DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12839

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2024 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello).

De conformidade co establecido na base I.4.2 da convocatoria que regula o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 1 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2022), esta presidencia

RESOLVE:

Aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na praza de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galicia, grupo 1, Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

As persoas aspirantes exentas da proba de coñecemento da lingua galega ou, de ser o caso, que deban realizar a dita proba, figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2024

Manuel Pérez Álvarez
Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO I

Relación definitiva de persoas aspirantes excluídas: ningunha.

Relación definitiva de persoas aspirantes admitidas:

Apelidos e nome

NIF

Castro Lodeiro, Fernando

***2694**

Lomba Molinos, Sara

***1755**

ANEXO II

Relación definitiva de persoas aspirantes exentas da proba de coñecemento da lingua galega:

Apelidos e nome

NIF

Castro Lodeiro, Fernando

***2694**

Lomba Molinos, Sara

***1755**

Relación definitiva de persoas aspirantes que deben realizar a proba de coñecemento da lingua galega: ningunha.