DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11584

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a atracción de empresas a Galicia, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408H).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 14, do 19 de xaneiro de 2024, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 5089, no artigo 21.3.m), onde di:

«m) Incumprimento das condicións específicas definidas no artigo 18.1.h) destas bases, no caso de proxectos que requiran a realización de obra civil», debe dicir: «m) Incumprimento das condicións específicas definidas no artigo 18.1.h) destas bases, no caso de proxectos que requiran a realización de obra civil, afectando a perda total só este concepto de investimento, agás o disposto no punto 4 seguinte deste mesmo artigo».

Na páxina 5097, no anexo I, no punto 1. Xerais, na letra B) punto 5, onde di:

«5. Adquisición de activos dun establecemento.

(...)

Os proxectos deberán acadar a seguinte simetría entre o investimento infraestrutural (obra civil e outros conceptos inmobiliarios), que denominaremos «O» e o investimento subvencionable en bens de equipamento, que denominaremos «M». O importe que se subvencionará no conxunto de investimento «O» será, como máximo, 1,5 veces «M».

(...)».

Debe dicir:

«5. Adquisición de activos dun establecemento.

(...)

Os proxectos deberán acadar a seguinte simetría entre o investimento infraestrutural (obra civil e outros conceptos inmobiliarios), que denominaremos «O» e o investimento subvencionable en bens de equipamento e outros investimentos en activos fixos, que denominaremos «M». O importe que se subvencionará no conxunto de investimento «O» será, como máximo, 1,5 veces «M».

(...)».