DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13505

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300C).

Advertidos erros na antedita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 24, do venres 2 de febreiro de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 10181, no número 3, onde di:

«Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (CE) núm. 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26.6.2014, L 187/1); as persoas que resultasen beneficiarias no ano 2023 das ordes de axudas CO300C e CO300G para a mesma actuación subvencionable, agás nos supostos en que pola natureza da actuación non sexa susceptible da súa conservación nos termos establecidos no artigo 19.6».

Debe dicir:

«Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (CE) núm. 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L 187/1); as persoas que resultasen beneficiarias no ano 2023 das ordes de axudas CO300C e CO300G para a mesma actuación subvencionable, agás no caso dos obradoiros artesáns e nos supostos en que pola natureza da actuación non sexa susceptible a súa conservación nos termos establecidos no artigo 19.6».

Na páxina 10182, na alínea a), onde di:

«– Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida e homologado para a dixitalización do certificado de facturas (máximo 12 meses)».

Debe dicir:

«– Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida e homologado para a dixitalización do certificado de facturas».

Na páxina 10186, na alínea a), onde di:

«– Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida (máximo 12 meses)».

Debe dicir:

«– Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida e homologado para a dixitalización do certificado de facturas».

Na páxina 10187, no cadro dos investimentos máximos subvencionables, onde di:

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Sen empregados/as

De 1 a 10 empregados/as

e-commerce I

Implantación de páxina web sen venda en liña

690,00 €

670,00 €

Hardware (sistema TPV ou tableta)

690,00 €

1.000,00 €

Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida

690,00 €

1.000,00 €

Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

1.100,00 €

1.700,00 €

Total programa e-commerce I

3.340,00 €

4.540,00 €

Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña

1.100,00 €

1.100,00 €

e-commerce II

Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

2.800,00 €

4.900,00 €

Loxística e-commerce

600,00 €

900,00 €

Xestor de redes sociais

450,00 €

900,00 €

Imaxe dixital

450,00 €

900,00 €

Total programa e-commerce II

5.400,00 €

8.700,00 €

Debe dicir:

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Sen empregados/as

De 1 a 10 empregados/as

e-commerce I

Implantación de páxina web sen venda en liña

690,00 €

670,00 €

Hardware (sistema TPV ou tableta)

690,00 €

1.000,00 €

Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida

690,00 €

1.000,00 €

Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

1.100,00 €

1.700,00 €

Total programa e-commerce I

3.170,00 €

4.370,00 €

e-commerce II

Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña

1.100,00 €

1.100,00 €

Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS)

2.800,00 €

4.900,00 €

Loxística e-commerce

600,00 €

900,00 €

Xestor de redes sociais

450,00 €

900,00 €

Imaxe dixital

450,00 €

900,00 €

Total programa e-commerce II

5.400,00 €

8.700,00 €

Na páxina 10190, no cadro dos investimentos máximos subvencionables, onde di:

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Ata 100 m2 de superficie de exposición e venda

De 101 a 200 m2 de superficie de exposición e venda

De 201 a 300 m2 de superficie de exposición e venda

Eficiencia

Portas automáticas con sensores de proximidade

2.000,00 €

2.000,00 €

2.000,00 €

Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces

1.500,00 €

2.000,00 €

3.000,00 €

Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes

3.000,00 €

5.000,00 €

8.000,00 €

Total programa eficiencia

6.500,00 €

9.000,00 €

13.000,00 €

Reforma

Total programa reforma

2.250,00 €

4.250,00 €

6.250,00 €

Equipamento

Total programa equipamento

6.000,00 €

6.000,00 €

6.000,00 €

Debe dicir:

Programa

Actuación subvencionable

Investimento máximo subvencionable

Ata 100 m2 de superficie de exposición e venda

De 101 a 200 m2 de superficie de exposición e venda

De 201 a 300 m2 de superficie de exposición e venda

Eficiencia

Portas automáticas con sensores de proximidade

2.000,00 €

2.000,00 €

2.000,00 €

Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces

1.500,00 €

2.000,00 €

3.000,00 €

Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes

3.000,00 €

5.000,00 €

8.000,00 €

Total programa eficiencia

6.500,00 €

9.000,00 €

13.000,00 €

Reforma

Total programa reforma

3.000,00 €

4.250,00 €

6.250,00 €

Equipamento

Total programa equipamento

6.000,00 €

6.000,00 €

6.000,00 €

Na páxina 10194, na memoria do proxecto na liña de innovación, debe engadirse o seguinte parágrafo:

«Declaración responsable, debidamente asinada, de ter implantadas todas as actuacións do programa e-commerce I, no caso de solicitar as actuacións establecidas no programa smart retail ou no programa visual merchandising».