DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, do contrato administrativo da obra de mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso, fase 2, Oia (Pontevedra), con referencia de expediente AUG-2023-0011.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111 (A Coruña).

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 45246400-7 (obras de protección contra inundacións).

4. Código/s NUTS do lugar principal da obra: ES114 Oia (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso, fase 2, Oia (Pontevedra), con referencia de expediente AUG-2023-0011.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 282.951,83 euros. Importe total: 342.371,71 euros.

8. Valor estimado do contrato: 282.951,83 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 29 de novembro de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 5.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 11 de decembro de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Proyecon Galicia, S.A.

14.2) NIF: A32032039.

14.3) Enderezo: parque empresarial do Pereiro de Aguiar. Vía Centro Comercial, parcela núm. 30, 32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense).

14.4) Código NUTS: ES113 (Ourense).

14.5) Correo electrónico: info@proyecon.com

14.6) Fax: 988 51 94 18.

14.7) Teléfono: 988 51 94 14.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 262.885,00 euros. Importe total: 318.090,85 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

A actuación enmárcase dentro do programa no obxectivo político 2: unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; prioridade P2A: transición verde; obxectivo específico 2.4: favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas; liña de actuación 2.4.01: actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións.

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 957 403.

17.7) Teléfonos: 981 957 401.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 17 de febreiro de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 29 de novembro de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 12 de decembro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 14 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia