DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Curtis (expediente DH.A15.72098).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 21 de decembro de 2023 e como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse ao Concello de Curtis unha concesión de 2.749.974,24 m3 anuais de auga que procede do encoro da Castellana, na parroquia de Curtis (Santaia), no concello de Curtis (A Coruña), con destino a abastecemento municipal, incluída a actividade industrial.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións