de novembro, polo que se regula a conexión á rede de instalacións de produción de enerxía eléctrica de pequena potencia: capítulos I, II, III e IV. Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica: capítulos I ao IX.

28. Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro. Instrucións técnicas complementarias ITC LAT-04 e LAT-05.

29. Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos: títulos I ao VI.

30. Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

31. Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica.

32. Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

33. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

34. Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural: títulos I ao IV.

35. Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos, aprobado polo Real decreto 919/2006, do 28 de xullo. Instrucións técnicas complementarias ICG 01, 03, 04 e 07.

36. Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria. Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, aprobado polo Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro.

37. Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro (libro primeiro: seguridade industrial).

38. Avaliación da conformidade e marcación CE. Vixilancia do mercado. Cláusula de salvagarda.

39. Regulamento do Rexistro Integrado Industrial, aprobado polo Real decreto 559/2010, do 7 de maio. Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia, aprobado polo Decreto 37/2015, do 12 de marzo.

40. Regulamento electrotécnico para baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto. Instrucións técnicas complementarias ITC BT-04 e BT-05.

41. Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio. Instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 22 e 23.

42. Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado polo Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo. Instrución técnica IT 4.

43. Regulamento de instalacións petrolíferas, aprobado polo Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro. Instrución técnica complementaria ITC MI-IP 02.

44. Regulamento de equipamentos a presión, aprobado polo Real decreto 809/2021, do 21 de setembro. Instrucións técnicas complementarias ITC EP-1 (caldeiras) e ITC EP-2 (centrais xeradoras de enerxía eléctrica).

45. Regulamento de almacenamento de produtos químicos, aprobado polo Real decreto 656/2017, do 23 de xuño. Instrucións técnicas complementarias MIE APQ0 a 10.

46. Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas, aprobado polo Real decreto 552/2019, do 27 de setembro: capítulos I, II, III, IV e V.

47. Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes. Real decreto 920/2017, do 23 de outubro, polo que se regula a inspección técnica de vehículos.

48. Regulamento de instalacións de protección contra incendios, aprobado polo Real decreto 513/2017, do 22 de maio.

49. Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, aprobado polo Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, e o seu anexo III.

50. Aparellos de elevación e o seu mantemento: Real decreto 203/2016, do 20 de maio, polo que se establecen os requisitos esenciais de seguridade para a comercialización de ascensores e compoñentes de seguridade para ascensores.

51. Aparellos de elevación e o seu mantemento: Instrución técnica complementaria «MIE-AEM-2» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións, aprobada polo Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño. Instrución técnica complementaria «MIE-AEM-4» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsados, aprobada polo Real decreto 837/2003, do 27 de xuño.

52. Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas.

C. Programa da especialidade de enxeñaría de minas.

1. A minaría de Galicia: antecedentes e análise da situación actual. Minerais enerxéticos. Minerais metálicos. Minerais industriais. Rochas ornamentais. Áridos e outros produtos de canteira. Potencial mineiro de materias primas criticas en Galicia.

2. A Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas. O Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría. Ámbito de aplicación e clasificación dos recursos. A Lei 54/1980, de modificación da Lei de minas, con especial atención aos recursos minerais enerxéticos. O Real decreto 107/1995, do 27 de xaneiro, polo que se fixan os criterios de valoración para configurar a sección A) da Lei de minas.

3. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

4. O réxime xurídico dos recursos da sección A), B), C) e D). Autorizacións. Permisos de exploración. Permisos de investigación. Concesións de explotación. Terreos francos e terreos rexistrables. Demasías. Condicións xerais.

5. A ocupación temporal e a expropiación forzosa de terreos necesarios para a localización dos traballos. Instalacións e servizos para a exploración, investigación, explotación ou aproveitamento dos recursos mineiros. Coutos mineiros. Establecementos de beneficio.

