DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10170

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300C).

A Consellería de Economía, Industria e Innovación é o órgano encargado de exercer as competencias que, en materia de comercio interior, o artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia lle atribúe á nosa comunidade autónoma.

O Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Industria e Innovación (transitoriamente en vigor de conformidade co establecido na disposición transitoria do Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia), establece que lle corresponden á Dirección Xeral de Comercio e Consumo a planificación, a coordinación e o control das competencias da Consellería en materia de comercio interior. Dentro destas cabe sinalar, especificamente, a promoción, o fomento, a modernización e o desenvolvemento do comercio e a programación e a xestión de axudas destinadas a estes fins.

O comercio retallista é un sector en constante evolución que ten que adaptarse á realidade actual e dar resposta aos novos hábitos de compra das persoas consumidoras.

Por unha banda, a modernización da actividade comercial e artesanal é fundamental para incrementar a competitividade do sector, ofrecendo produtos de calidade e deseños únicos e personalizados que melloren a experiencia de compra da clientela e contribúan a afianzar o recoñecemento dos establecementos comerciais retallistas e o seu posicionamento no mercado.

Por outra banda, a dixitalización e a innovación son retos ineludibles para o sector comercial galego.

Na actualidade, tras a crise sanitaria causada pola COVID-19, a inflación está a producir graves consecuencias económicas, tales como o incremento xeneralizado dos prezos e o conseguinte descenso do consumo. Esta situación está a influír dun xeito indubidable na actividade económica e no comportamento dos/das consumidores/as, e afecta de forma moi significativa a actividade comercial e, en xeral, a economía das persoas consumidoras.

Os comercios retallistas e os obradoiros artesáns teñen que adecuarse á nova realidade e introducir novas tecnoloxías dirixidas a transformar dixitalmente os seus negocios dunha forma progresiva e coherente coas necesidades do sector.

Con estes obxectivos, a Consellería de Economía, Industria e Innovación pon en marcha esta orde de axudas para impulsar a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesanal.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan de investigación e innovación de Galicia 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e os esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e as actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas.

Neste contexto, o segundo reto da RIS3 impulsa o aumento da intensidade tecnolóxica e a innovación nos procesos produtivos a través de tecnoloxías facilitadoras. En relación con este reto, dúas prioridades son a sustentabilidade e a dixitalización das cadeas de valor, non só na xeración de novos produtos, senón tamén na mellora dos procesos. Nesta liña, a RIS3 impulsa a mellora das vías de comercialización.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. Estes instrumentos poden ser horizontais en relación cos retos e prioridades, pero tamén se poden dirixir a prioridades e ámbitos de priorización concretos, debido á existencia de características ou necesidades diferenciadas dos axentes, cadeas de valor e mercados relacionados con cada un deles, ou polo tipo de fondo que as financia. O obxectivo estratéxico 2 busca incrementar o número de empresas innovadoras, facilitando en especial que as máis pequenas incorporen a innovación nas diferentes etapas do seu proceso produtivo.

En consecuencia, esta convocatoria enmárcase na RIS3 respondendo ao reto 2, a través das prioridades 1 (Sustentabilidade) e 2 (Dixitalización). Ten como obxectivo estratéxico incrementar o número de empresas innovadoras (obxectivo estratéxico 2), e intégrase, polo tanto, no programa Innova e Emprende.

Esta orde tramítase como expediente anticipado de gasto, o que permite obter antes a resolución, así como unha maior marxe temporal para a xustificación por parte das persoas interesadas.

Todo iso faise no marco da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como consonte a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na medida en que sexa aplicable, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Industria e Innovación en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Industria e Innovación para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal (código de procedemento CO300C).

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2024.

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de 4.400.000,00 €, financiado con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.751A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, que se imputará da seguinte forma:

Liña

Orzamento

Liña 1. Dixitalización comercial

1.500.000,00 €

Liña 2. Innovación comercial

1.300.000,00 €

Liña 3. Modernización comercial

1.600.000,00 €

Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, a existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos, publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

A tramitación desta orde faise por tramitación anticipada de gasto e queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

A Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda, do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, establece que os expedientes de gasto se poderán iniciar, sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente, no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar, condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais aprobado polo Consello da Xunta de Galicia. Por iso, a eficacia desta convocatoria queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2024 no momento da resolución de concesión.

No proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 existe crédito adecuado e suficiente para poder tramitar esta orde.

De acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, a tramitación anticipada poderá chegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo, segundo o establecido no artigo 5 da dita orde, todos os actos de trámite ditados no desenvolvemento desta orde se entenden condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser unha persoa beneficiaria da subvención, deberá presentarse unha solicitude dirixida á Consellería de Economía, Industria e Innovación axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo V desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7 das bases reguladoras.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 4. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código CO300C, poderase obter información a través dos seguintes medios:

1. Na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal

2. Na páxina web oficial da Consellería de Economía, Industria e Innovación http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.

3. Nos teléfonos 981 54 55 99, 981 54 55 48 ou 981 54 59 15 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

5. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 9. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional única. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co establecido no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024
(código de procedemento CO300C)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (300.000,00 € nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023, Serie L).

