DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12506

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade a varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 4 de setembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de tres depósitos de auga para a prevención e defensa contra os incendios forestais na Pobra de Brollón e Ribeira de Piquín, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de 3 depósitos de auga para a defensa contra incendios forestais nos concellos da Pobra de Brollón e Ribeira de Piquín na provincia de Lugo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos corenta e cinco mil novecentos oitenta e catro euros con oitenta e seis céntimos (245.984,86 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

2. Resolución do 4 de setembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de puntos de auga para a defensa contra os incendios forestais no Distrito Forestal XVI: Deza-Tabeirós, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de 3 puntos de auga para a defensa contra incendios forestais nos concellos de Lalín, A Estrada e Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 8 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e dous mil oitocentos oitenta e un euros con setenta e dous céntimos (92.881,72 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

3. Resolución do 4 de setembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de tres depósitos de auga para a prevención e defensa contra os incendios forestais en Láncara, Lugo e Pol, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de tres depósitos de auga para a defensa contra incendios forestais nos concellos de Láncara, Lugo e Pol na provincia de Lugo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos trinta mil cento once euros con vinte e cinco céntimos (230.111,25 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

4. Resolución do 8 de setembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en MVMC da provincia de Ourense-A Veiga, ano 2023. Fase 1, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, dentro da medida 8.32.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola, que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común no concello da Veiga, na provincia de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta mil oitocentos setenta e sete euros con trinta e cinco céntimos (70.877,35 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (proxecto 2023 00246).

5. Resolución do 15 de setembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a redacción do proxecto de execución para a construción dunha base de helicópteros para a prevención e defensa contra os incendios forestais en Lalín (Pontevedra), cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: o obxecto deste encargo consistirá no servizo de redacción do proxecto de construción dunha base de helicópteros para a prevención e defensa contra os incendios forestais en Lalín (Pontevedra).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e nove mil novecentos vinte e seis euros con setenta e tres céntimos (139.926,73 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

6. Resolución do 28 de setembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de puntos de auga para a defensa contra incendios forestais no Distrito Forestal XVII: Condado-Paradanta, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de cinco depósitos de auga para a defensa contra incendios forestais no Distrito Forestal XVII: O Condado-Paradanta.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte cinco mil catrocentos noventa e dous euros con vinte céntimos (225.492,20 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

7. Resolución do 28 de setembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico para o seguimento da Directiva 91/676/CEE, relativa á protección das augas contra a contaminación por nitratos procedentes de fontes agrarias, así como dos estudos das medidas correctoras no contexto da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Actividade: control da contaminación por nitratos mediante o seguimento das masas de auga sensibles a esta contaminación e a realización de análises e avaliación de métodos para identificar e cuantificar as fontes agrarias de contaminación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a recepción do encargo ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos corenta mil novecentos catorce euros con setenta e nove céntimos (340.914,79 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B 640.4 (proxecto 2009 00759).

8. Resolución do 6 de novembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción e adecuación das instalacións da base de medios aéreos de San Xoán de Río, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións para a construción e adecuación das instalacións da base de medios aéreos de San Xoán de Río, no concello de San Xoán de Río no Distrito Forestal XIII: Valdeorras-Trives, na provincia de Ourense. Dentro destas actuacións, destaca a construción dun novo edificio destinado á estancia das brigadas helitransportadas e aos pilotos do helicóptero e a adecuación dun edificio para poder instalar a rede de comunicacións da emisora.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón cento vinte mil oitocentos sesenta e catro euros e cincuenta céntimos (1.120.864,50 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B 622.1 (proxecto 2016 00212).

9. Resolución do 6 de novembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio na realización de traballos de revisión e actualización de bases de datos de titulares de explotacións agrarias durante os anos 2023 e 2024.

– Actividade: realización de traballos de apoio na revisión e actualización de bases de datos de titulares de explotacións agrarias contida nas distintas bases de datos da Consellería do Medio Rural relativa aos diferentes axentes e operadores no ámbito agropecuario.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de xaneiro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de corenta e tres mil douscentos dezaseis euros con cincuenta e sete céntimos (43.216,57 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B 640.4 (proxecto 2009 00759).

10. Resolución do 20 de decembro de 2023 da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a restauración do potencial forestal danado polos incendios forestais mediante actuacións de retirada de madeira queimada en varios montes da provincia de Ourense, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de retirada de madeira queimada en varios montes da provincia de Ourense para a restauración do potencial forestal danado polos incendios forestais nos distritos forestais XIII, XIV e XV.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns trescentos nove mil catro centos vinte catro euros con noventa e dous céntimos (2.309.424,92 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.4 (proxecto 2023 00173).

11. Resolución do 20 de decembro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a recuperación do potencial forestal danado polos incendios forestais mediante actuacións de trituración de madeira queimada en varios montes da provincia de Lugo, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de trituración de madeira queimada en varios montes da provincia de Lugo co obxectivo de, entre outros: favorecer a rexeneración natural, mellorar a sanidade das masas arbóreas e previr a aparición de pragas e enfermidades resultantes da presencia de restos vexetais enfermos ou mortos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón catro centos dezaseis mil oitenta e tres euros con trinta céntimos (1.416.083,30 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.4 (proxecto 2023 00173).

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural