DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11086

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024 pola que se convocan cursos descentralizados para realizar edicións do curso básico de protección civil.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Pola Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2024, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor e conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, anúnciase a convocatoria de cursos básicos de protección civil, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2024, cuxas bases e características especifícanse nos anexos desta resolución:

A Estrada, 2 de febreiro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

Segunda. Contido das actividades formativas

O curso básico de protección civil está dividido en varios módulos, que abranguen os seguintes contidos:

• Módulo I. A Protección civil.

• Módulo II. Os riscos, accidentes e autoprotección.

• Módulo III. Loita contra os incendios.

• Módulo IV. Comunicacións.

• Módulo V. Actuacións básicas ante emerxencias médicas.

• Módulo VI. Igualdade de oportunidades.

O contido do curso divídese en dúas partes:

• Teoría: 22 horas.

• Práctica: 10 horas.

Terceira. Destinatarios/as

Persoal candidato ao ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Estar inscrito/a como candidato/a voluntario/a na correspondente AVPC do Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (RGAVPC).

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico:

Aspectos recomendables para o PC:

• A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.

• Preferentemente conexión á internet de banda larga e un antivirus actualizado.

• Navegador: Mozilla Firefox 2 (recomendado), Microsoft Edge ou Google Chrome.

• Ter JavaScript e cookies activadas no navegador.

• Para ver os documentos en PDF, necesítase ter instalado Acrobat Reader.

• Para o desenvolvemento dos cursos na modalidade transmisión en directo (streaming) é necesario dispoñer de cámara web e micrófono.

Quinta. Lugar e datas

Sen prexuízo de que, unha vez coñecido o número de solicitudes e o lugar de residencia das persoas interesadas, de conformidade coa base décimo cuarta desta resolución, a Agasp poderá modificar a localización das sedes e as datas de realización da formación presencial teórica o práctica co obxecto de facilitar o acceso á actividade formativa ás persoas interesadas.

As actividades formativas presenciais realizaranse preferentemente en fins de semana e serán de asistencia obrigatoria.

Nos supostos en que se estableza que os lugares e as datas serán determinados con posterioridade, anunciarase coa suficiente antelación o lugar e a data de cada curso.

Sexta. Desenvolvemento da actividade

1. Modalidade semipresencial.

A. Na parte en liña.

i. A través da plataforma de formación da Agasp.

ii. Datas: as edicións realizaranse segundo se especifica na base primeira desta convocatoria.

iii. Horario: segundo a disposición e necesidade do alumnado. Axustarase ao calendario establecido no propio curso.

iv. O alumnado deberá acceder ao curso dentro dos primeiros dous días hábiles (excluídos sábados, domingos e festivos) a partir da data de inicio.

v. As persoas que non accedan ao curso no prazo indicado serán dados de baixa nel, sen prexuízo de que poidan ser penalizados coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

vi. Desenvolvemento: o alumnado participante deberá realizar a través da plataforma de formación da Agasp, e de acordo cun calendario de presentación, as actividades incluídas no curso, que son:

– Visualización dos contidos.

– Superación dos cuestionarios.

vii. O alumnado que non realice o 50 % desas actividades no prazo establecido será sancionado/a coa baixa no curso, sen prexuízo de que poida ser penalizado/a coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

B. Na parte presencial.

i. Para a realización da parte presencial é necesario que o alumnado superase a parte en liña.

ii. Uniformidade: recoméndase asistir ao curso co uniforme de traballo.

2. Na modalidade presencial.

i. Lugar e data: realizarase presencialmente nos lugares e nas datas establecidas no calendario do curso.

ii. Uniformidade: recoméndase asistir ao curso co uniforme de traballo.

3. Finalizada a actividade formativa o alumnado deberá superar un exame final.

Sétima. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convocadas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.

Oitava. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Novena. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

2º. Reservarase un 40 % das prazas as persoas con residencia no concello onde se realice o curso na modalidade presencial.

3º. Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso.

4º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.

5º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.

Cando no proceso de selección non se completasen as reservas establecidas nos puntos 1º e 2º, as ditas reservas, de existir suficiente número de solicitantes, completaranse co resto de solicitudes.

Décima. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas seleccionadas serán informadas da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Décimo primeira. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo segunda. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % da parte presencial do curso de formación será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estea motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o director xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitir ao/á alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non cheguen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso a xefatura de ensino proporá ao director xeral o número de horas que se deban recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/do alumna/o ao longo do curso.

Décimo terceira. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a parte presencial, a parte en liña, se for o caso, e a proba final.

Décimo cuarta. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as datas ou o lugar de realización deste, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia, especificamente, poderase suprimir o curso cando o alumnado admitido antes da data de inicio deste non supere o 50 % das prazas convocadas.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar unha resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.

ANEXO II

Cursos descentralizados para a realización do curso básico de protección civil

Modalidade semipresencial

Denominación do curso

Horas lectivas

Horas en liña

Horas prácticas

Prazas

Datas formación en liña

Lugar de realización da xornada práctica

Provincia

Data da formación práctica

Data do exame final

Básico de protección civil

32

22

10

30

Do 28 de febreiro ao 26 de marzo

Noia

A Coruña

23 de marzo

26 de marzo

Básico de protección civil

32

22

10

30

Do 13 de marzo ao 9 de abril

Ortigueira

A Coruña

6 de abril

9 de abril

Básico de protección civil

32

22

10

30

Do 20 de marzo ao 10 de abril

A Coruña

A Coruña

13 de abril

16 de abril

Básico de protección civil

32

22

10

30

Do 22 de febreiro ao 20 de marzo

O Pereiro de Aguiar

Ourense

17 de marzo

20 de marzo

Básico de protección civil

32

22

10

30

Do 28 de febreiro ao 25 de marzo

Bande

Ourense

23 de marzo

25 de marzo

Básico de protección civil

32

22

10

30

Por determinar

Ribadumia

Pontevedra

Por determinar

Por determinar

Básico de protección civil

32

22

10

30

Por determinar

Mos

Pontevedra

Por determinar

Por determinar

Modalidade presencial

Denominación do curso

Provincia

Lugar

Horas lectivas

Prazas

Datas

Básico de protección civil

Lugo

Ribadeo

32

25

Do 3 ao 7 de abril

Básico de protección civil

Lugo

Quiroga

32

25

Do 17 ao 21 de abril