DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20230112TA-OU por infracción en materia sanitaria.

O 10 de xaneiro de 2024, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20230112TA-OU contra a persoa titular do DNI 76704592Y.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que mediante desta cédula notifícaselle á persoa titular do DNI 76704592Y o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ao abeiro do disposto nos artigos 121 e 122 da antedita Lei 39/2015, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Ourense na avenida de Zamora, 13, 4ª planta, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación. Poderase realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Poderá efectuar o ingreso en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015.

Ourense, 17 de xaneiro de 2024

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 20230112TA-OU.

DNI da persoa denunciada: 76704592Y.

Último enderezo coñecido: rúa Jesús Carlos Romero Nieto, 50, 3º esquerda, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro). Artigo 7.u): prohíbese fumar en bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados.

Tipificación: leve. Documéntase unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010: consideraranse infraccións leves a) fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).