DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas para a provisión de dúas prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 246, do 26 de decembro, así como na sede electrónica do Concello do Grove, publicouse o anuncio da convocatoria, e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 248, do 28 de decembro de 2023, publicáronse as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de operarios/as, pertencentes ao cadro de persoal laboral fixo, da categoría de agrupación profesional e asimilados, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, incluída na OPE de 2020 do Concello do Grove.

O Grove, 2 de xaneiro de 2024

José Antonio Cacabelos Rico
Alcalde