DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Silleda (expediente DH.A36.97217).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Luis Cort Bas.

DNI: ***8972**.

Expediente: DH.A36.97217.

Volume total anual: 377 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,42 l/s.

Destino: uso doméstico, gandeiro e rega.

Orixe: mina.

Lugar: Cira.

Parroquia: Cira (Santa Baia).

Concello: Silleda.

O aproveitamento consiste na captación de auga nunha mina duns 63x58 cm de sección e 2,5 m de longo, situada na parcela de referencia catastral 36052A001003900000KL, e na súa condución por tubaxe de PE de 90 mm ata unha arqueta de 50×80 cm, e dende esta por tubaxe de 40 mm ata outras dúas arquetas similares e un armario de distribución, na parcela de uso de referencia 36052A00110009.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro