DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12085

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 233, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 e na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 20 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 e no seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas).

Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

As persoas aspirantes serán provistas de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal