DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10593

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2023.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2024

Mª Pilar Arias Graña
Secretaria xeral técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre de 2023

Descripción

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e o Concello de Tordoia para a implantación dun servizo de interese municipal no Concello de Tordoia (SIMU Tordoia).

5.9.2023

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a empresa Sistemas Olton, S.L., mediante o que se instrumentaliza a compensación á devandita empresa pola adaptación informática das máquinas canceladoras comercializadas por ela á integración dos códigos QR nas tarxetas TMG Xente Nova, no marco do Plan de transporte metropolitano de Galicia.

28.9.2023

42.350,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a empresa Proconsi, S.L., mediante o que se instrumentaliza a compensación á devandita empresa pola adaptación informática das máquinas canceladoras comercializadas por ela á integración dos códigos QR nas tarxetas TMG Xente Nova, no marco do Plan de transporte metropolitano de Galicia.

29.9.2023

33.396,00 €

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Vigo, asinado o 27 de decembro de 2021.

27.11.2023

1.197.026,79 €

Addenda 3 modificativa ao convenio subscrito o 31 de maio de 2018 entre a Consellería de infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a entidade pública empresarial Adif-Alta Velocidad, para a execución dos accesos e nova vialidade urbana do entorno da estación intermodal de Vigo.

28.11.2023

190.483,58 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Nigrán, e a UTE Asistencia Técnica Maturo, S.L., Empresa Raúl, S.A., Autocares Fadista, S.L.U., Subús Grupo de Transporte, S.L.U., Secc. Automóvil, S.L., Angel Mariano Molla, S.A. e Autobuses del Triángulo, S.L., o 29 de setembro de 2022, para a implantación dun servizo de interese municipal (SIMU).

1.12.2023

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Naviera Mar de Ons, S.L., para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

13.12.2023

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Naviera de las Rías Gallegas, S.L., para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

13.12.2023

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Naviera Illa de Ons, S.L., para a integración dos servizos de transporte marítimo do corredor Moaña-Vigo na área de transporte metropolitano de Vigo, tramitado como expediente anticipado de gasto.

13.12.2023

0 €

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 23 de xullo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para a anticipación de actuacións de promoción do transporte público que se implantarán a través da constitución da Área de Transporte de Galicia.

14.12.2023

254.827,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a aplicación de bonificacións no prezo das tarxeta da mobilidade de Galicia, TMG, e a difusión do lanzamento da tarifa +65.

14.12.2023

86.350,00 €