DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9720

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 21 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 9 de novembro de 2023.

Mediante a Orde do 9 de novembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 219, do 17 de novembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 9 de novembro de 2023 e designar a persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días, se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

O cómputo dos prazos iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que logre o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no número anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

As dilixencias de cesamento e toma de posesión efectuadas serán tramitadas a través do sistema electrónico que xestiona o Rexistro Único de Persoal e de Postos de Traballo.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2024

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Nome e apelidos: Inés Chao Vega.

Número de rexistro de persoal: **** 067846 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector/a xeral de Coordinación e Seguimento dos Fondos NextGenerationEU.

Código do posto: FC.C06.00.005.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

Localidade: Santiago de Compostela.