DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13455

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO da resolución pola que se aproban as bases e a convocatoria para a praza de oficial de auga e saneamento, grupo IV, persoal laboral fixo e formación dunha bolsa de emprego, mediante oposición.

Por Decreto núm. 3157/2023, do 20 de decembro, publicado no BOP núm. 245, do 27 de decembro de 2023, aprobáronse as bases reguladoras do procedemento de selección para cubrir a praza de oficial de auga e saneamento, integrado no grupo IV do persoal laboral do Concello de Noia e de formación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de oposición.

Por Decreto núm. 91/2024 do Concello de Noia, do 12 de xaneiro, aprobáronse as bases rectificadas e a convocatoria para a cobertura dunha praza de oficial de auga e saneamento, integrado no grupo IV do persoal laboral do Concello de Noia e de formación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 18, do 24 de xaneiro de 2024, aparecen integramente publicadas as bases rectificadas da convocatoria para a selección de persoal laboral fixo mediante o sistema de oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Núm. de prazas

1

Denominación do posto/categoría

Oficial de auga e saneamento

Clase

Persoal laboral fixo

Escala

Administración especial

Subescala

Servizos especiais

Grupo

IV

Nivel

18

Código do posto na RPT

4011

Xornada

37,5 horas semanais

Servizo de adscrición da praza

Obras e servizos

Unidade de adscrición da praza

Auga e saneamento

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A publicación da lista provisional, de ser o caso, e da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, realizarase no Boletín Oficial da provincia, sen prexuízo, igualmente, da súa publicación no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal.

A publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia (https://noia.sedelectronica.gal) e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, número 2.

Noia, 24 de xaneiro de 2024

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde