DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 11746

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O) para os anos 2024 a 2026.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, establece no seu artigo 22.bis que as entidades públicas ofrecerán programas de preparación para a vida independente dirixidos ás persoas mozas que estean baixo unha medida de protección, particularmente en acollemento residencial ou en situación de especial vulnerabilidade, desde dous anos antes da súa maioría de idade, unha vez cumprida esta, sempre que o necesiten, co compromiso de participación activa e aproveitamento por parte delas. Os programas deberán propiciar seguimento socioeducativo, aloxamento, inserción sociolaboral, apoio psicolóxico e axudas económicas.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, prevé expresamente, no seu artigo 37, que as disposicións en materia de infancia e adolescencia recollidas no seu título II lles serán igualmente aplicables ás persoas maiores de idade cando fosen obxecto dalgunha das medidas administrativas ou xudiciais previstas neste título antes de acadar a maioría de idade.

As persoas que estean baixo una medida de protección administrativa (tutela ou garda) cando acadan a maioría de idade presentan unha serie de características que os sitúan nunha situación de precariedade no seu acceso ao mundo laboral e á integración social. Do mesmo xeito, as ditas características concorren, ou mesmo aparecen agravadas, cando falamos de mozos e mozas nos cales as condutas mencionadas de inadaptación social os levaron a cometer feitos constitutivos de infracción penal, estivesen ou non previamente nunha situación de desprotección familiar.

Para paliar estas situacións e reducir o risco de exclusión social, a Xunta de Galicia vén desenvolvendo durante máis de dúas décadas o programa Mentor de inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social, que actualmente xestiona a través dun contrato administrativo de servizos a entidade Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes).

No marco da execución do Convenio de colaboración entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución de proxectos con cargo aos fondos europeos procedentes do mecanismo para a recuperación e resiliencia, asinouse en 2022 o Convenio de colaboración para os anos 2022-2023 entre a Consellería de Política Social e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector para o desenvolvemento do programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situacion de vulnerabilidade en zonas non urbanas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O obxecto do dito convenio consistiu en contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ao Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector para o desenvolvemento do Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas mediante o cal se lles facilita, a través da súa formación e inserción laboral, o tránsito a unha vida adulta independente e autónoma en contornos demograficamente desfavorecidos.

Tras o remate do dito programa piloto, a Consellería de Política Social e Xuventude considera adecuado concertar a súa continuidade no marco do financiamento europeo do FSE+, dadas as necesidades que se teñen constatado no ámbito do apoio á autonomía e ao tránsito á vida adulta.

Os servizos de orientación e inserción sociolaboral de mozos e mozas en réxime de protección están previstos no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. En concreto, o punto 2.4.6 do anexo defíneos como o conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a dotar as persoas usuarias das ferramentas, habilidades e actitudes necesarias para promover a incorporación a unha vida autónoma e independente, proporcionando os recursos persoais suficientes para o acceso ao mercado laboral.

A habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola entidade pública de protección á infancia e á adolescencia de Galicia.

Este proxecto será cofinanciado pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60 %, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e pola Consellería de Política Social e Xuventude no 40 % restante.

O procedemento tramitarase con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.312B.228, que figura na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na cal existe crédito axeitado e suficiente.

Cumpridos os requisitos do artigo 10 e de conformidade co artigo 11 do dito Decreto 229/2020, a resolución do procedemento BS213O do presente concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O), que se xunta coa presente resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Constitución española dispón no artigo 39, entre os principios reitores da política económica e social, o apoio dos poderes públicos para asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, e sinala igualmente que nenos, nenas e adolescentes deberán gozar da protección prevista nos acordos internacionais, entre os cales deben incluírse os dereitos recoñecidos á infancia pola Convención sobre os dereitos do neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e que está en vigor en España desde o 5 de xaneiro de 1991.

A Comunidade Autónoma de Galicia posúe competencias exclusivas en materia de asistencia social, de conformidade co disposto no artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), e nos reais decretos de transferencia 2411/1982, do 24 de xullo, e 534/1984, do 25 de xaneiro. En virtude da dita competencia aprobáronse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, asumiu entre as súas competencias, segundo o artigo 14.1.b) do Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude, a protección e a tutela das persoas menores en situación de risco ou desamparo nos termos establecidos no Código civil; na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia; no Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro; na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia; na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Un dos principios xerais en materia de protección á infancia e á adolescencia recollidos na Lei 3/2011 é o carácter prioritario das actuacións dirixidas a previren posibles situacións de desprotección e conflito social nas cales se poidan encontrar os nenos, nenas e adolescentes, así como as graves carencias que menoscaben o seu desenvolvemento. En consecuencia, as actuacións da Administración terán por obxecto evitar ou reducir as causas que provoquen ou favorezan os procesos de marxinación ou inadaptación dos nenos, nenas e adolescentes, e reducir ou contrarrestar os seus efectos.

A lei prevé expresamente, no seu artigo 37, que as disposicións en materia de infancia e adolescencia recollidas no seu título II lles serán igualmente aplicables ás persoas maiores de idade cando fosen obxecto dalgunha das medidas administrativas ou xudiciais previstas neste título antes de acadar a maioría de idade.

Na mesma liña, o artigo 22.bis da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, establece a obriga para as entidades públicas de ofrecer programas de preparación para a vida independente.

Deste xeito, a Administración non só debe asumir a protección e o coidado dos nenos, nenas e adolescentes que se atopan en situación de risco ou desamparo, senón que debe manter o apoio cando estas persoas acadan a maioría de idade para previr que desemboquen en situacións de risco e exclusión social.

As persoas que están baixo una medida de protección administrativa (tutela ou garda) cando acadan a maioría de idade presentan unha serie de características que as sitúan nunha situación de precariedade no seu acceso ao mundo laboral e á integración social. Estas problemáticas agrávanse e requiren unha atención específica cando se dan en contornas demograficamente desfavorecidas.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

Os servizos de orientación e inserción sociolaboral de mozos e mozas en réxime de protección están previstos no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. En concreto, o punto 2.4.6. do anexo defíneos como o conxunto de intervencións técnico-profesionais destinadas a dotar as persoas usuarias das ferramentas, habilidades e actitudes necesarias para promover a incorporación a unha vida autónoma e independente, proporcionando os recursos persoais suficientes para o acceso ao mercado laboral.

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto deste concerto social é o desenvolvemento do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, de acordo coas prescricións recollidas no prego técnico e durante os anos 2024 a 2026, e con posibilidade de prórrogas ata o 31 de decembro de 2028.

O programa ten como finalidade favorecer, a través do seu acompañamento socioeducativo e da súa formación e inserción laboral, o tránsito destas persoas a unha vida adulta independente e autónoma nas contornas demograficamente desfavorecidas repartidas nas seguintes áreas:

– Área occidental, que comprende os seguintes concellos:

Vilalba, Guitiriz, Begonte, Cospeito, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Palas de Rei, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, Taboada, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Beariz, O Irixo, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Boborás, O Carballiño, Maside, Amoeiro, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Avión, Leiro, San Amaro, Punxín, Cenlle, Melón, Carballeda de Avia, Beade, Ribadavia, A Arnoia, Cortegada, Castrelo de Miño, Toén, Taboadela, Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Allariz, Xunqueira de Ambía, Coles, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.

– Área central, que comprende os seguintes concellos:

Castroverde, O Corgo, Baralla, O Páramo, Láncara, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela, Bóveda, O Incio, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Sober, Ribas de Sil, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas e San Xoán de Río.

– Área oriental, que comprende os seguintes concellos:

Quiroga, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Rubiá, A Pobra de Trives, Larouco, A Rúa, Petín e Carballeda de Valdeorras.

Nestas áreas levaranse a cabo os seguintes obxectivos.

– Inserción laboral de rapaces/as tutelados/as, extutelados/as e con medidas xudiciais.

– Redución do descenso poboacional das zonas de atención, procurando que os/as rapaces/as atendidos fagan proxectos de vida nas áreas de traballo delimitadas.

Pódense recoñecer neste programa, polo tanto, dous grandes obxectivos xerais:

– Acadar a inserción laboral e social das persoas mozas tuteladas, extuteladas e/ou con medidas xudiciais vencellados ás áreas xeográficas definidas neste concerto.

– Reducir o descenso poboacional nas zonas de atención fomentando que as persoas mozas atendidas desenvolvan os seus proxectos de vida nesas contornas xeográficas.

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O concerto será asignado a unha única entidade.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Xuventude financiará o custo derivado da execución do presente concerto cunha contía máxima de 1.695.686,74 € (IVE incluído) no período 1 de xaneiro de 2024 a 31 de decembro de 2026. Este importe será cofinanciado nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4, Unha Europa máis social e inclusiva por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais, prioridade 2, Inclusión social e loita contra a pobreza, obxectivo específico ESO4.8. Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non-discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos, e medida 2.H.05. Inserción sociolaboral de persoas mozas suxeitas a medidas de protección ou en conflito social, con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.312B.228, que figura na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na cal existe crédito axeitado e suficiente. De ser o caso, para o incremento do crédito e logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, é necesario o informe previo favorable do organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (actualmente a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos).

Este concerto deberá someterse ás disposicións do Tratado da Unión Europea e aos actos fixados na súa virtude, e será coherente coas actividades, políticas e prioridades comunitarias en prol dun desenvolvemento sustentable e mellora do ambiente, e deberase promover o crecemento, a competitividade, o emprego e a inclusión social, así como a igualdade entre homes e mulleres, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como ás normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e política de visados.

Quedará suxeito á normativa comunitaria, nacional e autonómica que resulte aplicable ás operacións cofinanciadas co Fondo Social Europeo Plus. En particular, será de aplicación a seguinte normativa específica: o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura; as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e política de visados; o Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, así como as normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.

D.2. Distribución en anualidades:

Distribución de anualidades

2024

2025

2026

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

Sen IVE

305.487,37 €

203.658,25 €

509.145,62 €

309.716,33 €

206.477,56 €

516.193,89 €

309.716,33 €

206.477,56 €

516.193,89 €

Con IVE

336.036,11 €

224.024,07 €

560.060,18 €

340.687,97 €

227.125,31 €

567.813,28 €

340.687,97 €

227.125,31 €

567.813,28 €

2027 (posible prórroga)

2028 (posible prórroga)

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

Sen IVE

309.716,33 €

206.477,56 €

516.193,89 €

309.716,33 €

206.477,56 €

516.193,89 €

Con IVE

340.687,97 €

227.125,31 €

567.813,28 €

340.687,97 €

227.125,31 €

567.813,28 €

Posibles modificacións

2024

2025

2026

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

Sen IVE

152.743,69 €

101.829,12 €

254.572,81 €

154.858,17 €

103.238,78 €

258.096,95 €

154.858,17 €

103.238,78 €

258.096,95 €

2027 (posible modificación)

2028 (posible modificación)

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

Sen IVE

154.858,17 €

103.238,78 €

258.096,95 €

154.858,17 €

103.238,78 €

258.096,95 €

Total de anualidades do concerto inicial 2024-2026

Valor estimado: total anualidades + posibles
prórrogas + posibles modificacións (sen IVE)

Total FSE+
(concerto inicial)

Total FP
(concerto inicial)

Total FSE+/FP
(concerto inicial)

Total FSE+

Total FP

Total FSE+/FP

Sen IVE

924.920,04 €

616.613,36 €

1.541.533,40 €

2.316.529,06 €

1.544.352,71 €

3.860.881,77 €

Con IVE

1.017.412,04 €

678.274,70 €

1.695.686,74 €

D.3. Prezo:

O prezo que a Consellería de Política Social e Xuventude aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto articúlase en función de dous tramos:

a) Un tramo fixo mensual, que cobre os gastos de persoal e os custos de funcionamento da entidade concertada, de acordo co estudo de custos, exixido polo artigo 10.2.d) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, que figura no expediente deste concerto social. Este importe reflicte en cada ano os incrementos salariais que se desprenden do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores (BOE núm. 42, do 18 de febreiro de 2021), e que se recollen na distribución por anualidades recollida no punto anterior.

De acordo coa dita evolución salarial, as contías (con ou sen IVE en función das características da entidade adxudicataria deste concerto social, segundo indica o artigo 20.Un.8º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido), que percibirá a entidade adxudicataria neste tramo son as seguintes:

Anualidade/s

Contía mensual que facturará a entidade adxudicataria

Sen IVE

Con IVE

2024

29.512,14 €

32.463,35 €

2025-2026 (son posibles prórrogas 2027 e 2028)

30.099,49 €

33.109,44 €

b) Un tramo variable, que se aboará en función das prestacións económicas aboadas ás persoas usuarias, de acordo co prego de prescricións técnicas, e a que a entidade adxudicataria deberá estar en disposición de dedicar un máximo de 155.000 euros anuais (IVE incluído).

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O), terá unha vixencia desde a data de formalización do concerto, prevista para o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2026, con posibilidade de prórrogas ata o 31 de decembro de 2028 en caso de existir crédito adecuado e suficiente.

De acordo co artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, coa finalidade de garantir a estabilidade na súa provisión, despois da resolución deste concerto social, o programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto financiado con fondos propios ou da UE, sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente.

F) Entidades e requisitos que deben cumprir para poder presentarse ao procedemento de concertación.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

As ditas entidades deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase mediante un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 200.000,00 euros.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil por riscos profesionais, vixente ata a finalización do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior ao seguinte valor anual: 200.000,00 €.

A súa acreditación efectuarase por medio de:

1. Declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica ou profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite, cando menos, un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto que prestase algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a finalización do prazo de presentación de proposicións) cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexa igual ou superior 200.000 euros.

– Polo menos que a persoa que exerza de coordinador/a e outros dous membros do equipo técnico conten, respectivamente en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que pola súa vez prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II, solicitude de participación), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, como se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V (relación de persoal adscrito ao servizo) da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento »pendente de contratación».

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa, diferenciado nas seguintes epígrafes:

– Proxecto de intervención coas persoas mozas.

– Accións de difusión e sensibilización en relación co programa.

– Sistema de avaliación dos resultados da intervención.

e.2) Descrición das instalacións nas cales se levará a cabo o servizo: para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e documentos seguintes:

– Situación xeográfica, coa súa localización en plano.

– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, xuntaranse planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalarase para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os usos correspondentes.

– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.

e.3) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, xunto coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.4) Declaración sobre a experiencia do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite (contratos laborais e certificados de ter prestado servizos en programas relacionados coa orientación e inserción sociolaboral de mozos e mozas), de acordo co establecido na cláusula O.

e.5) Declaración sobre a formación do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite, de acordo co establecido na cláusula O.

e.6) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable, que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realice a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) DNI ou NIE da persoa empregada.

d) Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia das entidades solicitantes.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT (anexo II, solicitude de participación).

f) Comprobación de estar ao día coa Seguridade Social (anexo II, solicitude de participación).

g) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo II, solicitude de participación).

h) Consulta da inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Titulación do persoal da entidade adxudicataria (títulos oficiais non universitarios ou universitarios), segundo o disposto no prego de prescricións técnicas.

I.2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

I.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

J) Órganos competentes para tramitar e resolver o procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

A resolución correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

K) Procedemento do concerto social.

K.1. Instrución:

K.1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación seleccionando a entidade prestadora do servizo segundo as prestacións ou programas que desenvolverá durante o concerto social, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

K.1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e que achegaron a documentación preceptiva.

K.2. Informe da Comisión de Valoración:

K.2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Xuventude.

K.2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe en que figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas. Proporá para a execución do concerto a entidade que reúna maior puntuación.

K.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria:

Unha vez aceptada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III (documentación que presentará a entidade adxudicataria).

– Relación de persoal adscrito ao servizo, con detalle dos datos que non se achegaron coa solicitude: anexo V (relación de persoal adscrito ao servizo) e anexo VI (consentimento individualizado da comprobación de datos).

– Documentación que acredite a formación e a experiencia do persoal asignado ao proxecto (contratos laborais e certificados de ter prestados servizos en programas relacionados coa autonomía e tránsito á vida adulta de adolescentes en situación de risco ou desamparo), en caso de non tela presentado coa solicitude.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a continuación: a entidade adxudicataria virá obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.

2. De responsabilidade civil que cubra:

– Os danos que poida sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento dos locais da entidade adxudicataria con que conta o programa.

– Os danos que poidan ser causados ás persoas e aos bens de terceiros polos profesionais e, en xeral, calquera persoa dependente da entidade adxudicataria, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000,00 € por sinistro e 300.000,00 € por anualidade.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización e cada vez que se renove a póliza.

– Xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas Delegacións provinciais da Axencia tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe no punto S.2 desta resolución.

K.4. Formalización do concerto:

K.4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo co contido establecido no artigo 19 do Decreto 229/220, do 17 de decembro, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

K.4.2. O documento de formalización subscribirao, en representación da Administración, a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

K.4.3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

K.4.4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

K.4.5. Cando por causas imputables á entidade concertada non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de terse constituído.

K.4.6. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración, indemnizarase a entidade polos danos e perdas que a demora lle puider ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Notificación, resolución e publicación.

M.1. Dado que o programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas está cofinanciado polo FSE+, deberá notificárselle ao beneficiario un documento en que se establezan as condicións da axuda. Nesta resolución constará a información sobre o cofinanciamento polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e a correspondente porcentaxe, con indicación do obxectivo político, prioridade e obxectivo específico e medida. Así mesmo, figurará a identificación do adxudicatario, o prezo que recibirá e as obrigas que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deben entregarse ou prestarse, o plan de financiamento, o prazo de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA). Tamén se lle informará de que a adxudicación do concerto poderá implicar a súa aparición na lista de operacións, que se publicará nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño.

M.2. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación realizada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

M.4. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

M.5. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e, rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

M.6. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.7. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

M.8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses, contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

M.9. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e réxese nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro; pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como pola Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que puideren presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución resolveraas a Consellería de Política Social e Xuventude. Os seus acordos poñen fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderase interpor recurso dereposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

O.1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non-discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese entre os criterios de desempate.

O.2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

a) Calidade do proxecto de intervención educativa (40 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Proxecto de intervención coas persoas mozas: ata 25 puntos. Terase en conta a coherencia entre as distintas problemáticas e necesidades atendidas e os obxectivos, contidos, metodoloxía e actividades propostos, segundo os seguintes criterios:

• Descrición das necesidades e características das persoas beneficiarias deste programa: ata 3 puntos.

• Descrición da situación sociodemográfica e das posibilidades laborais das zonas xeográficas en que se desenvolve o programa en relación cos seus obxectivos: ata 3 puntos.

• Definición da estrutura e fases da intervención (incluirase un protocolo que describa a incorporación das persoas usuarias no programa), elaboración do plan de actuación, intervención, seguimento e finalización: ata 7 puntos.

• Desenvolvemento da intervención, que se aplicará en función das características e necesidades das persoas mozas: ata 7 puntos.

• Sustento teórico, estratexias e ferramentas a través das cales se articulará o programa: ata 5 puntos.

a.2) Protocolo de concesión de achegas económicas para a independencia: ata 5 puntos.

a.3) Accións de difusión e sensibilización en relación co programa: ata 5 puntos.

a.4) Calidade do sistema de avaliación dos resultados da intervención. Valorarase a implantación de certificacións de calidade como UNE 0070:2022: ata 5 puntos.

b) Instalacións en que se levará a cabo o servizo: ata 10 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

b.1) Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos, así como grao de adecuación dos equipamentos ás actividades que se vaian realizar, incluída a situación xeográfica: ata 5 puntos.

b.2) Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade: ata 5 puntos.

c) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade: ata 10 puntos:

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto do seguinte xeito:

c.1) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente (4 puntos).

c.2) Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente (4 puntos).

c.3) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), ou equivalente (2 puntos).

d) Experiencia do persoal asignado ao proxecto: ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano de experiencia do persoal asignado ao proxecto en materia de orientación e inserción sociolaboral de mozos e mozas. Terase en conta tanto a experiencia laboral como o persoal técnico en programas ou servizos relacionados directamente co obxecto deste concerto, incluídos os prestados no ámbito dos servizos sociais comunitarios.

En caso de que a entidade acredite a súa solvencia técnica ou profesional (liña b.2 da cláusula F desta resolución) a través da experiencia de dous anos da persoa que exerza de de coordinadora e outros dous membros do equipo técnico, este período non se terá en conta para o cómputo neste criterio.

e) Formación do persoal asignado ao proxecto: ata 15 puntos. Valorarase cun punto cada dez horas de formación do persoal en materia de protección á infancia. Neste sentido, terase en conta a participación en congresos ou xornadas, sempre que as certificacións de asistencia se refiran aos dez últimos anos. Para que sexan baremadas, as actividades formativas terán que corresponder a formación regrada e homologada ou ter sido organizadas por entidades autorizadas pola Administración a prestar servizos sociais (inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais ou equivalente).

f) Por cada ano de servizos acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia: ata 10 puntos. Computarase un punto por cada ano por riba do requisito mínimo para optar ao concerto establecido na letra c) da cláusula F desta resolución (dous anos).

Empregarase como criterio de desempate un número de integrantes do cadro de persoal superior ao 2 % nos termos do artigo 147.1.a) e do Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010, así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas estean nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de persoal fixo con discapacidade no seu cadro de persoal.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

P.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal funcionario que a continuación se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefatura do Servizo de Protección de Menores

Xefatura do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Psicólogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Psicólogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Pedagogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Psicólogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Traballador/a social (Servizo de Protección de Menores)

Pedagogo/a (Servizo de Protección de Menores)

Secretaría

Xefatura da Sección de Contratación

Xefatura da Sección de Tramitación Administrativa

P.2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

P.3. O órgano instrutor, a través da Comisión de Valoración, poderá solicitarlles aos interesados cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisos para a adecuada resolución do procedemento, e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os cales se incluirá en todo caso un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

P.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

Q) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

Q.1. Definición do servizo:

Este programa desenvolverase para apoiar as persoas mozas beneficiarias no seu tránsito á vida adulta desde o sistema de protección. Preténdese, desde un enfoque positivo, non só evitar a exclusión social dun colectivo tan vulnerable senón acadar a súa integración social e benestar persoal.

Constitúe un recurso dirixido a preparar as persoas mozas que están ou estiveron baixo medidas de protección ou cumprindo medidas xudiciais para que poidan incorporarse á vida independente en condicións que permitan a súa integración laboral e social, e evitar o risco de exclusión social derivados, da falta de apoios e recursos económicos, sociais e familiares, para acadaren o seu asentamento e o desenvolvemento do seu proxecto de vida nalgunha das zonas xeográficas obxecto de intervención. Desta forma contribuirase ao desenvolvemento e potenciación desas zonas rurais.

Os obxectivos específicos que se perseguen con este programa son:

– Facilitar a inserción laboral dos mozos e mozas que se incorporen ao programa a través da información, formación, orientación, asesoramento, apoio e acompañamento individualizado ao longo do proceso.

– Estimular os mozos e mozas que se incorporen ao programa para que se impliquen e participen activamente nos seus procesos de emancipación. Fomentarase o seu compromiso cun nivel de exixencia progresivo.

– Dotar as persoas participantes de competencias para a procura activa de emprego.

– Dotar as mozas e os mozos de estratexias e coñecementos para recoñecer e manexar os recursos laborais da súa contorna.

– Promover a continuidade e a estabilidade nos apoios ata que os mozos estean preparados para desenvolverse de modo autónomo.

– Facilitar a inserción social dos mozos e mozas a través da mellora das súas habilidades persoais e sociais, e fomentar a súa participación nos recursos sociais normalizados e na vida cultural e social da súa contorna, de modo que as persoas mozas poidan chegar a construír unha rede social extensa e capaz de proporcionarlles un apoio instrumental e emocional.

– Desenvolver un traballo en rede con outros recursos institucionais e comunitarios que incidan sobre a transición á vida adulta da persoa moza.

– Preparar os mozos e mozas para a vida independente, ofrecer asesoramento e apoio na toma de decisión relacionadas con calquera aspecto relacionado coa vida adulta, incluídas, de ser o caso, as relacións coa súa familia.

– Fomentar o desenvolvemento de habilidades que faciliten a preparación práctica e psicolóxica para a incorporación a unha vida adulta autónoma.

– Contribuír na redución do descenso demográfico nas zonas indicadas procurando que as persoas mozas atendidas desenvolvan os seus proxectos vitais nesas áreas.

– Xerar alternativas de emprego nas áreas xeográficas de desenvolvemento do programa.

– Crear alternativas de vida independente, alternativa de vivenda e capacidade de desprazamento nas zonas de influencia.

– Mellorar a conexión e capacidade de interconexión da mocidade residente na zona e de alta no programa.

– Proporcionar aqueles apoios económicos que permitan remover os atrancos que dificulten o seu proceso de emancipación e autonomía.

Para conseguir estes obxectivos, o programa deberá ofrecer as seguintes prestacións que a continuación se detallan e poderán ser as persoas mozas destinatarias usuarias de todas ou dalgunha delas, en función das súas necesidades.

– Área de inserción laboral.

As actividades nesta área estarán dirixidas a mellorar as competencias de empregabilidade das persoas mozas e á intermediación e sensibilización co tecido empresarial vinculado ás zonas xeográficas en que se intervén.

– Elaboración dun itinerario individualizado de inserción para cada participante, que se plasmará documentalmente nun proxecto individualizado de inserción, que deberá ter en conta as súas circunstancias e necesidades persoais e as posibilidades formativas e laborais que teñan ao seu alcance, e no cal se detallarán as estratexias e ferramentas de capacitación para a inserción.

– Proporcionar asesoramento, información e acompañamento socioeducativo ás persoas participantes ao longo do proceso de execución do itinerario e seguimento durante os meses posteriores ao acceso ao posto de traballo.

– Formar as persoas participantes en habilidades básicas de tipo persoal, social e laboral que faciliten o acceso ao emprego e o mantemento deste. No caso de persoas participantes estranxeiras, potenciarase a aprendizaxe dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma galega.

– Xestionar a utilización da rede de recursos formativos, tales como cursos de formación ocupacional ou prelaboral e de inserción existentes na zona xeográfica en cuestión.

– Acompañamento e derivación aos recursos comunitarios correspondentes para unha mellora da empregabilidade.

– Realizar titorías individuais cos mozos participantes coa periodicidade que se estableza, nas cales se revisará o plan de traballo e se valorarán os progresos, e consensuaranse novos obxectivos e deseñaranse as estratexias para logralos.

– Pórse en contacto e/ou establecer convenios de colaboración con entidades públicas e/ou privadas para desenvolver accións no marco laboral e formativo, así como a captación de ofertas de emprego e de formación.

– Realización de actividades formativas ad hoc para empresas de especial interese estratéxico para o programa.

– Prospección empresarial para localizar novos nichos de emprego.

– Establecer contactos con asociacións empresariais, entidades relacionadas co emprego ou outros organismos que poidan supor un recurso para o programa, para conseguir oportunidades formativas e laborais, deseñar estratexias conxuntas que faciliten o proceso de inserción e para promover o coñecemento mutuo entre empresarios e participantes no programa, sensibilizarase así o colectivo empresarial respecto a este grupo de poboación.

– Área de prestacións económicas.

A entidade adxudicataria apoiará economicamente as persoas usuarias do programa que así se determinen, mediante achegas á independencia e autonomía que permitan o mantemento dos gastos persoais relacionados coa execución das diferentes actuacións do programa. Como mínimo preverase apoio económico para o acceso á formación, ao emprego, á vivenda, transporte e gastos de manutención. Así mesmo, a entidade adxudicataria levará a cabo o control e o seguimento destas achegas.

Para esta concesión constituirase unha comisión composta por membros da entidade adxudicataria e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. A concesión axustarase a un protocolo, que deberá aprobar a Dirección Xeral, que recollerá os supostos, modalidades, duración e contías.

Se durante a execución do servizo se previsen remanentes na cantidade anual destinada a este fin, poderán ser destinados á realización de actividades formativas, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

A concesión destas prestacións axustarase a un protocolo, que deberá ser aprobado pola Dirección Xeral da Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, que recollerá os supostos, modalidade, duración e contías.

– Área de apoio á vida independente e de acompañamento referencial.

Para enfrontar as dificultades de illamento e carencia de apoios que pode supor o tránsito á vida adulta no colectivo de persoas mozas a que se dirixe este programa, ofreceráselles acompañamento referencial e asesoramento, e axudaráselles a construír ou reforzar a súa rede de apoio social, dun modo semellante ao que se coñece como mentoría social.

– Apoio á persoa moza na realización dos trámites necesarios para a obtención de calquera tipo de documentación que puider precisar (DNI, tarxeta sanitaria, documentación co consulado, xestión de permisos de residencia, tramitación de prestacións…).

– Deseñar accións ou promover a participación das persoas mozas en accións no ámbito comunitario co fin de fomentar a cohesión social, a convivencia, a visibilización, a participación e a integración dos participantes na comunidade de acollida.

– Coordinación, de ser o caso, cos educadores dos menores que residan nalgún recurso residencial do sistema de protección.

– Programa de adestramento en habilidades para a vida independente, a toma de decisións e a resolución de problemas.

– Programas ou obradoiros sobre xestión económica persoal básica.

En relación cos puntos anteriores, a entidade adxudicataria adquire as seguintes obrigas en relación co desenvolvemento do programa:

– Seguir a metodoloxía e procedemento de intervención do proxecto técnico que presente, de acordo cos labores de coordinación establecidos pola Consellería de Política Social e Xuventude.

– Realizar informes e documentación necesarios por petición da Administración contratante, referidos tanto a usuarios individuais como ao funcionamento do programa. Como mínimo deberá emitirse un informe individual cada vez que un usuario cause baixa no programa e unha memoria técnica anual, que conterá, polo menos, a información recollida no modelo establecido no anexo VII (contido mínimo da memoria xustificativa anual) da resolución de convocatoria do concerto social polo que se regula este servizo, e que se lle remitirá ao Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Toda a información estatítica relativa ás persoas participantes deberá presentarse desagregada por sexo.

– Deseño e posta en práctica de sistemas de avaliación e procesos de control de calidade na execución do programa.

– Desenvolver as actividades necesarias para a formación do persoal encargado da execución do programa.

– Realización de actividades de comunicación, divulgación e sensibilización social orientadas ao fomento da implicación da sociedade civil na integración social das persoas usuarias.

As intervencións e actividades que se desenvolvan no programa guiaranse polos seguintes principios:

• Superior interese da persoa usuaria. Como todas as medidas de protección e intervención con adolescentes e persoas adultas extuteladas, o Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas deberá estar xustificado por ser a actuación que mellor atende os intereses concretos de cada persoa moza en cada momento. Iso implica a protección e a garantía dos seus dereitos fundamentais como persoa, consagrados na Convención de dereitos do neno e recollidos na lexislación española e galega.

• Atención ás necesidades dos mozos e mozas como eixe prioritario. O Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, así como os procedementos que se establezan para o seu desenvolvemento, deberán basearse, fundamentalmente, na súa capacidade para cubrir adecuadamente as necesidades das persoas mozas.

• Atención integral, individualizada, proactiva e rehabilitadora. A atención do programa ás persoas mozas deberá estar baseada na educación integral desas mozas e mozos, con especial atención ás súas necesidades intelectuais, afectivas e de relación co seu contorno social. As medidas que se adopten terán en conta as potencialidades, necesidades e desexos da persoa moza.

• Detección temperá das dificultades. Os profesionais do programa amosarán dispoñibilidade para realizar a detección temperá das dificultades que poidan entorpecer o adecuado desenvolvemento das intervencións futuras e así poder propor aqueles recursos que sexan necesarios, segundo, se é o caso, o criterio do correspondente equipo técnico do menor (ETM).

• Os profesionais que desenvolven o programa tratarán de que a persoa moza estea o máis confortable posible coas actuacións. Isto garantiráselle por medio dun bo trato persoal e mediante a reparación da súa confianza nos adultos, á vez que se lle potencia o seu desenvolvemento persoal e a súa integración social.

• Participación das persoas mozas nas decisións que lles afecten. A participación das persoas mozas na organización e funcionamento dos programas non só é un dereito recoñecido pola normativa vixente, senón que tamén é un obxectivo educativo e unha das ferramentas básicas para acadar o logro da emancipación. Ao ser a transición á vida adulta o obxecto de traballo deste programa, perseguindo como obxectivos a mellora das súas habilidades de toma de decisión, da súa autoestima e autoeficacia, e da súa responsabilización no seu proceso de emancipación, a participación adquire un carácter esencial na intervención. Garantirase, polo tanto, a participación da persoa moza en todo o proceso, posibilitando unha toma de decisión informada e tendo en conta a súa opinión e intereses na avaliación das necesidades, na planificación, na implementación e na revisión da intervención. O plan de traballo que se adopte será entón consecuencia do consenso entre a persoa moza e o profesional que a acompaña no proceso.

• Normalización e especialización. Estes dous conceptos complementarios farán que as persoas mozas poidan gozar dunha vida normalizada dentro das rutinas cotiás e dun acceso amplo aos recursos da comunidade. Pero tamén poderán adquirir aqueles coñecementos e destrezas cos cales poidan cubrir as súas necesidades específicas, as cales, doutro xeito, quedarían desatendidas.

Potenciarase a creación de redes sociais que constitúan alternativas referenciais diferentes e externas ao contexto do fogar, proporcionando espazos de vida normalizados e, de ser o caso, apoios sociais personalizados.

• Transparencia, eficacia e eficiencia. O programa contará cunha metodoloxía deseñada a partir do proxecto individualizado de inserción, no cal se contextualizarán e se xustificarán unhas estratexias de afrontamento e abordaxe coherentes e que poidan levar a resultados positivos. A entidade concertada incorporará os sistemas de rexistro que se precisen para o control das principais actividades e incidencias que se desenvolvan, secuenciando e monitorizando a evolución das persoas mozas mediante a avaliación continua.

• Proporcionalidade e intervención mínima: as actuacións que se leven a cabo axustaranse estritamente ás necesidades detectadas nos mozos participantes, polo que as intervencións terán que someterse aos principios de legalidade, necesidade, proporcionalidade e intervención mínima na súa vida escolar, familiar e social, á vez que se lles asegura a ausencia de praxes e intervencións especializadas sen unha adecuada fundamentación, e que estas non excedan nin o tempo nin a intensidade que requira cada caso.

• Perspectiva de xénero. En todo o proceso estará presente de xeito transversal un enfoque integrado de xénero que facilite o acceso de mulleres aos programas e busque a súa participación.

• Transferencia: que se recollan e se sistematicen as experiencias das intervencións realizadas para posibilitar a transmisión dos coñecementos adquiridos.

• Innovación: que se introduzan as propostas innovadoras que permitan avanzar na busca de recursos útiles para a mellora da integración social do colectivo destinatario do programa.

Q.2. Poboación atendida polo servizo:

Serán beneficiarios do programa as persoas mozas en situación de desamparo ou risco social entre os 16 e os 21 anos, e, excepcionalmente, ata os 25 anos, tutelados, extutelados e/ou con medidas xudiciais residentes, ou que vaian residir, nas áreas xeográficas definidas neste concerto. Estas persoas mozas deberán ser previamente derivadas pola xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude, logo da proposta dos equipos técnicos do menor e coa conformidade do usuario.

Tamén poderán propor persoas beneficiarias en función da situación de risco de desprotección os servizos sociais comunitarios do ámbito territorial que abrangue o programa. Para iso, os servizos sociais comunitarios deberán remitir un expediente que inclúa a declaración de risco e a solicitude motivada á xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude que corresponda. Esta xefatura territorial valorará a inclusión de cada caso no programa, tendo en conta, entre outros factores, o número de persoas beneficiarias derivadas pola Administración autonómica.

Estímase que o número de persoas usuarias do programa é de 420 ao ano, e calcúlase un número de ata 210 de xeito simultáneo.

É moi frecuente que as persoas mozas tuteladas, ao chegar ao período de tránsito á vida adulta, estean desprovistas de apoios fundamentais para emprender ese reto: escasos apoios familiares e sociais que faciliten o acceso ao mercado laboral, baixo nivel formativo, carencia de habilidades para a vida autónoma, dependencia do sistema…, conforma o que un contexto de vulnerabilidade social que provoca que as figuras profesionais se convertan no principal apoio de que dispoñen estas persoas mozas no tránsito á vida adulta.

Pero ás persoas mozas que residen en zonas rurais como as indicadas neste programa engádenselles outras dificultades no seu tránsito á vida autónoma derivadas das condicións socioeconómicas desas zonas. En particular, resulta común que as persoas usuarias prevexan proxectos de vida con poucas posibilidades de inserción. As ratios de empresas por persoas nas zonas xeográficas obxecto deste programa son extremadamente baixos, máis se sumamos unha gran dispersión xeográfica e a dificultade de mobilidade polas áreas xeográficas localizadas. Será importante facilitarlle a esta mocidade medidas para que se poidan desprazar facilmente por todo o territorio. Ante a dificultade sobrevida da fraxilidade do sector empresarial nesas zonas, faise necesario conseguir que poidan ser máis áxiles á hora de desprazarse polo territorio.

Q.3. Contidos do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas:

– Difusión do programa.

Deberán levarase a cabo actuacións de difusión e presentación do programa ás institucións e persoas chave da área de influencia.

Estas actuacións terán por obxecto a sensibilización da sociedade das áreas xeográficas de actuación sobre os retos que afrontan as persoas mozas en protección e mitigar o estigma social que as acompaña. Outro propósito fundamental desta difusión é dar a coñecer o programa e acadar a colaboración e participacion das institucións e dos axentes sociais e económicos destas áreas.

– Fases.

O proceso de integración sociolaboral e mellora da empregabilidade das persoas mozas incorporadas ao programa concretarase nun itinerario individualizado de inserción sociolaboral, acordado co participante, composto por un conxunto secuencial de accións adaptadas ás características, capacidades, necesidades e expectativas de cada persoa. Utilizarase unha metodoloxía de acompañamento individualizado e estableceranse canles e mecanismos de coordinación con outras entidades públicas e/o privadas.

O desenvolvemento secuencial destas accións suporá a realización das seguintes fases:

a) Acollida e diagnóstico sociolaboral, que deberá incluír a valoración do nivel de empregabilidade.

b) Deseño, acordado con cada participante, do seu itinerario individualizado de inserción sociolaboral estableceranse os obxectivos previstos e as accións necesarias para a súa consecución.

O itinerario individualizado de inserción sociolaboral poderá estar composto polas seguintes accións:

• Atención social integral.

• Formación básica.

• Formación dirixida á adquisición de competencias tecnolóxicas para a procura activa de emprego.

• Formación complementaria, en especial sobre a igualdade de oportunidades e de xénero.

• Formación dirixida á adquisición de competencias prelaborais e transversais.

• Formación ocupacional, que poderá incluír formación práctica en empresas.

• Orientación laboral.

• Intermediación laboral.

• Apoio e seguimento no emprego.

• Coordinación cos servizos sociais de atención primaria e especializados.

• Calquera outra actuación que se precise para a adquisición e/o mantemento de competencias persoais, sociais e laborais.

c) Desenvolvemento do itinerario individualizado de inserción.

d) Avaliación do nivel de consecución dos obxectivos previstos no deseño do itinerario e o nivel de empregabilidade alcanzado polo participante, mediante un sistema de indicadores válidos, medibles e pertinentes.

A entidade adxudicataria do concerto elaborará unha memoria técnica anual, segundo o modelo establecido no anexo VII (contido mínimo da memoria xustificativa anual) da resolución de convocatoria do concerto social polo que se regula este servizo, que se lle remitirá ao Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Q.4. Medios para a prestación do servizo.

Q.4.1. Locais e equipamento.

A entidade adxudicataria proporcionará a totalidade dos medios e materiais necesarios para facilitar unha atención adaptada ás condicións do servizo, entre os cales están o local ou locais, o material informático, o telefónico..., adecuados para desenvolver as súas funcións.

A entidade ofrecerá un mínimo de catro sedes distribuídas no territorio que abranga o programa segundo as áreas establecidas no obxecto deste concerto, que contarán con baños e unha zona destinada a despacho do equipo do programa. Os espazos deberán ser accesibles co fin de que poidan ter acceso persoas con diversidade funcional.

Por outra banda, co fin de facilitar as tarefas dos profesionais que interveñen no programa, traballarase con bases de datos informatizadas, co que se centralizará deste xeito a documentación coa finalidade axilizar a xestión documental, e cumprirase coa Lei de protección de datos.

Q.4.2. Desprazamentos e axudas de custo.

Todos os gastos derivados de desprazamentos e axudas de custos correran a cargo da entidade adxudicataria.

Q.4.3. Marco de actuación.

A entidade adxudicataria deberá garantir o cumprimento dos procedementos establecidos pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a normativa que afecte o servizo.

Q.4.4. Medios humanos.

Os medios persoais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da entidade adxudicataria, que deberá pór á disposición do servizo o persoal necesario e coa adecuada preparación técnica, de acordo coas indicacións contidas neste prego, para a atención das persoas mozas que son obxecto deste concerto.

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica poderá exercer en calquera momento a comprobación do cumprimento das ratios de persoal da entidade vinculada ao concerto, mediante o requirimento dos documentos de relación nominal de traballadores, ou ben mediante a comprobación in situ a través dos seus servizos de inspección.

A entidade adxudicataria deberá atender debidamente as necesarias substitucións de persoal do equipo técnico en caso de baixa, vacacións, licenzas, etc.

O persoal que forme parte do equipo técnico deberá achegar, de acordo co artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos.

O equipo técnico interprofesional estará constituído por unha persoa que asume a coordinación do equipo, sete técnicas/os de integración social e un/unha auxiliar administrativo/a.

A. O/a coordinador/a do programa ten baixo a súa responsabilidade a supervisión e xestión directa do persoal adscrito ao programa. É o/a encargado/a de coordinar o equipo de traballadores/as e constitúe a persoa interlocutora cos servizos da Administración. Contará cunha titulación adecuada do ámbito social.

As súas funcións, entre outras, serán as de:

• Cumprir as instrucións, directrices e resolucións que a entidade pública dite ao respecto.

• Dirixir e coordinar os servizos prestados pola entidade en relación con este programa e supervisar as tarefas do persoal vinculado ao servizo de xeito que se garante a interdisciplinariedade e a calidade da intervención.

• Planificar e supervisar a intervención socioeducativa.

• Controlar que as instalacións e materiais para a realización do traballo do programa sexan os adecuados e que estean en bo estado para o desenvolvemento das actividades.

• Asegurar que os profesionais e equipos de traballo do programa cumpran coa normativa vixente, as directrices e instrucións das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, así como coas normas de funcionamento interno do servizo.

• Velar polo cumprimento dos dereitos das persoas usuarias e dos seus proxectos individualizados de inserción.

• Garantir o proceso e tratamento adecuado das queixas, reclamacións ou suxestións de mellora formuladas polas persoas usuarias do servizo.

• Coordinar o persoal e os equipos do programa co equipo técnico do menor e, se for o caso, cos equipos e profesionais doutros programas en que participe a persoa menor, para garantir e mellorar a eficacia da intervención.

• Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais a que sexa convocado/a pola Administración.

• Velar polo cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos, e o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e demais disposicións vixentes sobre a materia.

• Levar a cabo as avaliacións de resultados e memorias do desenvolvemento do programa establecidas nesta resolución e no prego técnico, que serán remitidas á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

• Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable.

B. Técnico/a de integración social.

De acordo co IV Convenio colectivo estatal de protección e reforma xuvenil e protección de menores, require titulación de ciclo fomativo de grao superior.

Entra as funcións que deben realizar destacan:

• Determinar e planificar as liñas de actuación que favorecen a inserción laboral da persoa moza.

• Planificar os itinerarios de inserción.

• Supervisar as actividades de inserción.

• Pór en práctica as actuacións de inserción laboral comprendidas no itinerario.

• Orientar o proceso de inserción laboral da persoa moza.

• Acompañar o usuario no proceso de inserción.

• Mediar entre a oferta e a demanda laboral.

• Crear e manter vínculos de relación coas empresas e institucións que favorecen a inserción.

• Establecer mecanismos para garantir a relación da persoa cos recursos formativos e laborais existentes.

• Contribuír á inserción social da persoa na súa contorna.

• Preparar actividades orientadas ao adestramento en habilidades de autonomía persoal e social e avaliar os seus resultados.

• Facilitar a integración da persoa moza no tecido asociativo da súa contorna.

• Promover e reforzar os vínculos cos grupos de socialización principais, amigos e, se é o caso, familia.

• Canalizar a información referente a recursos e servizos sociais que poidan resultar un apoio á situación concreta da persoa moza.

• Realizar prospección de empresas nas zonas xeográficas que abranga o programa. Buscar empresas e entidades para colaborar no programa con ofertas de emprego e prácticas laborais ou formativas.

• Sensibilizar as empresas e as entidades nas zonas xeográficas incluídas no programa.

• Valorar os resultados procesuais e finais da intervención, con aplicación das técnicas e procedementos de avaliación axeitados.

• Valorar o impacto de cada unha das actuacións realizadas.

• Controlar, seguir e valorar de xeito personalizado e permanente a evolución da persoa no seu itinerario e o nivel de inserción social e laboral acadado. Realizar seguimentos das persoas mozas insertadas para garantir a continuidade no posto de traballo.

• Coordinación, de ser o caso, cos educadores dos menores que residan nalgún recurso residencial do sistema de protección.

C. Área administrativa: o persoal adscrito á área administrativa realizará funcións de apoio administrativo, contable e fiscal no ámbito do programa e xestionará e arquivará a documentación de que sexa responsable.

Q.5. Relacións entre a Administración e a entidade adxudicataria.

Estableceranse accións de coordinación a varios niveis:

– Xefatura de servizo das xefaturas territoriais correspondentes a cada caso-Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica-coordinación do Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas.

– O ETM da xefatura territorial a que corresponda o caso coordinarase coa entidade adxudicataria para a planificación e avaliación dos casos derivados a este programa.

A entidade adxudicataria remitirá os seguintes documentos:

– Memoria técnica anual, segundo o modelo de contidos mínimos establecido no anexo VII (contido mínimo da memoria xustificativa anual) da resolución de convocatoria do concerto social polo que se regula este servizo, que se lle remitirá ao Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Ademais, a entidade concertada comprométese a estar á disposición da Administración contratante para cantas reunións haxa que manter como consecuencia da realización deste proxecto.

R) Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo VIII (datos sobre o persoal que se vai subrogar).

De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

S) Aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Dereitos e obrigas das partes.

S.1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

a) Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto, e coa continuidade e calidade convidas.

b) Admitir na utilización do servizo toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non-discriminación.

c) Prestarlles ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Respectar os dereitos das persoas usuarias recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

e) Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica na cláusula F e K.3.

f) Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias que resulte de aplicación.

g) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Xuventude. A entidade disporá tamén dun rótulo, no lugar ou centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia co seu respectivo logotipo.

h) Dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do concerto. En particular, cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño. En particular, de conformidade co disposto nos artigos 47 e 50 do devandito regulamento, nos espazos en que se desenvolvan as actuacións contarán co emblema da Unión Europea, xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea». Igualmente, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou dunha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público. Tamén se fará unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispor delas, mencionaranse os obxectivos e resultados e destacarase a axuda financeira da Unión Europea. Ademais, en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible.

i) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea, así como dos obxectivos dos fondos, e figurarán os emblemas de ambos os organismos en toda documentación xerada polo programa e, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

• Partes de asistencia e/ou de participación.

• Relacións e follas de seguimento.

• Enquisas de avaliación.

• Certificados de asistencia.

• Memorias periódicas, etc.

j) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/1057. Os indicadores de realización relativos a cada persoa participante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da dito/a participante coa actuación cofinanciada, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación. Así mesmo, a Administración poderá requirir en calquera momento novos datos relativos á data en que se fagan os seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Para estes efectos, facilitaráselle á entidade beneficiaria o acceso á aplicación Participa2127 (https://participa2127.conselleriadefacenda.gal/Participa2127) e os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos. Para dar cumprimento a estes requisitos de información, a entidade beneficiaria deberá introducir os datos dos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127.

k) Facilitar toda a información requirida pola Administración, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

l) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Administración, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas co Fondo Social Europeo Plus (FSE+), a entidade beneficiaria quedará sometida ás actuacións de control, comprobación e inspección que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nos termos establecidos no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas; ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

m) Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos concertados.

n) Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular poñendo á disposición da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

o) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e de igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

p) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que estableza a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

q) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e adolescencia fronte á violencia.

r) O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto del, e a Administración concertante será de todo allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Administración concertante nin exixirse a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

s) Subministrarlle á Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

t) A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións no que as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitirlle as suxestións e queixas recibidas á Administración.

u) Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación no réxime xurídico do servizo.

v) Manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

w) Conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño.

S.1.2. Obrigas da Administración concertante.

S.1.2.1. A Consellería de Política Social e Xuventude está obrigada a aboarlle á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos trinta días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida nesta mesma epígrafe da convocatoria do concerto.

S.1.2.2. A Consellería de Política Social e Xuventude deberá ter informada a entidade concertada de calquera circunstancia de que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

S.1.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

S.1.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Xuventude se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboarlle á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

S.2. Constitución de garantía.

A entidade adxudicataria ten que constituír una garantía de 84.934,02 euros, se o servizo o presta unha entidade que deba aboar o IVE, ou de 77.212,74 euros e non debe aboar este imposto, e debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia tributaria de Galicia-Atriga).

S.2.1. A garantía poderá prestarse nalgunha ou nalgunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as cales deban fornecer efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se subscriban no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, subscrito na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

S.2.2. A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

S.2.3. Cumpridas polo concertante as obrigas derivadas do concerto, se non resultasen responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se fose o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.3. Réxime de pagamentos.

S.3.1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes segundo os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria realizarase logo da conformidade do Servizo de Protección de Menores.

S.3.2. Para o aboamento do servizo, a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes en que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionaralle ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no rexistro contable de facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través dos seguintes URL: http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Factura correspondente ás cantidades efectivamente dedicadas ás prestacións económicas a que se refire o prego técnico e a cláusula Q.1 desta resolución.

– Memoria mensual de execución do servizo, en que se indiquen as accións desenvolvidas segundo o contido mínimo do anexo IV (contido mínimo da memoria mensual), identificando con detalle as diferentes tipoloxías de gastos e as actividades realizadas. Toda a información relativa aos participantes deberá vir desagregada por xénero.

A memoria incluirá unha relación de usuarios que recibiron o apoio económico para a independencia no período, co seu correspondente importe.

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, segundo o modelo establecido no anexo V (relación do persoal adscrito ao servizo), ordenado por grupo profesional e posto de traballo, con especificación de nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións respecto do período anterior, este documento poderá substituírse por unha declaración en tal sentido.

S.3.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa do presente concerto, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

S.3.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegrárllelas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

S.3.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.4. Limitacións de subcontratación e cesión de servizos concertados.

S.4.1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

S.4.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Xuventude, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e calidade do servizo.

S.5. Sucesión da entidade concertada.

S.5.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

S.5.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estean vixentes no momento da sucesión.

S.5.3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

S.5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicarlle á Consellería de Política Social e Xuventude a circunstancia que se producise.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

T.1.1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, poderase variar a contía dos servizos contratados, sen que o incremento poida superar o 50 %.

T.1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que procedan, en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

T.1.3. O órgano competente para autorizar a modificación será a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

T.2. Modificación das condicións técnicas.

T.2.1. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Xuventude.

T.2.2. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase realizar o seu reaxuste.

T.2.3. Se é a Consellería de Política Social e Xuventude a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

U.3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Xuventude, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando leven aparellada unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de Seguridade Social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S.4).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Xuventude por un prazo superior a catro meses.

p) A suspensión por causa imputable a Consellería de Política Social e Xuventude da iniciación do concerto social por un prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por un prazo superior a seis meses acordado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

U.3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social, e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

U.3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Xuventude incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Xuventude se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

U.3.4. Se a Consellería de Política Social e Xuventude considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Xuventude deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

U.4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes adecuaranse ao validamente estipulado por elas.

U.4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Xuventude determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

U.4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Xuventude polos danos e perdas causados.

V) Protección de datos persoais.

V.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, e informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable, segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia; e no Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro; na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia, na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Os datos poderán serlles comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Para contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional accédase a https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións recollidas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obriga legal, fundamentadas ambas no disposto no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, así como na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento, segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Para contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional accédase a https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas obríganse a informar, pola súa vez, o persoal ao seu servizo e as persoas usuarias, con carácter previo a que se lle faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Xuventude, dos aspectos establecidos nos parágrafos anteriores.

V.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Xuventude. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable, fundamentada, pola súa vez, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia no Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro; na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia; a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia.

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das devanditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderalles ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e a outros órganos encargados da xestión e control financeiro de Fondos europeos.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Para contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional accédase a https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lle sexan confiados para a formalización e desenvolvemento das accións recollidas na presente resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A utilizar a devandita información exclusivamente no ámbito desta orde e para as finalidades previstas nela.

– A non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor, salvo nos casos expresamente previstos na lei, e exixir idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución.

– A facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da devandita relación, a quen se comunicará a obriga de tratar a información a que se lles dá acceso con carácter estritamente confidencial.

– A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida se así o solicita a parte que a forneceu.

Considerarase información confidencial aquela á cal as entidades beneficiarias accedan en virtude da presente resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase aínda despois de finalizada a relación.

V.5. Encarga do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas posuirán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

V.5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento, as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

V.5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación e exixirán o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

V.5.2.a) Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

V.5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins; será considerado neste caso como responsable do tratamento.

V.5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considerase que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDGDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

V.5.2.d) Levar por escrito, se é o caso segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, e incluirase o contido previsto no dito artigo.

V.5.2.e) Non comunicarlles os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

V.5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

V.5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos en que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicarllo previamente por escrito ao responsable do tratamento, indicará os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, e identificará de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

V.5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados: daralle así á persoa responsable a posibilidade de oporse aos ditos cambios.

V.5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais a que teña acceso en virtude deste concerto, aínda que finalice o seu obxecto.

V.5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprometen, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das cales serán informadas oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

V.5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

V.5.2.l) Asistir o responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste e coa maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante a persoa encargada do tratamento, esta informaraas, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

V.5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das cales teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

V.5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

V.5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

V.5.2.p) Pór á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existiren, facilitar a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

V.5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDGDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

V.5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto do presente concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipamentos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres se poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W) Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade, en relación con actuacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco deste concerto, poderá pór os ditos feitos en coñecemento a través da web de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

– https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

– https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

– En canto non se habilite outra canle específica para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027, os devanditos feitos poderán pórse en coñecemento a través da seguinte páxina web: https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas recollidas no Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, aprobado o 10 de decembro de 2021 polo Consello da Xunta de Galicia e actualizado en 2023:

https://ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/codigo-etico/plan-prevencion-riscos-medidas-antifraude-gal.pdf

Tamén se aplicarán as medidas propias da Consellería de Política Social e Xuventude, recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Consellería de Política Social e Xuventude:

https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1792070&name=DLFE-47388.pdf

X) Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y) Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución resolveraas a Consellería de Política Social e Xuventude e os seus acordos fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes, se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderá interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpor directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Contido mínimo da memoria mensual

BS213O-Execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027

MES

ANO

A) Poboación destinataria:

– Mozas e mozos que foron altas no programa.

– Mozas e mozos que foron baixas no programa.

– Mozas e mozos atendidos en cada zona de actuación.

– Datos de inserción.

B) Resumo das actuacións do programa Mentor

C) Formacións finalizadas.

D) Táboa de axudas mensuais liquidadas.

Todos os datos serán desagregadas por xénero.

missing image file

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Contido mínimo da memoria xustificativa anual

(anexo informativo)

Concerto social con código de procedemento BS213O, consistente na execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

1. Poboación destinataria.

• Altas:

◦ Totais, por trimestre e por zona xeográfica de intervención.

◦ Por orixe:

▪ Derivados polo SPM (desagregados por xefatura territorial que deriva, por medidas de protección e por programa ou recurso asociado).

– Con expediente de protección.

– Con declaración de risco por proposta dos SS comunitarios.

▪ Con medidas xudiciais.

◦ Porcentaxe de persoas estranxeiras menores de idade non acompañadas.

• Baixas:

◦ Totais, por trimestre e por zona xeográfica de intervención.

◦ Por orixe:

▪ Derivados polo SPM.

– Con expediente de protección.

– Con declaración de risco por proposta dos SS comunitarios.

▪ Con medidas xudiciais.

◦ Por motivo da baixa.

◦ Tempo de permanencia no programa das baixas.

◦ Número de menores que tras a baixa inician a vida independente e dos que retornan á familia.

2. Actividades realizadas e resultados:

• Número de accións formativas, totais, trimestrais e desagregadas por tipo de acción e por zona xeográfica de intervención.

• Número de insercións laborais:

◦ Totais, trimestrais e por zona xeográfica de intervención.

◦ Por tipo de contrato laboral.

◦ Por sectores de contratación e familias profesionais.

◦ Número de insercións por persoa moza.

◦ Número de mozos que asinaron algún contrato laboral por área xeográfica durante o período a que se refire a memoria.

◦ Duración media dos contratos.

◦ Número de mozos que manteñen o posto de traballo na actualidade.

◦ Causas do cesamento no traballo.

• Número de accións de prospección.

• Actividades de difusión. Descrición das actividades de difusión realizadas.

• Número e descrición das actividades de lecer e de integración na comunidade de referencia realizadas.

• Dinamización demográfica: número de mozos que se trasladan ás zonas xeográficas de intervención. Número de asentamentos de persoas mozas que perduran na actualidade.

• Concesión de axudas:

◦ Número total de axudas e por modalidade (axudas para o acceso ao emprego, acceso á formación, acceso á vivenda, axudas extraordinarias) e subtipo de axudas.

◦ Número total de mozos que se beneficiaron de cada subtipo de axuda.

Todos os datos en que sexa posible estarán desagregados por xénero.

missing image file

ANEXO VIII

Datos sobre o persoal que se vai subrogar

(anexo informativo)

Concerto social con código de procedemento BS213O, consistente na execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Núm. de orde

Traballador/a

Grupo profesional

Posto de traballo

Tipo de contrato

Antigüidade

Xornada

Quenda

Custo bruto anual 2023 (salario + seg. social empr.)

Custo bruto anual 2024 (salario + seg. social empr.)

1

NDS

Grupo 2

Coordinadora do programa Mentor rural

Indefinido

8.2.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

30.791,64 €

31.520,04 €

2

MCB

Grupo 7

Auxiliar administrativa

Indefinido

14.2.2022

Completa-38 horas

Continua

21.628,56 €

22.224,96 €

3

LVB

Grupo 2

Inseridora laboral

Indefinido

8.2.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

19.283,17 €

23.395,27 €

4

SRR

Grupo 2

Inseridora laboral

Interinidad

3.4.2023

Completa-38 horas

Mañá e tarde

8.363,47 €

5.670,15 €

5

SFG

Grupo 2

Inseridora laboral

Indefinido

8.2.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

27.886,60 €

29.142,96 €

6

BRE

Grupo 2

Inseridora laboral

Indefinido

8.2.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

27.622,44 €

28.350,84 €

7

ARDD

Grupo 2

Inseridora laboral

Indefinido

8.2.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

27.622,44 €

28.350,84 €

8

ARF

Grupo 2

Inseridora laboral

Indefinido

28.3.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

27.622,44 €

28.350,84 €

9

AGF

Grupo 2

Insertor laboral

Indefinido

10.10.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

27.622,44 €

28.350,84 €

10

RPL

Grupo 2

Inseridora laboral

Indefinido

10.10.2022

Completa-38 horas

Mañá e tarde

27.622,44 €

28.350,84 €

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

missing image file