DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10964

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral fixo correspondentes ás ofertas de emprego público de 2022 e 2023.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 407/2022, do 24 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2022, e no Real decreto 625/2023, do 11 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2023, realiza a convocatoria para cubrir as seguintes prazas de persoal laboral fixo suxeitas a convenio colectivo polo procedemento de concurso-oposición:

– 2 prazas de técnico/a de facturación GII BII N6.

– 1 praza de técnico/a de operacións e servizos portuarios GII BII N6.

– 1 praza de responsable de mantemento GII BI N8.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do organismo público Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para presentar as solicitudes.

Vigo, 25 de xaneiro de 2024

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo