En sesión que tivo lugar o 6 de novembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de xuño de 2023 (DOG nº 132, do 12 de xullo) para cualificar o proceso extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución no emprego público da temporalidade para o ingreso no grupo 4, administrativo (técnico auxiliar en informática),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola persoa aspirante, de conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria.
Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2023
Patricia Roiola Rodríguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
Baremación definitiva da fase de concurso:
NIF |
Apelidos e nome |
III. 1.1.1.A) experiencia profesional: CES |
III.1.1.1. B) experiencia profesional: outros entes |
III.1.1.2.A) outros méritos: formación |
III.1.1.2.A) outros méritos: galego |
Total puntuación |
***3075** |
Castro Ures, Esther |
57 |
11,62 |
25 |
4 |
97,62 |