DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11095

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, pola que fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Resolución do 20 de abril de 2023 (DOG núm. 82, do 28 de abril) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, en sesión que tivo lugar o día 24 de xaneiro de 2024, ao abeiro do previsto, entre outras, na base IV.2 da convocatoria do proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

Roberto Carlos Pena Puentes
Presidente do tribunal

ANEXO

Posto

DNI

Apelidos e nome

Total

1

***6679**

Barbeito Pose, Víctor José

43,01

39,49

82,50

2

***3667**

López Calzada, Juan Francisco

37,08

32,25

69,33

3

***4863**

Constela Doce, Jorge Juan

33,25

35,49

68,74

4

***9377**

Elguero Córdoba, Lorena Almudena

37,23

29,00

66,23

5

***9546**

Bustelo Abuín, Julián

39,56

26,50

66,06

6

***8992**

García Valdeiras, Manuel

35,81

29,91

65,72

7

***7484**

Bóveda Fernández, María José

34,53

29,58

64,11