DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13509

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a autorización do CPR Plurilingüe Apóstol Santiago para engadir unha unidade de educación especial.

Advertido erro na orde que se cita, publicada no DOG número 23, do 1 de febreiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 9846, no artigo 1, Composición resultante, onde di:

«Educación especial: 1 unidade».

Debe dicir:

«Educación infantil: 12 unidades.

Educación primaria: 24 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato: 10 unidades, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Educación especial: 1 unidade».