DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11440

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dos postos de supervisión de unidade e supervisión xeral.

Mediante a Resolución do 12 de xullo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 140, do 22 de xullo), convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, de varios postos de supervisión de unidade e supervisión xeral.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos de supervisión de unidade e supervisión xeral convocados neste procedemento, que constan no anexo I.

Segundo. O/a, aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento (artigo 6 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, que modifica o artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde). Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente daÁrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación prazas

Apelidos e nome

DNI

Código

Prazas

Denominación

Centro

Garrido Fonseca, María

***3717**

S-A2-03

1

Supervisión xeral

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

González Rial, Patricia

***7854**

S-A2-03

1

Supervisión xeral

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Deserta (1)

…...

S-A2-03

1

Supervisión unidade Área Ambulatoria

Hospital Público O Salnés

Casalderrey Quiñones,

Mª Ángeles

***1699**

S-A2-03

1

Supervisión unidade Cardioloxía

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Palomares Vázquez,

Mª Remedios

***1558**

S-A2-03

1

Supervisión unidade Cirurxía Impar

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Deserta (1)

...

S-A2-03

1

Supervisión unidade Consultas Externas

Complexo Hospitalario

Universitario de Pontevedra

González Rial, Patricia

***7854**

S-A2-03

1

Supervisión unidade Consultas Externas

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Rodríguez Vidal, Ana Mª

***0152**

S-A2-03

1

Supervisión unidade Neuroloxía-Coidados Paliativos

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Deserta (1)

...

S-A2-03

1

Supervisión unidade Nefroloxía - Diálise

Complexo Hospitalario

Universitario de Pontevedra

Prol Domínguez, Shaila

***2141**

S-A2-03

1

Supervisión unidade Nefroloxía-Diálise

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Rodríguez Corte, Jesús

***0884**

S-A2-03

1

Supervisión unidade Servizo de Transfusión

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

(1) Aspirante non presentado Base 5.9 da convocatoria: a convocatoria será declarada deserta cando non concorran aspirantes que reúnan os requisitos exixidos, ou por proposta motivada da Comisión de Avaliación, cando ningún dos/das aspirantes acade 50 puntos na avaliación do proxecto técnico.