DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados a convocatoria para a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico Serra do Faro (fase I) (expediente IN661A 2011 02/3-AT).

Mediante o Acordo do 28 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, convocouse para a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita (expediente IN661A 2011 02/3-AT), realizando a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 23 de xaneiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio descoñecido ou non notificados polo parque eólico Serra do Faro (fase I) (IN661A 2011 02/3-AT) nos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor (Ourense)

Nº parcela segudo o proxecto

Titularidade proposta

Datos catastrais da parcela

Afeccións (m²)

Convocatoria

Servidume de paso

Referencia catastral

Concello

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Vía

Gabia

Data

Lugar

Hora

69

Abel Rodríguez Fernández

32077A07800298

San Cristovo de Cea

078

00298

Carballo Bouzas

Piñeiral madeireiro

446,54

43,93

28.2.2024

Concello de San Cristovo de Cea

9.30

103

Abel Rodríguez Fernández

32077A08000081

San Cristovo de Cea

080

00081

Leiriña

Prados ou pradarías

0,00

5,31

28.2.2024

Concello de San Cristovo de Cea

9.30