DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10024

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do exercicio da fase de oposición.

Na sesión que tivo lugar o 11 de xaneiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o exercicio da fase de oposición terá lugar o 10 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán presentarse provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou calquera outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade; lapis do número dous e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal