DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12728

III. Outras disposicións

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2023 (código de procedemento ED701A).

O artigo 94 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que «tendo en conta os límites máximos de custos de persoal que os orzamentos xerais da Xunta de Galicia establezan para cada unha das universidades públicas do SUG, e segundo o procedemento que se determine regulamentariamente, o Consello Social, por proposta do Consello de Goberno da universidade e logo de valoración positiva do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, poderá acordar a asignación, singular e individualizada, de complementos retributivos ligados ao exercicio da actividade e da dedicación docente, investigadora, de transferencia de coñecemento ou de xestión, nos termos establecidos na Lei orgánica de universidades».

A Xunta de Galicia, a través do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario (DOG núm. 56, do 22 de marzo), crea catro tipos de complementos, e restrinxe a súa aplicación, de conformidade co disposto no seu artigo 1, ao persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia. No seu artigo 8 indícase que a asignación dos complementos exixirá a valoración previa positiva polo Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia dos méritos en que se sustentan, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto polo propio consorcio e conforme os seguintes criterios obxectivos, indicativos e non exclusivos.

De acordo co anterior, a avaliación das actividades docentes e investigadoras, previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora dos profesores pertencentes ao Sistema universitario de Galicia, levarase a cabo de acordo co disposto na Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola CGIACA, relativo aos criterios e méritos de valoración e os procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión (DOG do 26 de outubro).

A citada orde, así como as bases das correspondentes convocatorias do consorcio ACSUG, deben recoller as exixencias dos artigos 1 e 6 do Decreto 55/2004, e deben limitar deste xeito o ámbito subxectivo dos complementos ao persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor fixo das universidades do SUG, pois non convén esquecer que o número 2 do artigo 47 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece a nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas que vulneren a Constitución, as leis ou outras disposicións administrativas de rango superior.

Neste sentido, o número 3 do artigo 6 do Decreto 55/2004, establece no número 2, entre os requisitos específicos do complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, a exixencia de que «a praza do solicitante debe ser fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei».

No entanto, cómpre ter en conta a última xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, a cal, en aplicación da cláusula 4.1 da Directiva 1999/70/CE, prohibe o tratamento diferenciado nas condicións de traballo das persoas que teñan un contrato de duración determinada e das fixas comparables, a menos que se xustifique por razóns obxectivas.

Deste xeito, e tendo presente a Directiva 1999/70/CE, deixaríase de aplicar o requisito da praza fixa e estable e da superación do correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei, ben que todos os demais requisitos específicos exixidos seguen plenamente vixentes.

Finalmente, mediante a Resolución do 21 de setembro de 2006 (DOG do 3 de outubro) publícanse os acordos do Consello de Dirección do consorcio ACSUG, polos que se delega na súa presidencia a realización das convocatorias anuais de valoración previa á asignación de complementos retributivos, polo que, en virtude das citadas competencias delegadas,

RESOLVO:

Primeira. Obxecto

Aprobar a convocatoria ordinaria de 2023 e abrir o prazo de presentación de solicitudes para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario (código de procedemento ED701A).

Segunda. Persoas solicitantes

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).

Terceira. Requisitos

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa á asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración será necesario acreditar, antes do remate do prazo establecido para a presentación das solicitudes:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.

Cando o persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se encontre en situación de servizos especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente a solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da dita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Ter, polo menos, un ano de servicio na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2022.

3. Ter concedidos e recoñecidos, polo menos, dous quinquenios de docencia pola Uuniversidade, en data igual ou anterior ao 31 de decembro de 2022.

4. Ter concedido e recoñecido, polo menos, un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNAAI), con data igual ou anterior ao 31 de decembro de 2022.

5. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude, por parte do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

Cuarta. Período de avaliación

1. Os méritos que se valoran estarán comprendidos no período 2018-2022.

Con carácter excepcional, as persoas solicitantes que durante o dito período desfrutasen de permisos de baixa maternal ou paternal poderán incorporar méritos realizados ao longo dun intervalo temporal idéntico ao da duración da baixa e inmediatamente anterior ao inicio do período de avaliación desta convocatoria. Neste caso, será necesario incorporar xustificación do desfrute do referido permiso.

2. De acordo co establecido no artigo 4.3 da Orde do 16 de outubro de 2006, transcorridos un mínimo de tres anos desde a obtención da última avaliación, e sempre e cando nese período (2020-2022) obtivesen un novo tramo docente ou de investigación, aos cales se fai referencia nos números 3 e 4 da base anterior, os interesados poderán solicitar unha reavaliación. Neste caso, os méritos que se van valorar estarán comprendidos igualmente no período 2018-2022. Esta nova avaliación substituirá, para todos os efectos, a anteriormente acadada.

Quinta. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude (anexo III) no modelo dispoñible na aplicación informática do consorcio ACSUG, á cal se deberá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Feito isto, deberá xerarse o correspondente documento pdf e presentalo obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

É importante ter en conta que non se valorarán as solicitudes que no fosen xeradas a través da aplicación informática do consorcio ACSUG e presentadas posteriormente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, tal e como se indica nos parágrafos anteriores.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Sexta. Formalización e alegación dos méritos curriculares

A relación de méritos curriculares para avaliar que se aleguen, de entre os aprobados pola CGIACA e recollidos nos anexos I e II desta resolución, formalizarase no formato dixital dispoñible para o efecto na aplicación informática á cal se poderá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Non se valorarán os méritos que non fosen alegados a través da aplicación informática do consorcio ACSUG.

Sétima. Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:

– Documentación xustificativa dos méritos curriculares que se aleguen.

– Documentación acreditativa, de ser o caso, do desfrute de permiso por baixa maternal ou paternal no período 2018-2022.

Curriculum vitae completo actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+ D, etc.).

– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente e de acordo coas indicacións da Guía do solicitante (convocatoria 2023); publicada no sitio web do consorcio ACSUG. Na propia aplicación informática do consorcio ACSUG existe un espazo habilitado para o efecto para achegar os xustificantes dos méritos alegados.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En calquera caso, esta documentación deberá ser presentada antes de rematar o prazo da convocatoria. No caso contrario, a documentación non se terá en conta.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpran co disposto nesta base.

Oitava. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia, e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza o 31 de decembro de 2022.

d) Número de quinquenios de docencia recoñecidos pola universidade.

e) Número de sexenios recoñecidos pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNAAI).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Novena. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décima. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do Sistema de notificación electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo primeira. Prazo

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Décimo segunda. Emenda e mellora da solicitude

1. Cando as solicitudes presentadas en prazo polas persoas interesadas non reúnan os requisitos exixidos pola normativa que lles resulte de aplicación, non se cubra a solicitude ou non se xunten os documentos exixidos nestas bases, o consorcio ACSUG requirirá a persoa interesada para que, no prazo de dez días (10) hábiles a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a carencia consonte o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015. No caso de non atender o dito requirimento, entenderase que desiste da súa petición.

2. Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, as avaliacións faranse de acordo cos méritos alegados na aplicación informática do consorcio ACSUG, así como coa documentación acreditativa destes.

Décimo terceira. Procedemento

O procedemento de tramitación e avaliación das solicitudes farase de conformidade co regulado na Orde do 16 de outubro de 2006 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración e os procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión.

Decimo cuarta. Acordos de avaliación

1. De conformidade co establecido no artigo 23 dos estatutos do consorcio ACSUG, aprobados polo Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, correspóndelle á Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) a competencia para a emisión das avaliacións a que se fai referencia na base primeira.

2. Os acordos de valoración adoptados pola CGIACA, previos á asignación singular e individual dos referidos complementos polos consellos sociais das universidades, serán notificados a cada solicitante persoal e directamente nos cinco meses seguintes ao peche do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do disposto na disposición adicional vixésimo primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 13 de abril).

Transcorrido este prazo sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, os acordos de valoración adoptados pola CGIACA, cando resulten positivos, serán notificados directamente polo consorcio ACSUG ás correspondentes universidades para que se proceda, se é o caso, por parte dos seus consellos sociais, á asignación singular e individual dos referidos complementos.

Décimo quinta. Recurso

Os acordos adoptados pola CGIACA esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderán ser obxecto de recurso de reposición, ante o mesmo órgano que os ditou, ou ser impugnados directamente, ante a xurisdición contencioso-administrativa, consonte o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este recurso deberá presentarse telematicamente consonte o establecido na base novena.

Décimo sexta. Efectos económicos

1. Cando se proceda á asignación do complemento de recoñecemento á excelencia curricular, o pagamento das correspondentes retribucións farase con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2023.

2. Os membros dos órganos do consorcio ACSUG non poderán solicitar a renovación do complemento mentres se manteñan no desempeño dos seus cargos, polo que se prorrogarán os efectos económicos íntegros do complemento que tivesen recoñecidos ata que se produza o seu cesamento.

Décimo sétima. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta do Consorcio Axencia para a
Calidade do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO I

Méritos da actividade docente

Período 2018-2022

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Amplitude, intensidade, tipo e resultados na docencia no período de cinco anos avaliado (docencia en diplomatura, licenciatura, grao, posgrao, doutoramento ou equivalentes: máx. 10; tipo de docencia: teórica, práctica, dirección de TFG e outras actividades docentes EEES recollidas en POD: máx. 15; Diversidade de materias e outras actividades docentes (por exemplo, dirección de TFM, etc.): máx. 10.

35

35

2. Creación de materiais docentes para a docencia universitaria: manuais, unidades didácticas, libros, capítulos de libros, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións, software e outro material para a docencia.

20

30

3. Implicación na mellora da actividade docente universitaria1:

30

a) Coordinación de curso.

10

b) Coordinación de grao ou equivalente.

15

c) Coordinación de máster ou equivalente.

20

d) Coordinación de programas de doutoramento.

20

e) Plan de acción titorial.

10

f) Responsable de calidade de centro (PRCC).

10

4. Participación en actividades de formación:

4.1. Actividades de formación docente

30

a) Dirección de cursos de formación docente de, polo menos, 20 horas.

5

b) Impartición de curso de formación docente de, polo menos, 4 horas.

10

c) Asistencia a cursos de formación docente de, polo menos, 8 horas.

5

15

4.2. Actividades de formación investigadora.

a) Teses de doutoramento dirixidas e defendidas2.

20

40

b) Impartición de cursos de formación de investigadores.

15

15

5. Actividades de prácticas externas e mobilidade

30

5.1. Coordinación e titorización de programas de prácticas en empresas e institucións (regulados mediante convenios ou certificación de órgano colexiado académico)1.

15

15

5.2. Coordinación e titorización de proxectos de intercambio de estudantes: Erasmus, Erasmus Mundus, etc.1

15

15

5.3. Participación dos docentes en programas de intercambio internacionais e/ou interuniversitarios1.

10

20

6. Participación en actividades de innovación docente:

30

6.1. Proxectos competitivos de innovación docente.

15

6.2. Participación en comités de autoavaliación, comités externos de avaliación, comisións de normalización lingüística, comisións de avaliación do profesorado, grupos de innovación docente, etc. de relevancia docente1.

10

6.3. Participación en proxectos STEMBach.

10

7. Outras actividades relacionadas coa docencia1:

20

7.1. Premios e distincións relacionados coa actividade docente.

10

7.2. Participación en actividades docentes por invitación.

5

7.3. Redes docentes.

10

7.4. Actividades de divulgación docente.

5

7.5. Outras actividades.

5

8. Actividades que fomenten o uso do galego na docencia universitaria3

***

***

9. Valoración da actividade docente universitaria4:

30

9.1. Opinión dos estudantes respecto á docencia impartida polo profesorado.

Media superior á titulación e universidade.

15

Media superior universidade.

10

9.2. Valoración obtida no programa Docentia.

Excelente

30

Notable

25

Aceptable

20

1 Sempre e cando o seu desempeño non sexa consecuencia da ocupación dun determinado cargo académico.

2 As teses doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos de investigación. O solicitante poderá decidir incluílas na epígrafe de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas as epígrafes polo mesmo solicitante, mesmo tratándose de teses diferentes.

3 Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

4 Deberá optarse por presentar as enquisas de estudantes ou a valoración obtida no programa Docentia. En ningún caso se terán en conta ambos os méritos.

ANEXO II

Méritos da actividade investigadora e de transferencia do coñecemento

Período 2018-2022

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Actividade investigadora.

1.1. Teses de doutoramento dirixidas1

20

40

1.2. Proxectos/convenios-contratos con empresas-institucións.

60

a) Proxectos competitivos de ámbito internacional.

Dirección

30

Participación

15

b) Proxectos competitivos do Plan nacional.

Dirección

20

Participación

10

c) Redes de excelencia do Plan nacional.

Dirección

20

Participación

10

d) Proxectos competitivos autonómicos.

Dirección

15

Participación

10

e) Axudas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG.

Dirección/coordinación

20

Participación

10

f) Coordinador partner internacional.

20

g) Convenios ou contratos con empresas ou institucións.

Dirección

10

Participación

5

1.3. Participación en congresos, simposios ou equivalentes.

20

a) Impartición de conferencias plenarias ou relatorios por invitación en congresos, simposios ou equivalentes.

15

b) Outras intervencións relevantes.

10

1.4. Organización da investigación:

40

a) Responsable de organización de eventos científicos e culturais de relevancia internacional (o comité organizador será unha institución internacional ou de composición internacional).

15

b) Director, editor ou membro de comités de edición ou de redacción de revistas ou editoriais de ámbito internacional.

15

c) Organización/dirección de expedicións científicas, escavacións arqueolóxicas relevantes, etc.

15

d) Premios e distincións relevantes relacionados coa actividade investigadora.

15

e) Outros méritos de investigación.

15

1.5. Mobilidade.

20

Estadías de investigación en centros de prestixio alleos ao SUG (mínimo 1 mes)2

4 puntos por mes

1.6. Actividades que fomenten o uso do galego na investigación3.

***

***

2. Transferencia e divulgación do coñecemento.

2.1. Transferencias tecnolóxicas.

15

2.2. Patentes recoñecidas.

15

2.3. Comisario ou organizador de exposicións de relevancia estatal ou internacional.

15

2.4. Informes relevantes.

10

2.5. Estudos relevantes para o desenvolvemento social, económico, científico e cultural de Galicia.

15

2.6. Creación de empresas de base tecnolóxica que supoñan transferencia de tecnoloxía3.

20

2.7. Divulgación do coñecemento.

15

2.8. Conferencias e cursos de divulgación científica.

5

10

2.9. Outros méritos de transferencia e divulgación do coñecemento.

15

2.10. Actividades que fomentan o uso do galego na transferencia e divulgación do coñecemento4.

***

***

1 As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos da actividade investigadora. O solicitante poderá decidir incluílas na epígrafe de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas as epígrafes polo mesmo solicitante, mesmo tratándose de teses diferentes.

2 Neste epígrafe pode incluírse a totalidade das estadías cunha duración mínima dun mes do período que se vai avaliar. A dita suma computará como un só mérito.

3 Terase en conta tanto a creación da empresa como o desenvolvemento de actividade probada das ditas empresas, dentro do período suxeito á avaliación.

4 Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

Nota común ao anexo I e ao anexo II.

A valoración dos méritos seleccionados polos solicitantes realizarase tendo en conta especificamente a calidade das achegas e a súa relación coa traxectoria global do profesor ou profesora recollida no seu currículo. Deste xeito, a puntuación final será o resultado de aplicar á puntuación resultante da valoración dos méritos achegados, un factor de corrección en atención á traxectoria curricular. Este factor de corrección aplicarase tanto á alza como á baixa, e non poderá exceder o 20 % da puntuación máxima (ata 20 puntos en docencia e 20 en investigación).

missing image file
missing image file
missing image file