DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de extinción de concesión de augas nos concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia (expediente E-1859-C).

Polo Acordo do xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, do 14.11.2023, iníciase o expediente de extinción por transcurso do prazo do título concesional outorgado a Fuerzas Eléctricas del Noreste, S.A., con destino a uso industrial, nos concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia (A Coruña) (expediente E-1859-C).

Identificación da concesión: concesión outorgada o 21.7.1978 pola Comisaría de Augas do Norte de España, consistente na derivación dun caudal 568 l/s, procedente dos ríos Pedrouzos ou Paradela, Biduído, Bustelo ou Pontepedra, e Portigo de Vilasenín, nos termos municipais de Tordoia, Ordes e Cerceda (A Coruña), con destino a uso industrial no sistema de refrixeración da central térmica de Meirama, tramitado coa clave de expediente E-1859-C.

Causa da extinción: extinción polo transcurso do prazo da concesión, unha vez finalizada a industria obxecto do aproveitamento, conforme os artigos 161 e seguintes do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, modificado en texto consolidado do 31 de agosto de 2023.

Servidumes: descoñecidas.

Iniciación: por instancia de parte, segundo solicitude do 17.10.2023, a nome de Naturgy Generación Térmica, S.L.U., con CIF ****2453*.

De acordo co previsto no artigo 165 en relación co artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, e modificado en texto consolidado do 31 de agosto de 2023, sométese ao trámite de información pública o expediente de extinción do dereito sinalado, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren pertinentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro deste Servizo Territorial da Zona Galicia Centro de Augas de Galicia, sito na rúa Tomiño, núm. 16 , 15781 Santiago de Compostela, dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro