DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10957

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación da delegación de competencias do Concello de Cabanas (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 24 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

«36. Aceptación da ampliación da delegación de competencias do Concello de Cabanas (IIVTNU).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Cabanas en relación coas seguintes materias:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O anterior faise público para xeral coñecemento.

A Coruña, 8 de marzo de 2023

O presidente da Deputación Provincial da Coruña

P.D. (Resolución 26013/2019, do 29 de xullo)

Antonio Leira Piñeiro

Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil

Secretaria xeral da Deputación Provincial da Coruña