DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10878

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 1, do 2 de xaneiro de 2024, é preciso facer a seguinte corrección:

Na páxina 129 é necesario corrixir o parágrafo onde di: «– María Trinidad García García, persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo II, categoría 17, especialidade de traballo social»; debe dicir: «– María Trinidad García García, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, especialidade de traballo social».