6. Terminación de expedientes que se tramiten para outorgamento de dereitos mineiros e cancelación de inscricións. Caducidade dos dereitos mineiros. Condicións para ser titular de dereitos mineiros. Transmisión de dereitos mineiros. Competencia administrativa e sancións.

7. Xeodesia e cartografía: as diferentes proxeccións cartográficas na lexislación mineira española. As coordenadas xeográficas e as da proxección UTM. Os sistemas de referencia xeodésicos: evolución a través da lexislación mineira e características de cada un deles.

8. Organización administrativa e competencias. A Administración da Xunta de Galicia. Rexistro Mineiro de Galicia e Planificación da Minaría. Economía circular e minaría. Minaría sustentable. Implantación nas empresas mineiras dun sistema de xestión mineiro sustentable.

9. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira, do 2 de abril de 1985, e o seu desenvolvemento a través das instrucións técnicas complementarias (ITC): Ámbito de aplicación e fins. Disposicións xerais. Actuacións en caso de accidentes. Competencia administrativa e sancións.

10. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e Instrucións e técnicas complementarias: labores subterráneos.

11. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e Instrucións técnicas complementarias: traballos a ceo aberto. Entulleiras.

12. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e Instrucións técnicas complementarias: electricidade. Explosivos.

13. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e Instrucións técnicas complementarias: traballos especiais. Prospeccións e sondaxes. Establecementos de beneficio de minerais. Certificacións e homologacións. Suspensión e abandono de labores.

14. Seguridade mineira: o Real decreto 3255/1983, do 21 de decembro, polo que se aproba o estatuto do mineiro. Coeficientes redutores da idade de xubilación: O Real decreto 2366/1984, do 26 de decembro. A Comisión de Seguridade Mineira. Ámbito de aplicación e competencias. Métodos de investigación de accidentes e incidentes laborais: método da árbore de causas, análise da cadea causal. Estatística de accidentes.

15. Protección da saúde e seguridade dos traballadores. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención e riscos laborais.

16. Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

17. Real decreto 1389/1997, do 5 de setembro, polo que se aproban as disposicións mínimas destinadas a protexer a saúde e a seguridade dos traballadores en actividades mineiras.

18. Real decreto 130/2017, do 24 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de explosivos: ordenación preliminar. Uso de explosivos.

19. Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

20. Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 116/2001, do 10 de maio, de modificación.

21. Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano: disposicións xerais. Condicións de explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial.

22. Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

23. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia: títulos I, II, III e V.

24. Avaliación de impacto ambiental de proxectos. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

25. Avaliación ambiental estratéxica. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

26. Programas de vixilancia ambiental de explotacións mineiras, comprobación das medidas correctoras e informes de seguimento ambiental. Título III. Capítulo I Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

27. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: capítulos I, II, IV e V do título III. Normativa autonómica en materia de protección ambiental. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Normativa aplicable en materia de prevención e control integrado da contaminación. Avaliación de incidencia ambiental de actividades en Galicia.

28. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación de Galicia: título III.

29. Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

30. A produción e xestión sustentable de residuos. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.

31. A ordenación do territorio e a minaría. Planificación. Situación actual e problemas. A Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: capítulos I ao V.

32. A Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

33. Decreto Lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (libro segundo: política industrial).

34. Real decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas. A enerxía nuclear. O Consello de Seguridade Nuclear. Empresa Nacional de Residuos Radioactivos (Enresa). Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

35. Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

36. Lei 32/2014, de 22 de decembro, de metroloxía.

37. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

38. Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

39. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos: disposicións xerais. Exploración, investigación e explotación de hidrocarburos. Competencias autonómicas e estatais.

40. Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria. Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial.

41. Decreto Lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (libro primeiro: seguridade industrial).

42. Seguridade nas máquinas e equipos de traballo. Real decreto 1644/2008, do 10 de outubro, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas: disposicións xerais. Comercialización e posta en servizo. Medidas particulares. Avaliación da conformidade e marcado CE.

43. Seguridade nas máquinas e equipos de traballo. Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

44. Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro integrado industrial. Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia.

45. Aspectos xurídicos básicos da empresa. Clases de empresas segundo a súa forma xurídica. Especial mención á sociedade anónima. O rexistro mercantil. Outros tipos de empresas. Sociedades limitadas. Empresas cooperativas.

46. Os estados financeiros da empresa. Balance. Conta de resultados. Ordenación de contas. Masas patrimoniais do activo e pasivo.

47. Análise e diagnóstico económico-financeiro. Obxectivos financeiros da empresa. Rendibilidade, liquidez e risco. Obxectivos do diagnóstico. Análise patrimonial. Esquema de orixe e aplicación de fondos.

48. Medidas da liquidez. Cash-flow e o seu financiamento. Rotación do activo circulante e os seus compoñentes. Flotación de provedores. Medidas da solvencia e a liquidez. Fondo de manobra e capital de traballo necesario.

49. Rendibilidade sobre fondos propios e rendemento sobre activo total. Descomposición da rendibilidade: marxe, rotación, apancamento financeiro. Análise de custos: fixos e variables. As relacións custo-volume-beneficio. O punto morto.

50. Estrutura financeira da empresa. Fontes de financiamento: propias e alleas. O concepto de custo dos recursos e a súa utilización na selección de proxectos de investimentos. Fontes de financiamento máis comúns no noso sistema financeiro, inscrición, utilización, custos e mercados subministradores.

51. Planificación estratéxica e operativa dun proxecto mineiro. Fases de desenvolvemento. Viabilidade económica. Factores que hai que considerar nos estudos de viabilidade. O plan de investimentos. Criterios económicos de decisión para a aceptación de proxectos de investimentos e a súa priorización. Elaboración de orzamentos. Funcións directivas: planificación, organización, dirección, motivación e control.

52. O concurso. Declaración de concurso e os seus efectos sobre as empresas. A Administración concursal.

D. Programa da especialidade de enxeñaría de montes.

1. O desenvolvemento sustentable. As conferencias ministeriais para a protección dos bosques en Europa: Forest Europe. Resolucións sobre xestión forestal sustentable en Europa. A estratexia forestal da UE.

2. A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

3. Ocupación das principais formacións específicas en Galicia. Existencias. Volumes e taxas de aproveitamento anual para as principais especies forestais en Galicia. Tendencias de ocupación e existencias entre inventarios. Desagregación de datos por provincias.

4. Principais datos de estatística forestal en Galicia: superficie ocupada polos montes públicos, montes veciñais en man común, montes de varas e montes de particulares. Superficies medias. Número de comunidades de montes veciñais en man común e persoas comuneiras. Situación estatutaria e mancomunidades. Desagregación de datos por provincias.

5. Lei 7/2012, de montes de Galicia: concepto de monte. Definicións. Competencias da Administración local, autonómica e estatal. O Consello Forestal de Galicia. Decreto polo que se desenvolve o Consello Forestal de Galicia. Outras mesas sectoriais.

6. Clasificación dos montes pola súa titularidade. Montes públicos e privados. Montes protectores. O catálogo de montes de utilidade pública. Xestión dos montes públicos e réxime de autorizacións, concesións e servidumes. Deslindamento dos montes públicos.

7. Montes privados e a súa xestión. Montes veciñais en man común (MVMC). Montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e a súa regulación.

8. Lei de montes veciñais en man común en Galicia e o seu regulamento. Deslindamento dos montes veciñais en man común. Adquisición de terreos. Reinvestimentos dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal.

9. Cambio de uso. Cambios de actividade e supostos especiais. Restauración hidrolóxico-forestal. Principais fenómenos erosivos. Inventario nacional de erosión de solos: obxectivos e principais características do inventario.

10. O Plan forestal de Galicia. Obxectivos estratéxicos e programáticos. Principais medidas e programas. Horizonte temporal e orzamento asignado. Procedementos de revisión. Os plans de ordenación dos recursos forestais.

11. Instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia. Os instrumentos de ordenación e xestión forestal en Galicia. Aprobación e rexistro.

12. Certificación forestal: orixe e consecuencias. Principais sistemas de certificación. forestal: PEFC e FSC. Certificación da xestión forestal. Certificación da cadea de custodia. Superficie certificada en España e Galicia.

13. Regulación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada en Galicia.

14. Regulación dos aproveitamentos madeireiros en montes en xestión pola comunidade autónoma en Galicia. Decretos e ordes de desenvolvemento. Principais especies e volume anual aproveitado en montes de xestión pública en Galicia. A regulación dos servizos do monte en Galicia.

15. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de coníferas e frondosas perennifolias en Galicia.

16. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de frondosas caducifolias en Galicia. Outros modelos de xestión forestal.

17. Regulación das masas consolidadas de frondosas autóctonas en Galicia. Creación e regulación do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas. Superficie rexistrada en Galicia.

18. FLEGT e Regulamento EUTR núm. 995/2010. Real decreto 1088/2015. O Rexistro de Empresas Forestais de Galicia (Resfor). Divisións e comunicacións anuais.

19. Análise da cadea forestal da madeira en Galicia. Contextualización: o sector na economía galega. A dimensión territorial do sector.

20. Reais decretos de regulación sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución en España. Pasaporte fitosanitario.

21. Regulación autonómica da conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais, do material forestal de reprodución e entes provedores. Sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución en Galicia.

22. Marco xurídico da sanidade forestal no contexto autonómico, español e da Unión Europea. Marco competencial en materia fitosanitaria na Xunta de Galicia. Declaración de pragas e enfermidades forestais. A rede de seguimento de danos nos bosques.

23. Sanidade forestal: principais enfermidades, pragas forestais e danos en Galicia.

24. O orzamento comunitario. Os fondos estruturais e de investimento comunitarios. A política agraria comunitaria (PAC): o Feaga e o Feader. Consideracións xerais e aplicación ao sector forestal. O Fega e o Fogga. Os controis Feader: principios básicos de control e o Plan galego de controis Feader non SIXC.

25. O plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 (PEPAC).

26. Principais liñas de axudas públicas en materia de montes. Tramitación: presentación, inspeccións previas, concesión, execución, solicitudes de pagamento, comprobacións administrativas e pagamento. Renuncias e causas de resolución da perda de dereito ao cobramento.

27. Convenios, consorcios e novos contratos temporais de xestión pública. O Fondo de Melloras Forestal. Superficie de montes baixo este tipo de figuras en Galicia. Desagregación de datos por provincias.

28. Agrupacións forestais de xestión conxunta. Tipoloxía e principais características. Rexistro administrativo. Regulación e rexistro da figura do silvicultor activo. Superficie inscrita en Galicia de agrupacións e silvicultores activos.

29. O réxime fiscal da propiedade forestal. Principais impostos: IRPF, IVE, IS, IBI e ITPAXD.

30. Condicións legais que deben cumprir as repoboacións forestais. Distancias de repoboación. O réxime sancionador en materia de montes de Galicia.

31. Lexislación en materia de recuperación da terra agraria en Galicia.

32. A Axencia Galega da Industria Forestal. As axudas para a industria de primeira transformación.

33. Os incendios forestais. Incidencia en Galicia. Clases, causas, motivacións, factores que interveñen na súa propagación e distribución xeográfica. A estatística xeral de incendios forestais.

34. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

35. O lume. O lume como factor ecolóxico. O incendio forestal. Variables que o caracterizan. Factores que interveñen no seu comportamento. Modelos de combustible. Consecuencias económicas, sociais e ambientais. Valoración de danos e perdas.

36. Sistemas de detección e vixilancia de incendios forestais. Índices de risco. As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia.

37. Extinción de incendios forestais. Sistemas de predición. Técnicas de extinción, primeiro ataque e ataque ampliado, o contralume. Retardantes.

38. Os grandes incendios forestais (GIF). Definición e estatísticas. O sistema de manexo de emerxencias (ICS). O método de xestión operativa e mando (XOM).

39. O Pladiga.

40. Os incendios en interface urbano-forestal. Situacións operativas. A integración nos plans de protección civil para emerxencias por incendios forestais. A directriz básica de planificación de protección civil de emerxencias por incendios forestais. O Peifoga.

41. As queimas prescritas. Protocolo. A ventá de actuación. O plan de queima.

42. A prevención de incendios forestais: accións sobre o territorio e sobre a poboación. O convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

43. Medios aéreos de extinción de incendios forestais. Tipos de aeronaves. A coordinación de medios aéreos.

44. A maquinaria empregada na prevención e na extinción de incendios forestais. Tipos de máquinas e vehículos empregados en Galicia. Tipos de traballos. Rendementos.

45. Restauración en zonas afectadas por grandes incendios. Técnicas e custos. Índices de severidade.

46. A investigación de causas de incendios forestais. O comportamento do lume. O método das evidencias físicas. Determinación de situacións de risco.

47. A seguridade na extinción de incendios forestais. Análise de riscos, normas, protocolos e recomendacións. Equipos de protección individual.

48. A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. Principios. Instrumentos. Catalogación, conservación e restauración de hábitats e espazos. Uso sostible do patrimonio natural e da biodiversidade. Axudas e incentivos. Principais convenios internacionais en materia de biodiversidade. Estratexia de biodiversidade da Unión Europea para 2020. Bancos de datos da biodiversidade: funcións e información que subministran.

49. Acceso á información en materia de ambiente: Convenio de Aarhus. A participación na xestión ambiental. Normativa da Unión Europea. A información ambiental en España. A Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

50. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: a súa estrutura orgánica e funcional.

51. Concepto de ecosistema. Biótopos, biocenose. Produción primaria e secundaria. Cadea trófica, fluxo enerxético, balance enerxético. Factores abióticos e bióticos. Sinerxías. Conceptos de poboación e comunidade biótica. Dinámica poboacional. Competencia e simbiose.

52. Ecoloxía aplicada. O equilibrio natural. Acción do home sobre os ecosistemas: a agricultura, a gandaría, a silvicultura, a minaría, a urbanización e os grandes sistemas artificiais. Os impactos das accións do home sobre o ecosistema e sobre os seus compoñentes. Gradación dos impactos. Valores naturais dos ecosistemas humanizados.

53. Bioxeografía de Galicia. Principais tipos de bosques naturais galegos. Hábitats protexidos. Hábitats de interese comunitario presentes en Galicia.

54. Os ecosistemas fluviais. Características xerais. Principais problemas de conservación. Ecoloxía. A vexetación de ribeira. Fauna fluvial. Medidas para a conservación e mellora. Índice de calidade do bosque de ribeira (QBR).

55. Normativa en materia de protección de espazos naturais. A Rede galega de espazos protexidos. A Rede Natura 2000 en Galicia, principais taxons e hábitats representados. Plan director da Rede Natura 2000.

56. A protección da fauna e da flora. Normativa específica. Os catálogos e rexistros de fauna e flora. Os endemismos galegos. Catálogo galego de especies ameazadas. Catálogo galego de árbores senlleiras. Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. A Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

57. A pesca fluvial en Galicia. Normativa vixente. Importancia económica. Modalidades. Principais especies susceptibles de pesca continental en Galicia. Ordenación piscícola de augas continentais.

58. A actividade cinexética en Galicia. Lexislación. Contribución á diversificación económica do medio rural. Características das principais especies cinexéticas. Ordenación e plans cinexéticos. Caza selectiva. Cría en catividade. Repoboacións e introdución de especies. Coutos e reservas. Incidencia da Directiva 2009/147/CEE, de aves silvestres sobre a caza.

59. A avaliación ambiental: Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

60. Normativa autonómica en materia de protección ambiental. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Normativa aplicable en materia de prevención e control integrado da contaminación. Avaliación de incidencia ambiental de actividades en Galicia.

61. Normativa en materia de ordenación do territorio, urbanismo e réxime do solo. Instrumentos de ordenación do territorio en Galicia. Concepto e categorías de solo rústico. Usos e actividades en solo rústico. Autorizacións autonómicas e condicións de edificación en solo rústico.

62. A metodoloxía técnica de avaliación ambiental. Deseño de medidas protectoras e correctoras. Avaliación ambiental de plans, programas e proxectos con potencial afección sobre os espazos da Rede Natura 2000. Medidas compensatorias.

63. O cambio climático. Evidencia científica do fenómeno: impactos, adaptación e mitigación. Resposta internacional ante o cambio climático: a Convención marco de Nacións Unidas sobre cambio climático, o Protocolo de Quioto e os acordos posQuioto. Os mecanismos de flexibilidade. O réxime xurídico do comercio de dereitos de emisión. Estratexia comunitaria ante o cambio climático. Estratexia española ante o cambio climático.

64. A educación ambiental. Concepto, principios básicos e instrumentos para a educación ambiental. Interpretación do patrimonio ambiental. O Ceneam e o Ceida: obxectivos e programas de traballo. O Observatorio Galego de Educación Ambiental.

65. As poboacións piscícolas. Principais especies das augas continentais galegas. Dinámica das poboacións. Ciclos vitais e principais requirimentos de cada fase. Técnicas de inventariación piscícola: cálculo de densidades, biomasas, producións, recrutamentos e crecementos.

66. Técnicas de protección e fomento das poboacións piscícolas. Conservación e mellora do hábitat fluvial. Bases técnicas das principais infraestruturas: capturadoiros, centros ictioxénicos, canles de desova e cría. As repoboacións piscícolas: xustificación e técnicas.

67. O caudal ecolóxico: concepto normativo e metodoloxías. Minimización de impactos. Impactos singulares: dispositivos de franqueo. Normativa aplicable.

68. Instalacións de acuicultura comercial. Normativa e supervisión administrativa. Afeccións ao medio e prevención de impactos. Epizootias e afeccións ás poboacións salvaxes. Situación do sector na Comunidade Autónoma galega.

69. Especies cinexéticas da Comunidade Autónoma galega. Ciclos biolóxicos. O inventario cinexético: métodos e parámetros que se obterán. Dinámica poboacional. Estrutura poboacional. Densidade. Crecemento, mortalidade, produción. Principais epizootias, medidas preventivas e métodos de control.

70. A ordenación cinexética: bases lexislativas e técnicas. Os tecores. Plans cinexéticos. Efectos da caza e valoración socioeconómica. Protección e mellora das poboacións. Melloras do hábitat. Repoboacións e reintroducións: xustificación, análise da súa problemática e técnicas de actuación. Control de poboacións. Granxas cinexéticas: peculiaridades construtivas, normativa de aplicación, situación en Galicia.

71. Os espazos naturais protexidos. Clasificación segundo o réxime de protección internacional, comunitario, nacional e autonómico. Instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos en Galicia. Procedemento de declaración e a xestión dos espazos naturais protexidos en Galicia.

ANEXO IV

(Nome e apelidos aspirante) ......................................................................................., con domicilio en .............................................................................................................., con NIF/NIE/pasaporte ........................................, declara, para os efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de ......................................................................................., que non foi despedida/o nin separada/o mediante un expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por unha resolución xudicial para o acceso ao devandito corpo ou escala.

................................................, ............ de ................................... de 202...

ANEXO V

(Nome e apelidos aspirante) ......................................................................................., con domicilio en ................................................................................................................., con NIF/NIE/pasaporte ................................................................., declara, para os efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de .................................................................., que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de ........................................................., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

................................................, ............ de ................................... de 202...

(País e localidade)