DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO das bases rectificadas e da convocatoria para a cobertura en propiedade por oposición libre dun posto de funcionario de carreira auxiliar administrativo (Departamento de Urbanismo-Secretaría) e formación da conseguinte bolsa de traballo.

Mediante o Decreto 3132/2023, do 20 de decembro, publicado no BOP nº 244, do 26 de decembro, aprobáronse as bases reguladoras do procedemento de selección, polo sistema de oposición libre, para cobertura en propiedade dun posto de funcionario de carreira auxiliar administrativo do Concello de Noia (Departamento de Secretaría-Urbanismo).

Mediante a Resolución de Alcaldía núm. 48/2024 do Concello de Noia, do 9 de xaneiro, aprobáronse as bases rectificadas e a convocatoria para a cobertura en propiedade por oposición libre dun posto de funcionario de carreira auxiliar administrativo (Departamento de Urbanismo-Secretaría) e formación da conseguinte bolsa de traballo.

No Boletín Oficial da provincia núm. 12, do 16 de xaneiro de 2024, aparecen integramente publicadas as bases rectificadas da convocatoria para a selección dun funcionario de carreira mediante o sistema de oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Núm. de vacantes

1

Posto de traballo

Auxiliar administrativo

Vínculo

Funcionario de carreira

Escala

Administración xeral

Subescala

Auxiliar

Grupo

C2

Nivel

18

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A publicación da lista provisional, de ser o caso, e da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, e a publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia [https://noia.sedelectronica.gal] e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, número 2.

Noia, 18 de xaneiro de 2024

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde