No Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publícase a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632A).
Unha vez instruído de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria, logo da valoración de todas as solicitudes e aplicación dos criterios de selección, e vista a proposta de adxudicación, o órgano competente emite a resolución de adxudicación, coa cal finaliza o procedemento.
O artigo 15 da Orde do 13 de decembro de 2023 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e terá os efectos da notificación.
Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 24 de xaneiro de 2024, ditada no procedemento BS632A, de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, que se xunta á presente resolución como anexo, e coa que finaliza o procedemento.
Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coas entidades seleccionadas.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.
Efectuada a formalización, as entidades concertadas estarán obrigadas a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024
Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Resolución de adxudicación
Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632A).
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 15 de decembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632A), mediante tramitación anticipada de gasto.
Segundo. No prazo establecido, presentáronse á convocatoria as seguintes entidades:
Data e número de entrada Rexel |
Entidade |
CIF |
Código |
Servizo |
Tipoloxía |
Nº de prazas |
Concello |
22.12.2023 Nº 3360078 |
Fundación Menela |
G36685964 |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Internado 365 |
52 |
Nigrán |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Respiro familiar 104 |
3 |
Nigrán |
|||
020601 |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
Media pensión 220 |
14 |
Nigrán |
|||
27.12.2023 Nº 3388180 |
Asoc. Autismo Bata |
G36105567 |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Internado 261 |
18 |
Vilagarcía de Arousa |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Respiro familiar 104 |
5 |
Vilagarcía de Arousa |
|||
020601 |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
Media pensión 220 |
14 |
Vilagarcía de Arousa |
|||
3.1.2024 Nº 19747 |
Asociación Autismo Vigo |
G36849883 |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Internado 365 |
10 |
Gondomar |
9.1.2024 Nº 53431 |
Apacaf |
G36792463 |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Respiro familiar 104 |
7 |
A Estrada |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Internado 365 |
10 |
A Estrada |
|||
9.1.2024 Nº 57825 |
Aspanaes |
G15048937 |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Internado 365 |
30 |
Ferrol |
020607 |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Internado 365 |
34 |
As Pontes de G. R. |
|||
020601 |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
Media pensión 220 |
25 |
Culleredo |
|||
020601 |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
Media pensión 220 |
28 |
Santiago de Compostela |
|||
020601 |
Servizo de atención diúrna terapéutica |
Media pensión 220 |
7 |
Ferrol |
Terceiro. O día 18 de xaneiro de 2024 reuniuse a Comisión de Valoración co obxecto de comprobar que as entidades que presentaron solicitude no concerto social referenciado co código de procedemento BS632A compren cos requisitos establecidos no artigo 5 da convocatoria e presentaron a documentación esixida no artigo 8.
Cuarto. Examinada a documentación, constátase que todas as entidades cumpren cos requisitos establecidos no artigo 5 da convocatoria e presentaron a documentación exixida no artigo 8 de forma correcta e completa, e dentro do prazo establecido na convocatoria.
Quinto. A Comisión de Valoración informa o órgano instrutor que todas as entidades presentadas xa están prestando o servizo mediante contratos formalizados coa Consellería de Política Social e Xuventude, e preséntanse á totalidade das prazas que xa están xestionando, polo que, conforme establece o artigo 13.1 da convocatoria, teñen preferencia nas prazas que solicitan e non é necesario aplicar os criterios de valoración previstos neste mesmo artigo.
Fundamentos xurídicos:
Primeiro. En virtude do artigo 11 da Orde do 13 de decembro de 2023, a instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Recursos de Equipamentos de Apoio á Discapacidade da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Segundo. O artigo 12 da Orde do 13 de decembro de 2023, nos seus parágrafos 2, 4 e 5 establece:
«2. A Comisión de Avaliación será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de selección establecidos no artigo 13 desta convocatoria.
4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo co previsto no artigo 13 desta convocatoria.
5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión con cada entidade».
Terceiro. Segundo o artigo 14 da Orde do 13 de decembro de 2023, a resolución correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Por todo o exposto, e vista a proposta de adxudicación efectuada pola Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade,
RESOLVO:
Primeiro. Asignar o concerto social para a prestación do servizo para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, para o período que abarca desde a formalización, prevista para o 1 de marzo de 2024, ata o 29 de febreiro de 2028, ás entidades que se relacionan no anexo, e nos termos e contías que figuran nel, con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.312D.228.2, e segundo os módulos económicos que se detallan:
1. O módulo económico para a reserva e ocupación de prazas por cada tipo de servizo será o seguinte:
Servizo |
Prezo praza sen IVE |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
Servizo de atención diúrna terapéutica |
Media pensión (220 días) |
1.450,00 €/mes |
58,00 € |
1.508,00 €/mes |
Servizo de atención residencial terapéutica |
Internado (365 días) |
3.565,00 €/mes |
142,60 € |
3.707,60 €/mes |
Internado sen fins de semana (261 días) |
2.550,00 €/mes |
102,00 € |
2.652,00 €/mes |
|
Respiro familiar |
178,00 €/día |
7,12 € |
185,12 €/día |
2. No servizo de transporte, o módulo económico é o seguinte:
Servizo |
Prezo praza/día sen IVE |
IVE (10 %) |
Prezo praza/día total |
Transporte |
11,30 € |
1,13 € |
12,43 € |
3. As compensacións polas medidas especiais de accesibilidade, vinculadas co transporte, son as seguintes:
Perfil de mobilidade das persoas usuarias |
Prezo praza/día sen IVE |
IVE (10%) |
Prezo praza/día total |
Grupo 1 |
4,45 € |
0,44 € |
4,89 € |
Grupo 2 |
19,67 € |
1,96 € |
21,63 € |
Segundo. Asinar o concerto social coas entidades seleccionadas dentro dos 30 días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Artigo 14 da Orde do 29.11.2023), Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.