De conformidade coa dita normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 300.000,00 € durante calquera período de tres anos. O concepto de única empresa inclúe todas as empresas que teñan, polo menos, un dos seguintes vínculos entre si:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto de accionistas ou socios doutra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou apartar a maioría dos membros da administración, dirección ou control doutra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou unha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Una empresa, accionista ou asociada a outra, controla en solitario, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios destes últimos, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas.

As empresas que manteñan algunha das relacións previstas nas letras a) a d) a través doutra ou doutras empresas tamén terán a consideración de empresa única.

3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, consideraranse subvencionables as actuacións previstas nos artigos 4 e 5 destas bases reguladoras sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2023 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 22 destas bases reguladoras pola incidencia que nos sectores do comercio e da artesanía teñen tanto o período de rebaixas de inverno como a campaña de Nadal, que son para moitos establecementos o momento idóneo para o lanzamento de novas propostas comerciais, en establecementos e a través da canle dixital.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de 4.400.000,00 €, financiado con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.751A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, que se imputará da seguinte forma:

Liña

Orzamento

Liña 1. Dixitalización comercial

1.500.000,00 €

Liña 2. Innovación comercial

1.300.000,00 €

Liña 3. Modernización comercial

1.600.000,00 €

De existir remanente de crédito nunha liña, poderase reasignar a contía sobrante nas outras liñas sen necesidade de facer unha nova publicación do importe dos créditos.

A natureza destas subvencións xustifica realizar pagamentos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes a elas de ata un 50 % da subvención concedida, nos termos establecidos no artigo 8 destas bases reguladoras.

A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra da mesma ou distinta consellería, para os mesmos conceptos subvencionables e a mesma persoa beneficiaria.

En todo caso, estas axudas son incompatibles coas axudas do programa Bono enerxía peme (IN417Z) para a mesma categoría de actuacións subvencionables.

Artigo 3. Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).

Para a consideración de pequena e mediana empresa observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE núm. L 124/36, do 20 de maio de 2003), e para estes efectos establécese que:

Categoría de empresa

Persoal: unidades de traballo anual

Volume de negocio anual (€)

Balance xeral anual (€)

Micro

<10

≤ 2 millóns

≤ 2 millóns

Pequena

<50

≤ 10 millóns

≤ 10 millóns

Mediana

<250

≤ 50 millóns

≤ 43 millóns

c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade para a cal vai dirixida a subvención.

No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras actividades comerciais ou servizos non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar fidedignamente que a actividade principal está incluída nas epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III. En todo caso, a actividade principal do establecemento deberá realizarse de forma notoria e inequívoca.

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (CE) núm. 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26.6.2014, L 187/1); as persoas que resultasen beneficiarias no ano 2023 das ordes de axudas CO300C e CO300G para a mesma actuación subvencionable, agás nos supostos en que pola natureza da actuación non sexa susceptible da súa conservación nos termos establecidos no artigo 19.6.

Artigo 4. Actuacións subvencionables para comerciantes retallistas con tenda física

1. Liña de dixitalización comercial.

Establécense dous programas de e-commerce en función do grao de dixitalización do comercio, que son incompatibles e excluíntes entre si.

a) Programa e-commerce I (comerciantes retallistas sen páxina web):

Dirixido á dixitalización básica do contorno comercial omnicanle. Supón obrigatoriamente a realización do conxunto das seguintes actuacións:

– Implantación de páxina web sen venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Hardware (sistema TPV ou tableta).

– Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida e homologado para a dixitalización do certificado de facturas (máximo 12 meses).

– Impresora de código de barras térmica 1D/2D.

– Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).

b) Programa e-commerce II (comerciantes retallistas con páxina web, con ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I):

Dirixido á dixitalización avanzada do contorno comercial omnicanle a través das seguintes actuacións:

– Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).

– Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para envíos en liña, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Xestor de redes sociais, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Imaxe dixital.

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Sen empregados/as

De 1 a 10

empregados/as

De 11 a 250

empregados/as

e-commerce I

Implantación de páxina web sen venda en liña

690,00 €

670,00 €

680,00 €

Hardware (sistema TPV ou tableta)

690,00 €

1.000,00 €

1.300,00 €

Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida

690,00 €

1.000,00 €

1.300,00 €

Impresora de código de barras térmica 1D/2D

170,00 €

170,00 €

170,00 €

Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

1.100,00 €

1.700,00 €

2.600,00 €

Total programa e-commerce I

3.340,00 €

4.540,00 €

6.050,00 €

e-commerce II

Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña

1.100,00 €

1.100,00 €

1.100,00 €

Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

2.800,00 €

4.900,00 €

9.900,00 €

Loxística e-commerce

600,00 €

900,00 €

1.900,00 €

Xestor de redes sociais

450,00 €

900,00 €

1.900,00 €

Imaxe dixital

450,00 €

900,00 €

1.900,00 €

Total programa e-commerce II

5.400,00 €

8.700,00 €

16.700,00 €

2. Liña de innovación comercial.

a) Programa smart retail (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa e-commerce I e, no seu caso, páxina web con venda en liña):

Dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:

– Etiquetado electrónico para lineais de venda.

– Sistemas de click and collect e lockers dixitais.

– Terminais de autopagamento para a clientela (self check out).

– Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID.

– Software para a xestión loxística do e-commerce.

– Solucións de ciberseguridade.

– Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).

– Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).

– Aplicacións de realidade virtual e aumentada.

b) Programa visual merchandising (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa e-commerce I):

Dirixido á mellora da experiencia de compra, a través das seguintes actuacións:

– Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.

– Pantallas e tótems publicitarios con ou sen interacción coa clientela.

En todo caso, as actuacións comprendidas no programa visual merchandising deberán situarse no punto de venda e incluír o software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Sen

empregados/as

De 1 a 10

empregados/as

De 11 a 250

empregados/as

Smart retail

Etiquetaxe electrónica para lineais de venda

2.000,00 €

5.100,00 €

6.000,00 €

Sistemas de click and collect e lockers dixitais

3.000,00 €

4.250,00 €

5.000,00 €

Terminais de autopagamento para a clientela (self check out)

3.600,00 €

4.250,00 €

5.000,00 €

Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID

7.000,00 €

8.500,00 €

10.000,00 €

Software para a xestión loxística do e-commerce

1.400,00 €

1.700,00 €

2.000,00 €

Solucións de ciberseguridade

1.400,00 €

1.700,00 €

2.000,00 €

Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots)

700,00 €

850,00 €

1.000,00 €

Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce)

1.200,00 €

2.550,00 €

3.000,00 €

Aplicacións de realidade virtual e aumentada

1.200,00 €

2.550,00 €

3.000,00 €

Total programa smart retail

21.500,00 €

31.450,00 €

37.000,00 €

Visual

merchandising

Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela

6.100,00 €

7.200,00 €

8.500,00 €

Pantallas e tótems publicitarios con ou sen interacción coa clientela

3.500,00 €

4.200,00 €

5.000,00 €

Total programa visual merchandising

9.600,00 €

11.400,00 €

13.500,00 €

3. Liña de modernización comercial.

a) Programa eficiencia:

Dirixido á mellora da eficiencia enerxética do local e dos recursos, a través das seguintes actuacións:

– Portas automáticas con sensores de proximidade.

– Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces.

– Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes.

b) Programa reforma:

Dirixido á mellora da imaxe do local, a través das seguintes actuacións:

– Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial.

– Actuacións de mellora da fachada e instalación de rótulos do establecemento comercial.

– Adquisición de mobiliario auxiliar destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de mobiliario expositivo de produtos que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

– Sistemas de videovixilancia dixital cun investimento máximo subvencionable de 250,00 €.

c) Programa equipamento:

– Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial, que melloren o deseño e a calidade do produto final.

A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Ata 100 m2 de superficie de exposición e venda

De 101 a 200 m2 de superficie de exposición e venda

De 201 a 300 m2 de superficie de exposición e venda

Eficiencia

Portas automáticas con sensores de proximidade

2.000,00 €

2.000,00 €

2.000,00 €

Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces

1.500,00 €

2.000,00 €

3.000,00 €

Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes

3.000,00 €

5.000,00 €

8.000,00 €

Total programa eficiencia

6.500,00 €

9.000,00 €

13.000,00 €

Reforma

Total programa reforma

3.000,00 €

4.250,00 €

6.250,00 €

Equipamento

Total programa equipamento (non aplica superficie)

6.000,00 €

6.000,00 €

6.000,00 €

Artigo 5. Actuacións subvencionables para obradoiros artesáns

1. Liña de dixitalización comercial.

Establécense dous programas de e-commerce en función do grao de dixitalización, que son incompatibles e excluíntes entre si.

a) Programa e-commerce I (obradoiros artesáns sen páxina web):

Dirixido á dixitalización básica do contorno comercial omnicanle. Supón obrigatoriamente a realización do conxunto das seguintes actuacións:

– Implantación de páxina web sen venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Hardware (sistema TPV ou tableta).

– Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida (máximo 12 meses).

– Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).

b) Programa e-commerce II (obradoiros artesáns con páxina web, con ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I):

Dirixido á dixitalización avanzada do contorno comercial omnicanle a través das seguintes actuacións:

– Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).

– Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para envíos en liña, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Xestor de redes sociais, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.

– Imaxe dixital.

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Sen empregados/as

De 1 a 10 empregados/as

e-commerce I

Implantación de páxina web sen venda en liña

690,00 €

670,00 €

Hardware (sistema TPV ou tableta)

690,00 €

1.000,00 €

Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida

690,00 €

1.000,00 €

Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

1.100,00 €

1.700,00 €

Total programa e-commerce I

3.340,00 €

4.540,00 €

Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña

1.100,00 €

1.100,00 €

e-commerce II

Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

2.800,00 €

4.900,00 €

Loxística e-commerce

600,00 €

900,00 €

Xestor de redes sociais

450,00 €

900,00 €

Imaxe dixital

450,00 €

900,00 €

Total programa e-commerce II

5.400,00 €

8.700,00 €

2. Liña de innovación comercial.

a) Programa smart retail (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado o programa e-commerce I e, de ser o caso, páxina web con venda en liña):

Dirixido á transformación dixital da tenda física, a través das seguintes actuacións:

– Etiquetaxe electrónica para lineais de venda.

– Sistemas de click and collect e lockers dixitais.

– Terminais de autopagamento para a clientela (self check out).

– Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID.

– Software para a xestión loxística do e-commerce.

– Solucións de ciberseguridade.

– Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).

– Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).

– Aplicacións de realidade virtual e aumentada.

b) Programa visual merchandising (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado o programa e-commerce I):

Dirixido á mellora da experiencia de compra na tenda física, a través das seguintes actuacións:

– Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.

– Pantallas e tótems publicitarios con ou sen interacción coa clientela.

En todo caso, as actuacións comprendidas no programa visual merchandising deberán situarse no punto de venda e incluír o software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.

A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Sen empregados/as

De 1 a 10 empregados/as

Smart retail

Etiquetaxe electrónica para lineais de venda

2.000,00 €

5.100,00 €

Sistemas de click and collect e lockers dixitais

3.000,00 €

4.250,00 €

Terminais de autopagamento para a clientela (self check out)

3.600,00 €

4.250,00 €

Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID

7.000,00 €

8.500,00 €

Software para a xestión loxística do e-commerce

1.400,00 €

1.700,00 €

Solucións de ciberseguridade

1.400,00 €

1.700,00 €

Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots)

700,00 €

850,00 €

Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce)

1.200,00 €

2.550,00 €

Aplicacións de realidade virtual e aumentada

1.200,00 €

2.550,00 €

Total programa smart retail

21.500,00 €

31.450,00 €

Visual

merchandising

Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela

6.100,00 €

7.200,00 €

Pantallas e tótems publicitarios con ou sen interacción coa clientela

3.500,00 €

4.200,00 €

Total programa visual merchandising

9.600,00 €

11.400,00 €

3. Liña de modernización comercial.

a) Programa eficiencia (obradoiros artesáns con tenda física):

Dirixido á mellora da eficiencia enerxética da tenda física, a través das seguintes actuacións:

– Portas automáticas con sensores de proximidade.

– Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces.

– Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes.

b) Programa reforma (obradoiros artesáns con tenda física):

Dirixido á mellora da imaxe da tenda física, a través das seguintes actuacións:

– Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial.

– Actuacións de mellora da fachada e instalación de rótulos do establecemento comercial.

– Adquisición de mobiliario auxiliar destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de mobiliario expositivo de produtos que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

– Sistemas de videovixilancia dixital, cun investimento máximo subvencionable de 250,00 €.

c) Programa equipamento (obradoiros artesáns con ou sen tenda física):

– Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, que melloren o deseño e a calidade do produto final.

A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Ata 100 m2

de superficie de

exposición e venda

De 101 a 200 m2

de superficie de

exposición e venda

De 201 a 300 m2

de superficie de

exposición e venda

Eficiencia

Portas automáticas con sensores de proximidade

2.000,00 €

2.000,00 €

2.000,00 €

Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces

1.500,00 €

2.000,00 €

3.000,00 €

Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes

3.000,00 €

5.000,00 €

8.000,00 €

Total programa eficiencia

6.500,00 €

9.000,00 €

13.000,00 €

Reforma

Total programa reforma

2.250,00 €

4.250,00 €

6.250,00 €

Equipamento

Total programa equipamento

6.000,00€

6.000,00 €

6.000,00 €

Artigo 6. Gastos non subvencionables

Non se considerarán gastos subvencionables:

a) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

b) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe, cámaras fotográficas e terminais ou lectores de tpv, agás os establecidos no programa e-commerce I.

c) A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais.

d) A adquisición ou o arrendamento de maquinaria e equipamento necesario para o desenvolvemento das obras.

e) A adquisición de materia prima da actividade artesanal.

f) Adquisición de materiais destinados á realización con medios propios de obras e instalacións.

g) Enxoval e obxectos de decoración e material non inventariable e cunha vida útil previsible inferior a un ano.

h) As obras de mellora e acondicionamento en almacéns ou en espazos non destinados á exposición e venda.

i) As actuacións de reparación, reposición ou mera conservación do establecemento, así como a adquisición de recambios e pezas.

j) Os proxectos, honorarios de arquitectos e directores de obra, taxas, licenzas, visados e autorizacións relativas ao proxecto.

k) Mantemento e instalación de sistemas de alarma e seguridade.

l) Obras de instalación ou mellora de illamentos térmicos e acústicos.

m) Adquisición de elementos que coincidan cos propios da actividade comercial da empresa, susceptibles de venda posterior.

n) Os traballos realizados pola propia persoa solicitante da subvención nin aquelas actuacións cando o/a vendedor/a dos activos ou o/a prestador/a da actividade sexa da propia empresa solicitante ou se dea un suposto análogo do cal poida derivar autofacturación.

o) Os gastos realizados en establecementos dedicados exclusivamente ás máquinas de venda automática.

p) Os inmobles ou artigos de exposición e de proba susceptibles de posterior venda ao público, e a instalación de expositores de carácter temporal.

q) Os proxectos cuxo investimento non se axuste ao volume de negocio anual e ás necesidades da persoa solicitante.

r) Calquera outro investimento que non estea directamente vinculado coa realización da actuación subvencionable.

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo V, a seguinte documentación:

a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

b) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da persoa solicitante, ou poderá achegar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia, que figura na sede electrónica.

c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica: deberán constar expresamente (anexo VI) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar os documentos preceptivos co obxecto de efectuar as comprobacións oportunas. De non cumprir co asinado na declaración responsable, procederase ao inicio do expediente de reintegro da subvención concedida de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Informe emitido pola Seguridade Social de todos os códigos de conta de cotización da persoa solicitante, no cal figure o número de persoas traballadoras con posterioridade á data de publicación desta orde no DOG, ou acreditación de non estar inscrito/a, se é o caso.

e) Memoria do proxecto (anexo VII), que deberá incluír:

– Liña de dixitalización:

Unha descrición detallada e obxectivos do proxecto, indicando as distintas actuacións que recolle.

O grao de dixitalización existente na empresa no momento da solicitude e os obxectivos que se pretende acadar coa axuda: páxina web implantada, de ser o caso, ferramentas de márketing utilizadas e redes sociais dispoñibles.

A planificación temporal estimativa da realización das actuacións.

Desagregación das actuacións para as cales se solicita a subvención, cun orzamento desagregado en que se detallen de forma separada os conceptos e custos obxecto da axuda.

Declaración responsable, debidamente asinada, de ter implantadas todas as actuacións do programa e-commerce I, no caso de solicitar as actuacións establecidas no programa e-commerce II.

– Liña de innovación:

Unha descrición detallada de cada unha das actuacións concretas para as cales se solicita a subvención.

O grao de dixitalización existente na empresa no momento da solicitude e os obxectivos que se pretende acadar coa axuda: páxina web implantada, de ser o caso, ferramentas de márketing utilizadas e redes sociais dispoñibles.

A planificación temporal estimativa da realización das actuacións.

Os obxectivos e a valoración económica das actuacións que se pretende executar, cun orzamento desagregado no cal se detallen de forma separada os conceptos e os custos obxecto da axuda.

Unha descrición dos contidos e da planificación da súa emisión, así como o software para a dita emisión, no caso de solicitar as seguintes actuacións:

Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.

Pantallas con ou sen interacción coa clientela.

Tótems con ou sen interacción coa clientela.

– Liña de modernización:

Memoria do proxecto que detalle a actividade comercial e artesanal que se desenvolve no establecemento comercial, descrición, alcance, localización e características das intervencións de mellora e acondicionamento que se van realizar ou, de ser o caso, das características técnicas dos equipamentos e a súa repercusión na mellora e especialización dos procesos.

Os obxectivos e a valoración económica das actuacións que se pretende executar, cun orzamento desagregado no cal se detallen de forma separada os conceptos e custos obxecto da axuda.

A planificación temporal estimativa da realización das actuacións.

A memoria deberá vir acompañada de:

Fotografías e, de ser o caso, plano, onde se mostre o estado e a imaxe do local antes da realización da obra, e fotografías das instalacións actuais e dos equipamentos no caso de substitución ao abeiro do programa de eficiencia.

Características técnicas dos equipamentos de eficiencia enerxética para os cales se solicita a axuda, subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante), onde se inclúan datos da produtividade do equipo e do seu consumo e rendemento enerxético.

No caso de equipamentos da actividade comercial, etiquetaxe que acredite unha cualificación enerxética B ou superior cando así o requiran.

f) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola persoa solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non estean desagregados polos conceptos das actuacións subvencionables.

As facturas, facturas pro forma ou orzamentos referidos ás ferramentas de posicionamento dixital deberán estar emitidas polos provedores que presten os referidos servizos ou, de ser o caso, desagregar as actuacións, o custo e os fitos/obxectivos que se pretende cumprir.

As facturas, facturas pro forma ou orzamentos referidos á loxística e-commerce ou xestión de redes sociais deberán indicar o período en que efectivamente se presta o servizo.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de persoas ou entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que se deberá achegar na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección dos provedores cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

g) Para os efectos sinalados no artigo 13 destas bases reguladoras achegarase, de ser o caso, a seguinte documentación acreditativa que, en ningún caso, será obxecto de requirimento:

Declaración responsable, debidamente asinada, sobre o cumprimento dos criterios de valoración establecidos na letra d) do artigo 13, coa identificación da empresa provedora, ano da contratación e importe aboado no caso de contratación con provedores de empresas de inserción social ou, de ser o caso, indicación do número de persoas e grao de discapacidade por ter no cadro de persoal persoas empregadas con capacidades diferentes.

No caso de ser obxecto dunha remuda xeracional nos últimos cinco anos, declaración responsable do traspaso do negocio.

Para os efectos desta orde, entenderase que existe remuda xeracional en caso de sociedades cando se produza a correspondente modificación da escritura; en caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, cando se modifique a acta, escritura ou documento de constitución ou os estatutos; e, en caso de autónomos, cando se produza a alta e baixa no réxime de autónomos da persoa que toma a remuda e da persoa remudada.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Pagamento anticipado

1. A persoa solicitante poderá solicitar, no prazo de dez días hábiles desde a notificación da concesión da subvención, o pagamento anticipado, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de ata un 50 % da subvención concedida, coa obriga de constituír garantía no caso de subvencións superiores a 18.000,00 €, nos termos previstos a continuación.

2. A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá acadar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras ou na convocatoria.

3. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades aboadas á conta ou das cantidades anticipadas, calquera que sexa o prazo de xustificación previsto na convocatoria.

4. Unicamente serán admisibles as garantías presentadas por terceiros cando o fiador preste fianza con carácter solidario, renunciando expresamente ao dereito de excusión.

5. O avalista ou asegurador será considerado parte interesada nos procedementos que afecten directamente a garantía prestada nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. As garantías deberán constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia ou nas súas sucursais, situadas nas delegacións territoriais da consellería competente en materia de facenda.

7. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude de anticipo, anexo X, a declaración doutras axudas, anexo VIII, debidamente asinadas, e, no caso de que a subvención concedida sexa superior a 18.000,00 €, deberán achegar, ademais, o xustificante orixinal do depósito da garantía na Caixa Xeral de Depósitos.

A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada do órgano correspondente.

En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados a beneficiarios cando se solicitase a declaración de concurso, fosen declarados insolventes en calquera procedemento ou se encontren declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estean suxeitos a intervención xudicial ou sexan inhabilitados conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas.

f) Certificado de renda.

g) Certificado de estar ao día no pagamento á AEAT para subvencións e axudas.

h) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

i) Certificado de estar ao día no pagamento á Comunidade Autónoma de Galicia para percibir axudas e subvencións.

j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

l) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos pertinentes. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa solicitante ou persoa representante para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 10. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao/a conselleiro/a, e corresponderalle á persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 11. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa solicitude, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 9 destas bases reguladoras resulta que a persoa solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias ao Estado, á Comunidade Autónoma ou á Seguridade Social, ou no suposto de que sexa necesario achegar calquera outra documentación, logo de aplicarse o disposto na alínea d) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos citados de emenda poderanse facer mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro electrónico de anuncios da páxina web da Consellería de Economía, Industria e Innovación, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase facer indicación de que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro. Se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación no DOG e na web pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirirse a persoa solicitante para que xunte cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á Comisión Avaliadora, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 12. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións ás persoas interesadas.

Para os efectos de valorar as solicitudes e propoñer as persoas solicitantes con dereito a obter a subvención, a Comisión de Valoración aplicará os criterios de valoración para determinar a concorrencia competitiva entre as persoas solicitantes das actuacións definidas nos artigos 4 e 5 destas bases reguladoras.

Na proposta de concesión que formule a Comisión figurarán de xeito individualizado as persoas solicitantes propostas para obter a subvención, e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada unha delas, ata esgotar o crédito dispoñible.

No caso de existir remanente de crédito nalgunha das liñas de actuación, o crédito restante utilizarase, se é o caso, para atender actuacións das restantes liñas coa seguinte orde de prelación:

1º. Liña de dixitalización.

2º. Liña de innovación.

3º. Liña de modernización.

2. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas, ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

3. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

• Presidencia: subdirector/a da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

• Vogais:

Un/unha xefe/a de servizo da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que fará as funcións de secretario/a.

Artigo 13. Criterios de valoración

Os criterios de valoración que servirán de base para a determinación da contía e da preferencia na concesión das subvencións, relacionados por orde decrecente serán os seguintes:

a) Valoración do proxecto presentado:

Liña de dixitalización:

Valoración do proxecto presentado aos obxectivos de dixitalización da empresa:

Pola implantación do programa e-commerce I: 2 puntos.

Pola implantación de actuacións do programa e-commerce II: 1 punto.

Liña de innovación:

Valoración do proxecto presentado aos obxectivos de innovación da empresa:

Pola implantación de actuacións de smart retail (tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID e software de xestión loxística do e-commerce): 3 puntos.

Pola implantación do resto de actuacións de smart retail: 2 puntos.

Pola implantación de actuacións do programa visual merchandising: 1 punto.

Pola implantación de actuacións do programa e-commerce II: 1 punto.

Liña de modernización:

Pola calidade técnica, detalle e coherencia do proxecto presentado na memoria, cunha descrición das actuacións e dos obxectivos para os cales se solicita a subvención: de 1 a 3 puntos.

Valoración do proxecto presentado aos obxectivos de modernización da empresa:

Pola realización dunha reforma ou renovación integral do establecemento comercial (entenderase que ten carácter integral cando se implanten conxuntamente actuacións do programa eficiencia e do programa reforma para o acondicionamento da superficie de exposición e venda do establecemento comercial): 3 puntos.

Pola implantación do resto de actuacións que non teñan carácter integral: 2 puntos.

Pola adquisición de maquinaria e equipamento propio da actividade artesanal: 3 puntos.

b) Por exercer a actividade nun municipio rural:

– De menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.

– De 5.000 habitantes ata 10.000 habitantes: 1 punto.

c) Por exercer a actividade comercial nun concello fusionado: 2 puntos.

d) Pola contratación con provedores de empresas de inserción social nos últimos tres (3) anos ou ser titular ou ter no cadro de persoal persoas empregadas con capacidades diferentes: 2 puntos.

e) Por iniciar a actividade empresarial nos anos 2022 ou 2023 (alta no IAE nos anos 2022 ou 2023): 2 puntos.

f) Por levarse a cabo unha remuda xeracional nos últimos cinco (5) anos: 1 punto.

g) Por ser a persoa beneficiaria ou a persoa representante da persoa xurídica beneficiaria un/unha mozo/a de idade igual ou menor a 30 anos: 1 punto.

h) Por ser a persoa titular do taller ou establecemento comercial ou a representante da sociedade unha muller: 1 punto.

i) Pola adhesión ao sistema arbitral de consumo con carácter indefinido: 1 punto.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, utilizarase como criterio de desempate a maior puntuación obtida na orde de prelación establecida neste artigo, referida ao criterios indicados.

De persistir o empate, logo de aplicados os criterios de valoración, atenderase á data e á hora de presentación das solicitudes e prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación sexa anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

Artigo 14. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñeráselles de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.

Artigo 15. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o/a instrutor/a formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, á persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación.

A dita resolución será publicada na web http://ceei.xunta.gal e notificada individualmente ás persoas beneficiarias, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45 da mesma lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que desenvolverá a persoa beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15.12.2023, Serie L).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas. Non obstante, poderase substituír a dita notificación individual pola publicación no DOG, coa indicación de que as persoas non beneficiarias consulten a información detallada da súa resolución nun taboleiro da citada web.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que a resolución debería ter sido ditada.

b) Recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria, e cumpriranse, en todo caso, os seguintes requisitos:

1º) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

2º) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

3º) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

3. A persoa ou entidade beneficiaria deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida á persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de 40 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado, sen prexuízo do disposto no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, en que se dará audiencia ás persoas interesadas na forma prevista no artigo 14 destas bases reguladoras.

Artigo 18. Renuncia

A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da mesma lei.

Artigo 19. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas da persoa beneficiaria:

1º) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2º) Xustificar, ante o órgano concedente, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3º) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4º) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases reguladoras. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

5º) Acreditar, con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos previstos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6º) Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de dous (2) anos desde a súa concesión, agás nos casos en que pola súa natureza as actuacións se esgoten co seu uso (ferramentas de posicionamento dixital, loxística e-commerce, xestor de redes sociais e imaxe dixital).

7º) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

8º) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da dita lei.

9º) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

10º) Os contidos da publicidade e imaxe subidos á internet de todos os proxectos subvencionados evitarán calquera imaxe discriminatoria da muller e fomentarán a igualdade. Así mesmo, evitarase o uso dunha linguaxe sexista en todos os textos.

11º) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos.

Artigo 20. Obrigas específicas de publicidade

Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

As persoas beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, as persoas beneficiarias das axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos e das actuacións realizadas ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación. Para isto, colocaran nun lugar visible do establecemento comercial un cartel coa lenda «Proxecto cofinanciado» e o escudo normalizado da Xunta de Galicia, segundo o modelo e instrucións elaboradas pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo, publicado no enderezo http://www.portaldocomerciante.gal/

Igualmente, esta mesma publicidade deberá realizarse na páxina web.

Artigo 21. Subcontratación

Enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer a persoa beneficiaria para a realización por si mesma da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa persoa solicitante salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª) Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, na forma sinalada no artigo 7 da convocatoria e ata o 30 de setembro de 2024, dunha copia da seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre o 1 de decembro de 2023 e a data límite de xustificación.

Xuntarase relación nominativa dos investimentos xustificados, anexo IX, facendo constar a actuación, número de factura, data de expedición, data de pagamento, expedidor e importe do investimento.

Os gastos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, pagados, en orixinal ou copia.

Cando a persoa beneficiaria non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

No caso da actuación de loxística e-commerce, establecida nos artigos 4 e 5 destas bases reguladoras, declaración responsable debidamente asinada de que os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega non foron repercutidos na persoa consumidora, e indicación da publicidade dos gastos dos envíos na páxina web.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre o 1 de decembro de 2023 e a data límite de xustificación. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como o número de factura obxecto do pagamento e a data deste. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

c) Anexo VIII, declaración doutras axudas, debidamente asinado.

d) No caso de que a subvención concedida teña por obxecto a implantación ou o mantemento dunha páxina web, acreditación do rexistro do dominio da páxina, a cal deberá estar en funcionamento no momento da xustificación. No caso de servizos profesionais de xestión de redes sociais, acreditación do nome do usuario.

e) Fotografías das zonas reformadas que amosen as obras realizadas obxecto da subvención e das restantes actuacións do programa reforma, así como dos equipamentos e instalacións do programa de eficiencia. As fotografías deberán estar tomadas desde o mesmo ángulo desde o que se realizaron as remitidas coa solicitude.

f) Documentación gráfica acreditativa do cumprimento da obriga específica de publicidade do financiamento, establecida no artigo 20 destas bases reguladoras.

g) No caso de que as persoas se opoñan expresamente á consulta dos datos, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

2. Os órganos competentes da Consellería de Economía, Industria e Innovación poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 23. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Consellería de Economía, Industria e Innovación, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira, ao número de conta designado pola persoa beneficiaria.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto. En caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas, observarase o establecido no artigo 2 destas bases reguladoras.

Artigo 24. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Nos supostos de falta de xustificación, de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou de incumprimento das obrigacións contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención, incluíndo a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida se non cumpriu a obriga establecida no artigo 19.6 destas bases reguladoras de manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de dous (2) anos desde a súa concesión, entendendo como tal ter mantido a actividade durante, polo menos, dezaoito meses e que a persoa beneficiaria acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos. A contía que se reintegrará será proporcional ao tempo que reste para o cumprimento dos dous anos.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda deste dereito será o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tidos en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que teña a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro.

O alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de efectuar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, deberá reintegrarse o total da cantidade percibida cando o cumprimento de cada liña de actuación establecida nos artigos 4 e 5 destas bases reguladoras non acade o 60 % do investimento subvencionado.

4. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Control

1. A Consellería de Economía, Industria e Innovación poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 26. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000,00 €, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia e esta será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Artigo 27. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade; no Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15.12.2023, Serie L) e no resto de normativa que resulte de aplicación.

ANEXO II

Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e refugallos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza, e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.

647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).

656. Comercio polo miúdo de bens usados, tales como mobles, roupa e enxoval ordinario de uso doméstico.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659. Outro comercio polo miúdo.

665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos non comprendidos no anexo II nin produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

ANEXO III

Epígrafes do IAE subvencionables

255.2. Fabricante de xabóns de toucador e produtos de perfumaría.

253.6. Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.

41. Industria de produción de produtos alimenticios.

421. Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.

423.1. Elaboración de café e té e sucedáneos de café.

43. Industria téxtil.

44. Industria do coiro.

45. Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.

ANEXO IV

Requisitos das actuacións subvencionables

a) Páxinas web.

As páxinas web deberán ter as seguintes características técnicas:

– Rexistro do dominio por un período dun ano, en que figure como titular o negocio para o cal se desenvolve o servizo.

– Proporcionar o aloxamento (hosting) durante un ano, para que a web estea dispoñible durante ese período de tempo.

– O hosting deberá dispoñer de certificado para comunicacións seguras SSL e estar configurado para que empregue o protocolo HTTPS.

– A páxina web debe conter, polo menos, catro (4) seccións ou epígrafes, tales como inicio, empresa, servizos ou produtos e contacto.

– Sen prexuízo das seccións ou epígrafes anteriores, a web deberá incluír aqueles textos legais necesarios para o cumprimento normativo, así como un sistema de xestión de cookies que lle permita seleccionar ao usuario as cookies ou grupos de cookies que desexa autorizar que se instalen segundo a finalidade destas.

– Web autoxestionable: deberá contar cun panel de xestión dos contidos para que o beneficiario poida cambiar a información do sitio web.

– Web responsive: debe estar adaptada a todos os dispositivos.

– Incorporaranse ligazóns ás redes sociais da empresa se esta dispón delas.

– A web deberá ser desenvolvida para o comercio nun xestor de contidos (CMS) ou á medida, de forma que permita o acceso ao código para futuros cambios e melloras da web con independencia da empresa que a desenvolva. A web deberá ser en propiedade e nunca en alugueiro. Exclúense desta subvención as solucións cloud propietarias e pechadas.

– A páxina web contará cunha optimización SEO básica que implicará que todas as páxinas leven título, descrición e os elementos fundamentais, como un robots.txt axeitado e un sitemap do sitio.

– As imaxes deberán estar optimizadas empregando a resolución óptima para web de 72 dpi e procurando que o seu peso sexa o menor posible.

– Deberá ter instalada unha ferramenta de analítica web para o coñecemento do tráfico da páxina por parte do negocio.

No caso de páxinas webs con venda en liña, ademais das características técnicas previstas anteriormente deberán:

– Dispoñer dun sistema de xestión para a venda dos produtos por parte do comerciante.

– No caso de que se solicite a ferramenta de xestión, estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.

– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 50 % das referencias de que se dispoñe na tenda física.

– Ter pasarela de pagamento.

As páxinas webs deberán cumprir as seguintes consideracións legais en materia de información:

Todas as webs deberán cumprir coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico. Especificamente deberán contar cun aviso legal onde figuren a información do responsable do sitio e as condicións xerais de uso da web. Incluirán, polo tanto, a páxina de política de cookies e aviso legal.

Adicionalmente, incluirán a páxina de política de privacidade, na cal se especificarán as condicións do tratamento dos datos persoais (RXPD e LOPDGDD).

Así mesmo, deberán cumprir cos requisitos exixidos no Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, e outras leis complementarias, en especial o contido no artigo 97 (información contractual), e nos artigos relativos ás cláusulas abusivas (artigos 82 a 91).

Deberán ter en conta, ademais, o establecido no Regulamento da UE núm. 524/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 31 de maio de 2013, sobre resolución de litixios en liña en materia de consumo e polo que se modifican o Regulamento da CE núm. 2006/2004 e a Directiva 2009/22/CE, así como a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral de persoas consumidoras e usuarias.

Todo isto sen prexuízo do cumprimento das demais disposicións vixentes que en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico e de defensa dos consumidores lles sexa de aplicación.

b) Loxística e-commerce.

Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora deberán ser realizados por un operador loxístico externo.

c) Xestor de redes sociais.

Os servizos profesionais de xestión de redes sociais deberán incluír, como mínimo:

– Un mínimo de dúas publicacións en redes sociais por semana e un plan de contidos mensual consensuado co negocio.

– Contidos multiformato: texto, imaxe, vídeo, story sobre a empresa, o sector e as áreas relacionadas co negocio que lles poidan interesar ás persoas seguidoras das súas redes sociais.

– Imaxes non pixeladas e cun mínimo de 72 dpi e 600x600 píxeles.

– Creación e deseño de contidos de calidade que melloren a imaxe dos produtos e o posicionamento da empresa.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file