A Orde do 24 de xullo de 2023 establece as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR419A).
A concesión destas axudas, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva.
De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas as solicitudes por cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural, o órgano colexiado é informado da admisibilidade dos expedientes, segundo o previsto no artigo 11 das bases reguladoras. O dito órgano aplica os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias. Vista esta, a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería, procede a resolver a convocatoria de axudas.
Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e de preferencia establecidos nas bases reguladoras da orde, pola contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00182) para os anos 2023, 2024 e 2025.
Esta axuda ten por finalidade incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a continuidade do tecido agrario.
Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II.
Terceiro. Informar as persoas beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas nas bases reguladoras e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.
b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
c) O prazo de xustificación destas axudas será o seguinte:
Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal: o prazo para executar e xustificar as axudas concedidas baixo esta medida finaliza o 31 de xullo de 2025.
d) Para proceder ao pagamento da subvención correspondente a cada prazo de xustificación, o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas e presentar a documentación indicada nas bases reguladoras, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.
e) Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando o seu plan empresarial aprobado nos prazos establecidos, e cumprindo co resto dos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido nas bases reguladoras, relativo a incumprimentos.
f) A cantidade de traballo agrario deberá manterse durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda, conforme o establecido nas bases reguladoras.
g) Conforme o disposto nas bases reguladoras, o beneficiario da axuda deberá dispor dunha contabilidade específica Feader para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.
h) Estas axudas proceden do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e están cofinanciadas con fondos da Unión Europea a través do Feader do seguinte xeito:
– Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, que contribúe directamente ás areas focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola), e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura), e convocalas para o exercicio orzamentario 2023. Cofinanciada nun 75 % polo fondo Feader.
i) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/ou gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.
Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites establecidos nas bases reguladoras da orde.
j) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida nas bases reguladoras.
Cuarto. Os solicitantes relacionados no anexo I disporán de información máis detallada da axuda aprobada na súa carpeta cidadá.
Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024
O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e
Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Orde |
Expediente |
NIF |
Persoa beneficiaria |
Puntuación criterios prioridade |
P a |
P b |
P c |
P d |
P e |
P f |
P g |
P h |
P i |
P j |
P k |
P l |
P m |
P n |
P o |
P p |
P q |
P r |
P s |
P t |
P u |
P v |
P w |
P x |
P y |
Melloras auxiliables |
% axuda |
Subvención concedida |
Importe axuda acumulado |
importe |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
1 |
32/00003/23/H |
***5944** |
Horto Cabido S. Coop. Galega Xuvenil |
27 |
5 |
0 |
5 |
5 |
0 |
5 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
60.457,00 € |
45 |
27.205,65 € |
27.205,65 € |
2 |
36/00003/23/H |
***7244** |
Raquel Touceda Matalobos |
25 |
5 |
0 |
5 |
5 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
6.024,78 € |
35 |
2.108,67 € |
29.314,32 € |
3 |
27/00001/23/H |
***4810** |
Billo, S.C. |
25 |
5 |
0 |
3 |
5 |
0 |
0 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
4 |
0 |
3 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
61.945,00 € |
45 |
27.875,25 € |
57.189,57 € |
4 |
36/00004/23/H |
***5854** |
Brotes Viveiro Sociedad Limitada |
24 |
5 |
0 |
5 |
4 |
2 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
168.041,50 € |
30 |
50.412,45 € |
107.602,02 € |
5 |
32/00004/23/H |
***6121** |
Óscar Joga Cota |
22 |
5 |
0 |
5 |
5 |
0 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
45.000,00 € |
35 |
15.750,00 € |
123.352,02 € |
6 |
36/00005/23/H |
***3387** |
Humberto Villanueva Martínez |
22 |
5 |
0 |
5 |
5 |
0 |
0 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
14.989,76 € |
50 |
7.494,88 € |
130.846,90 € |
7 |
27/00002/23/H |
***4357** |
Marcos Castro Ferreiro |
21 |
0 |
0 |
5 |
4 |
0 |
0 |
5 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
8.400,00 € |
50 |
4.200,00 € |
135.046,90 € |
8 |
15/00008/23/H |
***8902** |
Talleres Trebore Jardineria, S.L. |
18 |
5 |
0 |
3 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
20.917,96 € |
35 |
7.321,29 € |
142.368,19 € |
9 |
27/00003/23/H |
***3703** |
Viveros Cabaleiros, S.L. |
17 |
5 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
79.365,00 € |
35 |
27.777,75 € |
170.145,94 € |
10 |
36/00006/23/H |
***9097** |
Joaquín Díaz Gonda |
17 |
5 |
0 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
24.526,87 € |
45 |
11.037,09 € |
181.183,03 € |
11 |
36/00008/23/H |
***0744** |
Viveros San Campio, S.L.U. |
15 |
5 |
0 |
0 |
5 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
141.359,00 € |
30 |
42.407,70 € |
223.590,73 € |
12 |
36/00001/23/H |
***1000** |
Galiplant Ornamental, S.L. |
15 |
0 |
0 |
1 |
4 |
5 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
149.896,51 € |
30 |
44.968,95 € |
268.559,68 € |
13 |
36/00007/23/H |
***4420** |
Viveiro Corema, S.L. |
14 |
5 |
0 |
2 |
5 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
20.960,00 € |
30 |
6.288,00 € |
274.847,68 € |
14 |
27/00004/23/H |
***4409** |
Viveros Mañente, S.L. |
14 |
5 |
0 |
0 |
4 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
275.000,00 € |
35 |
96.250,00 € |
371.097,68 € |
Criterios |
Descrición |
P _a |
Explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa agricultora moza: simultaneamente ou na convocatoria anterior, de nova creación: 15 puntos; nunha explotación existentes: 10 puntos; Incorporación dunha persoa agricultora moza nos últimos 5 anos: 5 puntos. |
P _b |
Incorporarse a un dos instrumentos de recuperación de terras agroforestais definidos e tramitados nos títulos V e VI, respectivamente, da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia: 5 puntos. |
P _c |
Instalación nunha explotación incluída no Banco de explotacións do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia: 5 puntos. |
P _d |
Investimentos que axuden a reducir as emisións de amoníaco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 5 puntos. |
B_e |
Investimentos nunha explotación que proceda dunha fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos: 5 puntos. |
P _f |
Persoa agricultora profesional: nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos; Nas persoas xurídicas, en función das persoas socias (todos: 5 puntos; polo menos o 60 %: 4 puntos; polo menos o 50 %: 3 puntos; polo menos o 25 %: 2 puntos; inferior ao 25 %: 1 punto. |
P _g |
Investimentos en proxectos innovadores: 5 puntos. |
P _h |
Creación de UTA asalariadas a tempo completo (sen ter destruído emprego no último ano): 1 UTA: 2 puntos; 2 UTA: 3 puntos; e 3 ou más UTA: 5 puntos. |
P _i |
Investimentos que axuden a reducir as emisións de CO2, que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 4 puntos. |
P _j |
Titular da explotación socia dunha cooperativa ou dunha entidade asociativa agroalimentaria prioritaria: 4 puntos. |
P _k |
Explotación ecolóxica: 4 puntos. |
P _l |
Explotación agraria inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e que segue cumprindo os requisitos para iso, ou que cumpre cos requisitos para ser incluída no catálogo: 3 puntos. |
P _m |
Explotación con seguro agrario contratado pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, excepto a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos da explotación: 3 puntos. |
P _n |
Localización da explotación nunha zona de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos. |
P _o |
Explotación de titularidade compartida: 3 puntos. |
P _p |
Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 3 puntos. |
P _q |
Investimentos en eficiencia enerxética que supoñan máis do 50 % do investimento elixible: 2 puntos. |
P _r |
Investimentos en obra civil ou instalacións de xurro ou esterco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos. |
P _s |
Investimentos en proxectos en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 2 puntos. |
P _t |
Explotacións con base territorial que empregan a súa superficie para alimentar o gando ou producir produtos agrícolas con destino final á venda, sempre que a totalidade dos investimentos estean relacionados con esa orientación produtiva, e no caso de explotacións de gando, a súa carga gandeira sexa igual ou inferior a 2 UGM/ha: 2 puntos. |
P _u |
Investimentos en produción de calquera variedade vexetal autóctona inscrita (por exemplo, trigo das variedades callobre e/ou caaveiro) e/ou en produción primaria de produtos galegos de calidade (denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida), que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos. |
P _v |
Explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción que supoñan, polo menos, a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 2 puntos. |
P _w |
Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 2 puntos. |
P _x |
Explotación socia dunha organización de produtores: 2 puntos. |
P _y |
Investimentos nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG) ou a unha asociación con programa sanitario propio supervisado pola autoridade competente na materia: 1 punto. |
ANEXO II
Orde |
Código do expediente |
NIF |
Persoa beneficiaria |
Motivo denegación: non cumprir |
1 |
15/00013/23/H |
***3598** |
Roberto Ron Pérez |
A explotación requirirá un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha UTA (artigo 4.7 da Orde 24.7.2023) |
2 |
27/00005/23/H |
***4344** |
Viveros Costa de Lóngaras, S.L.U. |
Renda unitaria do traballo, no momento de realizar a solicitude, igual ou superior ao 35 % da renda de referencia (artigo 4.6 da Orde do 24.7.2023) |