DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10963

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a superior analista.

Anúnciase a convocatoria para cubrir unha (1) praza de técnico/a superior analista (referencia INT-23-TSANA).

A modalidade contractual será un contrato temporal de substitución de persoa traballadora, para cubrir o posto durante o proceso de selección ata a súa cobertura definitiva, regulado polo disposto no Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro; na Lei 12/2001, do 9 de xullo, e no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo serán publicadas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia