DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de publicación da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de tres prazas de arquitecto/a técnico (subgrupo A2), C.E. 11/21.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 233, do 7 de decembro de 2023, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de novembro de 2023, relativas á seguinte convocatoria:

– 3 prazas de arquitecto/a técnico/a, quenda libre, (subgrupo A2), C.E. 11/21.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 5.7.2023)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía
e Planificación Urbana