DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11082

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se realiza a súa convocatoria para o exercicio 2024 (código de procedemento TR349V).

BDNS (Identif.): 742440.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias da subvención as empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica atendendo ao previsto no Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Segundo. Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2024 das subvencións do «Programa Investigo» (código de procedemento TR349V).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024 (código de procedemento TR349V).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse catro millóns oitocentos dezasete mil catrocentos euros (4.817.400 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de solicitude das axudas será dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade