DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10877

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 240, do 20 de decembro de 2023, é preciso facer a seguinte corrección:

Na páxina 69817 é necesario corrixir o parágrafo onde di: «– María Trinidad García García, persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo II, categoría 17, especialidade traballo social». Debe dicir: «– María Trinidad García García, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, especialidade de traballo social».