DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11582

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 5 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

O día 22 de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 15 a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

A letra g) do artigo 26.1 prevé como requisito para poder ser persoa beneficiaria das axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais o feito de non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1, relativa ao apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.

Idéntico requisito recolle a letra g) do artigo 32.1 para poder ser beneficiaria das axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias.

A non resolución e notificación no prazo da última convocatoria das axudas da submedida 4.1 fai que ás persoas beneficiarias da axuda desta última convocatoria lles resulte materialmente imposible cumprir o requisito establecido na letra g) dos artigos 26.1 e 32.1 da Orde do 2 de xaneiro de 2024.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G)

A Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G), queda redactada como segue:

Un. Modifícase a letra g) do número 1 do artigo 26, que queda redactado como segue:

«g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, cuxa resolución de concesión fose notificada, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde».

Dous. Modifícase a letra g) do número 1 do artigo 32, que queda redactado como segue:

«g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, cuxa resolución de concesión fose notificada, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural