DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13457

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da resolución de recursos e alegacións presentadas en vía administrativa ás bases específicas dos procesos de estabilización do emprego temporal-sistema selectivo de concurso de méritos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 26, do 6 de febreiro de 2024 publicouse a resolución de recursos e alegacións presentadas en vía administrativa ás bases específicas dos procesos de estabilización do emprego temporal no concello de Vigo, mediante o sistema selectivo de concurso de méritos (expte. 41758-220), en cumprimento das obrigas previstas na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade nas administracións públicas.

Vigo, 6 de febreiro de 2024

O alcalde
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023,
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal